TEMA 4: A REPRODUCIÓN HUMANA
A reprodución humana é sexual, polo tanto interveñen dúas persoas de distinto sexo: un home e unha muller, que producen células especializadas na reprodución.
O home, ten un aparato reprodutor masculino e produce células reprodutoras masculinas, os espermatozoides.
A muller, ten un aparato reprodutor feminino e produce células reprodutoras femininas, os óvulos.

- Aparatos reprodutores e desenvolvemento
Cando nacemos, as persoas xa temos aparato reprodutor, pero está inactivo, é dicir, non funciona xa que non produce células reprodutoras. Polo tanto non é capaz de producir descendentes.
Entre os 10 e os 17 anos aproximadamente, as persoas inician a etapa da puberdade, que é a 1ª fase da adolescencia, na que se experimentan varios cambios. Os principais son:
- O aparato reprodutor actívase (comézanse a producir óvulos no caso das rapazas, e espermatozoides no caso dos rapaces).
- Aparecen os caracteres sexuais secundarios:
PUBERDADE FEMININA | PUBERDADE MASCULINA |
- Aparece a menstruación.
- Nace peluxe na pube e axilas.
- As mamas aumentan de volume.
- Redondéanse as cadeiras.
- Aumento de estatura.
| - A voz faise máis grave.
- Nace peluxe na pube, axilas e cara.
- Aumento de estatura e musculatura.
- Comezo de primeiras eyaculacións, polo que se empezan a producir espermatozoides.
|
- Comeza a madureza sexual: inclúe unha serie de cambios relacionados coa madureza psicolóxica. Facémonos máis responsables e adquirimos experiencia e seguridade. A madureza só se acada por completo á idade adulta.
- Aparato reprodutor masculino
- Testículos: son dous órganos ovalados que están dentro dunha bolsa de pel chamada escroto. Producen os espermatozoides.
- Pene: órgano cilíndrico, formado por un tecido cheo de cavidades e recuberto de pel. Polo seu interior recorre a uretra, que é un conduto común ó aparato reprodutor masculino e ó aparato excretor. Isto significa que por ese mesmo conduto saen os ouriños e o seme cos espermatozoides.
- Glándulas anexas: son a próstata e as vesículas seminais. Producen líquidos que se mesturan cos espermatozoides para formar o seme, que se verte pola uretra.
- Condutos deferentes: son dous tubos que conectan os testículos coas glándulas anexas. Por eles viaxan ata as glándulas os espermatozoides.


- Aparato reprodutor femenino
- Ovarios: son 2 órganos ovalados do tamaño aproximado de noces, que producen e maduran os óvulos.
- Trompas de Falopio: son dous condutos que conectan os ovarios co útero. Por eles desprázanse os óvulos cando son liberados polos ovarios.
- Útero: é un órgano oco, que ten unhas paredes grosas e musculares e unha cavidade no interior. A parte inferior do útero chámase colo e comunica coa vaxina.
A función do útero é protexer o feto en desenvolvemento durante o embarazo. No caso dun embarazo, o útero vaise dilatando a medida que o feto aumenta o seu tamaño.
- Vaxina: é un conduto, de paredes musculosas, que comunica o útero co exterior. Durante o parto, tamén se dilata para permitir a saída do feto.

- Vulva: é a parte exterior do aparato reprodutor feminino. Está formada por unhas dobras de pel chamadas labios (externos e internos), cuxa función é protexer do exterior o conduto da vaxina e o orificio da uretra.
- Clítoris: é un órgano sensitivo que se atopa na parte superior da vulva da muller.
- O ciclo menstrual
- Que é a menstruación? É o fluxo normal e san de sangue e tecidos procedentes do útero. Xeralmente dura entre 3 e 7 días. A primeira menstruación pode producirse entre os 10 e 15 anos.
Este ciclo repítese constantemente na vida da muller dende a puberdade ata a menopausia, cando os ovarios esgotan os seus óvulos, que soe acontecer cara os 50 anos, aínda que é algo moi variable.
O ciclo menstrual dura 28 días e consta de 3 fases: ovulación, preparación do útero e menstruación.
- Ovulación: libérase un óvulo dos ovarios que discorre pola Trompa de Falopio.
- Preparación do útero: durante os 16 días seguintes á ovulación, o óvulo percorre a Trompa de Falopio e chega ó útero.
Mentres, certos cambios do corpo fixeron que as paredes do útero se engrosasen e recubrisen de vasos sanguíneos. Grazas a isto, o interior do útero está preparado para aloxar e nutrir ó embrión no caso de que o óvulo fose fecundado.
- Menstruación ou regra: é a expulsión do óvulo, do recubrimento da parede do útero e dun pouco sangue, e prodúcese no caso de que non haxa fecundación.
Se non acontece unha fecundación, o óvulo comeza a estragarse. Isto produce uns cambios no corpo que desencadean a expulsión do tecido xa inservible.
Durante a menstruación, a muller pode sufrir cambios físicos ou emocionais nos días previos ou durante a mesma. Non todas senten deste xeito, algunhas mulleres non senten ningún cambio.
Unha muller é fértil cando ten a capacidade de quedar embarazada, o que pode ocorrer a partir da primeira menstruación ata a menopausia.
Un home é fértil a partir da primeira eyaculación.

- Actividade: Entrevista sobre o embarazo
|
