Published using Google Docs
Historia Tema 3: A Europa feudal
Updated automatically every 5 minutes

Historia. Tema 3: A Europa feudal.

Inclúe as preguntas do exame.

(p.48) Durante os séculos IX e X ou Idade Media Europa era moi perigosa debido ás invasións ou ataques dos n_________os (vi______os), m________áns e h________os. Como os reis non podían garantir a seguridade das aldeas foron axudados polos nobres que cos seus ex________tos protexían ós campesiños.

Os reis entregaban terras ós nobres a cambio da súa lealdade e axuda militar. Os nobres gobernaban ese territorio ó que se lle chamaba fe_____o, por iso estes nobres tamén son chamados señores feudais.

 Dentro das murallas do seu castelo os señores feudais protexían á poboación a cambio da súa servidume. Os nobres eran vasalos do rei e os campesiños eran vasalos dos n______es, é dicir, estaban sometidos á súas ordes. As terras dos nobres eran cultivadas polos ca________os a cambio do pago dunhas rendas. Estes nobres transmitían o seu cargo ou título nobiliario e a súas terras ó fillo maior ou primoxénito.

Pregunta 1: Que é un señor feudal e de onde procede o seu poder?

Pregunta 2: Que é un feudo?

(p.49) Durante a Idade Media a sociedade estaba dividida en diferentes grupos sociais  ou es_______tos. O estamento ou grupo social ó que unha persoa pertencía dende o seu nacemento ata a súa morte. Non se podía cambiar fixera o que fixera. Se nacías nobre sempre serías nobre e o mesmo se nacías campesiño ou servo.

Os estamentos, que tiñan tódolos privilexios, é dicir, que posuían terras e non pagaban impostos eran a no_______za e o cl______o. Eran os chamados grupos privilexiados. Sen embargo, os ca_______os e os ar_______áns non tiñan terras e si tiñan que pagar impostos, de aí que vivisen en condicións moito peores ou na pobreza.

Pregunta 3: En que se diferencian os estamentos do que hai hoxe en día, é dicir, das clases sociais?

(p.50) O rei, que se situaba no alto da pirámide social, pensábase que era elixido por D____s polo que aínda que o cargo era hereditario facíase unha cerimonia de coroación na que participaban altos cargos da Ig_____a que o confirmaban no poder. É dicir, monarquía e Igrexa apoiábanse mutuamente no poder.

Para gobernar o rei era axudado pola Cur_____a ou Co_____o R____l que era un grupo formado por bispos, abades e nobres. A xente que acompañaba ó rei, nobres, xente da Igrexa e servidores constituían a súa C_____e.

(p.52) Os nobres dedicábanse a adestrarse para o co_______te, posto que a súa función era protexer militarmente á sociedade, e gobernar as súas terras ou fe_____os. Vivían en ca______os e os campesiños pagábanlles rendas para poder ter terras que traballar posto que todas pertencían ós nobres (duques, marqueses, condes ou baróns).

Os nobres tamén se dedicaban á c____za e organizaban banquetes ou festas onde xo_____es e tro____res contaban historias ou cantaban cancións. As damas dirixían o servizo e a crianza dos fillos.

Pregunta 4: En que se diferencia a vida dun nobre da dun campesiño?

(p.53: Debuxo) O castelo no que vivía o señor feudal situábase nun lugar alto dentro do feudo para ter mellor visibilidade dos posible inimigos. Era rodeado por unha mu_______a e un fo_____o cheo de auga. A porta principal pechábase empregando unha po______e lev______za.

 No pa_____o de ar_____as entrenaban os cabaleiros e na to____e de ho_______xe vivía o señor feudal coa súa familia. O a_____e era como un camiño situado sobre a muralla. A se_____ra era unha ventá pequena e alongada nunha torre dende a que se disparaban setas (saetas) ou frechas. O castelo tiña pozos de au_____a polo que era autosuficiente, é dicir, en caso necesario podían estar bastante tempo pechados dentro combatendo ó inimigo.

Pregunta 5: Cal era a función dos castelos?

(p.54-55) Os cabaleiros, que se dedicaban á guerra, estaban ó servizo dun gran señor ó que xuraban fid______ade. Tiñan que formarse e participar nunha cerimonia nas que eran nomeados cabaleiros e dotados dunha serie de armas moi custosas. Como levaban a cabeza tapada por un helmo (“yelmo” en castelán) eran moi difíciles de protexer polo que cada un tiña un es____do cunhas cores e debuxos que representaban a cada cabaleiro.

Pregunta 6: Que é un escudo e que ten que ver cos nobres?

Os nobres trataban á súa dama coma se fosen o seu vasalo e como se esa dama fose o seu deus. Durante a Idade Media creouse un tipo de poesía que trataba este tipo de amor idealizado entre a dama e o cabaleiro, o seu vasalo ou servidor. O nome que se lle dá a este tipo de amor ou cortexo cantado polos trobadores é amor c_____es.

Pregunta 7: Que é o amor cortés?

(p.56-57) Durante a Idade Media o poder estaba repartido entre os nobres e a Igrexa que xa dixemos que eran os grupos priv______dos pois posuían terras e non pagaban impostos. A gran maioría da poboación era cristiá, agás os musulmáns e os xudeus. Os cristiáns tiñan unha serie de obrigas: rezar, peregrinar ós lugares santos (que eran as cidades de R____a, X______én e S_____o de C_______a), ir a misa, confesarse, levar unha vida sen pecar e dar cartos á Igrexa. Só así poderían ir ó ceo.

A Igrexa ingresaba cartos das doazóns da xente, de cobrar impostos polas terras que alugaba e a décima parte da colleita dos campesiños, o chamado d_____o (en castelán “diezmo”). Ademáis de terras, o clero ou Igrexa posuía outros edificios, mosteiros e conventos.

A Igrexa tamén tiña ho_______ais para atender ó enfermos e ensinaba nas escolas dos mos________ros. O alto clero eran os c______ais, b____os e a____es e tiñan tantos privilexios como os nobres. A diferencia do baixo clero, que eran os sa______tes e os m_______es das zonas rurais, que vivían case tan pobremente como os campesiños.

Pregunta 8: Que era o dezmo?

(p.58-59-60) Pregunta 9: Define os seguintes conceptos:

  1. Señorío territorial:

  1. Rendas señoriais:

  1. Prestacións persoais:

  1. Censo:

  1. Primicias:

  1. Dereitos de monopolio:

  1. Señorío xurisdicional:

  1. Campesiños libres:

  1. Servos:

  1. Reserva señorial:

  1. Mansos:

  1. Rotación da terra bienal e trienal:

  1. Barbeito:

  1. Agricultura de subsistencia: