Antonie van Leeuwenhoek
Antonie van Leeuwenhoek (1632-1723) naceu en Delft , Países Baixos , foi aprendiz como tratante de telas e foi comerciante de telas holandés . En 1653 van Leeuwenhoek viu o seu primeiro microscopio simple , unha lupa montada nun pequeno soporte que era utilizado polos comerciantes textiles , cunha capacidade de ampliación de tres aumentos e que el adquiriu para o seu propio uso. Carecía casi de formación científica e estudos , pero tiña moita curiosidade. Esa curiosidade levouno a construír unhas lentes diminutas montadas sobre placas metálicas, que se sostiñan moi cerca do ollo . A través delas podíase ver un obxecto ata trescentas veces máis diminuto . Durante anos e anos dedicouse a ver coas súas lentes todos os obxectos que tiña ao seu alcance . Ao observar unha gota de auga dunha charca puido ver que nela vivían centos de pequenos seres vivos aos que el chamou” animalículos” , que son os protozoos e as bacterias . Descubriu os glóbulos vermellos , os espermatozoides , as bacterias e os ciclos vitais dos insectos . El non sentiu vergoña pola súa escasa formación e decidiu comunicar os seus descubrimentos á comunidade científica. Cando llelo comunicou , os científicos comprobaron que era certo, nomeárono membro da Real Sociedade Científica de Londres .
Leeuwenhoek non se conformou co xa coñecido senón que se atreve a realizar novas actividades . A emoción da curiosidade serve para axudar a evolucionar as sociedades .
Chama a atención que unha persoa que non puido estudar, inventara o microscopio, descubrira os microorganismos e entrara na Sociedade Científica de Londres .