Estimadas familias, con fín de que o comedor funcione da mellor maneira posible aplicaranse unas normas básicas de convivencia así como unhas sancións  que son as seguintes:

NORMAS BÁSICAS DE COMPORTAMENTO NO COMEDOR ESCOLAR.

•Lavar as mans antes de xantar.

•Respectar e obedecer ós coidadores/as que atenden o servizo do comedor.

•Respectar ós compañeiros da mesa.

•Entrar en orde, amodo e sentarse correctamente na mesa asignada.

•Xantar unha cantidade mínima diaria e variada (aínda que ás veces guste menos).

•Falar e beber coa boca baleira, mastigar coa boca pechada e evitar que caian alimentos ó chan.

•Pedir o que se precise coa man levantada. Falar moi baixo e soamente cós compañeiros que teñen preto.

•Aprender a perfeccionar o uso dos cubertos en cada prato que vaian xantar.

•Manterse sentado mentres xanta.

•Colaborar coa recollida do comedor deixando as mesas recollidas e as cadeiras encima das mesas.

•Entrar e saír con orde.

FALTAS E SANCIÓNS

Faltas leves e sancións

11.1.1 Considéranse FALTAS LEVES:

•Desobedecer levemente as indicacións do Persoal de cociña e comedor.

•Non lavarse as mans.

•Entrar ou saír do comedor desordenadamente.

•Entrar no comedor con obxectos non permitidos (xoguetes, libros, cartas, cromos, mochilas…)

•Cambiarse de sitio na mesma mesa.

•A actitude pasiva ante a comida e o acto de xantar.

•Non comer con corrección ou non facer uso adecuado dos utensilios ( pratos, cubertos, servilletas…).

•Permanecer mal sentados ou columpiarse na cadeira.

•Levantarse da cadeira sen causa xustificada.

•Facer ruído, gritar ou falar con alumnos doutras mesas.

•Calquera outra conduta que afecte levemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas( insultos, burlas, bromas pesadas, empurróns…).

SANCIÓNS:

•Amoestación verbal ao alumno. En caso de reiteración, comunicación por escrito a os pais.

•Separación temporal do grupo da súa mesa de comedor e integración noutro.

•Perda do dereito a participar en xogos ou actividades de lecer.

•Realización de tarefas relacionadas coa falta cometida (redaccións sobre a falta cometida, escribir normas de comportamento, axudar a recoller e calquera outra actividade que contribúa o bo desenvolvemento do comedor e do centro).

Faltas graves e sancións

11.2.1 Considéranse FALTAS GRAVES:

•Acumulación de tres faltas leves.

•Faltas de asistencia ó comedor reiteradas e inxustificadas.

•Negarse a comer e a probar a comida reiteradamente.

•Desobedecer gravemente as indicacións do Persoal de cociña e do persoal de atención educativa, apoio e vixilancia do servizo de comedor.

•Cambiarse de sitio a outra mesa ou cambiarse de patio no período de lecer.

•Saír do comedor sen permiso do persoal de atención educativa, apoio e vixilancia do servizo de comedor ou do encargado/a do comedor.

•Entrar na cociña.

•Deteriorar intencionadamente ou por mal uso o material propio de comedor.

•Tirar intencionadamente comida,ou auga ao chan ou a outros compañeiros.

•Pelexas, sen feridas, no tempo de lecer.

•Calquera outra conduta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas (ameazas, insultos, burlas, bromas pesadas, discriminacións, empurróns, pelexas…)

SANCIÓNS:

Calquera das contempladas para as faltas leves. Ademais:

•Amoestación por escrito ao alumno. Comunicación aos pais/nais.

•Separación permanente do grupo de referencia ou da súa mesa de comedor.

•Comer illado dos compañeiros ata 5 días.

•Expulsión temporal do comedor ata 5 días.

Faltas moi graves e sancións

Considéranse FALTAS MOI GRAVES:

•Acumulación de tres faltas graves.

•Saír do centro sen permiso durante o horario de comedor.

•Pelexas, con feridas, no tempo de lecer.

•Calquera outra conduta que afecte gravemente ao respecto, á integridade ou á saúde das persoas.

SANCIÓNS:

Calquera das contempladas para as faltas graves. Ademais:

•Expulsión temporal do comedor de cinco días a un mes.

•Expulsión definitiva do comedor.

A aceptación da praza de comedor supón a aceptación da presente normativa.