logoword

XIV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

(BASES DE PARTICIPACIÓN)

  1. O concurso terá lugar a partir das 21h do sábado 8 de novembro do 2025, no local de “Ohana Nui”, Camiño Praia de Cirro, 52, na parroquia de Veigue (Sada), dentro da XVI Foliada de Queiroa.
  2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar aos participantes que non se ateñan a elas.
  3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
  4. Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
  5. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo grupoqueiroa@gmail.com ou entregarse  antes do comezo do concurso.
  6. As parellas serán seleccionadas por rigorosa orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de 8 parellas inscritas. A confirmación da participación, comunicarase por teléfono ou correo electrónico o mesmo día da inscrición.
  7. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para todas as parellas participantes as mesmas. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos.
  8. Cada parella terá 2 minutos para bailar en cada peza. Primeiro, todas as parellas bailarán a Xota, e a continuación todas bailarán a Muiñeira.
  9. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración da parella.
  10. O xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
  11. Establécense os seguintes premios:
    1º Clasificados:        150€
    2º Clasificados:        100€
    3º Clasificados:        50€

Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150€.
A entrega dos premios terá lugar ás 23h. Os participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de recibir o premio.

Para calquera dúbida contacta no correo: grupoqueiroa@gmail.com

/