O pasado venres  día 20 de maio, os alumnos e alumnas de 6º e 5º acudiron á carreira pola lingua, organizada polo IES de Valga.

De este xeito, continuamos conmemorando a celebración do día das letras galegas nunha carreira pola contorna do centro, xunto a rapaces e rapazas do IES de Valga e o CEP Xesús Ferro Couselo.

A xornada comezou ben cedo, as 10 de mañá acudimos o IES onde puidemos desfrutar da actuación da Banda municipal de Música de Valga e escoitamos poemas recitados por entre outros os nosos compañeiros de 6º B Ian Jamardo e Miguel Piñeiro.

Despois chegou o momento de correr, todo o alumnado recorreu unha distancia de algo menos de 4 quilómetros, no que no importante era desfrutar. Contamos co apoio de todo o centro que acudiu en masa a animar e a dar un último empuxón ós nosos pequenos atletas.

O rematares, e tras o avituallamento correspondente, chegou o momento do sorteo de agasallos e da entrega de medallas, onde destacamos os seguintes premios:

En categoría feminina: 1ª Sara Gómez, 2ª Marta Gómez e 3ª Claudia Piñeiro;

En categoría masculina: 1º Adrián Sánchez, 2º Raúl Rodríguez e 3º Rami Imad Hammoudeh.

Para rematar esta xornada desfrutamos da actuación de Lois Pérez, nun espectáculo que combinou música, poesía e contos.

Podedes ver máis fotos e vídeos da carreira na seguinte ligazón: Carreira pola Lingua