RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS

COMO FACILITAR ESTE PERÍODO

  • Demostrade unha actitude positiva cara á aprendizaxe e a escola.
  • Faládelle de xeito positivo sobre as profesoras que terá e sobre como lle van axudar  a aprender. Falar delas como persoas cercanas e afectuosas ás que debe escoitar e demostrar respecto.
  • Cumpride uns horarios e rutinas: o sono, a hixiene, a comida,etc. Evitade andar con présas os primeiros días.
  • Traédeos ao colexio ben almorzados e descansados.
  • É conveniente que se relacione con outros nenos e, especialmente, con algún que vaia ser o seu compañeiro.
  • Marcade normas e límites, de xeito firme e cariñoso.
  • Permitide que o voso fillo participe nalgúns preparativos: ir mercar o mandilón, o material...
  • Situádeo no tempo con referencias que poida entender: “Vas estar no colexio un tempo e logo véñote buscar, mentres o profesor/a vaite axudar e coidar”.
  • Tede especial atención coas separacións e cos reencontros. Amosade unha actitude cariñosa, pero sen dramatismos. Se chora ou monta unha rabecha, deixarlle ao profesorado o labor de consolarlle.
  • Proporcionarlle máis atención cando vos conte actividades positivas do “cole” que cando chore.

¿QUE ACTITUDES DEBEMOS EVITAR?

  • Meterlle medo coa idea de ir ao escola ou usar o colexio como ameaza.
  • Idealizar a situación ou enganar ao neno ao deixalo na escola. Debe asumir que vos ides pero volvedes.
  • Mostrarnos preocupados, ansiosos e/ou tristes.
  • Compadecelo, cando a saída, decatémonos de que chorou: “Pobriño, choraches moito, pero xa estou aquí".
  • Fomentar que se manteña á defensiva con frases do tipo: “Se te pegan, arrea ti tamén”.

VESTDO

  • Poñédelle roupa cómoda: zapatos con velcro, chándais, pantalóns con goma, sen botóns, tirantes nin fibelas; co fin de fomentar a súa autonomía.
  • A roupa debe estar identificada co nome, especialmente as chaquetas e abrigos.
  • O mandilón debe ter o nome ben visible e traer unha cinta para que poidan colgalo. Procurade que o teñan desde o primeiro día.

AUTONOMÍA

  • Ensinádelle determinados hábitos elementais durante o verán: ir ao baño, espirse, deixar a chupeta…
  • Dádelle pequenas responsabilidades acordes coa súa idade.
  • Permitide que fagan cousas por si mesmos. Os cativos/as deben ser controlados, mais tamén teñen que aprender a ser independentes e a desenvolver a confianza en si mesmos ao desempeñar tarefas cotiás como vestirse sós e gardar os seus xoguetes.