Published using Google Docs
1º ESO
Updated automatically every 5 minutes

1º ESO

2ª Lingua estranxeira - Francés

Alumnado de Vanessa Domínguez:

Programaranse as tarefas e o material para cada día de clase na aula virtual de Classroom.

Códigos de acceso:

  • 1º C: rdp3u5u
  • 1º D: zxsce3c

O alumnado que non teña a posibilidade de facer as tarefas por esta vía pode poñerse en contacto comigo a través do seguinte enderezo: vanessa.dominguez@iesdepastoriza.edu.es

Alumnado de Felisa Marzabal:

Na aula virtual seguirei colgando actividades. O sábado entreguei unha ficha de verbos, negativas e construcións vistas.  Entregarei outra co vocabulario da familia, do corpo humano, posesivos e numerais. Se alguén non pode acceder por mor do código ou por calquera outra causa pode contactar no seguinte enderezo: felisa.marzabal@iesdepastoriza.edu.es

Os códigos de acceso da aula son os seguintes:

1º ESO A: qywxwbj

1º ESO B: tcjl2zz

Bioloxía e xeoloxía

Traballo de investigación sobre os virus para despois expoñer en clase a través dunha presentación. Entregarase mediante arquivo compartido a través de drive (xa coñecen o meu correo), como os dous anteriores. Estaremos en comunicación a través do classroom (xa están tod@s na aula virtual) ou do correo electrónico. Irei colgando información e tarefas en función da resposta diaria.

Educación física

1ºA.-  Repasar a teoría  de Baloncesto de cara á proba de avaliación que resta por facer.

 __________

Todo 1º:U.D. Voleibol (I).

 1.-Iniciación conceptos básicos. (Regulamentarios, técnicos...). (teoría e videos no  Classroom).

Educación plástica, visual e audiovisual

O código para todos os grupos de 1ºESO é: 6ae4rtf

A aula virtual foi creada o 29/03/20. Irei enviando material formativo e actividades para realizar nas casas no marco establecido pola Administración Educativa. Estaremos en contacto através da Aula Virtual e do correo electrónico.

Para calquer dúbida: jorge.cao@iesdepastoriza.edu.es

Lingua castelá e literatura

Grupos: 1º c yd. Trabajar el tema de la descripción en las páginas correspondientes del libro de texto. Preparar el tema del mito y leyenda, haciendo los ejercicios 1, 2 y 3 de la página 175.

GRUPOs 1º A y 1º B (María Freire)

Los alumnos han sido avisados, en la propia aula, que el trabajo de cada sesión de clase se enviará a través de Classroom( códigos  h87sf02   y uyjic3f ,de 1º A y 1º B respectivamente).

Si hubiese algún alumno que no disponga de Internet tendrá que hacer, al menos, las actividades del BLOQUE DE LÉXICO desde la unidad 5 a la 12. Además del BLOQUE DE COMUNICACIÓN: La descripción ( pg. 58  a la 65).

Del BLOQUE DE LITERATURA desde pg. 170 a 176. Y finalmente practicar los relativos( del BLOQUE DE GRAMÁTICA).

También tienen que finalizar la lectura del libro : Algún día cuando pueda llevarte a Varsovia

Insisto: Día a día ,a través del aula virtual, iré señalando las actividades a realizar cada día.

Lingua estranxeira - Inglés

Material de traballo e instrucións na seguinte carpeta compartida.

Lingua galega e literatura

Código de Aula virtual en classroom: hgahumg

1. Realizar a tarefa de expresión oral proposta para este trimestre e entregala ben a través do classroom, ben compartindo o arquivo de vídeo a través do drive. A data límite de entrega mantense e deberá entregarse antes do 23 de marzo.  

2. Realizar tarefas de repaso da materia para manter frescos os contidos impartidos neste trimestre. Incluirei diversas tarefas de autoavaliación no classroom da materia e algún link a páxinas web que conteñen actividades desta natureza. Data límite de entrega do cuestionario de autoavaliación, martes 31 de marzo. Data límite de entrega do simulacro de exame, mércores 1 de abril. En todo o caso, adxunto material complementario para aquelas persoas que non puidesen acceder a estas tarefas e que deberán enviarmas ao correo estefania.mosquera@iesdepastoriza.edu.es nas mesmas datas. 

3. Repasar a teoría e o vocabulario dos temas 5 e 6.

4. Realizar a tarefa de expresión escrita Diario de, seguindo as seguintes instrucións: como se dunha entrada no teu diario persoal se tratase, escribe un texto no que relates como estás vivindo ti e a túa familia este periodo de corentena. Podes tratar de responder a estas preguntas: Que supuxo para ti e a túa familia? Como o estás /estades levando? Que cousas che / vos preocupan? Que actividades fas ou facedes para ocupar o tempo? Que cousas botas de menos? Que outras podes facer grazas ao confinamento? Estás aprendendo a facer cousas novas? Como levades as tarefas de clase?

O texto ten que ter como mínimo unha páxina a letra Arial, tamaño 12, interlineado 1,15 e a data límite de entrega é o venres 3 antes das 14:00 horas.

5. Realizar a tarefa de expresión oral e animación á lectura que figura en classroom e entregala ben a través do classroom, ben compartindo o arquivo de vídeo a través do drive. A data límite de entrega é o 27 de abril.  Adxunto tamén a selección de obras de lectura de entre as que deberán escoller unha e as instrucións da tarefa.

6. As persoas que non superaron a 2ª Avaliación deberán facer a seguinte tarefa de reforzo: Título- "Os nenos do Covid-19"

Instrucións: tituleina "Os nenos do Covid-19" imitando o título dun libro de literatura de María Solar que se titula "Os nenos da varíola" e que relata a historia duns nenos que vivían nun hospicio na cidade da Coruña e que serían os encargados de portar a vacina da varíola e, por tanto, os responsábeis de salvar innúmeras vidas cando se desatou esa pandemia a principios do século XIX.  

Ben, pois o que teredes que facer vós nesta tarefa é unha reportaxe sobre o Covid-19. Lembrade cales son as características da reportaxe, que é un tipo de texto xornalístico moi completo que ofrece unha visión extensa e documentada sobre un tema de interese. Unha visión obxectiva pero onde cada autor pode adoptar un ton persoal.

Así, cada un de vós debe facer unha reportaxe de proximidade, onde ademais dos datos obxectivos que nos ofrecen os medios de información (análises das causas e consecuencias, número de persoas ou territorios afectados, síntomas da enfermidade, medidas de prevención etc.), incorpore entrevistas de persoas que se ven directamente implicadas ou afectadas polos feitos (algún familiar, veciño ou coñecido, por exemplo) ou iniciativas que xorden en tempos de corentena, por exemplo.

Lembrade tamén que as reportaxes soen ir acompañadas de información gráfica (imaxes, mapas, gráficos etc.) para axudar a comprender mellor a información e para facela tamén máis atractiva.

A reportaxe deberá conter cando menos unha entrevista (coas preguntas e respostas) e unha descrición obxectiva e outra subxectiva. Unha destas descricións deberá estar relacionada coa vestimenta utilizada durante o confinamento.

Así mesmo, o texto deberá estar correctamente escrito en lingua galega. Lembrade que podedes utilizar correctores automáticos. Neste sentido, prestade especial atención á acentuación, á ortografía, á colocación dos pronomes átonos e evitade utilizar tempos compostos.. A data límite de entrega será o xoves 16 de abril, ás 14:00 horas.

7- Actividades do 3º trimestre:

  1. Videoconferencias: Realizaranse videoconferencias todos os mércores a través de Google Meet para estabelecer contacto visual e resolver as dúbidas que o grupo poida ter. O único que hai que facer é clicar na ligazón que vos aparecerá na cabeceira da materia no classroom. Tamén a podo facilitar por correo a quen non poida acceder ao classroom.

Déixo un titorial para que vexades como se utiliza. Para facilitar que poida participar todo o mundo propoño dúas horas de reunión, unha en horario de mañá, ás 11:30 e outra en horario de tarde, ás 17:30. Conectádevos á que mellor se adapte ás vosas circunstancias:

  1. A poesía e a canción:

Aquí vos deixo o primeiro dos vídeos explicativos deste 3º trimestre. Empezamos coa poesía e a canción!  No vídeo fago un repaso aos tipos de textos (literarios e non literarios) que vimos no primeiro trimestre para logo centrarme nos literarios e concretamente na poesía. Recítovos un poema, explícovos as súas características e propóñovos dúas tarefas, para que fagades  a seguir:

1ª Tarefa:  Visionado do material "A poesía e a canción". Deberedes ver todas as propostas poéticas que aparecen aquí

2ª Tarefa: Crea ou busca un poema, rap, canción ou calquera texto lírico que che guste e recítao. Deberás nomear o autor e a obra ou o título do texto. A continuación grávate ben en vídeo ben en audio e envíao ao meu correo electrónico ou súbeo á tarefa de classroom "Un poema na túa boca". Neste vídeo deberás indicar tamén cal dos textos líricos da tarefa 1 che gustou máis e as razóns.

O prazo para a realización das dúas tarefas é até o mércores 22 de abril ás 14:00h.

  1. A prosodia e a comunicación non verbal: no vídeo desta semana explícovos brevemente que é a prosodia e a linguaxe non verbal (páx. 138 do libro de texto), cales son as súas características principais e cal é a súa importancia a nivel lingüístico. É importante que atendades a estes aspectos cando as tarefas son orais e, no caso da comunicación non verbal, cando ademais de seren orais son en formato vídeo, como acontece coa tarefa "Un poema na túa boca" e a tarefa "Moito conto".

1ª Tarefa: A tarefa que vos propoño nesta ocasión é creardes un microrelato ou un poema a partir dos títulos de libros e/ou revistas, discos, filmes e que o gravedes en vídeo para que se escoite a vosa voz narrando/recitando a historia e se vexan os materiais que utilizastes para creala. Lembrade que as características dos textos narrativos xa as vimos no tema tres (páxs 60-61). Póñovos un exemplo de creación propia para que poidades ter unha idea clara do que se pide. A data de entrega para esta tarefa, que chamarei "Cóntame un título", é o venres 24 de abril ás 14:00

  1. O texto teatral: déixovos o vídeo coa explicación sobre o texto teatral, onde vos adianto algo de teoría sobre este xénero, onde tamén vos leo un fragmento dunha obra de teatro e onde finalmente vos propoño a tarefa desta semana.

Déixovos por aquí o link para dúas obras teatrais (Os amores de Jacques o Fatalista e Shakespeare para ignorantes),  representadas nun escenario que, como vos digo no vídeo, é o obxectivo final do xénero dramático. Son bastante longas, de modo que non tedes por que ver as dúas. Trátase de que escollades 1 delas e a vexades. Realizaredes un comentario escrito que me enviaredes ao correo indicando cal escollestes, se vos gustou ou non e o motivo. Está é a primeira das tarefas.

Despois disto, tedes que seleccionar unha escena, a que prefirades, e escribir o texto teatral no que se baseou esa interpretación. Xa tedes parte do traballo feito, pois os diálogos xa aparecen no vídeo, mais tedes que pór atención na parte das anotacións ou acotacións (indicacións de como é o decorado, referencias ao momento do día en que acontece a acción, como se há de distribuír o espazo, como van caracterizados os personaxes, idade, aspecto, vestiario, acenos ou xestos, como e cales son os movementos dos actores na escena, o seu estado de ánimo etc.), e das informacións sobre o espazo e o tempo en que se desenvolve a historia. Déixovos tamén escaneadas as páxinas 156-157 para que vexades un exemplo no exercicio 1 e 2 de como se estrutura un texto teatral, para que utilicedes este formato na vosa tarefa.

E, dado que esta semana é moi breve, pois nin o venres 1, nin o luns 4 son días lectivos, a data límite de entrega desta tarefa "O voso é puro teatro" é o xoves 7 de maio.

  1. conCIÉNCIATE: os textos informativos e a normalización lingüística: no vídeo explicativo desta semana tócalle o turno aos textos non literarios, cos que tamén realizaremos repaso (finalidade, características, subtipos) e ampliación (a exposición oral planificada) e á sociolingüística, onde repasaremos conceptos como o de diversidade lingüística, linguas dominantes e minorizadas, situación social e legal das linguas e afondaremos un pouco máis na normalización lingüística.

En concreto, para a tarefa centrarémonos nos textos informativos e científicos e nas accións de normalización. Teredes que facer ciencia en galego, isto é, buscar un experimento científico sinxelo que poida ser realizado por un público infantil e gravar un vídeo en que vós mesmos expliquedes ese experimento en galego, como se fose un titorial, para que todos o poidamos facer nas nosas casas. Deíxovos tamén un vídeo de elaboración propia e outro alleo, a modo de exemplo da actividade que se vos pide. Espero que vos gusten! A data de entrega desta tarefa, que leva por título "conCIÉNCIAte", será o venres 15 de maio ás 14:00 h.

Esta tarefa ten dúas modalidades:

  1. A primeira é para aqueles que non tedes que recuperar a primeira avaliación, que só deberedes entregar o vídeo seguindo as indicacións da tarefa.
  2. A segunda, é a das persoas que teñen suspensa a primeira avaliación que, ademais do vídeo, deberán entregar un documento de texto en que detallen os materiais ou utensilios que se necesitan para realizar o experimento e os pasos a seguir, e que servirá para recuperar a 1ª avaliación.

f) Manual de supervivencia: os textos instrutivos e os sinais de puntuación: como sabedes onte foi o Día das Letras Galegas; a existencia deste día lémbranos que aínda queda moito por reivindicar para poder normalizar o uso da lingua galega en todos os contextos e espazos de uso. E tamén para sensibilizarnos do noso papel normalizador, pois todos temos unha parte de responsabilidade individual. Neste sentido, as vosas achegas coa tarefa "Conciénciate" veñen encher un baleiro importante para a lingua galega. Se facedes unha búsqueda rápida en youtube veredes que a oferta deste tipo de materiais en galego é nula ou ínfima.  E sen oferta, dificilmente haberá demanda. E nunha situación similar se encontran outro tipo de textos non literarios, como son as instrucións ou manuais de uso en lingua galega (páx 174). O máis común é que os galegofalantes teñan que consultar este tipo de textos en castelán ou en inglés e que non dispoñan deles na súa propia lingua. Por iso, no vídeo explicativo desta semana (ademais de indicarvos as características específicas desta tipoloxía textual e repasar a importancia dos signos de puntuación e os seus usos básicos) vos propoño que entre todos elaboraremos un "Manual de supervivencia" para sobrelevar o confinamento.

Este manual colectivo elaborarase a partir das vosas contribucións individuais. E a idea é que poida conter diversas seccións. Por iso, déixovos ideas variadas para que vos sirvan de guía ou vos axuden a escoller a actividade sobre a que elaboraredes as vosas normas ou instrucións de uso:

1- Manexo de diferentes electrodomésticos (como usar a lavadora, o forno, un batedor, unha ola rápida etc.)

2 - Elaboración de tarefas domésticas (como facer a cama, método para ordenar a roupa, como pasar a aspiradora...)

3- Deporte: como realizar unha táboa de exercicios, como practicar un deporte en concreto etc.  

4. Receitas de cociña: biscoito, gallegas, mugcakes, madalenas etc.

5. Manualidades: como coser un botón, como montar un moble, como cultivar plantas ou semillas ou especias, como colgar un cadro etc.

6. Actividades de primeira necesidade: como racionar a comida, como comer de forma saúdable, como organizarse para realizar as teletarefas, como cortar o cabelo, como obter libors electrónicos en préstamo  etc.

Son só ideas, mais podedes engadir a esta listaxe as que se vos ocorran. Lembrade só que a actividade que escollades debe poder practicarse / realizarse sen saírmos da casa. Podedes entregala a través do correo electrónico e a data límite de entrega será o xoves 21 de maio ás 14:00 horas.

g) As variedades xeográficas: tanto o vídeo explicativo como a tarefa desta semana céntranse nas variedades xeográficas, é dicir, nos distintos xeitos de falar unha mesma lingua en función do territorio. Como vos explico no vídeo, as diferenzas  xeográficas do galego permiten diferenciar tres grandes bloques (occidental, central e oriental),  mais nesta primeira aproximación ímonos centrar sobre todo na percepción que os falantes temos delas e nos posibles prexuízos que poidan existir, sobre todo cando entran en competición coa variedade estándar. Cómpre saber que se trata de variedades que, non se opoñen, senón que se complementan. Só hai que saber cando é adecuado o uso dunha ou doutra.

Así, ademais do vídeo explicativo (desculpade polas interferencias que ten nalgunhas partes) e a páxina do libro escaneada, déixovos tamén dous vídeos breves realizados por alumnado de diversas partes da Galiza que pretenden reivindicar a riqueza da diversidade dialectal e contribuír para a normalización do galego (Ghalegho e Eu digo).  Espero que gostedes.

A tarefa desta semana, “Así falan na Pastoriza”, é a seguinte: deberedes visualizar o capítulo 411 do programa "Ben falado"  e entregar un documento de texto no que sinaledes as particularidades lingüísticas que máis vos chamen a atención con respecto ao estándar e no que indiquedes a que bloque dialectal pertencen estes lugares. Déixovos tamén aquí un modelo de documento para completardes. Podedes enviar a tarefa a través do correo electrónico e a data límite de entrega é o xoves 28 de maio ás 14:00 horas.

h) Introdución á sintaxe 1: as frases ou sintagmas: ensinar sintaxe a distancia é complicado, mais non imposíbel, de modo que o primeiro que vos recomendo facer é ver o vídeo "Introducción a la sintaxis" porque, aínda que está, en castelán, explica de maneira moi clara e con exemplos próximos que é a sintaxe e as súas características principais. Despois disto, baixaremos o nivel e deberedes ver os meus vídeos caseiros: no primeiro explícovos algunhas cuestións que analizaremos ou chamaremos de forma diferente e douvos algunhas suxestións para acertar na identificación do tipo de palabra e de frase.  No segundo, a explicación céntrase nas frases ou sintagmas avanzando un pouco máis o que aparece no vídeo introdutorio. Déixovos tamén as páxinas escaneadas coa explicación e os exemplos para cada tipo de frase que tamén aparecen no vídeo e tamén as análises sintácticas de oracións simples para que vos sirvan de modelo para a tarefa "E ti, de quen vés sendo?", na que deberedes analizar e clasificar as frases e oracións que aparecen no documento. O prazo de entrega é até o xoves 4 de xuño ás 14:00 horas e podedes envialo a través do correo electrónico.

i) Introdución á sintaxe 2: os complementos: agora que xa temos máis claro que son os sintagmas ou as frases e como todas xuntas forman oracións, tócalle o turno ás funcións ou complementos (SUXEITO, PREDICADO, CD, CI, CC...). Nesta ocasión, tráiovos un novo vídeo explicativo da mesma serie que o que vimos a semana pasada sobre as estruturas sintácticas, mais esta vez centrado en como identificar os complementos nunha oración. Creo que a metáfora que fai co roupeiro é moi simple e ao mesmo tempo moi clara para entender estes conceptos sintácticos. Despois disto, baixaremos o nivel, como vén sendo habitual, e deberedes ver os meus vídeos caseiros: no primeiro explícovos ou remarco algunhas cuestións que aparecen no vídeo introdutorio e que son importantes e douvos algunhas suxestións adicionais para acertar na identificación do tipo  de complemento. No segundo, a explicación céntrase nos complementos ou funcións principais: veremos cales son as características principais de cada un deles e como podemos identificalos. Unha vez que quede claro isto, veremos tamén con exemplos como combinar nunha mesma análise  os tipos de frases e as funcións que desempeñan. Déixovos tamén as páxinas escaneadas coa explicación e os exemplos para cada tipo función ou complemento que tamén aparecen no vídeo e tamén as análises sintácticas de oracións simples para que vos sirvan de modelo para a tarefa "Como me visto?", na que deberedes analizar sintacticamente (identificar o tipo de frases e  as funcións que desempeñan) as oracións que aparecen no documento. O prazo de entrega é até o xoves 11 de xuño ás 14:00 horas e o medio o correo electrónico.

Matemáticas

  • 1º A: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: awxwzy6
  • 1º B: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: ip6nojo

(O alumnado que teña problemas para traballar na materia por esta vía que se poña en contacto a través do correo electrónico: fini.perez@iesdepastoriza.edu.es)

  • Para o alumnado que non teña acceso a Classroom pode descargar material na seguinte ligazón:

Carpeta con material para descargar.

Obradoiro musical

Programaranse as tarefas e o material para cada día de clase na aula virtual de Classroom.

Códigos de acceso:

  • 1º A/B: dsgqon4
  • 1º C/D: mm4gupb

O meu correo para calquera dúbida ou problema é pablo.veiga@iesdepastoriza.edu.es

Oratoria

Hacer una presentación sobre un deporte, actividad o arte que te apasione, como fútbol, cine, enviar a mi correo: nazareth.ruzo@iesdepastoriza.edu.es

Promoción de estilos de vida saudables

¿Cómo manterse en forma en casa?

A partir da información proporcionada no  Classroom e das vivencias de cada alumno expor  algunhas directrices e pautas elementais saudables. ( nutricionais e de actividade física)

Relixión católica

Material e instrucións na seguinte carpeta.

Valores éticos

ACTIVIDADES PARA 1º ESO A e B:

A Vontade.(1.- Os nosos impulsos.  2.-Adestrar a vontade. 3.-O Autocontrol)(Classroom)

Preparar un breve resumo sobre os 3 conceptos que se explican no artigo.

ACTIVIDADES PARA 1º ESO C e D:

  • Cubrir a ficha do resumo e opinión persoal sobre o documental visto na clase: “EL ORDEN DE LAS COSAS”. Esta ficha está subida como tarefa no CLASSROOM de cada clase cos seguintes códigos:

1º ESO C: ffzgpxu

1º ESO D: vhdunhu

Xeografía e historia

  • 1º A: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: 4ppm6p5
  • 1º B: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: xcqtmbb
  • 1º C: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: y62qio2
  • 1º D: Programaranse tarefas e material para cada día de clase na aula virtual Classroom. Código da clase: 3jbjopf

(O alumnado que teña problemas para traballar na materia por esta vía que se poña en contacto a través do correo electrónico: carlos.deartaza@iesdepastoriza.edu.es)