XV CONCURSO

DE CULTURA CLÁSICA

ODISEA 2020

 

A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a décimo quinta edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia.

Terá lugar entre os días 3, 4, 5 e 6 de febreiro (primeira fase), e os días 12 e 19 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario adxunto.

Este certame, malia que aberto a todos os  alumnos e as alumnas dos Centros, está dirixido principalmente aos profesores e alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e non pretende outra cousa que sacar a Cultura Clásica das aulas, alomenos por uns días.

Recordamos que a idea orixinal deste concurso debémoslla ás profesoras Ángeles Burgos González e María F. Loira Santiago, dos departamentos de Grego e Latín do IES “David Buján” de Cambre, non sendo este máis que unha versión “en liña” do seu concurso.

Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Andalucía (Secciones de Cádiz, Córdoba, Granada-Jaén-Almería, Málaga e Sevilla-Huelva), Aragón, Asturias (en colaboración coa Asociación asturiana de profesores de Latín e Griego “Céfiro”), Canarias, Galicia, Extremadura, Valencia-Castellón,  Valladolid, Madrid, a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC) e, por vez primeira, a Sección da SEEC de Salamanca.

A súa celebración coincidirá nas mesmas datas en todas as Seccións.

As preguntas cinguiranse ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que se ensina nos centros e, como se establece nas bases, cada día versarán sobre aspectos concretos do tema elixido en cada edición.

Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2020 achegándonos a un novo tema: O deporte en Grecia e Roma

A nosa Odisea 2020 vístese con prendas deportivas disposta a xogar e a competir máis que nunca, se cabe, e a coroar de oliveira aos vencedores. Estamos en 2020, ano olímpico, a Cultura clásica ponse á última moda, a actualidade alíase coas orixes clásicas dos certámenes atléticos. Nada menos que doce séculos duraron as Olimpiadas da Antigüidade desde o VIII a.C. ata o IV d.C.

Os JJOO modernos rexurdiron a finais do XIX e cumpren agora algo máis dun século; non é nada en comparación cos antigos e é moito, pois o rexurdir do clásico respírase en cada competición: o espírito olímpico, a chama de Olimpia, sobreviviu, renaceu e consolidouse en todo o mundo. E vai a máis.

Animamos aos nosos xoves Odiseos a vestirse cómodos, calzarse as súas deportivas, adestrar o seu corpo e a súa mente, quentar os seus músculos e os seus cerebros, poñer a punto os seus ordenadores, os seus libros, notas e todo o material competitivo necesario para o certamen que se aveciña, que será olímpico, ¡por Zeus!

A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta nova singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas, e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.



BASES

  1. O concurso consistirá en responder ás preguntas que cada día se publiquen na páxina web do concurso (http://www.odiseaconcurso.org).
  2. Poderá participar o alumnado matriculado nos Centros Oficiais de ensino Secundario de Galicia durante o curso 2019/2020, formando equipos de tres membros como máximo. Un mesmo alumno non poderá participar en máis dun equipo. Estes equipos deberán contar cun profesor ou profesora responsable. Un mesmo profesor poderá ser responsable de varios equipos.
  3. A inscrición dos equipos realizarase entre os días luns, 2 de decembro e o venres, 31 de xaneiro de 2020, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición directamente na WEB do concurso. Unha vez cuberto, cada equipo recibirá no correo-E do profesor responsable unha clave para poder concursar. Unha vez comezado o concurso non se poderá substituír a ningún compoñente dos equipos.
  4. Os tres primeiros días 3, 4 e 5 de febreiro) sairán publicadas tres preguntas” que versarán sobre temas relacionados coa Cultura Clásica:

   -1º día as preguntas serán sobre o Deporte na mitoloxía grega e romana.

   -2º día versarán sobre o Deporte na vida cotiá en Grecia e Roma.

   -3º día serán sobre o Deporte na Historia e institucións grecolatinas.

  1. No cuarto día ( xoves, 6 de febreiro) sairán publicadas outras “preguntas-pistas” e un “preguntón”, de maior dificultade que as  preguntas ordinarias: a resposta do “preguntón” virá dada polas iniciais das respostas correctas destas “preguntas-pistas”, seguindo a orde de publicación das mesmas. Estas preguntas serán todas elas sobre o deporte na Literatura grecolatina.  
  2. Os equipos participantes terán que responder ás preguntas cubrindo directamente o formulario que sairá publicado na WEB do concurso.
  3. Só no caso excepcional de avaría do sistema informático poderán ser admitidas as respostas por correo-E ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@seecgalicia.org, sempre e cando conste no mesmo a clave, nome do grupo e profesor responsable.
  4. Por cada pregunta correctamente respondida obteranse 5 puntos. Se se acerta o “preguntón” obteranse 10 puntos e por cada resposta acertada das preguntas-pistas para chegar á solución obteranse 2 puntos máis.
  5. Non se poden deixar preguntas sen responder (en branco), tanto na serie de preguntas dos tres primeiros días como no “preguntón”, xa que, ao facelo, anúlanse todas as demáis da serie.
  6. Nas respostas non se admitirán abreviaturas e deberase respectar a correcta ortografía das palabras. Ex: Sócrates e non Socrates; cínico e non cinico. Tampouco poderá engadirse ningún caracter tal como comiñas [“”], puntos [.], comas[,], parénteses [()], espazos [ ], etc.
  7. As “preguntas, preguntas-pistas e preguntónterán sempre que ser respondidas cunha soa palabra, quedando automaticamente invalidadas as que consten de máis dunha palabra na súa resposta.
  8. Só se admitirá a resposta en latín cando se pida de forma expresa nesta lingua. Nese caso deberase escribir o nominativo singular da palabra, tal e como vén no dicionario, a non ser que se dea outra indicación (caso dos pluralia tantum). Non se poderá engadir ningún tipo de signo diacrítico: diérese, macrón, acentos, etc.
  9. As transcricións de palabras gregas deberanse ater ás normas de transcrición ao galego ou castelán. Calquera transcrición a outras linguas será considerada como un erro.  Tamén se considerará un erro a transliteración da palabra grega. Para a  transcrición de palabras gregas en xeral e dos nomes propios gregos, así como a diferencia entre transcrición e transliteración, pódense consultar os enlaces que se dan nas FAQ (preguntas frecuentes).
  10. Existe na páxina web unha relación de preguntas e respostas frecuentes (FAQ) relativas á correcta participación no concurso. Non esquezades, polo tanto, consultalas, porque vos poden servir de gran axuda e evitar erros innecesarios.
  11. Cada día publicaranse na web as respostas correctas ás preguntas ou preguntón do día anterior e a orde de clasificación dos equipos.
  12. O resultado provisional darase, se non hai empate, o venres 7 febreiro de 2020, deixando este día para atender ás reclamacións, se as houbese.
  13. O resultado final desta primeira fase darase o luns, 10 de febreiro. En caso de empate a puntos procederase segundo o establecido nos puntos seguintes.
  14. En caso de empate a puntos entre equipos que opten ao segundo ou tercer premio non haberá desempate. O gañador dos mesmos será aquel equipo que empregase menos tempo en responder o preguntón. 
  15. Concederase un só premio por centro. No caso de que 2 ou máis equipos do mesmo centro queden clasificados para obter máis dun premio, outorgarase un único premio ao equipo que tivera obtido mellor puntuación ou, en caso de empate a puntos, ao que tivera empregado menos tempo en responder ao preguntón. Se máis dun equipo do mesmo centro queda clasificado para o primeiro premio, aplicarase a regra seguinte.
  16. En caso de empate a puntos entre equipos que opten ao primeiro premio celebrarase un desempate que consistirá nun novo preguntón que se publicará na web na tarde do mércores 12 de febreiro. Neste novo preguntón só se permitirá a participación de 1 equipo por centro, aquel que tivera empregado menos tempo en responder ao preguntón do cuarto día. Se por algunha razón este equipo non puidese realizar dito desempate, o seu posto poderá ser ocupado polo seguinte equipo do mesmo centro que, tendo os mesmos puntos, empregara menos tempo en responder. E así sucesivamente. O martes 11 de febreiro é a data límite para que os centros comuniquen á organización o equipo que participa no desempate local.
  17. Este desempate terá lugar nas dependencias dos centros designados pola organización, alomenos 1 por provincia, e será vixiado por un responsable da mesma. Os participantes deberán presentar o seu D.N.I. e non se permitirá o uso de teléfono móvil, chats, correo electrónico ou redes sociais, nin a visita de persoas alleas á proba.
  18. No desempate as preguntas versarán sobre todos os temas que saíron nas anteriores fases do concurso. Levantarase acta de todo o proceso, segundo o modelo proporcionado pola organización. 
  19. En caso de novo empate a puntos na disputa polo primeiro premio será o gañador o equipo que empregase menos tempo en responder a este “preguntón” de desempate, e con este mesmo criterio adxudicaranse o segundo e o terceiro premio se fose o caso.
  20. O resultado provisional deste desempate darase o venres 14 de febreiro, e quedará reservado este día para atender ás reclamacións, se as houbese.
  21. O resultado final do desempate, e por conseguinte, da fase local do concurso, darase o luns 17 de febreiro. A resolución definitiva das reclamacións realizada pola Organización do concurso será inapelable.
  22. Para participar na fase Estatal as diferentes seccións deberán comunicar a SEECGALICIA os datos dos equipos gañadores das súas respectivas seccións antes do martes 18 de febreiro de febreiro.
  23.  Os equipos gañadores nas súas respectivas Seccións competirán entre si nunha segunda fase Estatal, cun preguntón que sairá publicado na tarde do mércores 19 de febreiro na web do concurso.
  24. Esta segunda fase terá lugar nas dependencias do centro gañador ou, se non é posible, nun centro designado pola organización, e será vixiado por un responsable da mesma. Os participantes deberán presentar o seu D.N.I. e non se permitirá o uso de teléfono móvil, chats, correo electrónico ou redes sociais, nin a visita de persoas alleas á proba.
  25. O resultado provisional darase o viernes, 21 de febreiro, quedando este día para atender as reclamacións, se as houbese.

  1. O resultado final desta fase Estatal farase público o luns, 24 de febreiro. A resolución definitiva das reclamacións realizada pola Organización do concurso será inapelable.
  2. O Xurado estará composto polos membros da organización designados polas diferentes seccións da SEEC y APLEC.

  1.  Establécense os seguintes premios na fase local, aportados por SeecGalicia:
  1. Establécense os seguinte premios na fase estatal, aportados pola    SEEC:
  1. A entrega de premios aos gañadores do concurso en Galicia terá lugar no mes de marzo ou abril, no marco do XIX festival de teatro grecolatino. Os equipos gañadores e os seus profesores estarán invitados ás representacións.
  2.  Calquera reclamación ou consulta deberá ser xestionada directamente polo profesor responsable do grupo. Non se terán en conta as reclamacións realizadas directamente por alumnos ou outros profesores. Calquera reclamación deberá ir constrastada por fontes fiables, non aceptándose reclamacións sen bibliografía de referencia. En caso de calquera reclamación ou consulta esta dirixirase ao seguinte enderezo electrónico:
    secretaria@seecgalicia.org
  3. As bases e calendario do concurso poderán ser modificadas pola organización en caso de forza maior (temporais, avería informática, etc.)
  4. A inscrición no Concurso Odisea supón a total aceptación das presentes bases.


CALENDARIO

  1. Do luns 2 de decembro de 2019 ata venres 31 de xaneiro de 2020: inscrición dos equipos na web de SEECGalicia.
  2. Luns 3 de febreiro, martes 4 de febreiro e mércores 5 de febreiro: As “preguntas” sairán publicadas na web da Delegación Galega da SEEC ás 9:30 h. e deberán ser contestadas polos equipos inscritos nun prazo máximo de 24 horas, é dicir, antes das 9:30 h. do día seguinte.
  3. Xoves 6 de febreiro: O “preguntón” coas súas “preguntas-pistas” sairá publicado o a partir das 9:30 h. e deberá ser contestado polos equipos inscritos nun prazo máximo de 24 horas, é dicir, antes das 9:30 h. do día seguinte.
  4. Venres 7 de febreiro: Publicación do resultado provisional da primeira fase local. Atención de reclamacións.
  5. Luns 10 de febreiro. Publicación do resultado definitivo desta primeira fase local.
  6. Martes, 11 de febreiro. Data límite para que os centros comuniquen á organización o equipo que participa no desempate local, no caso de que non puidese participar o equipo clasificado en primeiro lugar, tal e como se especifica no punto XX as bases. A comunicación realizarase ao correo secretaria@seecgalicia.org
  7. Mércores, 12 de febreiro. Desempate local entre equipos empatados a puntos cun novo preguntón que se publicará na WEB ás 17:00 horas e terá que ser contestado antes das 20:00 horas.
  8. Venres 14 de febreiro, publicación do resultado provisional deste desempate. Atención de reclamacións.
  9. Luns 17 de febreiro, publicación do resultado definitivo do desempate, e por conseguinte, da fase local do concurso.
  10. Martes 18 de febreiro, data límite para a comunicación a SEECGalicia dos gañadores das diferentes seccións.
  11. Mércores, 19 de febreiro: competición entre os equipos gañadores das diferentes seccións mediante un preguntón que que se publicará na páxina web de do concurso ás 17:00 horas e terá que ser contestado antes das 20:00 horas.

    k
  12. Venres, 21 de febreiro, publicación do resultado provisional da fase estatal. Atención de reclamacións. 
  13. Luns, 24 de febreiro, publicación do resultado definitivo da fase estatal da Odisea 2020.
  14. Mes de marzo ou abril, entrega de premios aos gañadores do concurso en Galicia no marco do XIX festival de teatro grecolatino 2020.

Santiago de Compostela,  19 de novembro 2019