XI CONCVRSO DE CVLTURA CLÁSICA

ODISEA 2017

Algunhas preguntas frecuentes (FAQ)

I.  Cando empeza e termina o concurso?

O concurso empeza o luns, 6 de febreiro de 2017 ás 9:30 horas. A fase local termina ás 9:30 horas do venres 10 de febreiro de 2017. Se hai empate a puntos polo primeiro posto, haberá un desempate o mércores 15 de febreiro. A final estatal, entre os gañadores das distintas sedes, terá lugar o mércores 22 de febreiro.

II. Cómo se desenvolverá o Concurso?

Cada equipo debe responder a unha serie de preguntas. Para iso debe entrar na páxina do concurso en Galicia (http://www.odiseaconcurso.org/ga) e despois de introducir o código de grupo no campo correspondente, contestar á pregunta ou “preguntas” que aparecen cunha soa palabra (salvo que se indicase o contrario). As sesións de preguntas sairán unha o luns 6 de febreiro, outra o martes 7 de febreiro e outra o mércores 8 de febreiro a partir das 9:30 h., e deberán ser contestadas polos equipos inscritos nun prazo máximo de 24 horas, é dicir, antes das 9:30 h. do día seguinte. O xoves, 9 de febreiro, ás 9:30 h, sairá o preguntón coas súas preguntas-pista, que deberá ser contestado polos equipos inscritos antes das 9:30 h. do venres, 10 de febreiro.

III. Que ocorre se hai empate para o primeiro posto?

Se hai varios equipos empatados para o primeiro posto, haberá un desempate entre os mesmos mediante un preguntón, que se publicará na páxina do concurso o mércores 15 de febreiro ás 17:00 h. e deberá ser contestado antes das 20:00 h. do mesmo día. Neste desempate só poderá participar un equipo por centro.

No caso de haber un novo empate a puntos o gañador será o equipo que contestase ao “preguntón” de desempate empregando menos tempo.

O desempate celebrarase nun centro designado pola organización e en presencia dun profesor doutro centro participante e/ou algún representante da organización.

IV. Que ocorre se hai empate para o segundo e terceiro posto?

A clasificación final será por orde de puntuación e, en caso de empate para outros postos distintos do primeiro, figurarán en primeiro lugar os equipos que empregaron menos tempo en contestar ao preguntón. Só haberá preguntón de desempate para desempatar polo primeiro posto.

V. Como debo contestar unha pregunta ou preguntón?

Cada grupo entrará na páxina do concurso, escribirá nos campos correspondentes as súas respostas ás preguntas, escribirá o seu código de grupo no campo "Código de Grupo" e fará clic co rato no botón "Enviar Respostas". Se se trata dun preguntón o procedemento é o mesmo, pero haberá que escribir as respostas para cada "pista", a resposta o preguntón, o código do grupo e finalmente facer clic no botón "Enviar Respostas". Non se pode deixar ningún campo en branco.

VI. É certo que só se pode utilizar unha palabra en cada resposta?

Sí. Cada resposta só poderá conter unha palabra (salvo que se indicase o contrario). Así, por exemplo, se a pregunta fose: Cal era a capital do imperio romano? A resposta correcta só pode ser "Roma". Non valerá: "a cidade de Roma", "era Roma", "Roma capital", etc. Tampouco poderá engadirse ningún caracter tal como comiñas “”, puntos ., comas, parénteses (), etc.

VII. Considérase diferente unha resposta segundo estea en maiúsculas ou minúsculas?

Non. As respostas correctas non diferencian entre maiúsculas ou minúsculas.

VIII. Considérase diferente unha resposta segundo estea en galego ou castelán?

Non. Se non se especifica ningunha lingua e a palabra da resposta é diferente en galego e castelán, vale calquera das dúas (pero só se pode poñer unha das dúas).


IX. Podo escribir a resposta sen acentos ou con abreviaturas?

Non. As túas respostas deberán respectar a correcta ortografía das palabras.

X. Se se pide a resposta en latín podo poñela en calquera caso ou poñer a súa traducción ó galego ou ó castelán?

Non. Se a resposta se pide en latín deberás usar esta lingua e poñer a palabra en caso nominativo singular, tal e como vén no diccionario a non ser que se dea outra indicación (caso dos pluralia tantum).

  

XI. A que normas deberanse ater as transcricións de palabras gregas?

As transcricións de palabras gregas deberanse ater ás normas de transcrición ao galego ou castelán. Calquera transcrición a outras linguas será considerada como un erro. Así mesmo, a transliteración considerarase como un erro. Para a transcrición de palabras gregas en xeral e dos nomes propios gregos pódese consultar este enlace (picar en libro web Griego I - Alfabeto e transcripción) ou esta referencia bibliográfica: M. Fernández-Galiano, 1969, La transcripción castellana de los nombres propios griegos. Madrid: SEEC, 2ª ed. (dispoñible aquí)

XII. Se xa enviei as miñas respostas a unha pregunta e quero facer correccións, podo volver a entrar para facer ditas correccións?

Non. Cando un grupo xa enviou as súas respostas a unha pregunta non pode volver atrás para corrixilas.

XIII. Podo deixar en branco algunha pregunta, pista do preguntón, ou o preguntón?

Non. Haberá que poñer algo, aínda que non se saiba a resposta correcta. Se fas clic no botón "Enviar Respostas" deixando algún dos campos sen cubrir, sairá un aviso e terás que volver atrás e completar o que falta. Mentras non completes todos os campos, poñendo algo en todos eles, as túas respostas non serán enviadas.

XIV. Hai un tempo límite para responder unha pregunta ou preguntón?

Sí. O tempo límite para cada pregunta ou preguntón está indicado nas bases e tamén no punto IV desta axuda.

XV. Pasou o tempo e olvideime de contestar a unha pregunta. Que pasa?

Cando se supera o tempo límite para responder a unha pregunta aparece en pantalla á pregunta ou preguntón seguinte e xa non poderás responder á pregunta anterior.

XVI. Como sei o tempo que falta para responder a unha pregunta?

Cada vez que entramos na páxina do concurso, aparece indicado na parte superior a data e hora límite para responder á pregunta. Se queremos actualizar ese tempo deberemos facer clic no botón actualizar do navegador que estemos utilizando. Tamén aparece na parte superior dereita, en cor azul, a hora en que se entrou á páxina do concurso e, en cor vermella, a hora en tempo real.

XVII. Cando se está chegando ó tempo límite, aparece algun recordatorio extra para indicar o tempo que falta?

Se entras na páxina e falten 60 minutos ou menos para rematar o tempo de resposta, aparecerá un aviso na parte superior indicando o tempo exacto que falta. Deberás facer clic no botón do navegador para actualizar esa advertencia.

XVIII. Que pasa se olvidei o meu código de grupo?

Deberás solicitarlo ao profesor responsable do teu grupo que recibiu por correo electrónico todos os códigos dos grupos dos que é responsable.

XIX. Outros grupos descubriron o código do noso grupo. Podemos cambiar o código do grupo?

Cada grupo é responsable de manter secreto o seu código. Se non tedes precaución e o dades a coñecer, a organización non se fai responsable do uso que fagan outras persoas co voso código. Se o teu código foi descuberto poderás pedirlle ó profesor responsable do teu grupo que solicite mediante un correo electrónico dirixido a secretaria@seecgalicia.org un novo código para teu grupo. Esta solicitude deberá facerse dende o correo electrónico que o profesor responsable mencionou na inscrición ao concurso, e deberá indicar o nome do grupo. A resposta a este correo electrónico non é automática, polo que a organización do concurso non garante que a resposta chegue antes de que se termine o prazo das preguntas ou preguntón actuais, xa que pode tardar máis dun día. Por tanto, recomendamos a todos os grupos que non perdan o seu código e que garden o secreto do mesmo.

XX. Cando escribo o código do meu grupo no campo "Código de Grupo" só vexo asteriscos. Que ocorre?

Nada. É normal. Para evitar que o voso código estea á vista, ese campo só mostra asteriscos. Por cada carácter que introduces aparece un asterisco, sen embargo, internamente estase recibindo o carácter que premeches no teclado.

XXI. Onde podemos encontrar modelos de preguntas?

Na páxina do concurso pódensen encontrar as preguntas e respostas de convocatorias anteriores.

XXII. Conta o tempo empregado en responder á hora da clasificación?

O tempo empregado nos tres primeiros días do concurso non conta en absoluto e non aparecerá nas listaxes de pantalla. A clasificación nestas tres primeiras xornadas virá dada polo número de puntos acadados e a orde alfabética dos nomes dos equipos.

O tempo empezará a contar ás 9:30 horas do xoves 9 de febreiro, día do preguntón, e a clasificación final desta primeira fase do concurso terá en conta en primeiro lugar o número de puntos acadado e en segundo lugar o tempo empregado en resolver o preguntón.

XXIII. O concurso celébrase á vez en todos os centros participantes?
Si, os centros doutras comunidades e os de Canarias participan simultáneamente. Por iso é imprescindible respectar as horas establecidas en cada fase. Por exemplo, o primeiro día as preguntas estarán dispoñible á vez en Canarias (8.30) e na península (onde serán as 9.30), e así en cada parte do concurso.

XXIV. Pode gañar un só centro máis dun premio?
Non, só se concederá un premio por centro educativo. No caso de que dous ou máis equipos do mesmo centro queden clasificados para obter máis dun premio, outorgarase un único premio ao equipo dese centro que obteña mellor puntuación ou, en caso de empate a puntos, aos que empreguen menos tempo. Asi pois, no desempate do día 15 de febreiro, só se permitirá a participación dun equipo por centro, aquel que empregase menos tempo en responder ao preguntón do cuarto día. Si por algunha razón este equipo non puidese realizar devandito desempate, o seu posto poderá ser ocupado polo seguinte equipo do mesmo centro que, tendo os mesmo puntos, empregue menos tempo en responder. E así sucesivamente.