Published using Google Docs
Plan de continxencia IES Monelos
Updated automatically every 5 minutes

IES MONELOS

 Rúa Montes, 62 - 15009 A Coruña

Tfno. 881 88 00 41  

Email: ies.monelos@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmonelos


ANEXO VI: PLAN DE CONTINXENCIA DO IES MONELOS

CONTIDO

ACTUACIÓNS PREVISTAS DIANTE DA APARICIÓN DUN GROMO        1

ACTUACIÓNS PARA O PERIODO DE ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL        3

MEDIDAS PARA O REINICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL        4

HORARIOS E DIFERENTES ESCENARIOS (NOVEMBRO 2020)                                                                 8

O Plan de Continxencia do centro educativo IES Monelos ten por finalidade establecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o cese da actividade presencial nun aula/etapa educativa/centro.

ACTUACIÓNS PREVISTAS DIANTE DA APARICIÓN DUN GROMO

1. Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

2. Diante dun suposto no que unha persoa ou alumno da que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no centro educativo seguirase o presente plan de continxencia e levarase a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica (tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado), e contactarase coa familia, no caso de afectar a alumnado. Débese chamar ao centro de saúde de Atención Primaria de referencia, ou ao teléfono de referencia do SERGAS (900 400 116) e seguiranse as súas instrucións. En caso de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao 061. O/A traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o seu posto de traballo protexido por máscara, e logo de seguir as instrucións do centro de saúde ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

3. No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus nun centro educativo tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista do eventual afectado/a relativa aos contactos estreitos, dos compañeiros/as afectados/as e do seu profesorado, así como de quen sexa persoa próxima vencellada ao centro educativo.

5. A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dun test diagnóstico. Se non houbese cita para ese mesmo día, acudirá ao PAC para a valoración polo médico de atención primaria.

6. Tras a aparición dun caso diagnóstico da Covid 19 seguíranse as recomendacións da Xefatura Territorial de Sanidade, sendo posible que nun centro teña que estar illada unha parte dun centro educativo (aula ou grupo de aulas) mantendo o funcionamento do resto da forma habitual en función do número de contactos identificados en cada gromo.

ESCENARIOS NO SUPOSTO DOS GROMOS

1. A autoridade sanitaria, en coordinación coa Consellería de Educación, a través do Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará en cada caso o número de persoal e alumnado afectado e a duración das medidas de corentena o que se comunicará ao equipo COVID do centro para a súa comunicación á comunidade educativa, sen prexuízo da información que sexa facilitada pola autoridade sanitaria.

A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar o peche dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de conformidade co previsto na ”Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, e co “Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por Orde da Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes supostos:

Tendo en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os protocolos vixentes en cada momento.

As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán entran en corentena, estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.

En función da intensidade e virulencia do gromo, así como do número de persoas e niveis educativos afectados, a Autoridade Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da totalidade das persoas que conforman unha aula, das que conforman un nivel educativo completo onde teña xurdido o gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que integran un centro educativo. A medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia.

2. A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións das autoridades sanitarias.

3. A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas previstas no presente protocolo relativas ao ensino a distancia.

4. Finalizado o período de illamento das persoas que conforman unha aula, nivel educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a actividade educativa ordinaria presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará o momento a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas específicas que sexa preciso adoptar e o comunicará ao centro

ACTUACIÓNS PARA O PERÍODO DE ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL

1. O ensino non presencial será impartido polo profesorado ordinario do alumnado preferentemente a través da aula virtual de cada grupo ainda que desde aquí o/a profesor/a poderá elexir unha forma complementaria de contacto (por exemplo Google Classroom) que sempre pasará por ver primeiro as indicacións respecto de como vaise organizar o profesor, desde a aula virtual do IES Monelos. O profesorado realizará o seguimento do alumnado impartindo os coñecementos da materia de xeito virtual a través dos contidos dispoñibles ben achegados polo profesorado o ben os que poña a disposición a Consellería. Igualmente o/a profesor/a poderá poñer tarefas ao alumnado que reforcen o contido da materia ou a avaliación continua da mesma.

2. O equipo COVID do centro identificará ao alumnado que teña dificultades de conexión o falla de equipamento para que a consellería adopte as medidas oportunas que minimicen as eventuais dificultades da educación realizada por medios telemáticos.

3. Para cada caso concreto de suspensión da actividade lectiva presencial a Consellería poderá adoptar as medidas oportunas en relación cos períodos ordinarios de avaliación do alumnado cando coincidan co tempo de suspensión.

4. Durante o período de suspensión da actividade presencial o centro educativo ten previstas as seguintes medidas de xeito xeral:

a) Manter o contacto permanente co alumnado e as súas familias, tanto para coñecer a evolución do estado de saúde como para continuar co ensino a distancia.

b) Actualizar a aula virtual dos niveis afectados para garantir a continuidade no proceso de ensino-aprendizaxe.

c) No caso de ter unha situación de ensino semipresencial, este será impartido polo profesorado do alumnado a través da aula virtual de cada grupo e mantendo contacto permanente co alumno/a que permaneza illado no seu domicilio mantendo, como mínimo un o dous contactos semanais que eviten a desconexión deste alumnado co instituto. De darse o caso de que o titor/a do grupo teña que estar illado, a dirección do Centro poderá habilitar a outro profesor do grupo para que de forma temporal asuma a súa titoría ata a chegada do substituto.

d) Realizar tarefas de desinfección profundas no centro.

e) Revisar o protocolo para buscar posibles erros e facer as modificacións que se estimen oportunas.

f) Coordinar co profesorado implicado as quendas de organización das fases.

No caso de corentena total dun ou varios grupos do centro, actuarase da seguinte maneira:

Aínda que a actividade non sexa presencial, seguirase o mesmo horario exposto inicialmente para unha actividade presencial. Efectuaranse conexións en todas as materias e ás horas fixadas no horario presencial. Haberá dous tipos de sesións:

  1. Sesións adicadas á explicación de contidos e á orientación das actividades que haxan de realizarse: conexións grupais en pantalla (polo menos o 50% das sesións semanais). As conexións faranse a través de Google Meet utilizando as contas corporativas de profesores e alumnos (dominio iesmonelos.edu.es)ou a través duha ferramenta que aporte a Consellería de Educación. Será obrigatorio que os alumnos se conecten ás clases virtuais a través de webcam o cámara dun teléfono móbil.

  1. Sesións de traballo individual de todos os alumnos do grupo durante a hora fixada no horario para a materia con conexión permanente co profesor (sen conexión por videochamada si non é necesaria) para a orientación do traballo exposto e a resolución de dúbidas. Estas conexións sen videochamada poden facerse a través do servicio de mensaxería de Google (Hangouts) utilizando sempre as contas corporativas de profesores e alumnos. O alumno haberá de entregar na medida do posible a actividade ao terminar a sesión da hora dedicada á materia. Preténdese así que a maior parte dos chamados “deberes” póidanse levar a bo termo durante a xornada lectiva.

No caso de corentena de parte do grupo

Aqueles alumnos do grupo que estean en corentena recibirán información diaria das actividades que se vaian realizando na aula. A información darase a través das contas do correo corporativo do centro e os materiais colgaranse preferentemente a través da aula virtual do centro ou doutros mecanismos que habiliten os profesores pasando sempre por avisos desde a aula virtual do IES Monelos. No caso de ser posible, o alumnado en corentena poderá asistir de forma virtual ás clases que se impartan de xeito presencial ca parte do grupo que non estea en corentena.

MEDIDAS PARA O REINICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL

Finalizado o período de peche presencial da aula, nivel educativo ou centro realizarase unha planificación do retorno á actividade presencial. O modelo proposto é o seguinte:

Fase 1 (Adecuación dos espazos)

Duración: Aínda que pode ter unha duración variable, aconséllase que sexa de dous días.

Nesta primeira fase, previa ao reinicio da actividade, será o equipo COVID do centro quen estableza as actuacións a desenvolver, en colaboración coas autoridades sanitarias e educativas.

Obxectivos:

- Análise da situación dos espazos e as súas necesidades.

- Adecuada distribución do espazo do alumnado, distribuíndo os pupitres de forma que se consiga unha distancia de máis de 1,5 metros entre eles.

- Redefinición dos circuitos de circulación interna.

- Reorganización das quendas de recreo para que se realicen de forma graduada.

Fase 2 (primeiro ciclo da ESO y Segundo Bacharelato)

Duración: un día.

O regreso ás aulas comezará cos grupos do primeiro ciclo da ESO (primeiro e segundo). Esta fase é fundamental para lembrarlles aos alumnos as medidas de hixiene e distanciamento.

Obxectivos:

- Formar ao alumnado na importancia das medidas de distanciamento físico, utilización de máscara e de hixiene de mans.

- Definiranse uns obxectivos que deben ser cumpridos pola aula para pasar de fase.

- Utilización do espazos e circulación do alumnado polos corredores do centro.

- Formar ao alumnado nas medidas de distanciamento físico no recreo.

- Informar ao alumnado das novas normas derivadas da pandemia no SARS-CoV2.

Fase 3 (segundo ciclo da ESO)

Duración: un día

Ao día seguinte incorporaranse os alumnos do segundo ciclo de ESO

Nesta fase o alumnado continuarán formándose nas medidas de hixiene e distanciamento físico con máis grupos de convivencia no centro.

Obxectivos:

- Establecemento de criterios claros de entrada e saída do alumnado de forma progresiva.

- Continuación das medidas aprendidas na fase 2 cun número maior de alumnos.

Fase 4 (Primeiro de Bacharelato)

Duración: un día

Nesta fase xa estará a totalidade dos alumnos incorporados ao centro.

Obxectivos:

- Reforzo e fomento de hábitos aprendidos.

- Disposición en puntos estratéxicos de información visual clara para o alumnado.