■ ONDA CHICHA 2024 / 2025
A nova onda do talento galego
Unha iniciativa de Chichalovers & Radio Líder Santiago
1■■ Obxectivo da convocatoria
Onda Chicha nace coa finalidade de apoiar, visibilizar e promover o traballo de artistas e grupos emerxentes galegos, ofrecéndolles unha plataforma de difusión, visibilidade e actuación en directo. A acción inclúe: entrevista en Radio Líder, gravación dun tema en Chichalovers e participación no ChichaFest 2026 na Sala Capitol.
2■■ Requisitos de participación
Poderán participar artistas ou bandas residentes en Galicia, con integrantes maiores de 18 anos. Deben ser proxectos emerxentes sen contrato discográfico activo. O repertorio deberá ser orixinal (non se aceptan versións como proposta principal).
3■■ Inscrición
A inscrición realizarase mediante o formulario oficial dispoñible en liña. As persoas interesadas deberán cubrir todos os campos obrigatorios e achegar información básica, descrición do proxecto, enlaces e material audiovisual.
Prazos límites de inscricións mensuais:
4■■ Selección
O equipo de Chichalovers e Radio Líder realizará unha selección continua valorando a orixinalidade, calidade musical, posta en escena e potencial de proxección. Os proxectos seleccionados serán contactados por correo ou teléfono.
5■■ Premios e fases do proxecto
Fase 1 – Difusión: entrevista exclusiva en Radio Líder. Fase 2 – Gravación: gravación dun tema en Chichalovers para darlle visibilidade á banda/artista.. Fase 3 – ChichaFest 2025: actuación en directo na Sala Capitol os dous proxectos máis destacados.
6■■ Condicións xerais
A participación é gratuíta. Os artistas conservan os dereitos de autoría das súas obras. A organización poderá empregar fragmentos de audio, vídeo e imaxes para fins promocionais, sempre citando o artista. A gravación e entrevista non poderán empregarse con fins comerciais sen autorización expresa.
7■■ Protección de datos
Os datos facilitados serán tratados conforme ao RGPD e usaránse exclusivamente para a xestión da convocatoria.
8■■ Aceptación das bases
A participación en Onda Chicha implica a aceptación total destas bases. Calquera circunstancia non prevista será resolta pola organización.
■ Santiago de Compostela, outubro de 2025
Chichalovers & Radio Líder Santiago