Demografía:
Responde ás seguintes preguntas no teu blog empregando o galego e coidando a corrección ortográfica. As respostas as podes buscar no seguinte enlace. Cando remates, corrixe as preguntas, conta o número de acertos e anótao no teu blog. Esa será a túa nota.
- Segundo o mapa ou o gráfico que está debaixo, cales son os cinco países máis poboados do Mundo? China, India, EEUU, Indonesia e Brasil.
- Que indicadores hai que ter en conta para observar se a poboación medra ou diminúe? Tasa de natalidade, de mortalidade e o crecemento vexetativo.
- Por que é importante a tasa de fecundidade? Porque indica a capacidade de rexeneración dunha poboación, é dicir, as mulleres en idade de ter fillos.
- Que indica a tasa de mortalidade infantil? O nivel de desenvolvemento dun país xa que se morren poucos nenos é porque hai unha boa atención sanitaria.
- Como ten que ser a esperanza de vida nun país desenvolvido? Xustifica a túa resposta. Alta, é dicir, se a xente vive moito é porque hai boas condicións de vida, atención sanitaria, unha boa alimentación...
- Que é o crecemento vexetativo ou natural? Que indica cando é negativo? Aos nacementos se lle restan as defuncións. Se morre máis xente da que nace o resultado é negativo e por tanto, a poboación diminúe.
- Que é e como se calcula a densidade de poboación? Mostra a relación entre espacio e poboación, é dicir, como se distribúe a poboación no espazo. Calcúlase dividindo a poboación pola superficie do país en kilómetros cadrados.
- Cales son os factores que máis inflúen na concentración de poboación? A economía (a necesidade de man de obra concentra as persoas nas cidades) e o clima (unhas boas condicións climáticas favorecen o asentamento poboacional)
- Os lugares de menor densidade de poboación do mundo son... os desertos fríos Ártico e Antártico; os desertos cálidos e áridos subtropicales; selvas ecuatoriais e a alta montaña: Siberia, Canadá, Sahara, Amazonas, Atacama (Chile), Patagonia (Arxentina),Tíbet, el desierto australiano, etc.
- Expón a túa opinión sobre os seguintes feitos: Resposta libre. Valorarase a coherencia na argumentación, é dicir, expresarse con corrección e sen contradiccións.
Dos 4.800 millóns de persoas que residen en países non desenvolvidos, case as tres quintas partes non posúen servizos básicos de saneamiento; case un non ten acceso a agua non contaminada; un cuarto no ten vivendas adecuadas; un quinto carece de acceso a servizos modernos de saúde. Un quinto dos nenos e nenas non chega ata o quinto curso na escola. Aproximadamente un quinto no dispón de suficientes aportes enerxéticos e proteínicos nas súas dietas.
Tomado de: http://www.profesorenlinea.cl/geografiagral/PoblacionVolumen8U1.htm