Published using Google Docs
STARgal Innovación en dinamización lingüística educativa
Updated automatically every 5 minutes

Proxecto e Memoria

Innovación en dinamización lingüística educativa   (Convocatoria)

OLIMPÍADAS VIRTUAIS

STAR GAL

star gal2 (1).jpg

 

 


Índice

  1. Contextualización e xustificación do proxecto
  2. Obxectivos deseñados como resposta ás necesidades detectadas nos diferentes ámbitos
  3. Actividades de desenvolvemento dos procesos de innovación previstas
  4. Implicación do profesorado, responsables e demais recursos humanos e materiais
  5. Colaboracións institucionais
  6. Plan de avaliación
  7. Medidas de difusión do proxecto
  8. Orzamento
  9. Funcións e tarefas do profesorado implicado


Anexo: Memoria


  1. Contextualización e xustificación do proxecto. Identificación da situación sociolingüística do centro

O IES da Cachada está situado no centro da vila de Boiro. Este concello sobrepasa os 19.000 habitantes e a súa capitalidade experimentou nos últimos anos un forte crecemento. É significativo o feito de que se trata dun concello no que existe unha importante actividade mariñeira, conserveira e téxtil, feito que propicia a chegada de novos habitantes de zonas galegas e tamén do estranxeiro.

O IES da Cachada está situado no mesmo centro urbano de Boiro; nel só se imparte a etapa de ESO, ten 19 unidades, 432 alumnos e 40 profesores. Ó Instituto chega alumnado procedente, maioritariamente, dos CEIPs de Abanqueiro, Cespón, Stª Mª do Castro e Stª Baia. Os dous primeiros son centros do rural,  Stª Mª do Castro atende os alumnos da vila mariñeira de Cabo de Cruz e Stª Baia é o colexio que acolle o alumnado do centro urbano de Boiro. Asemade, cada ano o alumnado estranxeiro vai incrementando a súa presenza no noso centro (7 na actualidade).  

Partindo da enquisa sociolingüística elaborada polo EDL do noso centro no curso 2014-2015, aínda inédita pero xa analizada, podemos extraer a seguinte conclusión: aínda que o alumnado é maioritariamente galego falante, o da zona urbana do Concello de Boiro móstrase reticente a utilizar a lingua propia, actitude que se espalla gradualmente entre o resto do alumnado. O noso obxectivo prioritario é, pois, potenciar a lingua galega entre o alumnado non rural.

Por outra parte, o Decreto de Plurilingüismo do 2010 afastou o galego, en plena Revolución Tecnolóxica, da Tecnoloxía e mais das Matemáticas. Non cabe dúbida que comeza a surtir efecto, e as capas máis novas da sociedade parecen sentir que a nosa lingua é pouco apta para o manexo das novas tecnoloxías. Se a iso lle sumamos a escasísima presenza que ten o galego nas ferramentas informáticas e da comunicación que os rapaces e rapazas usan no día a día, a conclusión é fácil de extraer: o galego estase a quedar obsoleto. Esta reflexión subscríbea o Consello de Europa, que nestes últimos días insta ó goberno español para que tome medidas con respecto ó uso do galego no ensino e mais na xustiza, garantindo o seu uso.

Dito o anterior, presentamos o STAR GAL (Seminario transversal de Audiovisual e Robótica en Lingua Galega), prolongación e simbiose doutros proxectos do centro; con el buscamos cubrir eses ocos e elevar o prestixio da lingua galega en toda a comunidade educativa con respecto a áreas tradicionalmente monopolizadas polo castelán; para isto formulamos unhas olimpíadas virtuais con dúas categorías (videoxogos sobre lingua e cultura galega e micropezas audiovisuais), actividades que pola súa natureza se sitúan nun dos eixos vertebrais do ideario  do noso centro: programación e audiovisual a través da metodoloxía de proxectos. Trátase de coordinar actuacións que xa están tendo lugar desde diferentes plans (Proxecta, Contrato-Programa e Seminarios/Grupos de traballo) e orientalas cara á organización dunha competición na que participe a comunidade educativa de toda Galicia. Os protagonistas serán os rapaces e rapazas que creen as probas das olimpíadas, organizados en grupos de acordo co seu interese, tempo e aptitudes, pero tamén o profesorado que traballe desde cada Departamento, formándose continuamente nas respectivas áreas (programación, audiovisual e lingua galega).

2. Obxectivos deseñados como resposta ás necesidades detectadas nos diferentes ámbitos

Este proxecto está enmarcado nas liñas propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Cachada, que á súa vez se fundamenta en dous piares:

Para isto deseñamos estas actividades, que ademais enmárcanse de pleno, por coherencia, na filosofía do noso plan educativo:  traballo por proxectos centrado no eido das novas tecnoloxías (fundamentalmente programación, robótica e audiovisual) e a atención á diversidade. Así pois, a nosa prioridade é construír un proxecto de equipo, ilusionante, de carácter innovador (con emprego de ferramentas TIC), que dignifique o galego en ámbitos contemporáneos (redes sociais, videoxogos, comunicación), especialmente entre a xuventude urbana.

2.1. Formulación dos procesos de mellora do ensino e da aprendizaxe

Desde o EDL do IES A Cachada entendemos que para que o proceso normalizador da nosa lingua se cumpra dunha forma efectiva, alén de actividades puntuais, hai que focalizar a atención no día a día: naquelas pequenas cousas e feitos que non se perciben de forma inmediata e consciente, pero que calan e fan que a lingua se introduza paseniñamente no espírito das persoas que forman a comunidade educativa (alumnos/as, pais/nais, profesorado, persoal non docente, etc). Por iso facemos especial fincapé en:

2.2. Propostas estratéxicas de actuación a curto prazo

A parte da proposta conceptual que facemos de forma xeral desde o EDL, entendemos que é necesario concretar actividades que visibilicen e motiven, polo que formulamos  os seguintes obxectivos específicos:

2.3. Propostas estratéxicas de actuación a longo prazo

3. Actividades de desenvolvemento dos procesos de innovación previstas

O proxecto STAR GAL consistirá na elaboración de materiais para a realiación dunhas olimpíadas virtuais, así como na organización das mesmas, que terán 2 modalidades:

A competición terá lugar do 25 ó 29 de abril, será publicada nunha web ex profeso (STAR GAL en blogger) e na páxina do centro a Cachada, e abrirase a toda a comunidade educativa galega. Establecerase un xurado que seleccionará os/as gañadores/as e publicará os resultados na web do proxecto. Os centros deberán inscribirse previamente mediante un formulario que será publicado na páxina do STAR GAL.

3.1. Ollo STAR GAL

A proba Ollo STAR GAL vai consistir na elaboración dun produto audiovisual de curta duración (formato Vine) a partir dunhas palabras que se elixirán por sorteo de entre unha escolma previamente publicada. Estas palabras terán que ver co universo poético de Manuel María, de xeito que a peza creada estará, en certo xeito, inspirada na obra do mesmo.

As micropezas gravaranse e editaranse ó longo de 3 horas, e serán penduradas a continuación na rede social Vine, co hashtag #ollostargal.

A organización do festival audiovisual Olloboi[1] comprométese a crear unha categoría específica de competición para estas pezas, e o seu xurado escollerá a gañadora, que recibirá un premio igual ó do resto das categorías do festival.

Asemade, os/as autores/as das pezas seleccionadas polo xurado terán dereito a asistir a un obradoiro de interpretación, guión e gravación que terá lugar a mañá do venres 27 de maio, dentro do Encontro Olloboi 2016.

3.2. Raña STAR GAL

A proba Raña STAR GAL consistirá en xogar en diferentes videoxogos que versen sobre aspectos da lingua e a cultura galega. Estes videoxogos terán sido elaborados polo alumnado do noso centro na plataforma educativa Scratch (“rañar” en galego), plataforma creada na universdiade MIT e que dispón de software aberto e en galego. Os videoxogos penduraranse na páxina do proxecto na mañá ou mañás de celebracións das olimpíadas, e todo o alumnado de Galicia poderá xogar (por un tempo limitado). Ó remate do prazo cada xogador fará unha captura de pantalla onde se vexan os puntos obtidos e enviarásenos por correo. Tamén se difundirá no instagram, co hashtag #rañastargal.

4. Implicación do profesorado, responsables e demais recursos humanos e materiais

4.1. Recursos humanos implicados no desenvolvemento do proxecto

Dado que esta é unha proposta de traballo por proxectos, involucra a profesorado de moitos departamentos:

4.2. Recursos materiais que se van mobilizar

Como indicamos nos obxectivos, a intención é rendibilizar recursos e proxectos que xa están en vigor na actualidade, e a través dos cales formaremos ó alumnado para elaboraren as actividades da olimpíada:

5. Colaboracións institucionais

A colaboración principal que vai ter lugar é coa A.C. Olloboi; esta asociación vén organizando nos últimos anos un festival audiovisual que pola súa natureza (dirixido ó sector educativo) e difusión (centos de participantes e milleiros de visitas na súa web e redes sociais), é considerada por moitos como a plataforma da canteira do audiovisual galego.

O festival Olloboi conta cada ano con máis patrocinadores e suscitou para a presente convocatoria o interese de administracións (concello e Secretaría xeral de cultura), personalidades da cultura (“rede cómplice” de directores e actores que os apoia) e mesmo empresas privadas (Anaya solicitou o seu permiso para difundir a experiencia nos libros de 4º de Lingua Galega).

Dado que este festival se organiza en Boiro, parece lóxico interactuar con el desde o noso centro, particularmente tendo en conta que o audiovisual é unha das liñas de traballo promovidas no IES A Cachada.

O que propoñemos nestas Olimpíadas é que as micropezas Vine seleccionadas concorran a concurso nunha categoría que Olloboi organice e cuxo premio sexa financiado polo noso STAR GAL. Asemade, ofrecemos coordinar un obradoiro de interpretación, guión e edición que se celebraría nas dependencias do Concello de Boiro, polo que precisamos a súa colaboración.

6. Plan de avaliación

6.1. Criterios e indicadores para a avaliación

Tendo en conta o obxectivo prioritario do proxecto (construír un proxecto de equipo, ilusionante, de carácter innovador (con emprego de ferramentas TIC), que dignifique o galego en ámbitos contemporáneos (redes sociais, videoxogos, comunicación), especialmente entre a xuventude urbana) entendemos que isto é o que debemos conseguir:

6.2. Impacto do proxecto na mellora do uso da lingua galega na comunidade educativa

Evidentemente, o propósito concreto deste proxecto é mellorar o uso da lingua galega, tanto no oral como na escrita, pero máis polo miúdo, facelo entre a mocidade urbana e en ámbitos que soen considerarse innovadores (redes sociais, videoxogos, audiovisual). O punto débil da nosa proposta é que este obxectivo só é observable accedendo ás redes dos rapaces, o cal non é sempre factible. O punto forte é que a interacción entre rapaces e rapazas de toda Galicia pode supoñer superar a barreira localista que forza a diferencia diglósica cidade-rural. En todo caso, participar nas actividades (non só na súa creación senón na competición final) vai implicar, necesariamente, adquirir vocabulario e mellorar a competencia lingüística. E por suposto, facelo no eido das novas tecnoloxías, opción que non adoitan usar habitualmente e que agardamos conduza a actitudes máis positivas de cara ó emprego do galego.

Da información obtida mediante observación directa e a través das enquisas, así como de posibles comentarios no sitio web do proxecto, presentarase oportuna conclusión na memoria do proxecto.

7. Medidas de difusión do proxecto

A difusión do proxecto vén dada pola propia natureza da actividade final: unha competición virtual na que participe alumnado de toda Galicia.

Nun primeiro momento lanzaremos unha campaña o máis chamativa posible para captar a atención dos rapaces e rapazas (un vídeo dobrado incitando a falar ben en galego e a participar no STAR GAL). Difundiremos o vídeo nas redes sociais e agardamos que sexa o máis visitado posible.

Para chegar a todo o profesorado, elaboraremos un pequeno dossier e crearemos o sitio web do proxecto, enviando o resultado ó Boletín oficial da Consellería de Educación.

Na medida en que os medios de comunicación estean interesados, difundiremos por eles o proxecto, alcanzando así a familias e cidadáns en xeral.

Ó longo do proceso, desde o lanzamento da campaña ata a celebración das olimpíadas, iremos alimentando as redes sociais de información: avances dos videoxogos, pezas audiovisuais elaboradas, etc.

Na semana da competición STAR GAL estaremos moi pendentes das redes sociais, retroalimentando o proceso a través da participación dos centros. Agardamos que os equipos que compitan visibilicen o proxecto, non só polo interese que esperamos suscitará, senón porque os resultados obtidos deben ser chiados (Twitter) e difundidos en Instagram.

8. Orzamento

Como indicamos nos obxectivos, a intención é rendibilizar recursos e proxectos que xa están en vigor na actualidade, o que abarata significativamente os custos. Dado que xa tiñamos equipamentos adquiridos a través dos Proxecta e Contratos-Programa (hardware para o Scratch, cámara, trípode e micro), o noso principal desexo é premiar ós rapaces que participaron activamente na xestión das olimpíadas:

Concepto

Importe

Obradoiro de interpretación, guión e edición audiovisual a realizar en Olloboi

300€

Premio categoría Ollo STAR GAL en Olloboi

150€ (en material escolar e trofeo)

Viaxe didáctica para observar:

  • Empresa de creación de videoxogos en Galicia
  • Produtora audiovisual galega

1550€

9. Funcións e tarefas do profesorado implicado


MEMORIA DO PROXECTO STARGAL

  1. Descrición xeral do proxecto realizado
  2. Grao de consecución dos obxectivos propostos
  3. Actividades desenvolvidas
  4. Implicación centro e comunidade educativa
  5. Produción de materiais
  6. Avaliación?
  7. Resultado das actividades desenvolvidas e incidencia na promoción do uso da lingua
  8. Propostas de incorporación á práctica docente
  9. Conclusión


  1. Descrición xeral do proxecto realizado

O proxecto STARgal (ver blog) consistiu na organización dunha mostra e competición de produtos TIC (probas de robótica, videoxogos, curtas, etc) elaborados de acordo co establecido no Contrato Programa STARcach. As “olimpíadas” STARgal encadráronse na programación das Letras Galegas, e artelláronse en 2 modalidades:

Neste[5] enlace pode verse un vídeo que resume o que fixemos:

Captura.JPG

  1. Grao de consecución dos obxectivos propostos

Este proxecto enmarcouse plenamente nas liñas propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Cachada e cumpriu os nosos obxectivos principais:

A parte destes obxectivos xerais, queremos facer fincapé nos logros conseguidos respecto ás propostas estratéxicas de actuación a curto prazo:


  1. Actividades desenvolvidas

Ó longo de toda a mañá do 10 de maio, o alumnado foi pasando polas múltiples estacións, onde tiñan que enfrontarse a retos diversos. Para isto, dividimos as aulas en 2 grupos (A e B) e asignamos 2 sesións a participar na mostra: as 2 primeiras horas foron para os 1ºs, as horas do medio foron para os 2ºs e as últimas horas foron para os 3ºs e 4ºs; o resto das horas adicáronse a ir ver a obra de Teatro "Ensaiade, ensaiade malditos", froito do noso obradoiro Roberto Vidal Bolaño (baixo a dirección de Tero Rodríguez) e a clase normal:

pasap manuelmaria.JPG

Xestionar o STARgal non foi fácil: mentres durante unha sesión o grupo A xogaba ós 4 videoxogos da competición (rañaSTARgal, habilitando para isto 4 aulas de ordenadores, ó tempo que se penduraba todo neste mesmo blog), na outra sesión participábase no resto das probas (esparexidas por todo o instituto). En cada posto, unha parella de monitor@s do STARcach controlaban o bo funcionamento da competición, e asignaban puntos ós participantes.

Este foi o reparto de tarefas:

Cada alumn@ tiña un cartonciño para anotar os puntos que ía facendo en cada proba, que consistían:

rañaSTARgal: xogar por parellas nos 4 videoxogos que se propoñían. Un pasapalabras con vocabulario xeral en galego, outro relacionado co poeta Manuel María, un xogo gramatical e outro de habilidade. Había DOUS intentos por videoxogo, e o tempo total son 40 minutos. Amosando o resultado ós xuíces da proba participábase, xunto ó resto de Galicia, na competición para gañar un fantástico robot Mbot!

Manuscope: o grupo escollía dous portavoces, que entraban no noso "plató futurista" e retransmitían, en riguroso directo, vía Periscope-Twitter (@iesacachada) un noticieiro do 2026: o telexornal que lle gustaría oír a Manuel María. Cada xornalista elixido/a levaba 1 punto

 Poevisor: reciclamos un televisor TRC para esta singular videoinstalación onde descubrir a vocación artística de compañeir@s do noso insti. Neste posto había que votar polo videopoema que máis lles gustaba

 Perdido na Terra Cha:  un videoxogo de pulso utilizando o software Leap Motion: "a carteira que lle vai levar a Manuel María a nova do seu premio das Letras Galegas está desorientada nesta rexión sen grandes altitudes. Tén que chegar a Outeiro de Rei pero despístase, e  cada vez que se sae do carreiro volve a Santiago. Axudádelle a atopar o camiño co voso pulso!"

Makey rumoroso: esta proba require de certa sensibilidade musical e moita rapidez: en equipos de 6 persoas tiñan que lograr tocar o Himno Galego cunha peculiaridade: as teclas eran eles mes mesmos!  Para isto utilizouse o hardware do Makey Makey

Limpa e dá esplendor: este foi un xogo de coñecemento e rapidez, combinando o Scratch e a webcam: en pantalla aparecían parellas de escritor@s e había que “limpar” ós que non levaron as Letras Galegas. Como? fregando a pantalla!!

Poetdron: proba de habilidade con robots Mbot e drones. Consistía en "axudar" ó poeta Manuel María a facer o percorrido Boiro-Outeiro de Rei, valéndose dos aeroportos de Santiago e Castro de Rei. Pintamos un gran mapa no chan, e o xogo fixo as delicias de todo o mundo!

En cada posto había un cartel explicativo coma o que sigue (aquí todos xuntos)

 

Ás 14:15h sorteouse en rigoroso directo o poema sobre o que versou a proba “olloSTARgal”; de entre 10 previamente anunciados no blog STARgal, saiu o “Degaro”, e durante o resto do día estivo aberto o prazo de inscrición de videopoemas nesta proba que se coordinou co Festival Audiovisual Escolar Olloboi.


  1. Implicación do centro e a comunidade educativa

Como indicamos no punto de “Consecución de obxectivos”, diverso profesorado de moitos departamentos estivo implicado, mesmo máis do que estaba previsto.

No que se refere ó resto da comunidade educativa, moito alumnado implicouse na organización das probas do STARgal, moito máis do previsto: dada a premura con que nos foi informada a concesión do premio, foi con moita axuda que conseguiron desenvolverse as actividades: houbo alumnado creando videoxogos, outro probando hardwares para os videoxogos, houbo coordinadores e xuíces das probas, etc

Un total de 55 rapaces e rapazas fixeron quendas ó longo da mañá do 10 de maio para garantir que TODO O ALUMNADO do centro puidese participar nas diferentes competicións. Así, 400 alumnos (e case o total dos 40 profes) compartiron a diversión dese día tan especial.

A prensa fíxose eco do STARgal e déronnos cobertura varios días consecutivos:


galego.JPG

  1. Produción de materiais

Dado que este proxecto se enmarca nun Contrato-Programa de maior envergadura, producíronse moitísimos materiais. Todos están no blog STARgal e na páxina web do instituto[7] (pestana Cachavideo para audiovisuais e Zona 2.0 para videoxogos) pero facemos aquí unha escolma dos máis significativos:

5.1. Videoxogos: creáronse varios videoxogos en galego, todos coa ferramenta libre Scratch (que dispón de software en galego). Están pendurados online, e entre eles, os catro videoxogos lanzados a concurso en Galicia[8] consistían no seguinte:

pasap xeral.JPG

PasaPalabra_A1000

Este Pasa_Palabra tén unha biblioteca de 1032 palabras do idioma galego.

Dispós de 4 minutos para atinar coas palabras. Tecléaas correctamente, dentro do cadro para a resposta, cos acentos que correspondan. NON distingue entre maiúsculas e minúsculas, é indiferente.

Se queres pasar a outra palabra pulsa simplemente Enter.

pasap manuelmaria.JPG

PasaPalabra_Manuel María

Este Pasa_Palabra ten unha temática referida ó autor Manuel María.

Dispós de 3 minutos e medio para atinar coas palabras. Tecléaas correctamente, dentro do cadro para a resposta, cos acentos que correspondan. NON distingue entre maiúsculas e minúsculas, iso é indiferente.

Se queres pasar a outra palabra pulsa simplemente Enter.

lendapardocela.JPG

Camiño de Santiago - Peregrino VS Meigas

Neste videoxogo es Isabel de Castro, a muller do Mariscal Pardo de Cela. Tés que facer o camiño de Santiago. Durante o traxecto atoparaste con pelegríns, que che darán forza positiva, pero perseguirante meigas, e canto máis preto da catedral máis meigas, que che quitarán enerxía. Chega ós 2000 puntos en 5

Evita ás meigas e achégate ó peregrino coas catro frechas, e consigue chegar á catedral no menor tempo

augabendita2.JPG

A auga Ben-dita

Móvete coas frechas esquerda-dereita para coller as gotas de auga que levan oracións ben formadas, e deixa que caian ó chan as gotas con oracións mal formadas.

Non erres máis de 10 veces ou terás que volver a comezar o longo camiño. Son 5 etapas, e canto máis preto da catedral máis esquiva é a auga. O teu obxectivo é chegar a Santiago!

5.2. Curtas

Foron varios os Departamentos que se implicaron no proxecto: desde Galego elaboráronse videopoemas (a partir dun obradoiro impartido pola artista Antía Otero), microvídeos Vine sobre figuras retóricas, videoanálise de textos, curtas, etc; en Tecnoloxía fixéronse videotitoriais sobre programación e robótica, curtas sobre conflitos éticos derivados do uso da Tecnoloxía e curtas de ciencia ficción; en Física e Química traballouse o microvídeo (Vine) para explicar pequenos experimentos químicos; en Matemáticas analizáronse diferentes linguaxes de programación e colaborouse con Tecnoloxía para asesorar os videotitoriais.

A continuación poñemos un exemplo de cada categoría, pero remitimos ós blogs STARgal e STARcach[9] para ver todos os materiais:

Videopoema

Agora que gastei os meus outonos

4º ESO

https://youtu.be/TE60WwQ05To

outonos.JPG

Curta de ciencia-ficción

O Struk

2º ESO

https://youtu.be/Eom_FKUMR8o

struk.JPG

Vine sobre figuras retóricas

Poñerse as pilas

4º ESO

http://starcachada.blogspot.com.es/p/ollostargal-os-nosos-videos.html

carlos.JPG

Videotitorial sobre Mbot

4ºESO

https://youtu.be/B17EQW7zhZw

mbot.JPG

Curtas Ética- Tecnoloxía

Os osos polares existen

4ºESO

https://www.youtube.com/watch?v=RzewFHLJBcA

osos.JPG

  1. Avaliación

Para nós o STARgal foi un éxito ó 90%: buscabamos construír un proxecto de equipo, ilusionante, de carácter innovador (con emprego de ferramentas TIC), que dignificase o galego en ámbitos contemporáneos (redes sociais, videoxogos, comunicación), especialmente entre a xuventude urbana), e iso logrouse completamente. Faltou, para calificalo de éxito total, unha maior participación da comunidade educativa galega, pois só 3 centros entraron na proba de videoxogos online, rañaSTARgal, e na de curtas só participou o noso alumnado. Non obstante, cremos que é totalmente xustificable:

fomos informadas da aceptación do noso proxecto o 2 de maio, e lanzamos a campaña para o 10 de maio (cando celebramos as Letras Galegas): non houbo tempo para logar unha boa difusión fóra do noso centro. Así e todo, conseguimos non só orgarnizar todo en tempo e forma, senón que mesmo logramos que nos publicasen no Boletín oficial da Consellería, e grazas a iso e ó enorme traballo feito nas redes sociais, participaron eses 3 centros e moitos fixéronse eco da proposta, prometendo participar para o ano.

Se valoramos un a un os criterios do plan de avaliación propostos, temos que:

 

IMG_20160119_161213.jpg

IMG_20160222_150727.jpg

Traballo en grupo: o bo ambiente era evidente e fixo que moitos rapaces e rapazas se anotasen ó proxecto ó longo do mesmo

IMG_20160419_114034.jpg

Un momento das clases que @s monitor@s do STARgal deron ós seus compañeiros e compañeiras sobre os uso das ferramentas (programación e montaxe de vídeo).

octopus.JPG

Difusión do proxecto a través do blog galego de programación Código Octopus

pobra.JPG

Difusión do proxecto no facebook do IES A Pobra, un dos moitos centros que se fixo eco do STARgal

  1. Resultado das actividades desenvolvidas e incidencia na promoción do uso da lingua 

falo galego.jpg

É difícil valorar o grao de influencia do STARgal na promoción do uso da lingua. O noso propósito concreto era mellorar o uso da lingua galega, tanto no oral como na escrita, entre a mocidade urbana e en ámbitos que soen considerarse innovadores (redes sociais, videoxogos, audiovisual), pero iso non é algo que poidamos cuantificar. O grupo de profesores e profesoras coordinadores do proxecto considera que foi moi beneficioso, e percibimos como o galego oral foi máis usado en certas alumnas que antes apenas o empregaban. En todo caso, participar nas actividades (non só na súa creación senón na competición final) implicou necesariamente adquirir vocabulario e mellorar a competencia lingüística. E por suposto, facelo no eido das novas tecnoloxías, opción que non adoitan usar habitualmente e que agardamos conduza a actitudes máis positivas de cara ó emprego do galego.

  1. Propostas de incorporación á práctica docente

Tal e como establecimos nas propostas de acción a longo prazo, o noso obxectivo é dar continuidade temporal e espacial ás actividades, repetindo o proxecto para o curso que vén.

No claustro de fin de curso do 30 de xuño pretendemos facer unha valoración colectiva do evento, e a principio do curso que vén comezaremos a organizar o traballo da edición 2017, tanto a nivel profesorado (formación en audiovisuais e programación - ferramentas TIC e TAC) como alumnado (fomentando o interese por participar e contribuíndo a que vencellen a lingua galega a un imaxinario de modernidade e de prestixio social).

No comezo do curso que vén achegarse ó profesorado do centro e á comunidade educativa en xeral a escolma de produtos elaborados, a fin de que os visibilicen e mesmo utilicen nas súas aulas: a retroalimentación do proceso é esencial para lograr un aumento da estima e o nivel de implicación e, en definitiva, incrementar o uso do galego.

  1. Conclusión

Proxectos destas características, creativos, divertidos, co alumnado no rol protagonista, son necesarios e mesmo esenciais para o incremento de galegofalantes. Non podemos impor o uso dunha lingua, non imos atraer máis xente ó seu uso por moito que chiemos nas redes sociais: ou conseguimos que a mocidade reivindique o galego, ou está morto.

Por isto, a clave para nós é traballar nos eidos que atraen á xuventude (web series, videoxogos, youtube) e facer que eles e elas deseñen e escollan os proxectos, que os executen con responsabilidade e alegría, e que disfruten dos éxitos. Parte imprescindible disto é o premio final, que no noso caso foi unha viaxe multiaventura. Loxicamente, é esencial unha boa dotación económica para desenvolver con éxito cada unha das fases do produto.

Asemade, para que este tipo de proxectos interdisciplinares e extraescolares funcionen son precisas moitísimas horas de traballo de coordinación e formación por parte dos docentes: o recoñecemento por parte dos distintos programas educativos (meramente horario) dista moito da realidade: 20h dun Plan Proxecta e 50 dun Contrato-Programa non chegaron nin para plantexar as actividades. Xa o temos dito en ducias de memorias deste tipo de propostas: non pedimos horas de formación, pois case todos os implicados temos o cupo cuberto. Pedimos recoñecemento, difusión da experiencia, dignidade profesional.

E para iso fai falta que se nos escoite e que se fomenten redes de traballo e/ou encontro a nivel galego, superando así a sensación de Reino de Taifas que é a loita polo galego e o ensino público. Fai falta replantexar colectivamente o sistema, facilitar o partillamento de diferentes propostas,  e como o alumnado, disfrutar dun encontro final no que se visibilicen e intercambien experiencias, un espazo de recoñecemento no que o bo humor, o compañeirismo e a interactividade sexan os protagonistas.


[1] Festival que celebra este ano en Boiro a súa 7ª edición e que vén de ser recoñecido por prensa e docentes como o referente do audiovisual escolar galego. Páxina web: olloboi.com

[2] http://stargal2016.blogspot.com.es/

[3] https://drive.google.com/open?id=0B89dtNuKPXgjX0FGOENZVmhqSjQ

[4] olloboi.com

[5] https://youtu.be/m4tr23G0PnA

[6] https://www.youtube.com/watch?v=DI1TP2YDHJk&feature=youtu.be

[7] http://www.edu.xunta.es/centros/iesacachada/

[8] https://drive.google.com/open?id=0B89dtNuKPXgjX0FGOENZVmhqSjQ

[9] http://starcachada.blogspot.com.es/