INSTRUCIÓNS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO (Curso 2023/24)

Que alumnos/as deben solicitalo? Alumnado que no vindeiro 2023/24 curse 3º,4º,5º,6º de Educ. Primaria e mais 1º, 2º, 3º, 4º de ESO.

En que consiste a axuda? Acceso do alumno aos libros de texto dispoñibles no FONDO SOLIDARIO do Centro: A) 6 libros de texto (renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros) B) 4 libros de texto (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros)

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (Curso 2023/24)

Que alumnos/as poden solicitala? Alumnado que no vindeiro 2023/24 curse 1º,2º de Educ. Primaria (renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 10.000 euros)

En que consiste a axuda? A) 240 euros: (para as familias con renda per cápita * igual ou inferior a 6.000 euros) B) 160 euros: (para as familias con renda per cápita * superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros)

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR ( Curso 2023/24)

Que alumnos/as poden solicitala? Alumnado que no vindeiro 2023/24 curse Educ. Primaria e ESO (pertencentes a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 euros).

 En que consiste a axuda? A) 75 euros: (para as familias con renda per cápita *igual ou inferior a 6.000 euros) B) 60 euros: (para familias con renda per cápita * superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros)

Que documentación complementaria hai que achegar coa solicitude?

1) Ademais de entregar cuberta a Solicitude (ANEXO I E ANEXO II), hai que entregar Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

No caso de non ter Libro de Familia ou se a situación familiar, ao 31/12/2021, non coincide coa reflectida no libro deberá presentar a seguinte documentación:

A) Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante B) Certificado ou volante de convivencia C) Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

OUTROS CASOS:

  1. Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  1. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento         integral da violencia de xénero.

  1. A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

  1.         Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 %: certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  1.         Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

Ollo! Cando os solicitantes non autoricen a consulta telemática de datos deben presentar: A) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar B) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2021 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante.

IMPORTANTE: En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e REFLECTIR A SITUACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E ECONÓMICA A 31 DE DECEMBRO

DE 2021, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.