Published using Google Docs
O Neoclásico.odt
Updated automatically every 5 minutes

Tema do Neoclásico.


O Neoclásico.

1.1. O contexto Histórico Artístico.

A mediados do século XVIII en Europa os artistas comezaron a cansarse do dinamismo do barroco, que chega a converterse en asimetría e desequilibrio, e iniciou unha busca dun novo camiño artístico. Moitos artistas teñen necesidade de repouso, simplicidade e equilibrio: xorde así o Neoclasicismo, corrente artística que se converteu no símbolo das ideas da Ilustración, e posteriormente da Revolución Francesa e do Imperio Napoleónico.

Pero o Neoclásico tamén foi unha corrente artística que serve como instrumento político de crítica o Antigo Réxime. Mentres o Barroco e o Rococó simbolizado o poder das monarquías absolutas, que utilizaron a arte barroca como un medio de harmonizar o seu poder e luxo; o Neoclásico simboliza a orde da Ilustración e de unha sociedade máis racional e lóxica. Nas súas últimas etapas os monarcas absolutos, e concretamente o rei de Francia Luís XVI, serviuse dunha arte máis recargada, o Rococó, que en realizade converteuse no último elemento do Barroco.

O Neoclásico desenrólase en Francia entre 1770 e 1830 (fechas relativas), asistindo pois, a varios acontecementos políticos:

Nos inicios do Neoclasicismo tivo unha gran importancia a filosofía das luces, a Ilustración, que influíu nas teorías estéticas e que preparou o camiño cara o cambio político que se materializou coa Revolución Francesa. As criticas da Ilustración contra o Antigo Réxime, desembocou nunha ideoloxía burguesa que rexeitaba o pasado máis recente. Todo isto reflectirase de forma clara na arte da época.

Os descubrimentos arqueolóxicos (escavacións en Pompeia e Herculano) foron a base dun coñecemento máis profundo da antigüidade. Aparecen tratados que defenden o ideal da arte clásica como punto de partida de toda beleza. Aparecen os primeiros estudos científicos sobre a arte , e nacen os museos e as academias de Arte. O neoclasicismo foi unha corrente moi intelectualizada, o cal ten un sentido, como filla da Ilustración, para quen a Razón era o máis importante.

O termo Neoclásico definese como unha volta os ideais dos Mundo Clásico, que é o que aspiran volver. A arte neoclásica queren retomar ó pasado, o mundo clásico grego e romano, e foi unha arte sobria, austera fiel á estética antiga e oposta o dinamismo e frivolidade do Rococó. Como consecuencia de todo isto, esta arte tivo un forte contido ético e político.

1.2.         Pintura Neoclásica.

1.2.1.         Características Xerais.

O non existir apenas pinturas de época clásica grega e romana, a pintura neoclásica vai buscar os seus referentes na escultura clásica, sobre todo nos relevos, e nas tradicións pictóricas do Renacemento.

A pintura quizás é a tendencia máis representativa do Neoclasicismo, que se caracteriza por:

1.2.2.         A Pintura Francesa: Jacques Louis David.

As ideas ilustradas acadan o seu maior éxito en Francia de aí que sexa neste país onde triunfe de forma máis clara e contundente o Neoclasicismo. A pintura neoclásica francesa alcanzou as súas máximas cotas durante o goberno de Napoleón, e moitos pintores converteranse nos cantores das xestas e fazañas napoleónicas. Foi fundamentalmente unha pintura eminentemente politizada, de entre a que alcanzou o seu máximo representante a Jacques Louis David. Este foi o verdadeiro creador da pintura Neoclásica, imbuído dos ideais da Revolución Francesa, converteuse despois nun entusiasta de Napoleón.

Nas súas pinturas atopamos as características básicas que definen á pintura Neoclásica:

Un dos cadros máis significativos de David e no que se reúnen todas esas premisas é a “Morte de Marat”(1793), na que representa a un heroe da Revolución Francesa. Marat aparece morto nunha bañeira. David representa ó personaxe como un heroe, como un home xeneroso e integro. Marat xa morto, sostén na súa man un cheque no que acaba de asinar para a muller que o acaba de matar. Charlotte Corday, a súa asasina, é unha opoñente política que cuestiona a labor de Marat na Revolución. A escena ten unha forte carga dramática, moi do gusto neoclásico, pero non violenta. David seguindo os ideais clásicos prescinde da violencia para resaltar a heroicidade e honestidade do personaxe morto.

A moral propia da Revolución Francesa, coa que David encaixa totalmente, vese simbolizada porque no cadro pasamos do SER (Marat) ó NON SER ou a NADA (fondo escuro): dando a entender que tras a morte, non hai nada. A luz tamén é simbólica, xa que incide na zona de vida, mentres a nada (a morte) aparece a escuras.

Dentro da súa obra atopamos grandes obras artísticas:

1.3.        Arquitectura Neoclásica.

1..3.1.         Características Xerais.

Destacan dos grandes centros arquitectónicos: Francia e os Estados Unidos. Dentro de Francia: G. Soufflot co “Panteón de Homes Ilustres”; Gabriel, que deseñou a “Praza da Concordia”; e J. François Chalgrin co seu “Arco do Triunfo de l'Etoile”. No caso dos Estados Unidos destacan “o Capitolio dos Estados Unidos de América”, que sufriu sucesivas remodelacións. No resto de Europa ten unha vixencia limitada pola oposición as ideas francesas e a supervivencia de gustos barrocos (como no caso de España). Pese o cal, en España ten un certo desenvolvemento potenciado cunhas características propias:

    Dentro dos grandes arquitectos españois destacan:

1.4.        Escultura Neoclásica.

1.4.1.        Características Xerais.