CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL
CONCURSO DE DESEÑO GRÁFICO
DO CALENDARIO DE PETO 2014
O Equipo de Dinamización Lingüística convoca un concurso de deseño gráfico de calendarios que se rexerá polas seguintes bases:
- PARTICIPANTES: poderán participar todos/as os/as alumnos/as de ESO matriculados no centro.
- OBRAS: os orixinais, que deberán ser inéditos, poderán ser realizados en calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática. O deseño constará dunha imaxe e un lema en lingua galega que fomente o uso do galego. As obras presentaranse formato dixital (jpg, png). Cada participante pode presentar as obras que desexe.
- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA: as obras enviaranse en formato jpg ou png antes do11 de decembro de 2013 ao seguinte correo electrónico:
endlgcarral@gmail.com
- DEREITOS DE USO: o uso principal que se fará do deseño gañador será incluílo no calendario de peto do ano 2014. O EDLG e o centro utilizará o deseño premiado, sempre que o considere oportuno, en calquera campaña de promoción do galego.
- XURADO: estará formado por profesores/as e alumnos/as membros do EDLG. As súas decisións serán inapelables e a el correspóndelle resolver calquera circunstancia non contemplada nestas bases.
- PREMIOS: concederase un único premio consistente nunha camiseta personalizada co calendario gañador. O xurado poderá declarar deserto o premio.
- PUBLICACIÓN DO PREMIO: a comunicación da decisión do xurado farase pública no mes de decembro a través do taboleiro e do blog do EDLG.
Os traballos que non fosen premiados pasarán a ser propiedade do EDLG e do centro educativo, a non ser que o indique mediante un correo electrónico ao enderezo do equipo durante o mes de decembro de 2013.