Published using Google Docs
Festas
Updated automatically every 5 minutes

FESTAS DE PONTEDEUME

FESTAS LOCAIS…

AS PERAS (do 7 ao 11 de Setembro)

Son as festas por excelencia de Pontedeume. Celébranse en honor da Virxe das Virtudes e de San Nicolás de Tolentino, copatróns de Pontedeume, desde mediados do S.XIX.

O día 7: Iníciase este tempo festivo con dous actos: a saída dos Mómaros (xigantes de cartón pedra) do Concello para percorrer, entre gaitas e bandas de música, as rúas do pobo e, pola tarde, coa lectura do pregón dende o balcón da Casa Consistorial.

O día 8: Festividade da Virxe das Virtudes, celébrase unha misa solemne na súa capela e unha procesión ata a Praza de San Roque. Ao mediodía, no porto, ten lugar unha cucaña marítima que finaliza coa queima do galán na praza de San Roque.

O día 9: Moi cedo, organízase un concurso de froitos na Alameda de Raxoi, ao cal, segundo algunhas versións, estas festas patronais deben o seu nome, pois esta tradición ven de antigo. Pola tarde e desde fai xa máis de trinta anos, realízase o descenso en piragua do Río Eume.

O día 10: É a festividade de San Nicolás de Tolentino; no seu honor ofíciase unha misa solemne e faise unha procesión coa imaxe do santo entorno ao atrio da igrexa parroquial. Bendícense e repártense os “boliños de San Nicolás”, ademais de renovarse o Voto de agradecemento e elixirse un novo vicario para o ano seguinte. Esa noite hai unha sesión

de fogos artificiais no porto, escenificándose un combate naval entre o Torreón e un barco que quere atacar a Vila.

O día 11: Para finalizar, faise a subida ou “xira ao Río Eume”, mediante botes e barcos que soben río arriba ata o lugar de A Xunqueira, onde celébrase a comida popular ao son das gaitas.

Ademais dos aquí recollidos, celébranse ao longo destos días numerosos actos, có fin de conseguir a participación de todo-los habitantes do pobo. As competicións deportivas, as verbenas e os eventos culturais organizados tanto polo Concello como polas diferentes agrupacións locais, súmanse á dinámica de “As Peras”.

* Aquí vos deixo uns vídeos das Festas das Peras dos anos 1972, 1983 e 1985.

FESTAS DE SAN CRISTÓBAL (do 9 ao 11 de Xullo)

Son as chamadas “Festas dos Taxistas”, xa que este é o gremio que está baixo a protección do santo, e que organiza esta celebración. De todas formas, estas non celébranse todos os anos.

FESTAS DO CARMEN (do 15 ao 16 de xullo)

Como vila mariñeira, Pontedeume celebra o 15 e 16 de xullo esta festividade; o segundo día hai unha procesión marítima presidida pola barca onde vai a Virxe ata a entrada da Ría.

FESTAS PARROQUIAIS…

A parte das festas celebradas no centro do municipio, o resto de parroquias tamén celebran as súas propias festividades.

ANDRADE

BOEBRE

CENTROÑA

NOGUEIROSA

OMBRE

VILAR

FESTAS RELIXIOSAS…

SEMANA SANTA

Comeza coa procesión polo pobo desde a Igrexa das Virtudes do Domingo de Ramos, que nos últimos anos habíase revitalizado. O xoves santo ten lugar a seguinte procesión; o Vía Crucis Mariñeiro, que celébrase desde fai uns cincuenta anos. É a adaptación local da Procesión do Silencio Madrileña.

Na madrugada do Venres Santo, ten lugar unha das tradicións máis arraigadas de Pontedeume: A Marcha do Paso...

O PASO

Fundamentalmente hai dúas versións: unha, máis sobria para clarinete, tambor, trompeta e baixo, e outra-que é a que tócase na actualidade, na que ten cabida un maior número de instrumentos, como o violín e a guitarra.

Esta melodía triste e sentida óese resoar nas rúas de Pontedeume, xeración tras xeración unha soa noite cada ano, ata que na Praza Real ten lugar outro dos momentos cumbre da Semana Santa Eumesa: O Encontro…

O ENCONTRO

Ao mencer o Venres Santo congréganse na Praza as imaxes de San Xoán, A Verónica, Cristo e a Virxe das Dores, mentres de fondo resoa, xa nos seus últimos acordes, a Marcha do Paso.

A noite do Venres teñen lugar dous das procesións máis concorridas: a do Santo Enterro ou “dos homes” e a da Soidade ou “das mulleres”, ambas en completo silencio.

 Por fin o Domingo de Resurrección, o Cristo da Custodia preside a procesión en torno ao atrio da Igrexa parroquial. A mención máis antiga de estas festas relixiosas na vila data de 1630, referíndose a procesión de Xoves Santo. Precisamente este día e ata chegar a sábado de resurrección, comezan a soar outros elementos imprescindibles na Semana Santa Eumesa. As carracas son uns instrumentos de percusión que foron instalados en unha das torres da igrexa parroquial en 1765, tras a reconstrución do arcebispo Raxoi.

FESTIVIDADES DAS VIRTUDES E DE SAN NICOLÁS DE TOLENTINO (8 e 10 de Setembro)

Son as dúas celebracións relixiosas importantes dentro das festas patronais de Pontedeume, popularmente coñecida por “As Peras” e que ten lugar do 7 ao 11 de Setembro desde mediados do século XIX.

Sen embargo, a veneración ata a nosa señora das Virtudes na vila é moi antiga, cada 8 de Setembro ábrese a capela baixo a súa aduocasión para celebrar alí a misa (case sempre cantada), e logo ir en procesión ata a Praza de San Roque, onde fai moitos anos tiña lugar a festa popular.

O 10 de Setembro é San Nicolás de Tolentino, copatrono de Pontedeume desde que o 11 de Xullo de 1607, segundo a tradición, milagrosamente aplacara o incendio que case destrúe o pobo. Este fixo un voto de agradecemento que entrou en vigor en 1622 e que cada ano renóvase nunha misa solemne celebrada a tal efecto na igrexa parroquial, con sermón, procesión do Santo polo atrio e bendición dos “boliños” de San Nicolás como recordo da reliquia deste Santo que fora arroxado ao lume para apagalo.

Os “boliños” están feitos de masa, son redondos e levan a imaxe do Santo na súa parte superior; son costeados, xunto co resto dos gastos que ocasiona toda a preparación desta misa, por un vicario que se elixe cada ano.  

FESTAS AUTONÓMICAS E NACIONAIS…

O ENTROIDO

A primeira constancia documental da celebración destas festas na vila data de 1840, pero foi no 1900 onde apareceu un elemento característico do Entroido Eumés: as comparsas, que compoñían letras e música novas especialmente para contarse nestas datas.

A primeira das comparsas das que temos noticia é “Os Larpeiros”, popularizándose estas agrupacións xa a comezos do século, coas “Mariposas”, “As Pesquitas Mariposas”. Tradicionalmente as cancións que compoñen cántanse polas rúas do pobo entre o sábado e o martes de carnaval.

Para finalizar, o mércores celébrase “O enterro da Sardiña”, é dicir, finalízase coa queima dun boneco que o representa.

OS MAIOS

Celébrase a chegada do mes de maio con cancións que auguran boas colleitas e coa confección dos “maios”, estruturas compostas por varas,mirtos,flores e laranxas bravas ou ben maquetas de distintos motivos locais - o castelo, o torreón - cubertas de follas e flores. Son portados a ombros por catro nenos, que antigamente levábanos de casa en casa e cantaban se lles ofrecías algo a cambio. Na actualidade celébrase un concurso, premiándose diferentes aspectos; o tamaño, a orixinalidade…

En 1986 recuperouse a tradición vintecinco anos olvidada de bailar o “Déitate Maio” ou “Danza do Biouteiro”, que é un modo de representar o “maio” en forma de danza.

SAN XOAN (24 de Xuño)

Na noite do 23 ao 24 de Xuño, encéndense fogueiras nos distintos lugares do pobo; sendo tamén tradicionais as sardiñadas.

Tamén, existe a costume de deixar ao rocío da noite auga mezclada con rosas e prantas aromáticas, coa que ao día seguinte lávase a cara para protexerse das meigas (bruxas) o resto do ano.

DÍA DO APÓSTOL SANTIAGO (25 de Xullo)

O día do Apóstol ten un dobre significado: por unha parte é o “Día da Patria Galega”, e por outro é o santo baixo cuxa advocación está a igrexa parroquial de Pontedeume. Antigamente celebrábase unha verbena.

ROMARÍAS…

En Pontedeume, unha das cancións máis populares é unha adaptación dun tema de Manolo Escobar, a cual dí: “sólo te pido, sólo te pido… que me dejes tres días al año… San Miguel de Breamo y el Río”.

E é que en Pontedeume as romarías vívense con moita paixón, e marcan a vida anual de todos os habitantes da vila. Incluso dise que en Pontedeume o verán comeza o 8 de Maio e termiña o 29 de Setembro, que son as dúas datas nas que se celebra o San Miguel de Breamo. A continuación explícase en detaxe as dúas romarías:

SAN MIGUEL DE BREAMO (8 de Maio - 29 de Setembro)

Celébrase en torno á capela de San Miguel.

Tradicionalmente, a ascensión ao Monte Breamo faise seguindo un camiño que parte da Rúa da Fonte Nova, nas escadas no “monumento” para unha vez alí, dar nove voltas á capela en silencio para botalas meigas. Esta romaría existe dende 1916.

* Déixovos un vídeo do ano 1987 de San Miguel de Breamo.

SUBIDA AO RÍO EUME (11 de Setembro)

O último día das Festas das Peras celébrase a subida ao Río Eume. A xente sobe tradicionalmente en botes e barcos ata o lugar de A Xunqueira, onde celébrase unha comida ao son das gaitas, que se alongan ata a noite.

Despois, a xente regresa a vila de Pontedeume, onde a festa continua coa verbena nocturna.

FEIRÓNS…

En 1464, Enrique IV concedeu a celebración dunha feira en Pontedeume o último domingo de cada mes, a onde acuden agricultores, gandeiros… a promocionar os seus produtos. Esta feira é sen dúbida o antecedente do que hoxe en día é o feirón.

FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE

No ano 2010, celebrouse en Pontedeume a primeira edición do Feirón Medieval, a cal durou todo un fin de semana do mes de Xullo, concretamente os días 2,3 e 4. Durante esos días, Pontedeume retrocedeu ata o século XIV e toda a xente da vila celebrarano participando activamente coa festa.

Nesa primeira celebración calcúlase que se moveron por Pontedeume entre 20.000 e 30.000 persoas, todo foi un éxito, e a comisión que se formou para a organización do mesmo quedou moi satisfeita co apoio e colaboración dos eumeses, así como coa gran afluenza do público. Debido a ese gran éxito, a celebración continuará cos anos, e buscarase darlle a este evento unha identidade propia, que evite comparacións con outras festas medievais. O feirón medieval celebrarase todos os anos o primeiro fin de semana de Xullo ou en segundo caso, o último de Xuño.

FEIRÓN SEMANAL

Celébrase todos os sábados desde as sete da mañá, ata as nove da noite. No feirón pódese ver todo tipo de comerciantes; carniceiros, agricultores, queixeiros, apicultores, floristas, artesáns, vendedores de roupa ou de música…

A diversidade de produtos que se ofrecen fan que sexa difícil irse sen adquirir algún, ademáis, entre posto e posto, sempre pódese facer un avituallamento nalgunha das terrazas do casco antigo ou nos bares de tapas da Calle Real.