Memoria do Departamento de Tecnoloxía, IESP A Cachada. Curso 2020/21

MEMORIA

DEPARTAMENTO TECNOLOXÍA

CURSO 2020/21


ÍNDICE

  1. Introdución
  2. Contidos planificados, proxectos desenvolvidos e modificacións introducidas durante o curso

2.1. Contidos planificados

2.2. Proxectos desenvolvidos

              2.3. Modificacións introducidas durante o curso

  1. Análise dos resultados das avaliacións do alumnado. Tratamento dos pendentes. Medidas de atención á diversidade e actividades de reforzo. Pendentes
  2. Propostas para a revisión de:

4.1. A programación didáctica para o curso próximo

ANEXOS

A1: Implicación do Departamento en proxectos interdisciplinares

A1.1. STARgal21

A1.2. Club de Ciencia

A1.3. Divulgación de contidos

A2: Outras actividades complementarias e extraescolares

A3. Exames de setembro. Contidos mínimos e indicacións

  1. Introdución

Este documento está elaborado de acordo coa Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG. 02-09-97). Así como o Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG 29/06/2015), polo que se regulan as ensinanzas da ESO en Galicia (Programación de Tecnoloxía)

Tal e como se fixo coa Programación, esta memoria estará pendurada como documento Google Docs, co obxectivo de facilitar o acceso á mesma[1].

Neste novo escenario de pandemia ó que o alumnado se tivo que adaptar, consideramos que ó traballar máis individualmente puideron mellorar o seu interese, curiosidade, confianza en sí mesmos e desenvolver a súa creatividade, poñendo en práctica o pensamento crítico e incluso mellorou máis a súa comunicación que traballando en grupo.

A/os profesores integrantes do curso foron Ana Fernández Moreiras (Xefa de Actividades Extraescolares), Andrés Ferreira Míguez  (profesor de Matemáticas con afín Tecnoloxía) e  Flor Domínguez Martínez (Xefa do Departamento). O reparto de cursos foi como segue:


2. Contidos planificados, proxectos desenvolvidos e modificacións introducidas durante o curso

2.1. Contidos planificados

2ºESO

A nota da avaliación será a media das obtidas nos apartados, de acordo coa porcentaxe

1ª Avaliación

2ª Avaliación

3ª Avaliación

  • UD. 1. (Bloque 1) Proceso Tecnolóxico
  • UD. 2. (Bloque 2) Expresión e comunicación técnica
  • UD. 3.0 Materiais de uso técnico. Edificación

 (Bloque 3): madeira e metais

Transversalmente, Bloque 5. TICs

Bloque 4. Máquinas e sistemas:

  • UD. 4. Estruturas e esforzos
  • UD. 5. Máquinas e mecanismos

Transversalmente, Bloque 5.  Ferramentas TICs

  • UD. 6. Circuítos eléctricos (Bloque 4. Máquinas e sistema)
  • UD. 7. (Bloque 5) TICs.

-O ordenador

  • UD. 8. Programación:

-Os videoxogos con Scratch

Exame

20%

As posibles preguntas do exame estarán explicadas na libreta de clase.

Libreta e boletín de exercicios

10%

Traela sempre á clase. Avalíase mediante vídeo colgado no classroom explicando as tarefas feitas.

Cuestionarios

on line

15%

-Proceso tecnolóxico

-Expresión e comunicación gráfica

-Materiais de uso técnico: Madeira e Metais

-Estruturas

-Mecanismos

-Electricidade

Proxecto

taller

30%

Maqueta dun obxecto tecnolóxico: Man robótica  articulada para coller un obxecto.

https://youtu.be/ybFy-zyLYco

Debe ter as medidas da vosa man.

kit de material individuaL necesario: cartón, tesoira, tubos ou palliñas, fío, pegamento ou minipistola de silicona

kit de útiles e ferramentas necesarias: tesoira ou cutter pequeno,,lapis,goma, regra

-Na modalidade presencial cartón, fío e  tubos, palliñas de plástico ou paos de chupa chups

 Estrutura tensegrítica para soportar un peso.

https://youtu.be/ROnxjj5jPDs

https://youtu.be/J60GXbEL7Rg

Os listóns de madeira deben ter unhas medidas determinadas.

Utilizando a impresión 3D para incorporar algún mecanismo á estrutura

kit de material individual: listóns de madeira de pino, tanza, palillos, agulla

kit de útiles e ferramentas necesarias: lapis, regra, escuadra minisegueta,folla de papel de lixa, cola branca

Na modalidade presencial usarán fío e listóns de madeira.

STARgal + programación e robótica:

-Programación con Scratch

kit de material individual: polímetro, 3 lámpadas,  3 portalámpadas, 1 interrutor, cable, base de madeira.parafusos

kit de útiles e ferramentas necesarias:

desparafusador de estrela

Na modalidade presencial as prácticas serán individuais

Memoria técnica

15%

Maqueta obxecto tecnolóxico - debe incluír información explícita dos materiais de construción RECICLADOS

Entregarase a través da Google classroom

Debe incluír información explícita da estrutura e mecanismo.

Entregarase a través da Google classroom

Incluirá o esquema do circuito eléctrico do proxecto.

Entregarase a través da Google classroom

Mantemento do posto de traballo

10%

É obrigatorio diariamente manter o posto de traballo limpo e respetar o protocolo COVID.

Outros

Ata 1 punto

Traballos e proxectos voluntarios en coordinación con outros departamentos.

3º ESO

A nota da avaliación será a media das obtidas nos apartados, de acordo coa porcentaxe

1ª Avaliación

2ª Avaliación

3ª Avaliación

Proxecto Boihaus 1:

Domo: deseño e materiais

Proxecto Boihaus 2:

Domo: instalación eléctrica

Proxecto Boihaus 3:

Ecocidades intelixentes

Libreta (en vídeo)

25%

Semana anterior ás avaliacións. Hai que traela sempre a clase. Ver rúbrica de avaliación.

Cuestionarios online

15%

De materiais de construción.

De electricidade.

De robótica e programación.

Proxecto taller e tarefas Classroom

30%

Domo con palliñas de papel e conectores deseñados e impresos en 3D (modalidade presencial) ou plastilina (modalidade a distancia).

Na modalidade presencial, prácticas electricidade con TinkerCad e protoboard e Instalación eléctrica no domo.

Modalidade presencial: programación de mBot.

Mantemento do posto de taller

5%

É obrigatorio cubrir diariamente os formularios de mantemento e respectar os protocolos COVID.

Memoria

(En modalidade a distancia, deberase proporcionar evidencia audiovisual da autoría do traballo).

25%

Ver modelo no boletín.

Ver modelo no boletín.

Ver modelo no boletín.

Outros

Ata 1 punto

Traballo sobre lecturas, exposicións/videoexposicións/curtas para outras materias, etc

4º ESO

A nota da avaliación será a media das obtidas nos apartados, de acordo coa porcentaxe

1ª Avaliación

2ª Avaliación

3ª Avaliación

UD1. Electrónica analóxica

UD2. Electrónica dixital

UD3. Historia da Tecnoloxía

UD4. Instalacións da vivenda

UD5. Control e robótica (domótica)

UD6. Sistemas de comunicación

UD7. Pneumática e Hidráulica

Caderno

30%

Cuestións e actividades dos tema e rexistro de prácticas. Preséntanse a través dunha montaxe audiovisual que contén imaxes da libreta e explicacións. Ver rúbrica para ter claro que aspectos se valoran!

Cuestionarios

15%

Tras cada unidade.

Prácticas/

proxecto e tarefas Classroom

(En modalidade a distancia, á Memoria técnica sempre debe acompañala documentación audiovisual que acredite autoría do proxecto).

55%

Montaxes con semicondutores (TinkerCad e protoboard).

ENTREGARASE UNHA VIDEOMONTAXE EXPLICÁNDOAS.

  • Mecanismo/máquina clave na historia (deseñada e impresa 3D polo alumnado)
  • Domo con instalación eléctrica
  • Domotización vivenda (virtual con TinkerCad e real).

O alumnado escolle un proxecto e preséntao baixo a modalidade de (MEMORIA TÉCNICA).

  • Autopsia tecnolóxica (VIDEOMONTAXE)
  • Altavoz caseiro (MEMORIA TÉCNICA)
  • Montaxe hidráulica (MEMORIA TÉCNICA)

Outros

Ata 1 punto

Proba oral Galego, lecturas recomendadas, colaboración en CdC, STARgal, Biblioteca, etc.

4ºTICs

Contidos

Criterios mínimos de de avaliación

Instrumento de avaliación

1º trimestre: MONTANDO O NOSO PROPIO EQUIPO INFORMÁTICO A PARTIR DUNHA RASPBERRY PI

Arquitectura dun computador: compoñentes básicos e características. Configuración.

B2.1. Utilizar e configurar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto. B2.4. Coñecer a arquitectura dun computador, identificando os seus compoñentes básicos, e describir as súas características.

Monta un equipo informático a partir dunha Raspberry Pi.

Instalación e eliminación de software de propósito xeral.

B2.2. Xestionar a instalación e eliminación de software de propósito xeral.

Instala un software válido para a Raspberry Pi.

Riscos de seguridade para sistemas, aplicacións e datos. Hábitos de protección.

Medidas de seguridade activa e pasiva. Actualización do software. Antivirus e devasas.

B4.1. Adopta condutas de seguridade activa e pasiva na protección de datos e no intercambio de información.

Instala un antivirus gratuíto.

DESEÑO E PUBLICACIÓN DE CONTIDOS MULTIMEDIA: A CURTAMETRAXE OLLOBOI

Intercambio e publicación de información dixital na rede. Seguridade e responsabilidade no uso dos servizos de publicación. Licenzas de distribución.

B1.1. Adoptar condutas e hábitos que permitan a protección do individuo na súa interacción na rede.

Distingue os contidos con dereitos de autor privativo dos contidos CC e sabe como utilizar e publicar contidos CC, prestando atención á súa propia seguridade.

Produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetaxe. Importación de imaxes e gráficos.

B3.1. Utilizar aplicacións informáticas de escritorio para a produción de documentos.

Elabora e maqueta documentos de texto con aplicacións informáticas que facilitan a inclusión de táboas, imaxes, fórmulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño, e interactúa con outras características do programa.

Edición e montaxe de materiais audiovisuais a partir de fontes diversas. Captura de imaxe, de audio e de vídeo, e conversión a outros formatos.

B3.2. Elaborar contidos de imaxe, audio e vídeo, e desenvolver capacidades para integralos en diversas producións.

Integra elementos multimedia, imaxe e texto na elaboración dunha curtametraxe.

Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e vídeo, edita a información mediante software específico e crea novos materiais en diversos formatos.

Redes sociais. Privacidade e seguridade persoal na interacción en redes sociais.

B6.2. Empregar o sentido crítico e desenvolver hábitos adecuados no uso e no intercambio da información a través de redes sociais e plataformas.

Participa activamente en redes sociais con criterios de seguridade.

PROGRAMAR E DIFUNDIR OS NOSOS PROPIOS CONTIDOS: APP INVENTOR e IA

Deseño de páxinas web sinxelas de cara a fins prácticos como busca de emprego, formación, comercio electrónico...

B5.2. Elaborar e publicar contidos na web que integren información textual, numérica, sonora e gráfica.

Integra e organiza elementos textuais e gráficos en estruturas hipertextuais: creación dun CV.

Deseña páxinas web e coñece os protocolos de publicación, baixo estándares adecuados e con respecto ós dereitos de propiedade.

Deseño de app con App Inventor e Intelixencia Artificial.

B5.3. Coñecer os estándares de publicación e empregalos na produción de páxinas web e coas ferramentas das TIC de carácter social.

Crea unha App que inclúa un módulo de IA.

2.2. Proxectos desenvolvidos

1ª Avaliación

2ª Avaliación

3ª Avaliación

2º ESO

Materiais: Madeira, metais, téxtiles

Proxecto:

-Man robótica

Estruturas e mecanismos

Proxecto:

-Estrutura tensegrítica

Electricidade

Proxecto:

Montaxe de circuítos eléctricos según esquema.

LINGUAXE de programación: scratch.

Elaboración de videoxogos e prácticas

Voluntarios deseñando un videoxogo para as Letras Galegas en homeaxe a Xela Arias

3º ESO

O proceso tecnolóxico

Proxecto:

Deseño planos dun domo

 

Materiais de construción

Proxecto: 

Construción do domo

Programación

Xogo de Makecode de Arcade

4º ESO

Electrónica analóxica e dixital

  - Montaxes en protoboard

-Deseño dun mecanismo dunha máquina ó longo da historia. Impresión 3D

Proxecto: Construcións para o STARgal e Club de Ciencia

Colaboracíón coa Biblioteca

Robótica

  • Programación Mblock

-Instalacións do fogar.

Proxecto: Instalación eléctrica según esquema eléctrico.

Pneumática e Hidráulica

- Sistemas hidráulicos

Proxecto:

Grúa hidráulica

-Tecnoloxías da comunicación

- Altavoz caseiro con etapa de preamplificación

- Arduino: sistema de medición de T e H cun sensor DHT22 sobre Arduino

2.3. Modificacións introducidas durante o curso

Modificacións e motivos

2º ESO

Contidos:

  • As Unidades de informática: 3 (Ordenador) e 4 (Internet) víronse de forma procedimental, utilizando os contidos das mesmas como instrumentos para producir material (documentos, traballos de exposición, memorias, buscas de información, realización de videoxogos para as Letras galegas e STAR GAL...).
  • O alumnado de 2º foi en xeral bo, aínda que houbo alumnos con falta de interese e motivación, incluso abandono.
  • Na unidade 2 quedou sen ver: o “Calibre” como instrumento de medida
  • A unidade 5: Materiais. Centrámonos nos materiais en xeral e citamos os novos materiais sen profundizar neles.
  • A unidade 6: Madeira, explicouse polo xeral e o alumnado realizou cuestionarios on line na aula para a súa avaliación.
  • A unidade 7: Metais viuse con test on line na aula e coa exposición dos robots cabaciña no estudio da súa clasificación e as súas propiedades.
  • A unidade 8 de Estruturas traballouse con cuestionarios on line na aula.
  • A unidade 10 de electricidade: os cuestionarios on line fixéronse na casa e non na aula como nas outras avaliacións, por falta de tempo.

Outros:

  • Os proxectos realizados durante o curso espuxéronse no hall do instituto.
  • Participamos no Contrato-Programa “STARgal”: Formarse na linguaxe audiovisual, programación e robótica. Un grupo de 3 alumnos voluntari@s traballou polo miúdo en Programación, e logo todo o alumnado aprendeu destes así como presentaron sendos videoxogos que se presentaron para o 14 de maio.
  • Dado o elevado nivel de fracaso escolar en algún alumnado plantexamos como no curso pasado eliminar a nota mínima nos exames e os resultados cambiaron en todos os cursos coa entrega ademais de outros traballos.

3º ESO

Contidos:

  • A Unidade 4 (O ordenador e os nosos proxectos) traballouse a partir da edición de vídeo, creación de posters con Canva, documentos on line e manexo da aplicación Google Classroom.
  • A Unidade 5 (Electricidade e electrónica) Profundizouse nesta unidade xa que o curso pasado por mor do confinamento non se impartira a unidade de electricidade.

Outros:

  • A materia espertou moitísimo recelo: o alumnado non considera que teña o nivel de idioma básico. Para adaptarnos á situación, reducimos a cantidade de contidos, pasámoslles presentacións con vídeos e esquemas de cada tema e reducimos as probas teóricas a tests sinxelos con moitas imaxes. Pese a todo, algún alumnado non foi quen de aprobar aludindo ó tema lingüístico, de xeito que establecimos un protocolo de Reforzo Educativo co que facilitar o aprobado de certos rapaces (substituíndo as probas tipo test pola entrega de exercicios en galego). Nas clases prácticas non logramos que se empregara o inglés como lingua habitual e o uso da máscara tampouco axudaba . O plurilingüismo tivémolo en conta como reforzo positivo, dando un plus de nota ó alumnado que quixo entregar traballos en inglés (ou subtitulados).
  • Continuouse a traballar co boletín con exercicios e apuntamentos[2], elaborado no curso pasado, o cal serviu, xunto á nosa Aula virtual, para seguir o fío do curso. 
  • Creamos aulas virtuais en Google Classroom para xestionar todos os grupos, e o sistema funcionou moi ben.

4º ESO

Contidos:

  • No 4º de académicas, as unidades finais foron repartidas para seren vistas por equipos, e cada un deles fixo unha exposición oral da súa. Referímonos a Pneumática-Hidráulica, Sistemas de Comunicación e Arduino.
  • No de aplicadas centrámonos máis en traballar por proxectos as unidades de Neumática e Hidráulica e Sistemas de Comunicación. A unidade de Arduino só un grupo que ía máis avanzado conseguiu introducirse no tema.

Outros:

  • Continuouse traballando co boletín con exercicios e apuntamentos[3] elaborado o curso pasado, xunto á aula virtual, para seguir o fío da materia.
  • En 4º  non se fixeron exames; no seu lugar, o alumnado preparou a parte de programación ( Mblock, Arduino, APP Inventor) para o proxecto STARgal, traballou no Club de Ciencia e logo especializáronse en diferentes temas, facendo exposicións orais para promover unha aprendizaxe colectiva.


3. Análise dos resultados das avaliacións do alumnado. Tratamento de pendentes. Medidas de atención á diversidade e actividades de reforzo. Pendentes

Nun ano coa excepcionalidade do presente, onde o alumnado vén de estar desescolarizado desde marzo do curso anterior, os resultados requiren dunha análise máis profunda que do ordinario.

Para comezar, o seu nivel competencial inicial era inferior que en cursos anteriores, especialmente no referido a competencias básicas como a lingüística, a de aprender a aprender e a dixital. Para seguir, a súa motivación era moi baixa, afectados como todo o seu entorno pola pandemia e as súa impredecible evolución. Para rematar, o aprobado xeral do curso anterior significou que en 3º houbese alumnado que non tiña que estar por non ter acadado os mínimos esixibles por curso.

Atendendo a todo o anterior, facemos constar que

1º) Os resultados da avaliación están en consoancia cos doutras materias.

2º) Os resultados son mesmo superiores do que o serían nun curso ordinario. É innegable que o equipo docente estivo moi enriba do alumnado e que o nivel de esixencia foi menor. O tempo dirá se esta estratexia resulta perxudicial ou beneficiosa para o alumnado.

2ºESO TECNOLOXÍA

Total alumn

Total aprobados

Aprobados

Suspensos

%

%

2A

12

12

100

0

2B

13

10

77

23

2C

17

17

100

0

2D

17

17

100

0

2E

18

17

94

6

2F

17

16

94

6

     

 Análise dos resultados:

Hai que destacar que, en xeral, o alumnado foi aprobando por trimestres, a pesar de andar detrás deles para a entrega de traballos xa que non respetaron as datas de entrega. O alumnado que suspende en concreto, 5 alumn@s, está profundamente desmotivado e abandoaron a materia practicamente desde principios de curso. O resto de grupos moi ben, tanto en actitude como traballo diario creando un bo clima entre os compañeiro/as,  o que levou a moi boas calificacións.

        Estándares e contidos traballados no curso:

Recurrimos a unha metodoloxía de proxectos. Para cada trimestre realizouse un proxecto (maqueta e memoria técnica) que agrupaba un conxunto de unidades didácticas relacionadas co mesmo.

         Medidas de atención á diversidade aplicadas ó alumnado destes grupos:

Adaptáronse os exames a algún alumnado con TDAH en 2ºB, C e D para facilitar a súa realización con exercicios e que compartiron co profesor correspondente así como videoexposicións e presentacións.

No grupo de 2ºA  atendeuse á diversidade en altas competencias, propoñendo a alumnado excelente, tarefas complementarias: exercicios máis complexos, novos proxectos… A un alumno de 2º B aplicóuselle reforzo con actividades máis sinxelas, sin reducir contidos.

·         Avaliación dos materiais e recursos didácticos utilizados:

O boletín de traballo do curso simplificouse e reorientouse a contidos máis prácticos, inserindo máis imaxes. Paralelamente, as presentacións online que acompañan este boletín tamén se traballaron para facelas máis visuais e sinxelas.

Nas avaliacións de cada trimestre, melloráronse os resultados con respecto a outros anos, ó non haber nota mínima no exame e entrega do resto de traballos. Creamos en total 9 cuestionarios on line para 2º ESO, un por tema visto ata ese momento, e compartímolos individualmente co alumnado, quen debían cumprimentalos na aula o día indicado pola profesora, excepto na 3ª avaliación que o fixeron on line na casa, por falta de tempo

·         Avaliación dos mecanismos de avaliación e dos criterios de cualificación:

Na materia de Tecnoloxía a metodoloxía de avaliación fíxose coa entrega de traballos a través de Google Classroom que os profesores corrixían individualmente: cuestionarios on line, O proxecto que o alumnado desenvolveu en base a un conxunto de contidos e que documentalmente se expresou a través dunha memoria técnica, a libreta foi a través da entrega dun vídeo….Traballos corrixidos on line e devoltos con pequenas anotacións nas que se lle sinalaba os erros que tiña e que podían corrixir para mellorar a nota.

Os criterios de cualificación para cada instrumento de avaliación estaban claros e notificados ó alumnado desde principios de cada trimestre. Foron os mesmos para cada grupo de 2º ESO.

·         Propostas de mellora:

Coordinarse con outros departamentos como Plástica e Matemáticas en canto a contidos comúns para aplicalos a proxectos innovadores, así como seguir coordinándonos co departamento de Galego en canto a exposicións se refire.

   3º ESO TECNOLOXÍA

                Nivel e grupo: 3ºESO, todos os grupos

·         Profesor/a: Ana Moreiras

·         Número de alumnos/as, aprobados e porcentaxes:

Total alumn@s

Total aprobad@s

Porcentaxe aprobad@s

Porcentaxe suspens@s

3A

28

17

61

39

3B

24

14

58

42

3C

25

24

96

4

3D

24

24

100

0

3E

26

22

85

15

·         Análise dos resultados:

En consoancia coa valoración xeral exposta anteriormente, queremos deixar constancia de que en 3ºESO os resultados da avaliación son acordes ós doutras materias. Os grupos A e B contiñan un alumnado profundamente desmotivado e xerouse unha actitude grupal de desidia e abandono que motivou numerosas intervencións do equipo docente ó longo do curso (sen moito éxito, lamentablemente). Os grupos D e E tiñan un alumnado de perfil competencial superior, máis motivado e con claro apoio familiar. O grupo C, tendo un alumnado menos preparado, logrou non obstante un bo clima de traballo, o que redundou en boas notas en xeral.

·         Estándares e contidos traballados no curso:

Os estándares non lingüísticos foron satisfeitos basicamente, para o cal recurrimos a unha metodoloxía de proxectos moi axustada ós contidos mínimos e á recuperación dos contidos do curso anterior.

Os estándares lingüísticos tan só se conseguiron parcialmente, e isto nos grupos que tiveron unha actitude máis positiva e pese a que se reducira notablemente a carga de vocabulario específico.

Os contidos foron aplicándose ó desenvolvemento dun único proxecto (maqueta dunha bioconstrución -domo), pero agrupáronse en temas:

·         Medidas de atención á diversidade aplicadas ó alumnado destes grupos:

Nos grupos A e B aplicáronse todo tipo de medidas: redución de contidos (lingüísticos e non lingüísticos), eliminación de probas de tipo exame, apoio individualizado en certos casos. Non foron suficientes, pero como xa indicamos antes, nestes grupos non funcionou nada do que se intentou desde as Titorías e Orientación, e iso que o equipo docente traballou arreo.

Nos grupos D e E buscouse a atención á diversidade en altas competencias, propoñendo a alumnado sobresaliente tarefas complementarias. Responderon excelentemente.

·         Avaliación dos materiais e recursos didácticos utilizados:

O boletín de traballo do curso simplificouse e reorientouse a contidos máis prácticos, inserindo máis imaxes. Paralelamente, as presentacións online que acompañan este boletín tamén se traballaron para facelas máis visuais e sinxelas.

O lector aportou presentacións e vídeos que o alumnado avaliou moi positivamente, e que foron de gran axuda para o desenvolvemento das aulas. Asemade, a súa formación eclética foi extremadamente valiosa para as clases de Tecnoloxía, xa que Denis ten coñecementos de carpintería e construción (os grandes bloques de traballo no proxecto deste ano). A súa actitude, sempre amable, didáctica e próxima, foi de enorme beneficio para canto alumnado quixo achegarse a el.

·         Avaliación dos mecanismos de avaliación e dos criterios de cualificación:

Na materia de Tecnoloxía a avaliación faise en base a un proxecto que o alumnado debe desenvolver e explicar graficamente, o que implica traballar de forma moi intensa non só a competencia científico-tecnolóxica, senón tamén, e ó mesmo nivel, a lingüística, dixital, social e artística.

Neste curso levamos a cabo metodoloxías de avaliación que a profesora observou nas súas estadías no estranxeiro, e o alumnado amosouse moi satisfeito. Cada produto que entregaron foi corrixido online e posto a disposición deles de novo para melloralo e subir nota, en cada trimestre. A tecnoloxía de Google Classroom facilitou moito este proceso, e o alumnado adaptouse perfectamente e foi visiblemente consciente da súa mellora ó longo do curso. A maioría dos rapaces e rapazas foron quen de facer memorias técnicas de calidade en xuño, ó tempo que deseñaron, crearon e perfeccionaron unha maqueta coa que facer tanxibles os contidos da aula.

Os criterios de cualificación para cada instrumento de avaliación estaban claros e son os mesmos (adaptados) en cada curso da ESO, polo que non desorientan ó alumnado.

·         Propostas de mellora:

Deseñar actividades máis enriquecedoras para que o alumnado adquira o vocabulario básico da materia en inglés.

Coordinarnos co departamento de Inglés para que o alumnado poida traballar nesas aulas os contidos lingüísticos da material de forma oral. Sería desexable que puidesen facer unha presentación conxunta con Tecnoloxía, como facemos coa materia de Galego.

4º ESO TECNOLOXÍA

       Nivel e grupo: 4ºESO

·         Profesor/a: Flor Domínguez (grupo con Matemáticas aplicadas) e Ana Moreiras (académicas)

·         Número de alumnos/as, aprobados e porcentaxes:

Total alumn@s

Total aprobad@s

Porcentaxe aprobad@s

Porcentaxe suspens@s

4º acad

20

18

90

10

4º aplic

19

19

100

0

·         Análise dos resultados:

En 4º adaptámonos á diversidade creando proxectos de moi diferente natureza. Deste xeito, tivemos desde grupos de alumnado traballando en Arduino ata rapaces que simplemente montaron elementos nas obras do Club de Ciencia. Deste xeito, todo o alumnado estivo máis ou menos motivado e puido aprobar o 100%.

·         Contidos traballados no curso:

Os estándares traballáronse na súa totalidade agrupados nas seguintes unidades:

·         Medidas de atención á diversidade aplicadas ó alumnado destes grupos:

Como se indicou na valoración xeral, o alumnado viña en xeral desmotivado e cunha actitude moi negativa de cara ó traballo. Isto viuse incrementado porque este alumnado, o curso pasado, era xa dun perfil competencial sorprendentemente baixo en liñas xerais.

No grupo de académicas aplicouse reforzo individualizado a algún alumno ata que chegamos á conclusión de que a súa falta de traballo era unha cuestión puramente actitudinal. Este alumnado suspendeu a maioría das outras materias. Non debera ter chegado a 4º, pero o aprobado xeral da pandemia condiciounou a situación.

No grupo de aplicadas a un alumno con TDHA atenduese con traballo individualizado e centrado en traballos prácticos.

·         Avaliación dos materiais e recursos didácticos utilizados:

O boletín de traballo do curso simplificouse e reorientouse a contidos máis prácticos, inserindo máis imaxes. Paralelamente, as presentacións online que acompañan este boletín tamén se traballaron para facelas máis visuais e sinxelas.

Traballamos na mellora e substitución de partes dañadas nos Mbot, que tras 2 anos sen ser utilizados tiñan mal funcionamento.

Seguimos colaborando co departamento de Galego no desenvolvemento de probas orais, o que supón unha mellora pedagóxica.

·         Avaliación dos mecanismos de avaliación e dos criterios de cualificación:

Na materia de Tecnoloxía a avaliación faise en base a un proxecto que o alumnado debe desenvolver e explicar oralmente (presencial ou en vídeo), o que implica traballar de forma moi intensa non só a competencia científico-tecnolóxica, senón tamén, e ó mesmo nivel, a lingüística, dixital, social e artística. A desescolarización debida á pandemia fixo que o alumnado non tivese as destrezas básicas, e houbo que incidir en aspectos que normalmente non son precisos neste curso.

Os criterios de cualificación para cada instrumento de avaliación estaban claros e son os mesmos (adaptados) en cada curso da ESO, polo que non desorientan ó alumnado.

·         Propostas de mellora:

Desenvolver unha rúbrica máis precisa para a valoración das probas orais, e coordinarnos con outros departamentos para as mesmas (Sociais, Lengua, Inglés, etc.).

4º ESO TICs

Nivel e grupo: 4ºESO

·         Profesor/a: Flor Domínguez e Ana Moreirass.

·         Número de alumnos/as, aprobados e porcentaxes:

Total alumn@s

Total aprobad@s

Porcentaxe aprobad@s

Porcentaxe suspens@s

TICs 1

17

17

100

0

TICs 2

15

14

93

7

·         Análise dos resultados:

Só un alumno con absentismo escolar e abandono suspendeu a materia por non entregar as actividades que se lle pedían ó longo de todo o curso. En setembro, recuperará a materia coa entrega dunha ficha de actividades.

·         Contidos traballados no curso:

Os estándares traballáronse na súa totalidade agrupados nas seguintes unidades:

·         Medidas de atención á diversidade aplicadas ó alumnado destes grupos:

Como se indicou na valoración xeral, o alumnado viña en xeral desmotivado e cunha actitude moi negativa de cara ó traballo. Isto viuse incrementado porque este alumnado, o curso pasado, era xa dun perfil competencial sorprendentemente baixo en liñas xerais.

As profesoras tivemos que estar moi enriba da maioría do alumnado para que desenvolvese as tarefas.

·         Avaliación dos materiais e recursos didácticos utilizados:

Desenvolvemos presentacións online coa teoría básica e links de ampliación e videotitoriais, pendurando todo na Google Classroom. Para o alumnado foi moi sinxelo seguir a materia cun nivel de autonomía do que estamos todos contentos.  

Colaboramos na elaboración de materiais para o proxecto STARgal (celebración das Letras Galegas a través de programación, robótica e audiovisual), o que aumenta a aprendizaxe significativa notablemente.

·         Avaliación dos mecanismos de avaliación e dos criterios de cualificación:

Cada unidade conlevaba un proxecto 100% práctico no que plasmar os coñecementos, e o resultado final era a corroboración da adquisición dos estándares. Apréndese facendo, e esta é a materia que máis claramente exemplifica este precepto.

En calquera caso, os criterios de cualificación para cada instrumento de avaliación estaban claros e o alumnado non tivo moitas dúbidas durante o proceso.

·         Propostas de mellora:

Facer aínda máis precisa a rúbrica da avaliación de produtos como o cartaz, o videopoema, a aplicación ou a páxina web.

   


VALORACIÓNS XERAIS - XUÑO

Total alumn

Total aprobados

Aprobados

Suspensos

%

%

2A

12

12

100

0

2B

13

10

77

23

2C

17

17

100

0

2D

17

17

100

0

2E

18

17

94

6

2F

17

16

94

6

3A

28

17

61

39

3B

24

14

58

42

3C

25

24

96

4

3D

24

24

100

0

3E

26

22

85

15

4AB acad

20

18

90

10

4ABC aplic

19

19

100

0

TICs 1

17

17

100

0

TICs 2

15

14

93

7

Pendentes

Co gallo de axudar a estes estudantes a prepararen as dúas probas parciais que se efectuaron, entregóuselles un boletín de exercicios para resolveren nas casas.

Destacar que os 2 alumn@s de 3º ESO coa materia de pendentes de 2º, non aprobaron durante os parciais, houbo que ir a buscalos á clase porque non se ían presentar. Na final de xuño non se presentaron.

Dos 4 alumn@s de 4º ESO coa materia pendentes de 3º, só 2 deles aprobaron por parciais. Os outros 2 alumn@s aprobaron na final de maio coa entrega dos exercicios dun boletín dos 2 parciais feitos.

4. Propostas para a revisión de:

4.1. A programación didáctica para o curso próximo

ANEXOS

A1: Implicación do Departamento en proxectos interdisciplinares

1.1. STARgal21

STARgal é unha mostra de produtos dixitais e audiovisuais que se realizan co fin de conmemorar as Letras Galegas dun xeito máis innnovador. Organizámolo no centro desde o curso 2015/16 baixo a modalidade de Contrato Programa. En edicións anteriores levou premios de innovación educativa e lingüística.

Este ano tivo lugar ó longo de toda a mañá do venres 14 de maio. Por mor da COVID, todos os obradoiros tiveron lugar dentro das aulas. Nós intentamos que fose o máis interactivo posible, premiando ós rapaces e rapazas máis participativos, o que se certificou, como sempre, coa cartilla STARgal de cada quen. No seguinte vídeo, visualízanse as actividades desenvolvidas ó longo de toda a mañán.

Todas as sesións comezaron coa proxección dun dos 6 vídeos elaborados pola Academia, en orde cronolóxica de publicación, e a continuación propuxemos unha actividade na que o alumnado podía participar. Están todas explicadas na seguinte presentación.

No primeiro vídeo da serie fálase das orixes de Xela e da importancia que tivo na súa vida o ter asistido a un colexio da Institución de Libre Enseñanza, a Granxa Escola de Barreiros en Sarria.

Desde hai anos, este instituto traballa na mesma senda desa Institución:

O equipo de Biblioteca traballou arreo organizando actividades e favorecendo espazos de lectura. Este equipo en colaboración coas profes Silvia e Flor artellaron, un ano máis, unha colaboración co Centro de Día, para quen fabricamos uns brinquedos cos que agasallamos ós nosos maiores no mes de Nadal

 

 1.2. Club de Ciencia

No curso 2020/21 continuamos investigando sobre os conceptos de bioconstrución e entorno saudable que comezamos a estudar hai xa tres anos.

Coa incorporación da profesora Gloria Santos demos un paso na difusión de contidos, creándose unha canle en Instagram que nos permitiu ampliar o alcance das actividades realizadas. Grazas á participación da profesora de Plástica, Mónica Rivas, Tivemos por primeira vez un logo, e con el inauguramos un panel de difusión de contidos no centro.

Ó longo do curso, cada grupo de rapaces e rapazas traballou nunha área específica, elaborando un póster científico que se espuxo no taboleiro CdC_T e sobre o que lanzamos un concurso semanal.

Equipo Radon

Un equipo de alumnado de 1º e 2º ESO, coordinados por Flor Domínguez e Isabel Pelayo, participou no traballo de investigación sobre o radon nas súas vivendas seguindo o traballo desenvolvido neste centro en anos anteriores.

O alumnado levou o medidor de radon durante 1 semana e unha vez recollidos os datos leváronse a un mapa para determinar  as zonas con máis altos niveis deste gas radiactivo. Como información a destacar da investigación deste curso, atopamos  3 vivendas con máis de 600 Bq/m3.

 Equipo Calidade Aire: T, H e CO2

 

Un equipo de alumnado de 2º ESO, coordinado por Silvia Avilés e Nuria Martínez realizou medidas de temperatura, humidade e presión no IES, na Casiña dos Maios e no exterior, para comprobar as vantaxes enerxéticas e relacionadas co benestar higrotérmico das vivendas ecolóxicas.

Saíron durante varios recreos para tomar as medidas, que anotaban na folla de datos correspondente e que logo representaron mediante unha gráfica. Aprenderon a usar a estación meteorolóxica, a crear táboas e gráficas nunha folla de cálculo e a realizar un pequeno resumo de todo o traballo feito en Canva.

 

 

 

O equipo investigou sobre a ventilación das aulas, usando un medidor de CO2. A alta concentración deste gas indica unha mala ventilación, factor que se relaciona na actualidade a unha maior probabilidade de contaxios de COVID-19.

O alumnado situou o medidor nunha clase, sempre na mesma posición, e durante varias semanas anotaron os niveis de CO2 tres veces na mañá (primeiras horas, entre os recreos e ao final). Os datos recolleitos presentáronse nunha gráfica na que se vían os efectos das xanelas pechadas a determinadas horas.

O alumnado aprendeu a usar o medidor, a interpretar as medidas, realizar gráficas e coñeceu a importancia da toma e análise de datos para saber se un procedemento está a dar os froitos esperados.

 

Equipo Domótica

O alumnado de 4º ESO de Tecnoloxía desenvolveu un proxecto de Intelligence of Things (IoT) sobre unha placa de Arduino con conexión wifi, a placa Wemos.

Para isto, contamos coa axuda do enxeñeiro Rubén Beiroa e das profesoras Ana Moreiras e Flor Domínguez.

O alumnado programou a súa placa instalándolle un sensor de Temperatura e Humidade DHT11. A través do servizo web ThingSpeak, comprobaron que eran quen de acceder de forma remota ás lecturas efectuadas.

Os asistentes á charla crearon videotitoriais explicando o proceso, dos que escollimos pola súa calidade o do alumno Martín Tubío.

 

 

Equipo biovivenda

O alumnado de 4º Tecno, con Flor Domínguez e Andrés Ferreira, remozaron o invernadoiro reciclando as mamparas rotas que este ano se instalaron para a COVID.

 

Todo o alumnado de 3º Tecno, con Ana, deseñou e concibiu unha Biovivenda en forma de domo, elaborando a correspondente maqueta a escala. Para isto, proxectaron o espazo con TinkerCad e LibreCAD, tendo en conta unha localización real en base á que traballar os parámetros de confort e habitabilidade. Os resultados poden verse nesta presentación.

 

Equipo Ciencia Cidadá

O alumnado de 1º ESO BX do profesor Agustín Agra, desenvolveu unha investigación en torno a este concepto nas seguintes fases:

 

 

Noutro equipo, o alumnado de TIC da profesora Ana Moreiras desenvolveu unha app para xeolocalizar niños de aves baseándose no traballo do IES David Buján, con quen tivemos unha charla no grupo de traballo de profesorado (pendente de ser subida a Google Play).

 

O equipo de Ciencias Aplicadas de Gloria Santos fixo unha investigación sobre microplásticos e contamiñación mariña.

1.3. Divulgación de contidos

Un ano máis, mantivemos a páxina web do centro nutrida, creando os blogs de Tecno e de Club de Ciencia, e a páxina de STARgal. Tamén publicamos na pestana Xanela, na web de álbum de fotos Flickr e nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

 

2: Outras actividades complementarias e extraescolares

Curso

C.

Extr

Descrición

Obxectivos

Valoración. Link e/ou fotos

2º, 3º e 4º ESO

x

Exposicións temporais de traballos feitos polo alumnado nos espazos comúns do centro.

Fomentar a motivación e a mellora do ambiente de traballo.

Con ocasión do STARgal21 fíxose unha mostra de estruturas tensogríticas e vivendas domo no que foi a expo O espazo que habitamos

3º e 4º ESO

X

Saídas locais para ver obras en construción e outros elementos de arquitectura urbana.

- Complementar con actividades de campo os temas de Materiais de construción (3º), Instalacións (4º) e Sistemas de Comunicación (4º).

- Coñecer, valorar e facer propostas críticas de mellora da contorna local.

Canceláronse a última hora por mor da suba da COVID en Boiro. Estaba feita ad hoc a seguinte presentación:

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQjd6TK8gUNdOYVJFfurE2t7eQmUVfpJa8v7z0aatioJqw7FpU3eCMWs3UZy8STqDrS7BKSdWqTgC0F/pub?start=false&loop=false&delayms=3000

2º, 3º, 4º

X

Colaboración no Nadal cunha campaña de Promoción de vida saudable (Contrato-Programa suxerido por protocolo COVID).

- Traballar o tema de produción de enerxía.

- Traballar os contidos transversais relativos a reciclaxe, reutilización e consumo responsable.

- Colaborar nun proxecto interdepartamental do centro para aportar coherencia ó proxecto curricular.

Proxecto Brinquedos. Ver vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=kXuGfKn5274&t=55s

2º, 3º, 4º

X

Colaboración no STARgal Contrato-Programa creando produtos audiovisuais e videoxogos.

- Traballar os contidos relativos ás unidades de Control e Programación e Ordenador e os nosos proxectos, así como as de Robótica de 4º.

- Colaborar nun proxecto interdepartamental do centro para aportar coherencia ó proxecto curricular.

Os videoxogos e apps elaboradas polo alumnado poden verse nesta presentación: https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vT4ypg4JcK3SjwUEW5YzavHZlEJDNkL_u3DdoF5Ynz42xUnKtIrpnyX7vNTuEFAh9PfGHXYocfu0QV-/pub?start=false&loop=false&delayms=3000

2º, 3º, 4º ESO

X

X

Participación no Club de Ciencia

Temporalización: 1º,2º,3º trimestres

Departamentos de Ciencias e Física e Química.

Participar activa e argumentadamente, sobre unha base científica e con metodoloxía STEM, no proxecto de bioconstrución A Casiña dos Maios.

Na web do noso centro pode atoparse un resumo da actividade  deste ano, que volveu fundamentarse na bioconstrución e na domótica. O profesor Andrés Ferreira, que non estaba inicialmente no CdC, colaborou activamente.

TICs e Tecno

X

Participación nos concursos e convocatorias que xurdan ó longo do curso.

A través da materia de TICs participamos con 2 vídeos no festival Olloboi. Foron pezas dos alumnos Ángela Sánchez (Carta a miña avola) e Nicolás Miranda (videopoema Xela), de 4º.

A3: Exames setembro. Contidos mínimos.

2ºESO

TECNOLOXÍA. CONTIDOS MÍNIMOS SETEMBRO 2ºESO. CURSO 20/21

1º Trimestre

2º Trimestre

3º Trimestre

UD1. Proceso Tecnolóxico

UD 2. Sistema representación de obxectos

UD 3. Materiais: madeira, metais e pétreos

UD 4. Equipamento informático

UD 5. Estruturas

 UD 6. Máquinas e mecanismos

 UD 4. Equipamento informático

  UD 7. Circuítos eléctricos

    UD 4. Equipamento informático

TEB2.1.1-Representa con vistas e perspectivas un obxecto tecnolóxico perfectamente acoutado e a escala.

TEB1.2.1-Elabora a documentación necesaria para planificar a construción dun prototipo: bosquexo, planos, folla de procesos, orzamento, avaliación.

TEB3.1.1-Describe as características dos materiais de uso técnico

Identifica tipos de materiais con que están fabricados obxectos técnicos cotiás.

TEB4.1.1-Describe as características que configuran os tipos de estruturas

TEB4.1.2-Identifica os esforzos característicos e a súa transmisión nos elementos que configuran a estrutura.

TEB4.2.2-Calcula a relación de transmisión de elementos mecánicos como as panca (lei de panca)s, poleas e as engrenaxes (resolve exercicios).

Sentido de xiro de mecanismos

TEB5.1.1-Identifica as partes dun computador.

TEB4.3.1-Deseña circuítos eléctricos básicos coa simboloxía adecuada e resolve exercicios de acordo coa lei de Ohm.

Asociación de pilas e baterías

Circuito serie, paralelo (resolución de exercicios)

Enerxía e Potencia eléctrica (resolución de exercicios)

TEB5.3.1-Describe e comprende elementos de programación de Scratch.

Recomendacións dos profesores:

Para recuperar a materia de Pendentes de 2º ESO  o alumnado debe superar unha proba con este exame.

3ºESO

Axudaranse do boletín para a realización da proba.

4ºESO

Non hai exame. Recuperación da materia coa entrega do boletín 

TICs

Non hai exame. Recuperación da materia de TICs coa entrega de actividades encomendadas nunha ficha

                                                                             

         



[1] https://docs.google.com/document/d/1nBxHx8vkC4xY2q8R-RehPim0QOjYe2_IVgux7ky3NTg/pub

[2] http://issuu.com/moreiras26/docs/exercicios_de_3_

[3]