Guión Radio:
8 de marzo: Día Internacional da Muller
(MÚSICA)
NOELIA: Ola rapazas e rapaces! Aquí estamos outra vez o grupo de 2º PMAR para tratar outro tema de gran interese. O meu nome é Noelia.
JOSÉ MANUEL: Eu son josé manuel. A que non sabedes que día é hoxe? Por se alguén aínda non o sabe, imos dar unha serie de pistas.
RUBÉN: Ola, eu chámome Rubén e son o encargado de dar a primeira pista. A idea de celebrar este día nace no século XIX e ten que ver co movemento obreiro.
LAURA: Ola rapaces e rapazas. Eu son Laura. Pero… sabedes que é iso do movemento obreiro?
JOSÉ MANUEL: Vou intentar responder a esa pregunta. O movemento obreiro é o nome que se lle da ó movemento ideolóxico que levou ós obreiros e ás obreiras das fábricas do século XIX a unirse e organizarse para reclamar os seus dereitos. Dereitos como ter un salario digno, traballar non máis de oito horas, ter asistencia sanitaria nos casos de enfermidade...
NOELIA: Vale, vale… Pero volvamos ao tema sobre o día que estamos celebrando. Imos con outra pista. Vexamos. En 1910 o movemento obreiro fai outra serie de peticións importantes para o grupo de persoas ó que esta dedicado o día de hoxe. Pedían: o dereito a votar, o dereito a un salario digno e incluso o dereito á educación.
ANXO: Ola, eu son Anxo. Pero… Entón... quen pode ser que a principios do século XX aínda non lle estivese permitido votar, lle pagaran menos que ós demais e non puidesen ir á universidade? Resulta difícil de crer.
NOELIA: Ben, aínda que sexa difícil de crer estamos falando das mulleres. Sí, as mulleres non podían votar nin ir á universidade.
(MÚSICA)
JOSÉ MANUEL: Iso é. O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller! Con esta celebración pretendemos seguir reclamando a total igualdade entre os sexos que a día de hoxe aínda non existe. Este programa vai dedicado a todas as mulleres que loitan polos seus dereitos e tamén ós homes que decidiron unirse a esa loita.
LAURA: Un pequeno dato antes de comenzar. As mulleres que loitaban polo dereito ó voto feminino eran coñecidas como as sufraxistas.
RUBÉN: As sufraxistas reclamaban o dereito ó voto para a muller, é dicir, o sufraxio feminino. Sufraxio quere dicir voto. Ter o dereito de elixir ás persoas que nos gobernan non foi fácil de conseguir para as mulleres. A xente pensaba que a muller non tiña capacidade ou intelixencia suficiente para tomar decisións tan importantes.
NOELIA: Pensade que en España a muller non puido votar ata 1931, durante a II República. Pero iso foi por pouco tempo. En 1936 estalla a Guerra Civil e en 1939 comeza a ditadura de Franco. Na ditadura xa non votan nin as mulleres nin os homes. O que manda non o fai porque a xente o elixira senón que o fai pola forza, porque é apoiado polo exército. Isto durou ata 1975, que é cando morre Franco e volve a haber democracia en España.
ANXO: Menudo rollo histórico acabas de soltar!
(MÚSICA)
RUBÉN: Igual estaredes pensando… pero é que acaso hoxe en día non hai igualdade de dereitos entre mulleres e homes? Todos e todas votamos e podemos acceder á universidade. Pero… cobran igual os homes e as mulleres? Hai verdadeira igualdade en tódolos ámbitos da nosa sociedade? As tarefas do fogar se reparten de maneira igualitaria? O coidado dos fillos e fillas só está en mans das mulleres?
NOELIA: Eu diría que en moitos casos está en mans dos avós e, sobre todo, das avoas xa que non existe unha verdadeira conciliación familiar en España.
JOSÉ MANUEL: Para min o problema da baixa natalidade en países desenvolvidos como España no que a muller traballa fóra (e tamén dentro) da casa é que… sinxelamente non hai tempo para criar fillos ou fillas. A empresa manda. E a empresa non gaña máis porque ti teñas fillos. Posiblemente perda porque pensa que lle vas dedicar menos tempo ó traballo.
LAURA: Moi ben. Neste programa imos tratar de responder á pregunta de si realmente hoxe en día hai verdadeira igualdade. Falaremos de temas tan interesantes como os micromachismos.
ANXO: Micro que?? Que é iso?
JOSÉ MANUEL: Con micromachismos nos estamos referindo a eses pequenos actos de discriminación ou desigualdade entre mulleres e homes que están en todas partes pero que por ser pequenos non se ven. Sen embargo fan dano igual.
NOELIA: Despois de ver uns cantos exemplos de micromachismos tomados da vida real engadiremos algunhas interesantes opinións da xente da rúa sobre o machismo de hoxe en día.
LAURA: Despois imos falar de mulleres que ó longo da historia loitaron por cumplir os seus soños ou exercer unha profesión nunha sociedade que llo puxo difícil. A loita persoal destas mulleres fixo moito pola loita polos dereitos da muller en xeral.
ANXO: Así é. Imos falar de mulleres tan loitadoras e avanzadas para a súa época como: Hipatia de Alexandría ou Emilia Pardo Bazán, outra das nosas galegas ilustres. Agora pásovos co meu compañeiro Rubén que vos vai falar de Hipatia de Alexandría.
(MÚSICA)
RUBÉN: Hipatia de Alexandría foi filla do matemático Teón, profesor do museo de Alejandría, o cual, fundado por Ptolomeo, era na epoca da auténtica universidade a que asistían alumnos ansiosos de instruírse nas ciencias e a filosofía. Traballou xunto a seu pai na preparación de textos para os alumnos. Aunque non existe moita documentación sobre Hipatia foi unha das primeiras mulleres matemáticas sobre as que temos fontes fiables.
As causas da morte de Hipatia, sen embargo, non están claras. Estudos recentes puxeron en dúbida as motivacións relixiosas obxetando que Hipatia non era contraria ao cristianismo e intentando enmarcar a súa morte no cúmulo de tensións políticas que existían en Alejandría da época como consecuencia da decadencia do Imperio Romano e as loitas internas que a provocaron.
Polo que destacou esta científica é que mellorou o astrolabio, un aparato que serve para determinar as posicións das estrelas.
(MÚSICA)
NOELIA: A muller da que vos vou falar chamábase Rosalía de Castro e era escritora, unha das poucas escritoras da súa época.Naceu o 24 de Febreiro de 1838 e falleceu o 15 de xulio de 1885, ós 48 anos.
Foi unha poema e escritora galega que escribiu tanto en galego como en castelán...Na súa época non era nada fácil escribir galego por certas razóns. Faleceu por un cancro de útero.
(MÚSICA)
JOSÉ MANUEL: Pasamos agora a falar de alguén que é posible que vos resulte familiar posto que era galega e hai moitas rúas que levan o seu nome. Imos falar de Concepción Arenal e os seus escritos en defensa dos dereitos das mulleres realizados a finais do século XIX. Esta muller quería ser avogada pero como na súa época as mulleres non podían ir á universidade, tivo que disfrazarse de home: cortou o pelo, puxo uns pantalóns, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Pero aínda que se disfrazara foi descuberta. Ó final déronlle un permiso especial para que puidera ir ás clases. Outros datos interesantes sobre ela son: que era galega e que traballou como visitadora de prisións para axudar ós presos. Bueno isto é todo sobre Concepción Arenal, agora déixovos coa miña compañeira Laura.
(MÚSICA)
LAURA: Eu vou falar dunha muller que escribía o que o seu marido publicaba pois na súa época non estaba ben visto que as mulleres escribiran. O seu nome era María Lejárraga ela naceu nunha familia acomodada e recibiu unha educación que lle deixou exercer de maestra.
Naceu o 28 de decembro do 1874 en San Millán de la Cogolla (A Rioxa), se dedicaba al teatro.
Ela publicaba as obras literarias do seu home e él levaba a fama… Ela escribía e o home firmaba.
o seu home chamabase Gregorio Martinez Sierra.
Ela falleceu o 28 de junio de 1974. en Bos Aires.
Ahora deixovos coa miña compañeira Noelia que vos vai falar de Clara Campoamor.
(MÚSICA)
NOELIA: Clara Campoamor foi unha muller que destacou por ser o membro da comisión de defender os dereitos das mulleres .Estudou dereito e cando rematou fíxose xuiza. O seu traballo era defender as mulleres que eran maltratadas e grazas el puidéronse salvar moitas mulleres.
(MÚSICA)
ANXO: Que podemos dicir da Condesa de Pardo Bazán que non saibades xa? Foi ante todo escritora e nobre, vamos, con cartos e de boa familia. Era moi boa escritora e periodista. Máis datos que podemos engadir sobre ela son:
Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de decembro de 1851, era una feminista protestaba pola igualdade da muller e opinaba que elas tamén tiñan dereito a educación, comezou a escribir grazas á súa afección polos libros e a escritura.
Emilia non solo escribía para entreter a ó lector faino tamén para protestar das inxustizas, sobre todo a do machismo. Un dos seus libros máis importantes é La tribuna que trata de ensinar os problemas que tiña a muller para conseguir traballo. Un dos traballos que había para mulleres eran
os das fábricas de cigarros onde as súas condicións eran moi malas e difíciles. Imos ler un fragmento moi significativo de esta obra no que nos ofrece unha crítica do acoso ó que son sometidas as mulleres polas rúas:
(MÚSICA)
RUBEN: “Ellas eran mujeres, seres humanos, que transitan por una calle y que tienen pleno, absoluto derecho a no ser molestados, a cruzar como los demás transeúntes, libremente y tranquilamente. La barbarie primitiva, intacta en lo que se refiere a la mujer, es la única causa de ese acosador feroz, inhumano, que todos los diarios reprueban en términos de energía; pero ninguno se da cuenta del origen de semejante fenómeno, del espíritu general a que responde”.
(MÚSICA)
NOELIA: Despois de lembrarnos destas ilustres loitadoras a favor dos dereitos das mulleres imos pasar agora a falar da situación actual. Imos falar do machismo que nos rodea. Para iso cada un de nós vai comentar varios exemplos dese machismo que non se ve pero que está aí, ese machismo que é necesario denunciar.
JOSÉ MANUEL: De feito, se poñedes a etiqueta “micromachismos” en Twitter poderedes ver todos estes exemplos e moitos máis.
RUBÉN: Todos son exemplos de micromachismos tomados da vida real que a xente denuncia a través desta etiqueta nesta rede social. Vouvos contar unha frase de micromachismo que mirei: Se leva a falda tan corta e para provocar. A min paréceme inxusto isto porque as mulleres teñen dereito a vestir como queiran e non implica que estean buscando nada.
LAURA: É moi importante denunciar todas estas formas de machismo, facelas visibles publicamente para facer reflexionar á xente e así poder cambiar as situacións inxustas que representan. Imos con máis exemplos de micromachismo. Este eslogan publicitario di: As mulleres namoranse sete veces ao ano, seis delas de zapatos. Que nos está chamando tontas? Como que nos namoramos tantas veces como cambiamos de zapatos?
NOELIA: O vosos non son nada en comparación co que vou contar eu: un exemplo de machismo e…cando o home lle pregunta a muller con quen fala..ou cando entras nun bar ca tua parella e pides una cocacola e una caña sirven directamente a caña o home…
JOSÉ MANUEL: Vale. Aí vai o que máis me impactou a min. Eu vouvos a decir un que vin: un rapaz de 27 anos foi a un programa da televisión onde quería atopar una parella que lle limpara a casa, lavarlle a roupa e que lle planche. A min isto paréceme moi machista da súa parte, porque as mulleres non están para servir a ninguén nin limparlle a casa a ninguén.
(MÚSICA)
NOELIA: Agora imos coa opinión da xente da rúa. Hai uns días entrevistamos a algunhas persoas sobre o tema do machismo.
ANXO: Ante a pregunta de se pensaban que a sociedade actual era machista estas foron as interesantes respostas coas que nos atopamos:
(MÚSICA)
LAURA: Rematamos con algúns consellos para vivir nun mundo menos machista. Eu por exemplo endurecería as penas por maltrato ás mulleres e faría máis campañas de concienciación nos institutos.
(MÚSICA)
ANXO: O meu consello é o seguinte, se non sabes se algo pode ser insultante é un micromachismo e se nun momento dado tes algunha dúbida fai o seguinte: imaxina que cho fan a ti. Gustaríache, por exemplo, que che tocaran o cu? Que te fixeran comentarios sobre o teu corpo cando vas pola rúa? Que te controlaran o móbil ou te dixeran con quen podes ou non falar?
NOELIA: A miña proposta é que mulleres e homes deixen de ser machistas, que ambos sexan tratados exactamente do mesmo modo, sen ter en conta o seu xénero. Tede en conta que en moitos casos son as mulleres as máis críticas coas outras mulleres.
RUBÉN: O que a min me gustaría propor é que todo o mundo colabore nas tarefas da casa pois non é cousa de mulleres, é cousa de todo o mundo a partes iguais.
(MÚSICA)
NOELIA: Agora imos coa opinión da xente da rúa. Hai uns días entrevistamos a algunhas persoas sobre o tema do machismo.
ANXO: Ante a pregunta de se pensaban que a sociedade actual era machista estas foron as interesantes respostas coas que nos atopamos. A totalidade das persoas contestaron que si, que sen dúbida a sociedade de hoxe en día era machista. Todos e todas deron moitos exemplos. Aí van as respostas:
(MÚSICA)
NOELIA: Rematamos o noso programa encantados de compartir con todos vós tantos coñecementos a través das ondas.
ANXO: Foi un verdadeiro pracer lembrar a mulleres tan valentes e adiantadas para as épocas que lles tocou vivir.
NOELIA: En certo modo, todas as mulleres e moitos homes tamén temos que loitar dende que temos uso de razón por desenvolver a nosa identidade con total liberdade. É dicir, por poder ser máis alá do que a sociedade di que ten que ser un home ou unha muller.
JOSÉ MANUEL: Unha sociedade verdadeiramente igualitaria sería máis xusta tanto para os homes como para as mulleres. Educar na igualdade é a clave para erradicar a violencia de xénero.
RUBÉN: A violencia de xénero é esa violencia exercida sobre a muller que pretende soster modelos tradicionais de comportamento que na actualidade xa non teñen sentido.
LAURA: E así nos despedimos ata un novo programa desexándovos tanto ós homes como as mulleres poidan vivir en harmonía. Lembramos ás mulleres que sexan agredidas ou que sufran maltrato por parte das súas parellas que deben chamar ao 016, o teléfono contra o maltrato de xénero que non deixa pegada na factura.
NOELIA: As rapazas e rapaces, os adolescente e as adolescentes, nenos e nenas poden vestir e xogar e facer o que eles crean oportuno.Cada un pode ser como el queira e decida.
ANXO: porque a linguaxe tampouco debe ser machista e ten que incluír a todas e todos… En fin, que vos desexamos un bo dia da muller.
TODOS/AS: Feliz Día Internacional da Muller e unha próspera vida en igualdade!
(MÚSICA)