ATT00002.jpg

MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – PDDdG , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte Moción sobre a blindaxe dos servizos sanitarios no Courel.

Exposición de motivos:

Desde fai anos, a Xunta de Galicia está a quitar prestacións no Servicio Galego de Saúde, o que se agrava en zonas como o Courel.

Nunha zona dispersa e cunha media de idade próxima aos 60 anos, non podemos permitir que se estean a recortar os nosos servizos. A  Xunta está a derivar operacións e fondos para a sanidade privada , mentres no Courel, segundo di o Conselleiro,  " por falta de recursos" non  cobren as vacacións dos médicos e enfermeiros. Quedando a veces cunha soa parella de sanitarios para facer 3 horas en cada centro de Saúde  (Seoane e Folgoso).   Neste asunto ,os Sindicatos Sanitarios contestáronlle á Xunta que o  persoal inscrito nas listas de contratación do SERGAS ten a OBRIGA de aceptar os nomeamentos que se lle ofertan baixo pena de ser excluído da mesma ata por un ano sen poder traballar. Aseveran que moitos deles foron traballar a destinos lonxe dos seus domicilios ata por un mísero día.  O cal tira por terra calquera desculpa do SERGAS de que non teñen persoal para cubrir no Courel ou que os profesionais non queiran acudir a esta zona.

A maiores, no  DOGA nº42 de 2017 sae publicada unha praza para todo o Courel  que pon Seoane-Folgoso, en vez de a localidade do Centro que vai ocupar, como ocorría ata agora. O que nos fai dubidar das intencións da Xunta. Xa que na publicación de prazas doutras zonas non pon guión entre as dúas localidades. Poñendo directamente para que Centro de Saúde é a praza que se precisa.  

A maiores , as ambulancias, fan transbordos a medio camiño , o que ocasiona trastornos ó pácente. Tamén hai casos de que ben a ambulancia NON médica lizada, cando o pácente sí a solicita médica lizada.  Non queremos “TaxiAmbulancias” nin servizo médico so algunhas horas. Queremos un servizo continuado e que o noso Concello teña unha vez por semana un pediatra para cubrir as necesites dos nosos cativos .

Desde C@urel vivo non queremos politizar un tema que nos afecta a todas e a todos, nin queremos buscar culpas. Queremos obter solucións e lograr que todos os políticos unidos, fagamos que na nosa terra , xa que as administracións supra-municipais non invisten o necesario, polo menos non nos resten servizos.  Queremos que o pleno do Courel, de forma unánime, solicitemos que á Xunta de Galicia e o SERGAS, nos cubran as necesidades existentes.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal de C@urel vivo considera de interese municipal que o Pleno da Corporación ACORDE:

  1. Trasladarlle a Xunta de Galicia que o Courel precisa e precisará para sempre 2 Centros de Saúde con un medico e unha enfermeira . E cando calquera profesional non poida vir ou teña vacacións, se cubra cada praza desde o primeiro día que se precise.
  2.  Precisamos dun pediatra, canto menos un día a semana que atenda as necesidades dos meniños do Courel.
  3. Precisamos dunha mellor xestión das ambulancias que nos atenden, para que SEMPRE que o pácente o requira, sexan médica-lizadas, e que non fagan transbordos a medio do camiño por competencias, que o único que serven e para molestar e empeorar a saúde do pacente.

En Folgoso do Courel a   de Setembro de 2017                                                      Ado: Óscar Carrete Lage