Published using Google Docs
PLE e enquisa interna TIC na Cachada 2022_23
Updated automatically every 5 minutes

PLE e enquisa interna TIC na Cachada 2022_23

En marzo do 2023 presentamos unha enquisa ó Claustro para facer unha diagnose moi cualitativa da nosa competencia dixital e valoración do PLE xeral do profesorado da Cachada. Participaron 20 das 28 compañeiras, e estes son os resultados.


A primeira sección de preguntas dá conta do emprego das ferramentas TIC na aula

  1. Interactúas co EDI/panel dixital de maneira consistente aproveitando as súas utilidades (subliñador, rotafolios)?

  1. Está a túa aula virtual actualizada e presenta unha organización clara e intuitiva?

  1. Empregas recursos en liña para fomentar o traballo colaborativo (foros, Padlet) e consolidar os contidos (Quizlet)?

  1. Empregas recursos TIC axeitados e pertinentes ó tema que contribúen ó logro dos obxectivos de aprendizaxe?

  1. Aproveitas as TIC para ofrecer actividades en distintos soportes (visual, auditivo) atendendo á diversidade na aula?

  1. Creas os teus propios materiais adaptados ás necesidades do teu alumnado?

  1. Dás información con consignas claras sobre o manexo dos recursos e ferramentas ó alumnado fomentando a autonomía?

  1. Sintes que o teu alumnado está familiarizado/a coa aula virtual como ferramenta de cabeceira?

  1. Sintes que o teu alumnado está máis motivado/a grazas ós recursos dixitais que empregas?

  1. Cales dirías que son os recursos dixitais que MÁIS motivan ó teu alumnado?

  1. Cales dirías que son os recursos dixitais que MENOS motivan ó teu alumnado?


O segundo bloque de preguntas ten que ver co Espazo Persoal de Aprendizaxe (PLE): conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza habitualmente para aprender.

Grazas á tecnoloxía, temos acceso a un sinfín de repositorios de información, materiais, aplicacións e comunidades dixitais. O reto actual é identificar cales son realmente útiles para nós, cales son fontes de información fiables, con que ferramentas nos sentimos cómodas traballando e cales comunidades nos proporcionan valor para seguir aprendendo.

Seleccionar estes elementos, concentralos e organizalos nunha mesma imaxe ou documento, pode ser moi útil para ter en conta todos os recursos que persoalmente nos funcionan e mellorar o noso proceso de aprendizaxe.

Para facer a enquisa baseámonos nesta proposta de @appsparaprofes, Andrea Oviedo:

Cales das seguintes ferramentas de BUSCA en internet empregas?

Outro: blogs específicos da materia e repositorio Abalar


Cales das seguintes ferramentas de ORGANIZACIÓN de contidos empregas?

Outro: Evernote


Cales das seguintes ferramentas de COLABORACIÓN de contidos empregas?

Cales das seguintes ferramentas de CREACIÓN de contidos empregas?

Outro: Banco preguntas Moodle


Cales das seguintes ferramentas de PUBLICACIÓN de contidos empregas?

Cales das seguintes ferramentas de COMUNICACIÓN empregas?

Outras: Twitch, Slack, Abalar


Cales das seguintes ferramentas de XESTIÓN DE AULA empregas?

Outras: Empregaría outras de ter a autorización de inspección para o seu uso na aula, Additio