Os Evanxeos

A palabra Evanxeo procede do grego e significa.............? Pois Xesús mesmo, o que foi, o que dixo e o que fixo; e por suposto, aquelo que supuxo para os que compartiron con el a súa mensaxe e a súa vida.

Esta nova hai que transmitila, contala para que todos saiban a realidade e poidan ser participes da mensaxe.

As persoas que se sentiron atraídas por Xesús e a súa mensaxe. Non sentían necesidade de escribilo senón de contalo. As primeiras novas destas experiencias transmítense de maneira oral.

Pero cando estes primeiros testemuños desaparecen, chega o momento de poñer por escrito o que circulaba de maneira oral para que non se perdese.

Fontes desta nova

A vida que queda relatada nestes escritos é un testemuño de gran valor sobre os motivos que conduciron a un grupo de homes e mulleres normais a forxar unha historia excepcional. Para coñecer o seu proceso de formación utilizamos distintas fontes, unhas cristiás e outras non.

Fontes cristiás

As fontes cristiás son as que nos proporcionan os cristiáns da época na que foron redactados os evanxeos. Cada un danos unha perspectiva distinta de quen foi Xesús pero con unha mesma mensaxe: Xesús sálvanos. Así o fan os evanxeos sinópticos.

.- A que se refire o termo evanxeos sinópticos? ......

Logo está o cuarto evanxeo, o de Xoán, que presenta unha estrutura e uns relatos diferentes.

Os autores de Mateo e Lucas coñecían, ademais, unha primeira versión dos evanxeos.

.- Que é a Fonte Q?..............

Tamén hai material epistolar: cartas de Pablo e cartas de diversos apóstolos. E o libro dos Feitos dos Apóstolos e a Apocalipse.

Fontes non cristiás

Estas fontes falan de Xesús desde unha perspectiva independente das cristiás. Destaca o historiador xudeu Flavio Josefo que se refire a “Xesús, o Cristo, o irmán de Santiago”.

O filósofo estoico Mara Bar Sarapion escribe unha carta ao seu fillo na que fala de Xesús como un “sabio rei a quen os xudeus deron morte”.

.- Que é o estoicismo?.......

Outros escritores romanos como Plinio el Joven refírense a Cristo como o fundador dun novo grupo relixioso.

Catro miradas diferentes para coñecer a Xesús e a súa mensaxe

Os evanxeos escríbense para presentar a mensaxe de Xesús a aqueles cristiáns que non o coñecían fisicamente, a aquelas comunidades que viron morrer ós apóstolos e sentiron a necesidade de recopilar os datos que había sobre Xesús.

Os evanxeos son uns relatos que narran a experiencia de Xesús e das persoas que conviviron con el, coa finalidade de guiar a estas novas comunidades no estilo de vida proposto por Xesús de Nazaret.

Os evanxeos canónicos son: Marcos, Mateo, Lucas e Xoán.

.- Define o termo evanxeos canónicos?..........

Os símbolos dos evanxelistas

Os catro evanxelistas son representados con formas alegóricas de tetramorfos.  

.- Fala destas representacións e as razóns para asocialas con cada un dos evanxelistas:......

Os evanxeos

Marcos

Para Marcos, a morte e resurrección de Xesús convértense no acontecemento fundamental que explica cada unha das súas accións. Así, os milagres só poderán ser comprendidos unha vez Xesús morra e resucite. Segundo Marcos a boa nova que é Xesús, só podemos vivila si aceptamos que Xesús é un Mesías, pero que ten que entregar a vida.

.- En relación ós outros evanxeos canónicos ten dúas peculiaridades relacionadas co tamaño do texto e da súa antigüidade:.......

Mateo

O evanxeo de Mateo quere orientar ós cristiás da súa comunidade acerca de como facer realidade a esperanza de  é un paz, menos fame e desigualdade, máis desenvolvemento e xustiza.

Lucas

Relata a vida de Xesús de Nazaret, centrándose especialmente no seu nacemento, vida pública, morte, resurrección e remata co relato da súas ascensión.

.- Cal é a finalidade pastoral do seu evanxeo?.......

Estes tres primeiros evanxeos denomínanse sinópticos.

Xoán

O evanxeo de Xoán recolle as tensións que se vivían nas primeiras comunidades cristiás xoánicas: hai polémica entre uns cristiáns que se consideran superiores a outros e discriminan aos que non acadan o seu nival.

.- Este cuarto evanxeo está escrito en que lingua?..........

O evanxeo apócrifo de Xudas

O apócrifo evanxeo de Xudas conta que Xudas entregou a Xesús ás autoridades por petición expresa de Xesús. O Mestre quere liberar a súa alma da craga pesada que lle supón o seu corpo. Non soporta máis vivir neste mundo. Só cando o seu corpo sexa aniquilado poderá a súa alma acadar a salvación definitiva.

.- Que é un evanxeo apócrifo?........

.- Cita algúns dos considerados evanxeos apócrifos:...................