A VER SE VAI TER RAZÓN O AVÓ!
-Andrómenas avó, non son máis que contos de vella. De verdade ti cres que unhas ánimas con sudarios andan de paseo por ahí cun vivo arrastrando un caldeiro? Vólvoche dicir que non creo na Santa Compaña! E aínda que hoxe é Samaín seguro que non van sair por este pobo. Vamos dame un bico que marcho que teño que marchar. Xa son case ás doce e estánme esperando os meus amigos para ir á festa. Quérote! Ah! e come todo que estás moi delgadiño.
-Está ben Xián, non insisto máis pero por favor ten coidadiño! Pásao ben!
Non podía crer que o avó seguira con esa teima de que de xoven se topara coa Santa Compaña. A festa daquel día si que tivo que ser boa! Tódolos anos por estas datas pónse moi nervioso e insiste en que non saiamos da casa, que el tivo moita sorte pero que non sempre é así. E aquel día cando o fun visitar no ía ser menos e voltou a recordarmo. Non lle fixen moito caso e marchei rapidiño xa que ainda tiña que pasar pola casa a poñer o disfraz de trasno.
Ía despistado pensando nos biosbardos e non me din conta que atallara polo souto ata que empecei a tremer, a temperatura baixara moito e sentín un tremendo arreguizo. Estaba moi escuro pero non tanto como para non ver por onde andaba.
Entón pareceume escoitar un repenique moi suave pero continuo. Mirei ó meu arredor buscando a súa orixe pero non fun capaz de atopala. De novo sentín un calafrío que me percorreu as costas.
Entón pareceume notar un cheiro que me resultaba coñecido. Tardei un chisco en identificalo ata que me din conta que era o que botaban as candeas acesas.
Aquelo era imposible. Non había ningunha cerca. Eu vería polo menos a súa luz pero todo seguía ás escuras. Un novo arreguizo. Aquelo estaba empezando a non gustarme nadiña.
Entón pareceume notar un airiño que chegaba pola dereita aínda que todo estaba en calma. Nin as follas nin as flores que estaban preto se movían nin unha miguiña. Non era vento, era máis ben o airiño que levantamos cando nos movemos, como se alguén camiñara preto de min ainda que non había ninguén. Naquel momento xa non sabía se me daban arrepíos seguidos ou si me tremaba o corpo por enteiro.
Entón pareceume escoitar un murmurio, unha especie de canto polo baixiño. E ahí foi que, cando prestei maior atención, decateime que o que non oía era ningún outro son, nin os normais dun souto.
Dicir que tiña medo é pouco dicir. Tremelicaba tanto que …botei a correr.
Nunca na miña vida corrín tanto, ía como alma que leva o diaño. Non parei ata chegar á casa.
Ca lingua fóra e todavía co medo no corpo acordeime de todo o que me contara o avó todos estes anos. E recordo que pensei: a ver se vai ter razón o avó!
A GRAN ESTADEA (Noa Domínguez - 2º C)
๑۞๑,¸¸,ø¤º°`°๑۩ ŞⒶᑕค𝔲ή𝓉𝕠S ๑۩ ,¸¸,ø¤º°`°๑۞๑
Estimado lector:
Neste relato vouche contar a miña historia de medo, e como podes ver se sigo “vivo” é que non foi nada tan terrible. A miña historia comeza unha noite de samaín cando recibín unha carta, unha destas chorradas de ou lle reenvías este mensaxe a outra persoa ou quedaras malditoooooo. Así que como me amargou lela deilla ao meu pai e comezou a lela en alto:
“Hoy blablabla... muerto blablabla... tus organos blablabla...
Te arrebataré lo que a mi me arrebataron.”
A carta daba un medoooo, pero moitísimo mais medo me deu escoitar ao meu pai falar en castelán ata o punto de que lle supliquei que parase que el si que me estaba matando. Logo disto como xa era moi tarde subín a miña habitación púxenme o pixama e metinme a cama. Logo dun rato sen poder durmir escoitei no piso de abaixo que se había a porta da casa pero non lle din importancia, pensei que sería algún neno ou nena pedindo caramelos un pouco tarde demais ata que mirei o reloxo e asusteime, eran as 3 da maña xa non eran horas de vir por caramelos e caín na conta de que os meus pais xa estaban durmidos, o meu medo incrementouse cando escoitei o cruxir das escaleiras, alguén estaba a subir por ela e cada vez estaba mais preto, ata que eses sons pararon e so podía escoitar unha cousa detrás da porta, parecía un bafexo, ese son perpetuou durante un largo rato ata que me armei de valor, erguinme e púxenme de pe xunto a porta coa luz prendida, para xusto nese momento pararse o bafexo. Eeeeee... Plas! Abrín a porta e para a miña sorpresa non había ninguén, perooo...
Nese momento unha man tapoume a boca.
-Non berres- Dixo unha voz aguda.
-ummmm!- Respondín eu mentres escapaba.
-Veño a polo teu unto para facelo meu, so che doera unha barbaridade uns segundiños.
-O sacauntoooos!- Berrei desesperado.
Pero volveume agarrar, xa co coitelo na man e...
Aaaaaaaahhhhhhh! Que dor o sangue corría por todo o meu corpo e eu choraba e sufría. Logo xa non puiden berrar porque a miña sangue me afogaba mentres o home íame abrindo coma un porco. E derrepente a dor estabilizouse e parei de agonizar.
-Xa volvo ter unto, xa podo volver vivir!- Dixo o mozo mentres escapaba pola fiestra.
E alí quedei aberto pola metade na miña habitación tirado ata que caín na conta de que non estaba morto so que me doia todo. Logo dun rato dinme conta despois de repasar o que me dixera o brutal mozo, para poder volver a vivir necesito un unto porque o sacaúntos non é un home se non unha maldición. E mentres tanto nárroche a miña historia.
P.D Recórdoche que a carta que recibín foi moi parecida a esta mesma que estas lendo.
Arrebatareite o que me arrebataron!
O novo Ơ̶̮̮̟̖̖̠̰̓͂̎̇ ̴̖́̿̒S̸̡͚͎̭̮͈̖̻͇̓̑̂̀Ä̶͚͖̗̣͙̜͖̳͔́̓C̵̯̜̣̳͙̠͂̔͂͐̋A̶͚̳̐̐͊͋U̴̢̻̬͙̘͔͖͙̎̈̃͑̏́͝Ņ̴̨̜͙͕͉̝̼̒̒́̉͂̐͆́̃͜͠Ţ̵̛͎̦͙̠̝̃̏͘O̴̡̨̬͉͙̹̫̠͖̽̓Ş̵̡̘̪̘̎̓̅͋̒͐̚͝
Rodrigo Díaz - 1º Bac
Si.
- Síntollo! Por favor! Non!
- Si! Por fin! Non sabes canto tempo levo esperando! Si!
Sentín que a miña voz rompía. Doíame a gorxa de tanto berrar.
- Perdóame! Non sei por que estás así!
- Polo que me fixeches, estúpido!
Chámome Breogán. Teño catorce anos. Estudo, estudaba no instituto da aldea onde vivía. Allariz, vivía en Allariz. Era un lugar fermoso, con moitas árbores e o río. O río no que me bañaba todas as tardes de verán e da primavera, se facía calor. O que me esta pasando ocorreume en verán. É o que supoño que pasa cando estás a punto de morrer. Toda a túa vida pasa por diante de ti coma diapositivas. Pero o resto da miña historia é moi aburrida.
Este día comezou normal, levanteime, collín o autobús e cheguei ao instituto, onde me esperaban Xoán, Noa, Xulia e Roi. Son os meus mellores amigos.
A ver, que me despisto. Camiñamos xuntos ata a porta do centro. Esa foi a primeira vez. Sentíame espiado. Pero deixeino estar.
Na clase, tiven a mesma sensación. Todo seguiu normal ata chegar á cafetería. Ía cos rapaces cando caín de cu no chan.
- Serás imbecil!- gritou Xoán a unha persoa cun suadoiro negro. Era o que pensaba. Caín por culpa dunha perna, dunha cambadela. Non lle dei importancia.
Na saída volvín ver o rapaz de negro.
Pola tarde, quedamos no río.
- Metédevos covardes!- díxonos Roi, dentro fría auga do río.
- Vou- Xulia subiu á roca por onde nos tirábamos e lanzouse. Eu seguina, pero cando me ía lanzar, vino, o rapaz de negro. Distrainme e caín cun golpe seco. Cando me recuperei, xa non estaba.
Despois do baño fomos a comer uns bocadillos. Ao comer, notei como unha pedra
bloqueábame a tráquea. Noa comezou a darme nas costas. De súpeto o rapaz do suadoiro apareceu, cun sorriso no rostro. Un rostro apagado, sen luz, dos que non teñen vida. Tiña olleiras, ollos de cor mel e os beizos inchado, pero resultoume familiar. Estaba tan ocupando que non me decatei de que o rapaz díxome:
- Merécelo.
Conseguín expulsar a pedra que me tapoaba as vías respiratorias.
Non daba respirado, non sabía onde estaba. Cheiraba fatal, a lixo. Vin que estaba atado a unha cama. Abriuse a porta. E vina. A miña exnoiva. Cabelos louros, ollos mel. E co suadoiro negro.
- Mira que te resistes- borboriñou.
- Por favor! Que che fixen?
- Agora voute facer sufrir- Dixo ignorando as miñas palabras. Tiña os ollos cheos de bágoas.
Eses ollos que algún día me gustaran tanto. Colleu un coitelo que había no chan. Abriume os botóns da camisa.
- Non!
Xa é tarde. Noto a folla do coitelo na miña pel. Non podo para de berrar. Vou morrer de dor.
Parou. Dime:
- «Si» unha boa mensaxe.
- Dime que che fixen! Concédeme ese desexo antes de morrer!
- Son unha morta. Matáchesme. Ti.
E crávame o coitelo con toda a rabia do mundo.
Andrea Coello - 2º ESO C
O PESADELO DA REALIDADE
Era unha fría noite de decembro e Rubén, un contable que rozaba a trintena de anos, estaba pasando as súas vacacións de Nadal en Doñona, unha aldea preto de Vilamaior. Outra noite máis que non daba durmido.
Xa estaba farto desa casa; as paredes non deixaban de xenrer e o aire sentíase dentro do cuarto, pero non se podía permitir máis. Xa canso, ergueuse e saíu á rúa. Precisaba dun paseo, pero había moita néboa, un aire atronador e ceo treboso. Aínda así seguiu camiñando. Cando xa levaba un ratiño camiñando, notou que alguén o seguía. Mirou cara atrás, pero non había ninguén. Esto volveu pasar 3 veces, pero non había ninguén. Xa deseperado, botou a correr.
Desta forma entrou, case sin darse de conta, no cemiterio situado nas lindes do monte. Cando parou e viu o cemiterio, non sabía nin como salir de alí. De súpeto sentíu unha xélida voz murmurarlle. Volveu a correr, desesperado de novo. De súpeto, tropezou cunha lápida. A duras penas a podía ler, pero si leu o nome de alguén:`` XAVIER. FALECIDO AOS 11 ANOS ́ ́. Cando alzou a vista, viu un rapaz de ollos demacrados e podres, e unha substancia que lle goteaba da boca; un inconfundible cheiro a sangue alarmou os narices de Rubén. E, de súpeto...
Rubén espertou abafarado na cama... ``vaia pesadelo ́ ́ pensou.
Ao día seguinte, todo foi con normalidade. Á noite quedou cus amigos nunha dicoteca e decidiu pedir un taxi. Levaban boa parte do camiño cando Rubén tirou da manga do condutor e mandouno parar; distinguira un cemiterio ao lonxe.
Camiñou ata encontrar a lápida que buscaba: ``Xavier... ́ ́
Pero non alcanzou a ler máis. Unhas afiadas fauces rebanáronlle o corazón. Alí, sobre a fría lápida de Xavier, quedou o corpo sen vida de Rubén. Na súa cara de pánico e no seu peito desgarrado deixábase ver que a súa morte fora lenta e dolorosa. Nada máis morrer, o seu corpo desapareceu sen deixar rastro, como se nunca existira.
Hugo Camino García - 2º ESO C
A ARREPIANTE NOITE DE SAMAÍN
E volveu chegar, xa está a volta da esquina a arrepiante noite de samaín. Sempre foi marabillosa pero este ano é diferente, ninguén se atreve a sair da casa a pedir doces ou a vestirse de algún ser mitolóxico, non dende o sucedido o ano pasado. Ninguén sabe perfectamente o acontecido aquela noite, pola contra, todos estamos de acordo en que foi moi arrepiante.
Era a noite de Samaín, acababan de dar as doce en punto, o eco das badaladas aínda se escoitaba cando propuxeron ir a casa que se atopaba no alto do monte no medio das árboles, a que nos faltaba por chamar a porta e pedir doces. Nun principio non todos estábamos de acordo pero ao final convencéronnos.
Xa enriba, no alto do monte notamos algo estraño, coma se nos estiveran a vixiar pero pensamos que era a nosa imaxinación e non lle demos importancia, de repente comenzaron a caer morcegos mortos do ceo, asustados e sen saber que estaba a pasar agochámonos na casa, xa que a porta estaba aberta.
Cando entramos sentimos a unha persoa falando moi baixo e uns sons moi estraños, decidimos seguilos ata que entramos nunha sala , onde había alguén. Non é posible, pensamos, diante de nós atopábase unha meiga e no seu ombreiro un moucho! Esta estaba a remover un feitizo e a ditar unas palabras, decía así:
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas
Demos, trasnos e diaños
Espritos das nevoadas veigas,
corvos, píntegas e meigas,
feitizos das menciñeiras
Logo voltouse cara nós e dixo: Agora, dende este preciso momento estades malditos.
No próximo Samaín, trasnos, morcegos, mouros e moitos seres máis perseguiranvos ao sair a rúa. Arrepentirédesvos de vir aquí.
Nese momento todos marchamos daquel lugar correndo e berrando, e desexando que non volvera chegar a noite de Samaín.
Lucía García Feijoó - 1º ESO-C
A SANTA COMPAÑA
A miña avoa sempre me contaba esa lenda, cando terminaba de contala dábanme moitos calafríos.
Pero un rato despois, de que me contara esa historia dicíame a min mesmo:
-Como vai ser iso posible, iso nada máis é una lenda, ou non?
Ata que máis ou menos uns meses despois, algunha xente, polas noites, que estaba agochada contaba a todo o pobo:
-Eu vina cos meus propios ollos, era a santa compaña!
E ata algunhas persoas repartía folletos de que `` tede coidado polas noites, xamais sabredes se a santa compaña estará vixiándovos para que sexades a súa próxima vítima´´
Eu, como non me creía iso, boteime a rir, ata que cheguei a casa da miña avoa e lle din o folleto e me dixo:
-Vés como tiña eu razón.
Despois, deiteime na cama e quedei durmido...
Espertei e... eran as 12 da noite! Ás 12:15 quedara cos meus amigos Despois, levanteime, ceei e laveime os dentes, ao final cheguei a tempo Cando xa estaba cos meus amigos dixéronme:
-Que tarde chegaches hoxe non. Bueno aparte disto, hoxe imos estar buscando a santa compaña.
Ao que eu lle respondín:
-Cómo creedes niso? Iso é só unha lenda!
Ao que me responderon todos xuntos:
-A santa compaña non é unha lenda, existe de verdade.
Máis tarde, sobre ás 3, 3:30 paseando xa estabamos tirando a toalla, pero de súpeto, dixo alguén:
-Mirade! Non é esa a santa compaña?
E si, tiña razón era ela, eu quedei petrificado.
Estábanse acercando a min cada vez máis rápido, e cando xa estaban ao meu carón vin un rostro familiar, ti non es ...
Iker Moure Lama - 1 ESO - C
O xinete sen cabeza
Érase una vez un home normal que camiñaba pola rúa polas noites e sempre via as estrelas. Pero un día a xente do lugar dicían que as noites de samaín a lúa volvíase vermella, os señores dicían que aparecía o xinete sen cabeza montado nun cabalo e escintilandolle a cabeza. Pero o home como era novo na vila non sabía nada. Coma todas as noites, saía dando un paseo. De repente apareceu o xinete sen cabeza, e o xinete seguiu e seguiu pra cortarlle a cabeza o mozo. Pero o final
descapitouno. Pasou a noite e o home era o xinete sen cabeza. E isto pasa todos os
anos en samaín de lúa vermella.
Xoel Vázquez 1º ESO A