Recordar que o castigo só ten valor educativo como consecuencia inmediata dunha conduta inadecuada. Cando se utiliza como instrumento de represión e de dominio, é contraproducente e crea resentimento. |

O NENO OU NENA OLLAD@ SEMPRE DENDE ARRIBA
DEBUXO: Francesco Tonucci (1973)
Nesta idade o neno e a nena aprenden intensa e rapidamente. O deseño da súa personalidade vai rematando.
Por iso, no ámbito familiar hai que coidar de xeito especial a súa educación, o modelo que se lle transmite.
- Formar hábitos de traballo e convivencia axeitados.
- Proporcionar un bo soporte ás aprendizaxes escolares, principalmente á lecto-escritura.
- Atender aos seus sentimentos, ao equilibrio emocional.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO 2º |
- Que o neno ou a nena sexa capaz de realizar pequenas tarefas de xeito responsable, autónomo e ordenado.
- Que respecte normas sinxelas de convivencia e colaboración.
- Regular a súa conduta e impulsos emocionais de xeito positivo.
- Reforzar positivamente o esforzo e o comportamento responsable. Intervir nas condutas negativas.
- Que se sinta motivad@ e que teña oportunidade na casa de reforzar de xeito natural e interactivo as aprendizaxes básicas e os hábitos de traballo que se aprenden no cole.
- Contribuír coa escola para a creación de hábitos de lectura e escritura.
- Construír unha serie de normas con eles. Estas deben ser moi claras e pouco numerosas. A autoridade do pai/nai ha de ser firme e razoable.
- Falar con el/ela dos sentimentos e ser consciente das súas necesidades. Implical@ na solución de conflitos.
- Alabarlle a colaboración e as tarefas ben feitas. Corrixirlle de xeito inmediato o desorde, as desobedencias, as agresións....
- “Facelos pensar”, exercitar o que aprenden na escola, aportarlles información... Exemplos:
Contar diñeiro Escribir cartas ou mensaxes / Ler rótulos, titulares de prensa, contos... / Inventar contos e rimas/ Indicar a cidade ou aldea concreta ao que se dirixen nun desprazamento, nome de río ou monte polo que pasa nunha viaxe, facer observacións sobre a paisaxe.... |
- Compartir con el/ela a ilusión por aprender. Aportar as cousas concretas que pide a mestra ou o mestre.
- Regalar libros /ler contos xunto con neno ou nena polo menos 15 minutos diarios, disfrutando do momento... (ao deitalo é boa ocasión).