Published using Google Docs
Boletín pendentes Tecnoloxía 2º
Updated automatically every 5 minutes

BOLETÍN PENDENTES TECNOLOXÍA 1º ESO

Procedemento de superación da materia:

Neste boletín de exercicios tedes actividades relativas a todo o curso. Todos os venres no 2º recreo poderedes reunirvos coa xefa de departamento, Ana Moreiras, para consultar as dúbidas que teñades. Tedes que copiar e resolver as actividades do boletín nunha libreta ou folios de clasificadora. Podedes solicitar á profe un libro da materia en préstamo.

No boletín de notas, en cada trimestre, aparecerá unha nota da materia pendente. No 1º trimestre, a nota que figurará é a de xuño do curso 2022/23. No 2º trimestre aparecerá a nota do 1º parcial pendentes, e no 3º trimestre, a nota final.

En cada parcial de pendentes, teredes que entregar as actividades correspondentes do boletín (ver táboa inferior). Faredes unha proba escrita con exercicios relacionados con esas actividades. A nota de cada avaliación parcial será unha media ponderada do 40% do boletín de exercicios (debidamente resolto) e un 60% da proba escrita.

Cómpre aprobar os dous parciais para recuperar a materia. En caso de suspender un ou os dous, teredes a oportunidade de presentarvos a unha proba escrita final baseada en exercicios de todo o boletín.

Contidos do curso 2022/23

Actividades

Datas das probas

1ª proba de pendentes

  • Bloque 1. Proceso Tecnolóxico
  • Bloque 2. Deseño e fabricación
  • Bloque 5. Documentación e comunicación dixital

1-9

15-19 xaneiro

2ª proba de pendentes

  • Bloque 3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
  • Bloque 4. Programación e robótica

10-18

15-19 abril

Proba final

Toda a materia

Todas

20-24 maio


PRIMEIRO PARCIAL

Fundamentos: a aula taller e as ferramentas básicas. Na figura seguinte tés un taboleiro con ferramentas, clasificadas en función do seu uso principal. A clasificación é a da táboa do lado.

                                         

                                                       

*EXERCICIO 1

Une con flechas cada departamento da táboa superior coa familia correspondente. Na libreta, debuxa unha ferramenta de cada tipo.

*EXERCICIO 2

Pon nome, clasifica e explica como se utilizan as ferramentas mostradas a continuación:

*EXERCICIO 3

Fai unha estrutura como esta na aula (déixoche material necesario na clase). Valórase un bo acabado e funcionalidade. Aguantará 2 kg de peso durante 1 minuto? Móstrallo á profe. 

*EXERCICIO 4

Fai a memoria técnica da estrutura anterior seguindo os seguintes puntos:

‌1. Estudo‌ ‌inicial‌ ‌

Debuxo‌ ‌a‌ ‌man‌ ‌alzada,‌ ‌acoutado da estrutura.

2.‌ ‌Planos‌ ‌acoutados‌

Debuxa as vistas da estrutura: alzado, planta e perfil

3.‌ ‌Planificación‌ ‌

Esta‌ ‌fase‌ ‌engloba‌ ‌varios‌ ‌documentos:‌ ‌

Fases de construción

Materiais

Útiles e ferramentas

Normas de seguridade e hixiene no taller

1.

2.

3.

4.

5.

‌‌

MATERIAL

Nº UNIDADES

CUSTO/UNIDADE

PREZO TOTAL

1.

2.

3.

4.

Datos a ter en conta:

Prezo bolsa de 12 paos: 1,10 €

Bolsa 50 barras termofusible: 10,50 €

TOTAL sen IVE

IVE 21%

TOTAL

4.‌ ‌Avaliación‌ ‌

●‌4.1. ‌‌Avaliación‌ ‌do‌ ‌produto‌ ‌final‌:‌‌ ‌resultado,‌ ‌defectos,‌ ‌melloras‌

●‌‌4.2. Autoavaliación‌ ‌do‌ ‌proceso‌ ‌de‌ ‌traballo‌ ‌individual‌

*EXERCICIO 5  Representa as vistas desta peza


*EXERCICIO 6

Clasifica as partes dun tronco na imaxe:

*EXERCICIO 7  Responde o seguinte test:

MADEIRA

As madeiras brandas son máis…

Traballables e resinosas

Resistentes e duradeiras

Típicas de árbores con folla caduca

Os derivados da madeiras son…

Os que se obteñen ó talar a árbore

Os mobles e outros utensilios dese material

Os prefabricados que xorden de mesturar virutas/chapas e cola a presión

O aglomerado é un produto

Celulósico que se usa para obter papel

Que se usa para pegar as distintas pezas de madeira

Derivado da madeira, moi sensible á humidade

Para desbastar a madeira, antes de pasar unha lixa

Utilízase a trade

Utilízase a escofina

Utilízase sempre a lima

A trencha ou formón serve para

Rebaixar a madeira

Vernizar a madeira

Perforar a madeira

A serra de costela ou cota

Utilízase en traballos de marquetería

Realiza cortes de precisión

Utilízase para serrar a partir de furados

As madeiras duras

Son máis resistentes e proporcionan mellores acabados

Son máis resistentes pero menos duradeiras

Son máis fáciles de obter, por iso se usan máis para ebanistería

As ensamblaxes

Utilizan unha cola especial para o pegado

Son métodos de unión que requiren de bisagras especiais

Non utilizan ningún adhesivo

Un berbiquí é

Un aparafusador eléctrico

Unha trade que funciona sen corrente eléctrica

Unha barrena

A albura é a parte da árbore que

Alimenta as follas

Se usa para os mobles

Deixa pasar ao seu través a salvia

*EXERCICIO 8

Completa a seguinte táboa de esforzos (1,75 puntos)

ESFORZO

DEBUXO

EFECTO

EXEMPLO

*EXERCICIO 9

Pon 4 exemplos  da nosa vida cotiá de estruturas naturais e artificiais

4 EXEMPLOS ESTRUTURAS NATURAIS

4 EXEMPLOS DE ESTRUTURAS ARTIFICIAIS


*EXERCICIO 10 

Indica que tipo de panca son os seguintes obxectos e atopa a posición da resistencia (ou carga), a forza e o fulcro (punto de apoio).

SEGUNDO PARCIAL

*EXERCICIO 11 

Observa estas imaxes e asigna o nome do mecanismo que lle corresponda a cada unha:

a) Excéntrica-seguidor  

b) Parafuso  

c) Biela-manivela  

d) Cegoñal  

e) Piñón-cremalleira  

f) Parafuso-porca

*EXERCICIO 12 

Clasifica os seguintes tipos de mecanismos de transmisión e indica si son MULTIPLICADORES ou REDUTORES do movemento:


*EXERCICIO 13  Calcula as magnitudes eléctricas que faltan en cada circuíto coas unidades correspondentes:

                       

*EXERCICIO 14

  1. Debuxa como conectarías estas pilas de 1.5 V de tal maneira para conseguir unha batería de 6V.
  2. Debuxa como conectarías as pilas de 1.,5 V para conseguir unha batería de 1,5V pero máis duradeira                             

*EXERCICIO 15  Completa os ocos da táboa co símbolo, foto do elemento eléctrico e o seu nome correspondente.

*EXERCICIO 16 Representa os elementos dos seguintes circuítos coa simboloxía correspondente:

   

*EXERCICIO 17

  1. Clasifica os seguintes circuitos en serie, paralelo e mixto.

  1. Que diferencia cres que hai no alumeado destes 2 circuitos? Razoa a resposta

 

*EXERCICIO 18

 Calcula o valor desta resistencia según a táboa de código de cores.