ANTONIE VAN LEEUWENHOEK
Construtor de microscopios holandés, naceu o 24 de outubro de 1632 en Delft. Naturalista e pai da microbioloxía. Foi moi pouco á escola e aos 16 anos entrou de aprendiz de pañeiro en Amsterdam. As lentes de aumento que utilizaba para contar os fios dos panos fixeronlle pensar que podia facer lentes de moito mais aumento e esto permitiulle dedicar moito tempo a observación científica. Despois de aprender a técnica de pulido que utilizaban os fabricantes de gafas, construiu os seus propios microscopios, máis de 200 con aumentos de 40 a 270 diámetros.
Leeuwenhoek aplicou sen descanso os seus instrumentos a todo o que atraía a sua curiosidade. Desarrollou o descubrimento da rede de capilares demostrando como circulaban os glóbulos polos capilares da orella dun coello e a membrana interdixital da pata dunha ra. Realizou a primeira descripción precisa dun glóbulo vermello do sangue. Máis tarde observou a auga dun estanque, a auga da chuvia e a saliva humana, o que el chamaría animálculos, coñecidos na actualidade como protozoos e bacterias. En 1677 descubriu os espermatozoides dos insectos e dos seres humanos.
O interese de van Leeuwenhoek diríxese cara a obxectos moi variados, e aparentemente non segue un plan predefinido. As súas observacións no campo da zooloxía son numerosas, pero tamén en botánica, química, microbioloxía, física, fisioloxía e mediciña.
Describe a estrutura das plumas de varias especies de aves, pelos e pel de oso ou escamas de peixe. En botánica, estuda a estrutura das follas e da madeira de diversas especies. Interésase pola relación entre a estrutura de diversas especies e o seu gusto (café, noz moscada).
Faleceu o 26 de agosto de 1723, viviu noventa e un anos.
Desde 1877 a Real Academia Holandesa das Artes e as Ciencias otorga na sua honra a Medalla Leeuwenhoek. Concédese cada dez anos ao científico que realizara a contribución máis significativa a microbioloxía durante a década presente.
Na miña opinión Leeuwenhoek foi un científico adelantado á sua época porque foi moi intelixente ao crear microscopios coas lentes de contar os fios e tiña moita curiosidade por todo.