Published using Google Docs
Memoria Extraescolares 2017/18
Updated automatically every 5 minutes

MEMORIA ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

2017/18


ÍNDICE

  1. Valoración xeral
  2. Consecución obxectivos xerais
  3. Medidas concretas e valoración
  4. Proxectos con implicación directa do Departamento de Extraescolares
  5. Propostas de mellora e conclusións

ANEXOS

A1. Valoración por Departamentos das súas actividades previstas[1]


  1. Valoración xeral

O recén fallado Premio de Innovación en Dinamización Lingüística reforza a nosa filosofía de traballar a contracurrículo, ou sexa, saíndo do compartimento estanco das nosas programacións, relacionándonos entre nós e abríndonos á sociedade.

A Roda do Ano, unha proposta desde o departamento de Extraescolares en coordinación co EDLG, foi unha superestrutura de proxectos e Proxectas, e tras anos profundizando nesta liña de traballo no IESP A Cachada considerámonos orgullosas do resultado. Na nosa web[2] temos a información actualizada ó respecto.

Tratábase de organizar todo o curso en torno ás festividades do calendario celta, é dicir, de acordo cos 8 fitos solares que ciclicamente se repiten cada ano. Cada festividade fai tributo a un valor determinado relacionado coa natureza (cópula, semente, froito, madurez, recolleita, morte), e a nosa idea era retomar esa espiritualidade e contacto coa natureza para repensar o uso que facemos do tempo libre e dos recursos materiais e inmateriais que tan alegremente desperdiciamos.

Unha gran roda no vestíbulo do instituto foi dando conta do cumprimento de cada unha das actividades planificadas, amosando o resultado do traballo en fotos pegadas nos oito eixos (e contemplando o maior número posible de departamentos).

Todo o alumnado do centro estivo implicado, xa que a maioría das actividades desenvolvéronse nas aulas de Galego, Tecnoloxía, Matemáticas e Sociais, áreas comúns na ESO.

A participación en proxectos extraescolares foi maior que nunca.

Grazas á organización dunha reunión semanal conxunta entre a Xefa de estudos, a Orientadora e as profesoras do EDL, o Plan Xeral de Atención á Diversidade e o Plan de Acción Titorial adaptáronse á organización proposta na Roda do Ano.

Estamos contentas co nivel acadado de difusión pública das nosas actividades: cada vez máis profesores e profesoras empregan as nosas redes sociais e a prensa, un ano máis, fíxose eco das principais propostas que levamos a cabo. Este ano logramos ter todas as fotos das actividades nunha soa plataforma (Flickr[3]) para dinamizar a publicación de contidos, e actualizamos por completo a web do instituto: todo o espazo extraescolar e a revista dixital a Xanela están agora inseridas na web do IESP A Cachada.

O orzamento do noso Departamento medrou, o que permitiu dar axudas a alumnado (viaxe final “Cachatrip”, previsto para setembro; saída do Club do Antifás ó Carballo Interplay), mercar material (cámara de fotos e outros elementos audiovisuais aínda por xestionar), e manter unha colaboración coa entidade A.C. Olloboi, quen desenvolveu por noveno ano consecutivo en Boiro o meirande festival audiovisual escolar galego.

No seguinte punto veremos se demos cumprimento os obxectivos desglosados que responden ás necesidades educativas para as que deseñamos as actividades, a saber: actividades coherentes, imbricadas no proxecto educativo, interdisciplinares, que fomenten que o alumnado aprenda a aprender, a ser, a coñecer, a facer e a convivir coa realidade social na que está inmerso.

  1. Consecución de obxectivos xerais

OBXECTIVOS

LIÑAS DE TRABALLO PREVISTAS

AVALIACIÓN

1. Fomentar a realización de actividades colectivas interdepartamentais, contribuíndo á coherencia do noso proxecto educativo de centro. A través dunha metodoloxía de proxectos, enriquecerase o nivel de aprendizaxe significativa derivado das experiencias realizadas e propiciarase un ambiente de traballo máis rico  (aprender a coñecer).

1.1. Promoción da participación de grupos de Departamentos en experiencias educativas de innovación pluridisciplinares como os Contratos-Programa (Espazo familia, Mellora do rendemento para acadar a excelencia (STARgal -seminario transversal de audiovisual e robótica), o Club de Ciencia (módulo bioclimático baixo criterios de bioconstrución; Tecnoloxía, Matemáticas, Física e Química e Bioloxía), os Proxecta (Aliméntate ben, Proxecto Deportivo de Centro, TICaras2, Quérote +, Prevención alcolismo).

1.2. Estudo das diferentes actividades para ofrecer un programa diverso e equilibrado (evitando saturación en períodos concretos ou para determinados cursos, así como a repetición de obxectivos).

1.3. Creación de grupos de traballo de profesorado, de alumnado e de profesorado-alumnado (Comisións de extraescolares, prensa, etc.)

1.4. Organización dun proxecto interdisciplinar ó redor do cal se vertebren os Proxecta e Contratos Programa: A roda do ano (ver capítulo aparte). De acordo con este, redefinición das conmemoracións habituais do ano (Samaín-Magosto, Nadal, Entroido…) e do festival de Fin de Curso.

1.1. Houbo unha participación maior que nunca en proxectos, todos organizados ó abeiro de A Roda do Ano. Máis adiante analizaremos con pormenor cada actividade desenvolvida neste macroproxecto.

Fomos convocados para participar nun Proxecta novo: Observa Acción. Trátase dun programa de 2 anos de duración que implica a observación intercentros.

1.2. Houbo máis actividades conxuntas que nunca, aínda que podemos seguir mellorando

1.3. Funcionaron as comisións de extraescolares (reuniuse os xoves no 2º recreo), prensa (publicaron na Xanela) e Biblioteca

1.4. Desenvolveuse con éxito absoluto, como o demostra ter merecido un dos 5 premios de Innovación en dinamización lingüística.

2. Xestionar de xeito eficiente as actividades e divulgalas entre a comunidade educativa.

2.1. Manter unha reunión periódica coa Xefa de Estudos, Orientadora e coordinadora do EDL.

2.2. Publicar na Sala de profesorado a planificación trimestral.

2.3. Publicar no novo taboleiro de Extraescolares para o alumnado a planificación mensual.

2.4. Difundir no taboleiro “Participa!!” aquelas campañas, concursos ou bolsas ás que pode acceder o alumnado.

2.5. Publicar na web do centro e a revista A Xanela as convocatorias e o resultado das actividades.

2.6. Coordinar o horario das actividades extraescolares coa dispoñibilidade de tempo do alumnado (obradoiros dos luns e martes, saídas, etc).

2.7. Manter informada á prensa das actividades máis salientables.

2.1. Tivo lugar todos os luns a cuarta hora.

2.2. Feito, ademais creouse un Google Calendar e publicáronse nel todas as actividades.

2.3. Non funcionou, precisa un equipo de alumnado mellor escollido e coordinado.

2.4. Difundido

2.5. A revista Xanela fundiuse coa web da Cachada e actualizouse por completo.

2.6. Non houbo queixa ata o último mes, en que o apuro por rematar a Casiña dos Maios provocou incómodas solapacións de horarios.

2.7. Tivemos diferentes aparicións na Voz, no Correo e dúas na TVG (a causa da Casiña dos Maios)

3. Revisión das saídas de longa duración co fin de que se convirtan en experiencias de convivencia e descobremento de hábitos de vida saudables (aprender a ser e a convivir).

3.1. Organización de saídas por niveis:

  • 1º ESO: Proxecto Boiro
  • 2º ESO: Musical e Historia, Madrid (Música e Relixión)
  • 3º ESO: Italia e a Cultura Clásica (Relixión e Sociais) e Intercambio Francia
  • 4º ESO: fin de etapa en Gran Bretaña

3.2. Organización dunha viaxe interxeracional de fin de curso como recompensa á implicación do alumnado nas actividades do curso: Cachatrip.

3.1. Para 1º non houbo saída; a de 2º e o Intercambio transcorreron sen problemas, a de 3º foi cuestionable en canto a contidos (demasiadas visitas relixiosas) e a de 4º foi finalmente a Portugal por motivos orzamentarios.

3.2. Postergouse a setembro por mor da baixa da coordinadora de extraescolares.

4. Aprender a aprender: entendemos que o mellor xeito de lograr este obxectivo é que o alumnado afronte retos, pois nese contexto menos relaxado espértase a curiosidade e consolídanse mecanismos cognitivos que non se dan na rutina diaria.

4.1. Os concursos desenvolvidos no noso centro: certame literario-audiovisual Máis que palabras, Concurso de Microtextos teatrais, competición STARgal, DéfiHebdo, etc.

4.2 Concursos externos de tipo cultural: premios Olloboi, Fouciño, Fic Bueu, Youtubeiros, Clipmetraxe, etc.

4.3. Concursos externos de tipo científico, tecnolóxico (robótica en Igaciencia) ou matemático (Canguro, Rallye).

4.4. Competicións deportivas (premio Xoan Lampón, carreira solidaria, etc.)

4.1. Desenvolvéronse con éxito, agás o de Microtextos teatrais, con baixa participación.

4.2. Participamos no festival Olloboi, na sección Muchachada Matiné (coa que gañamos un premio, con O paseo, baixo a dirección da cineasta Sandra Sánchez), e fomos finalistas en montaxe con Xa non atendo ó meu amigo; participamos no Fouciño, no Fic Bueu e en Youtubeiros, onde un dos nosos traballos foi finalista (Ana Pimentel).

4.3. Participouse con éxito nos concursos de costume agás no de Robótica de Igaciencia, que non foi convocado

4.4. As competicións deportivas funcionaron ben

5. Aprender a ser é un estándar que se refire a desenvolver competencias cívicas e sociais. Particularmente, interésannos aquelas actitudes que significan un compromiso coa xente máis desfavorecida, co medioambiente e coa nosa cultura galega, sempre desde o marco da creatividade e a cooperación.

5.1. Desenvolvemento da conciencia crítica a través de proxectos comúns (“A roda do ano” conlevará a elaboración de pezas audiovisuais sobre a nosa contorna natural, cultura, lingua e historia) e das curtas producidas no Club do Antifás (este curso centradas na ecoloxía).

5.2. Promoción da participación en programas solidarios (coordina Departamento Relixión): Entre Culturas e Manos Unidas (martes a mediodía, 2º ESO, aínda por concretar cal proxecto).

5.3. Participar de xeito proveitoso nas saídas de longa duración, especialmente nos intercambios.

5.1. Estamos satisfeitas co nivel de compromiso dos traballos audiovisuais, nomeadamente coas pezas elaboradas para a Semana Sa (proxecta Alimentación Saudable): videoclips en clave de “batalla” que supuxeron dúas importantes rupturas de prexuízos: o galego e as mulleres neste tipo de linguaxe musical.

5.2. Participación como de costume

5.3. Alta satisfacción

6. Aprender a facer é a capacidade de desenvolver estratexias procedimentais e resolutivas coas que afrontar a construción de proxectos. Como o camiño se fai andando, a metodoloxía que escollemos para acadar este obxectivo é a de involucrar ós rapaces e rapazas na elaboración dos proxectos principais do centro.

6.1. Constituír comisións de traballo para organizar diferentes actividades: Magosto, Entroido, Letras Galegas, festival de fin de curso.

6.2. Crear os produtos que se mostrarán no STARgal (pezas audiovisuais, obxectos reciclados, programas informáticos, videoxogos, instalacións robóticas e RV) e organizar a olimpíada (quendas, monitor@s de actividade e de grupo, etc.)

6.3. Implicar ó alumnado directamente na organización das saídas de longa duración (nomeadamente no Intercambio linguístico, aínda que se intentará implementar esta medoloxía na outra de 3º e na de 4º).

6.4. Representar os espectáculos teatrais que se ensaian ó longo do curso no Obradoiro Bolaño.

6.4. Elaborar un horto-invernadoiro escolar (Club de Ciencia).

6.1. As comisións de traballo funcionaron de xeito irregular, pero as conmemoracións puideron facerse, como sempre, grazas á axuda do alumnado.

6.2. Desenvolveuse con éxito pese á baixa dunha das profesoras (coa consecuente carga de traballo do resto)

6.3. O grupo do intercambio funcionou tan ben como de costume; non así o de 4º, onde non houbo entendemento entre o alumnado e entre alumnado e profesoras responsables. Debemos mellorar ese aspecto.

6.4. Por mor da coincidencia cun campionato de voley, as representacións houberon de adiarse a xuño, pero finalmente executáronse con éxito.

6.5. O proxecto modificouse para crear un módulo bioclimático.

7. Establecer lazos coa realidade circundante, contribuíndo ó benestar e sentimento de realización da propia comunidade e ó desenvolvemento dun sentido de pertenza á mesma.

7.1. Desenvolver obradoiros nos que a familia teña protagonismo: Avós e avoas na Cachada (Club de Ciencia).

7.2. Colaborar co Concello de Boiro en iniciativas conxuntas: charlas de mentoring creativo[4], emprendemento social, etc. (a través Departamento Orientación).

7.3. Desenvolver o Contrato-Programa “Espazo Familia”.

7.4. Colaborar co Festival Audiovisual Escolar Olloboi, non só a través da participación como concursantes (elaboración de pezas audiovisuais promovidas desde o Club do Antifás) senón implicándose na organización do evento (axuda económica, cesión de espazos, etc).

7.5. Establecer redes sociais que poidan axudar tanto no presente como no futuro.

7.6.  Difusión das actividades realizadas, tanto a nivel centro (taboleiros de extraescolares) como a nivel comunidade (prensa e radio, web instituto, blog Xanela, redes sociais).

7.7. Espertar do sentemento de cidadanía Europea a través do Intercambio escolar con Francia.

7.1. Non se chegou a desenvolver: a participación das familias segue a ser unha eiva no noso funcionamento.

7.2. Colaboramos nas diferentes iniciativas que se nos propuxeron (charla de María Magán, responsable da galería Ladoce, e de Carlos Muñiz, de In9 eventos). O profesorado responsable quedou satisfeito.

7.3. Desenvolveuse

7.4. Colaboramos en todos os sentidos.

7.5. A través do festival Olloboi, o alumnado coñeceu cineastas de prestixio (Sandra Sánchez, Andrés Mahía, Eloy Domínguez, etc.); a través da Casiña das Ciencias, coñecimos a arquitectos e bioconstrutores.

7.6. Tivemos unha alta presencia nos medios de prensa.

7.7. A profesora responsable amósase satisfeita.

8. Mellorar o rendemento académico e outros aspectos positivos para o desenvolvemento adolescente.

8.1. Seguimento do alumnado máis involucrado en actividades extraescolares e complementarias a través de rúbricas especializadas nas tres avaliacións (particularmente o implicado no Contrato-Programa).

8.2. Termómetro de opinión do centro (enquisas, paneis, campañas) instagram…)

8.1. Debido á baixa da coodinadora de extraescolares, non puido facerse ese seguimento.

8.2. Fíxose unha sondaxe sobre o uso das redes sociais entre o alumnado e espuxéronse os resultados no vestíbulo[5].

9. Promover mecanismos e convenios de colaboración con diferentes institucións e entidades de cara a conseguir financiamento e lograr así un abaratamento das actividades para que as familias poidan facer fronte ó custo económico das mesmas.  

9.1. Colaboración na busca de facilidades para desenvolver o obradoiro Bolaño de teatro que organiza o EDL.

9.2. Colaboración na consecución dun convenio de uso dos recursos e instalacións da contorna para a realización das actividades extraescolares (instalacións deportivas de Boiro, etc.)

9.3. Elaboración de informes e proxectos para solicitar axudas económicas a Concello, Deputación, Consellería e quen queira que ofreza bolsas de estudo ou premios (en 2017 participamos nas convocatorias de Barrié de la Maza e GSD innova)

9.4. Estudo da oferta de actividades extraescolares municipais ou provinciais e valoración de participación nas mesmas.

9.1. O concello colaborou e as familias aboaron o importe restante.

9.2. Non se avanzou ó respecto.

9.3. Obtivemos un premio audiovisual con dotación económica (Bolsas Alberte Romero), levamos unha Mención Especial nos premios EducaCompostela e gañamos o Premio de Innovación en Dinamización Lingüística 2018.

9.4. Participamos na convocatoria da Semana STEM para alumnado de 2ºESO.

3. Medidas concretas e valoración

Agás as saídas de longa duración, o resto de medidas concretas forman parte do ambicioso proxecto A Roda do Ano co que gañamos o premio de Innovación, e na páxina seguinte despregamos nunha táboa as actividades e a valoración pertinentes, así como os enlaces de ampliación.

Como indicamos con anterioridade, a saída de 2º e a do Intercambio funcionaron moi ben, mentras que a saída de fin de etapa de 4º tivo diversos problemas durante a súa organización: o equipo de alumnado que se puxo ó cargo non tiña unha coordinación real co resto de alumnado, e houbo dificultades comunicativas que fixeron que finalmente se encargasae a viaxe a unha axencia, e que se fixese a Portugal, para así minimizar custos.

A saída de 3º da ESO a Italia recibiu unha valoración ambigua: a carga de contidos relixiosos fixo que se cuestionase a pertinencia da mesma.

As fotos de todas as saídas están no noso Flickr.

Data e fundamento da festa Celta

Actividades e produtos elaborados: descrición e enlaces

Obxectivos e observacións

SAMHAIN  

1 nov

Inicio do ano novo celta e o dunha nova Roda do Ano. Época de meditación e reflexión sobre os ciclos da natureza, da vida e da morte.

Samaín e Magosto

Semana 30 out - 3 nov: proxección de curtas de medo na Biblioteca. Estiveron guionizándose, gravándose e montándose nas titorías, clases de Galego e Tecnoloxía durante o mes de outubro. Poden verse na lista de distribución Recreos Arrepiantes 2017.[6]

31 outubro: celebración do Magosto coa contada Quico Cadaval e Marga Alborés; 2 horas duración, na Casa Cultura; festa popular con posto de “Maquillaxe terrorífica”, xogos populares e degustación de castañas. (Colaboran Dpto. Ed. Física e Asociación Xogos Tradicionais de Compostela.) Ver imaxes en Flickr[7]

Outubro e novembro: deseño e ensamblado das pezas da Roda do Ano, e instalación no vestíbulo (foto da introdución).

OBXECTIVOS LOGRADOS

Coñecer os perigos potenciais dunha mala navegación en redes sociais e os rasgos fundamentais dos diferentes ciberacosos. Desvencellar as redes sociais do español.

Manexar os fundamentos básicos da produción audiovisual (altamente mellorable, tentaremos introducir esta linguaxe a través da materia de Tecnoloxía para o curso).

Comprender a verdadeira natureza da festividade de Samaín en Galicia e achegarse á relación dos galegos cos nosos defuntos.

Promover hábitos de ocio saudables e comprometidos coa cultura galega.

Promover a creación audiovisual en galego e incorporar as nosas curtas ó catálogo de producións audiovisuais escolares.

YULE

24 dec

Festa de orixe na época neolítica: o retorno da vida, da esperanza, liberación do antigo. Dos celtas, o Apalpador.

Este Nadal regala tempo

Semana 11 - 15 decembro: instalación sobre deidades (Depto. Tecnoloxía) e realización da enquisa sobre redes sociais (proxecta TÍCaras, Dptos. de  tecnoloxía e Matemáticas). Divulgación dos spots[8] feitos polo alumnado.

21 decembro: entrega de agasallos a cargo do Equipo Apalpador[9]. Os agasallos foron elaborados nas aulas de Tecnoloxía, Relixión, Valores Éticos e Titorías, e o alumnado realizou videotitoriais para a materia de Galego explicando como fixeron o seu regalo (poden verse na lista de distribución da nosa canle[10]. Un dos traballos foi finalista no concurso Youtubeir@s).

18 decembro: O Bosque galego precisa o teu tempo, visita guiada e plantación[11] no bosque de Froxán (ver unidade completa no blog Vaidelingua[12] do Dpto. Galego)

OBXECTIVOS LOGRADOS

Realizar e publicar un estudo sobre os hábitos de uso das redes sociais (particularmente en galego, poden verse os resultados máis adiante nesta Memoria) e aumentar a presencia do galego nas mesmas (non é valorable).

Elaborar unhas gráficas atractivas e impactantes que chamen a atención sobre as conclusións anteriores (expostas a final de curso no vestíbulo, poden verse imaxes máis adiante nesta Memoria.)

Valorar a importancia de respectar a diversidade relixiosa e o laicismo.

Coñecer e aprender a querer o noso bosque, sentíndonos responsables da súa xestión. Ampliar o vocabulario sobre especies forestais.

IMBOLC

1 feb

(“Candelaria”), celebra o despertar da terra e o crecente poder do Sol. (Para os celtas, deusa Bríxida, do lume, a sabedoría, a poesía e as fontes sagradas.)

Entroido gastronómico

Semana 29 xan - 3 feb, desenvolvemento Semana Sa: almorzos saudables para titorías 1ºESO[13]; charlas[14] e obradoiros de cociña[15], videoxogos[16] e instalación[17], vídeo-receitas[18] e degustación. Organizado polo EDL (ver todo o proxecto no blog O lóxico é alimentarse ben[19] e as fotos no noso Flickr[20])

Publicación no facebook[21] no I Congreso de Alimentación

9 feb: desenvolvemento do Entroido baixo a temática “ritos e lendas celtas”. Organizan Extraescolares e EDL, (Galería de imaxes[22]) tras un traballo dun trimestre elaborando os disfraces nas aulas de Tecnoloxía.

OBXECTIVOS LOGRADOS

Estudar e mellorar os hábitos alimenticios do noso alumnado.

Realizar reportaxes divulgativas.

Coñecer a nosa propia gastronomía e crear un receitario audiovisual para difundir nas redes.

Elaborar videoclips sobre alimentación[23] (non estaba previsto)

LOGRO EXTRA

O noso proxecto foi seleccionado para competir no I Congreso de Alimentación Escolar celebrado o 4 de maio en Santiago; obtivemos un accesit polo traballo realizado. Ver imaxes[24] e consultar vídeos na lista de distribución “Aliméntate ben”[25].

NON SE LOGROU...

Mellorar os hábitos relativos á cafetería do centro.

Degustación de receitas feitas polas familias (máis tarde fíxose a raíz dunha actividade de Francés, comparando gastronomías; a “Chandeleur” é unha festa moi celebrada en Francia).

OSTARA

21 marzo

Espírito de equilibrio e renovación; época de comezar a plantar, do amor, de promesas e decisións.

Bos amores

Punto de partida: Concurso literario Máis ca palabras[26] que todos os anos promove o Dep.de Lingua Galega e que este ano xirou en torno á temática da violencia machista e ó respecto nas relacións persoais. As modalidades deste ano foron:

  1. Videopoesía
  2. Booktrailers
  3. Regueifas/Batalla

Para orientar ó alumnado realizáronse obradoiros previos:

2.1.Obradoiro de videopoemas “os amores bos e os amores malostomando como base poemas de autores galegos con esta temática (alumnado de 3º e 4º)

2.2. Obradoiro de beatboxing e batallas para alumnado interesado en participar no concurso literario “máis ca palabras” e de Música de 4º.

2.3. Obradoiro de regueifas dirixido ó alumnado interesado en participar no concurso literario “máis ca palabras”

Algunhas das obras foron penduradas na lista de distribución “Máis que palabras” do Cachavídeo

OBXECTIVOS LOGRADOS

Ser quen de idear, producir, gravar e montar un videoclip (obxectivo do grupo TÍCaras, que fixeron o videoclip Xa non atendo ó meu amigo[27])

Reflexionar sobre o papel das mulleres nas cancións ó longo da historia, particularmente nos temas do xénero Batalla que escoitan hoxe en día.

Coñecer poemas clave da nosa historia e ser quen de traducilos a linguaxe audiovisual actual.

Visibilizar e previr actitudes sexistas e violentas nas relacións amorosas.

LOGRO EXTRA: fomos convidados a participar na Regueifesta despois dunha peza que enviaron dous alumnos (“Os dous de sempre”) ó Enreguéifate, grazas ó obradoiro de Regueifas. Ver imaxes[28]

BELTAINE

1 maio

Primeira floración do Verán; era o festival máis alegre dos antigos, e festexábase con danzas arredor de fogueiras, encantamentos, coller flores…

STARgal - Letras Galegas (15 de maio)

1. STARgal 1: selección e mostra das mellores producións audiovisuais do ano.

2. STARgal 2: competición en videoxogos elaborados polo alumnado, que se penduraron no sitio web do STARgal.

3. STARgal 3: Mostra interactiva de produtos tecnolóxicos relativos a María Victoria Moreno.

4. Representacións teatrais de Manar, obra producida e interpretada pola nosa profesora de teatro, Sabela Hermida.

5. Celebración da Romaría popular das Letras Galegas no noso centro con xogos popularas e batalla de regueifas.

Ver imaxes de todas as actividades na galería de Flickr[29]

OBXECTIVOS LOGRADOS

Aumentar a presencia do galego nas redes sociais que manexa o alumnado.

Comprensión das posibilidades educativas da gamificación.

Valoración da necesidade de que exista software aberto en galego e plataformas de traballo colaborativo (Scratch).

Dar proxección de futuro ó galego a través de linguaxes historicamente vencelladas ó español ou ó inglés (mundo dos videoxogos).

Coñecer e valorar elementos da historia da nosa lingua (María Victoria Moreno).

Fomentar o gusto polas artes escénicas e promover que o alumnado chegue a producir as súas propias obras teatrais.

Promover hábitos de ocio alternativos ós que manexa habitualmente o alumnado cando celebra festas: valorar a organización de xogos, música en vivo, degustación de produtos saudables...

NON SE LOGROU...

Realizar a competición de videoxogos a nivel galego (por baixa dunha das profesoras do EDLG).

Representar as pezas do obradoiro Vidal Bolaño (por coincidencia co campionato de Voley: postergouse a xuño a obra).

LITHA (21 xuño)

Fartura e celebración: as plantas están no seu apoxeo. Colleita de herbas medicinais e máxicas; baños purificadores e grandes fogueiras.

Moitas millas percorridas

1. Percorrido da “milla diaria” con todo o alumnado do centro.

2. Representación das obras teatrais do Obradoiro RVB[30], que este ano son sketches sacados de diferentes pezas de Chévere, quen veñen de celebrar os seus 30 anos de percorrido.

3. Festival fin de curso: moitas millas percorridas: resumo audiovisual do ano, concerto do alumnado[31] de música e entrega de diplomas ó alumnado.

4. Alboroque da Casiña dos Maios, módulo bioclimático (ver vídeo elaborado para explicar o concepto da Bioconstrución[32]) para sensibilizar sobre a construción e materiais que nos rodean e reforzar o contacto cos traballos manuais e a natureza (actividade prevista para maio pero que rematou a final de curso, dada a súa complexidade. O alumnado fixo vídeos didácticos para a materia de Galego sobre os problemas de saúde dos materiais de construción convencionais). Ver imaxes[33]

OBXECTIVOS LOGRADOS

Fomentar o interese do alumnado por manter hábitos diarios saudables.

Dar a coñecer as actividades elaboradas ó longo de todo o curso, valorando o retorno que se produza.

Dar mostra da competencia artística do noso alumnado no eido musical.

Facer un balance final do curso e despedir ó alumnado de 4º.

NON SE LOGROU...

Facer unha xornada de portas abertas.

Facer unha reportaxe audiovisual das saídas da Milla Diaria (por baixa médica do profesor titular)

Lammas (1 agosto)

A roda do ano está completa con todas as súas imaxes, pois o froito foi recollido

Ver galería de imaxes https://flic.kr/s/aHskDuku4f

Belton (21 setembro)

Memoria e identidade: exposición dos resultados do proxecto “Memorias Cruzadas” do intercambio lingüístico con Francia

Os logos que deseñamos para as festividades, e que inserimos en cadansúa criba, son estes:

Samhain

Yule

Imbolc

Ostara

Beltaine

Litha

Lammas

Belton

Dado o elevado número de actividades realizadas, non incluiremos imaxes de cada unha; recomendamos visitar o noso Flickr, onde están todas organizadas en álbumes[34].

Para a festa de graduación o alumno Rubén Pérez montou unha peza coas diferentes actividades das que tiñan imaxes[35], e nela reflíctese ben o traballo global do curso.

4. Propostas de mellora e conclusións

Reafirmámonos na convición de traballar de xeito transversal, fóra das aulas e os currículos, como demostra o éxito acadado nos premios Educacompostela 2018 (levamos Mención de honor), Innovación en Dinamización Lingüística e I Congreso de Alimentación Escolar (accésit), así como que nos chamaran para ponentes no enontro (organizado por Nova Escola Galega en Chantada, setembro 2016).

A baixa da coordinadora de extraescolares significou unha carga de traballo extra para os compañeiros e compañeiras, pero os resultados non desemereceron, pois os mecanismos de traballo están moi engraxados. En calquera xeito, esa baixa inflúe na redacción destas conclusións, pois non temos información transversal das actividades que poida enriquecer a avaliación do programa de extraescolares.

Como todos os anos, sería desexable progresar na coordinación entre todos os Departamentos para que a oferta de actividades sexa máis axeitada e eficiente. A reunión semanal entre a coordinadora do Departamento de Orientación, a Xefa de Estudos e as profesoras do EDL axuda notablemente á mellora da devandita coordinación.

Neste curso centralizamos practicamente toda a información pública do instituto na nosa web, o que foi un traballo laborioso. Para o curso trataremos de darlle maior pulo e publicidade, facendo dela unha auténtica xanela da actividade no curso.

Estamos satisfeitas coa nosa presencia en prensa e en redes sociais, e intentaremos manter o nivel para o ano.

En xeral temos cinco propóstios para o curso que vén:

  1. Manter e enriquecer o proxecto interdisciplinar de centro a Roda do Ano
  2. Manter a reunión periódica cos equipos de Xefatura Estudos, Orientación e EDL e así organizar as actividades do xeito máis eficiente posible: estudo dos obxectivos nas saídas, publicación de listados, información, etc.
  3. Intentar que as saídas de longa duración sexan multidisciplinares e teñan un programa cultural rico e laico, xa que a nosa escola, en tanto que pública, é obligatoriamente laica
  4. Involucrar máis ás familias na vida do centro: crear obradoiros coas familias e organizar unha xornada de portas abertas
  5. Ampliar a dimensión europea do noso centro a través da participación no 2º ano do Proxecta Observa Acción e dun programa Erasmus.


[1] https://docs.google.com/document/d/1I8Bd6qxXn2z_IPtogpcvOpHxuPQkfoYX8JHtmJ025rY/pub

[2] http://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/node/281

[3] https://www.flickr.com/photos/152784134@N04/albums

[4] https://www.facebook.com/RepublicaCreativadeBoiro/photos/a.254345471623070.1073741828.250166032041014/686252911765655/?type=3

[5] https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vSnyPmqimeAGLjDWRSopQ37CfC5P8yuhp2FtH90MjI0rbQWaJMh1NIdllc17UtpwkhT6aSCJjqERO5b/pub

[6] https://www.youtube.com/playlist?list=PLSw0vreYGzs5zxO_weDeEP8DsgZa_fq2Q

[7] https://flic.kr/s/aHskwHRRkx

[8] https://www.youtube.com/watch?v=9Sgs2MEK4Ww

[9] https://flic.kr/s/aHsm8nEyoS

[10] https://www.youtube.com/playlist?list=PLSw0vreYGzs7JVr8PJv-R-As7p4emL_m1

[11] https://flic.kr/s/aHskqApfbe

[12] https://vaidelingua.wordpress.com/2018/01/03/unidade-de-repaso-da-1aavaliacion/

[13] https://www.youtube.com/watch?v=tBwPHXLKijs&t=16s

[14] https://www.youtube.com/watch?v=JxyA7xDXQ9Y

[15] https://www.youtube.com/watch?v=yQZwCuB1P4o

[16] https://scratch.mit.edu/projects/220858321/#player

[17] https://www.youtube.com/watch?v=2hHvYYxaikw

[18] https://www.youtube.com/watch?v=0M4R47rXLxs

[19] http://oloxicoealimentarseben.blogspot.com/

[20] https://www.flickr.com/gp/152784134@N04/7oTR73

[21] https://www.facebook.com/IESACachada/photos/pcb.2067740823254312/2067740486587679/?type=3&theater

[22] https://flic.kr/s/aHsmdKSpVH

[23] https://www.youtube.com/watch?v=JiVfqaXYs_0

[24] https://flic.kr/s/aHsmk1XzMx

[25] https://www.youtube.com/playlist?list=PLSw0vreYGzs4f5NbMMdJBzUdJuYaJNQyx

[26] https://vaidelingua.wordpress.com/2018/02/08/chega-o-concurso-literario-mais-ca-palabras/

[27] https://www.youtube.com/watch?v=iMxr9eJ6vQg

[28] https://flic.kr/s/aHsmiTdhML

[29] https://flic.kr/s/aHskyagETx

[30] https://flic.kr/s/aHsmm8pZjW

[31] https://flic.kr/s/aHsmnCNcCP

[32] https://www.youtube.com/watch?v=BBLZ7NDyBl4

[33] https://www.flickr.com/gp/152784134@N04/wjzD93

[34] https://www.flickr.com/photos/152784134@N04/albums/with/72157667009080237

[35] https://www.youtube.com/watch?v=WP39TBINf6w&feature=youtu.be