BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA ROTEIRO POR COIA

  1. Organizador do concurso 

Iº Concurso de Fotografía ROTEIRO POR COIA, organiza:  Departamento de Xeografía e Historia, Tecnoloxía, Normalización Lingüística, Biblioteca e ANPA do IES Alexandre Bóveda.

 

  1. Obxectivo

O obxectivo deste concurso é fomentar, promover e difundir o interese cara á fotografía nas súas diferentes categorías e, en xeral, cara á cultura visual a través desta disciplina artística.

 

  1. Ámbito de aplicación

O concurso desenvolverase no IES Alexandre Bóveda e poderá participar o alumnado deste centro educativo.

  1. Duración

O prazo de entrega será entre o 7 de maio e o 4 de xuño de 2018.

Unha vez pechado o prazo para entregar as imaxes, comeza o período de selección por parte do xurado. O 5 de xuño o xurado dará a coñecer os traballos finalistas de cada categoría. Informarase aos premiados a través do correo electrónico e a cortiza da entrada do instituto. 

 

  1. Temática e formato das fotografías

A temática das fotografías vén definida por cada unha das categorías propostas: Retrato, O meu barrio e A túa historia.

Retrato. Premiarase a mellor fotografía que teña como eixo principal desta unha persoa, xa sexa realizando una acción, posando a cámara,…

O meu barrio. Premiarase a mellor fotografía que teña como eixo principal unha paisaxe do barrio de Coia.

A túa historia. Premiarase a mellor serie fotográfica composta por 3 fotografías que conteñan unha historia sobre o barrio de Coia.

Todas as imaxes deberán ser entregadas ao profesorado dos departamentos implicados nun sobre pechado, ou ben enviando un mail con ficheiro adxunto a bibliobovedados@gmail.com

Na parte exterior do sobre ou no asunto do mail debe indicarse, nun texto lexíbel, a categoría á que se presenta: Retrato, O meu barrio ou A túa historia.

No interior do sobre incluirase, a fotografía impresa en tamaño máximo de A4 (21,7cm x 29 cm) en horizontal ou en vertical. No reverso da fotografía porase un pseudónimo. Na categoría A túa historia, ao se tratar dunha secuencia, debe incluír as 3 fotografías necesarias para participar nesta categoría.


No interior do sobre debe incluírse unha
folla cos seguintes datos do/da participante: pseudónimo,  nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico, título da obra e pequeno texto explicativo cun máximo de 100 palabras.

Ao entregar a fotografía, o/a participante garante que a obra é da súa propiedade intelectual, facéndose responsábel exclusivo da mesma. No caso de aparecer retratados frontalmente ou de forma doadamente identificábeis menores de 14 anos cumprirá un permiso escrito por parte do seu pai, nai ou titor legal para aceptar a foto a concurso. No caso de maiores de 14 anos entenderase que deron o seu consentimento verbal para apareceren nas mesmas, podendo en calquera caso exercer o seu dereito legal a que sexa retirada posteriormente a fotografía.

As responsabilidades que se poidan derivar da devandita imaxe serán única e exclusivamente para o/a participante, ficando o IES exento de calquera responsabilidade.

Do mesmo xeito, as imaxes que ilustren espazos interiores contarán coa correspondente autorización.

A organización pode, en calquera momento, solicitar a autorización de terceiros que aparezan na imaxe.

A organización resérvase o dereito de desbotar todas aquelas imaxes que sexan ofensivas ou que poñan de manifesto calquera tipo de discriminación.

 

  1. Premios

 

  1. Notificación dos premios

Unha vez que o xurado seleccione os gañadores das diferentes categorías procederase a informar os e as  premiadas, indicándolles o premio conseguido, así como o día, a hora e o lugar onde se desenvolverá o acto oficial de entrega a través do correo electrónico.

 

  1. Propiedade Intelectual

Os participantes conservan os dereitos de autor das fotografías que concursen, con independencia de que sexan premiadas ou non. Porén, dan o seu consentimento para que poidan ser utilizadas pola organización para todas aquelas informacións publicadas relacionadas con devandito concurso de fotografía.