Proxecto Olloboi 2016


Festival Audiovisual Escolar

Olloboi 2016

CAMISETA POLBO.jpg

Proxecto para acceso subvencións AGADIC


Introdución

Olloboi é un certame audiovisual escolar que transcorre nunha plataforma web os 5 primeiros meses do ano e culmina a última semana de maio con diversos actos presenciais: proxeccións, unha entrega de premios e un encontro de xoves creadores e creadoras, profesorado e profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dos socios fundadores da Asociación Olloboi:

Somos un colectivo que canaliza a súa solidariedade a través da creatividade; preocupados porque no panorama da cultura galega non haxa un recoñecemento explícito das iniciativas audiovisuais escolares, decidimos traballar neste certame que premia a orixinalidade, arte e compromiso dos traballos de moitos futuros profesionais.

En Galicia hai moitas pequenas iniciativas promovidas por diversos centros educativos, pero ningunha que teña a envergadura da nosa: Olloboi é unha proposta que por repercusión e participación (máis de 100 inscritos de toda Galicia e 10 000 visitas na nosa web e redes sociais en cada unha das 2 edicións anteriores) aspira a ser plataforma da canteira do audiovisual galego.

Os custes do noso festival non son grandes porque capitalizamos o noso traballo: os propios organizadores creamos a aplicación web, levamos a comunicación e publicidade, producimos o evento e realizamos o grafismo. Calquera destes aspectos foi moi eloxiado pola prensa e os participantes das edicións anteriores.

A nosa proposta para este ano 2016 é máis ambiciosa que a de anos anteriores, pois pretendemos organizar proxeccións en diferentes centros galegos, 2 xornadas en Boiro que resuman o traballo de anos anteriores, e 1 novo encontro de 2 días entre creador@s (do mundo escolar) e profesionais; incluíndose na programación obradoiros de creación audiovisual, charlas sobre novo cinema galego e ficción, panorama audiovisual actual (segundo a Academia Audiovisual Galega), etc…

A pesar de que o núcleo de traballo somos 4 profesores e unha artista gráfica, cada ano son máis as colaboracións coas que contamos, e que enriquecen moito o resultado obtido. Para o Olloboi 2016 agardamos aunar sinerxias de diferentes colectivos:


Programación

De acadáremos a financiación pedida, agardamos levar a cabo as seguintes actividades:

Encontro Olloboi 2016

Mércores 25 de maio, Xornada “Olloboi ata hoxe”, Boiro

Xoves 26 de maio, Xornada “Presentacion Olloboi 2016”, Ribeira

Venres 27 de maio, 1º día do Encontro Olloboi 2016

Sábado 28 de maio, 2º día do Encontro Olloboi

Plan de comunicación deseñado para o evento

Como en edicións anteriores, a campaña comunicativa lánzase por 2 frentes complementarios:

Desde a publicación da convocatoria ata a semana do encontro Olloboi toda a información do festival vai publicándose na nosa páxina web, olloboi.com Semanalmente, envíase a todos os participantes pasados e actuais un boletín electrónico (newsletter Mailchimp) anunciando as novas inscricións e incluíndo vídeos promocionais. Mediante as redes sociais (temos conta en facebook e twitter) difundimos máis amplamente toda esta información. Asemade, no boletín da Consellería de Educación soen publicarnos as datas máis relevantes do festival.

Paralelamente, iremos salpicando en prensa novas relativas ó desenvolvemento do festival: convocatoria, apertura do prazo de inscrición, anuncio do Xurado e dos presentadores da gala de premios, programa dos actos finais… Agardamos que, como en anos anteriores, as novas que xeremos sexan de interese para a prensa escrita (Praza.gal, Voz de Galicia, Correo Gallego, Faro de Vigo), radio e TV (A Revista).

Para sorpresa nosa, a editorial Anaya anunciounos que vai incluír un capítulo sobre Olloboi no seu libro de Lingua Galega de 4º da ESO. Este tipo de accións contribúen a visibilizar o festival e darémoslles a oportuna publicidade.

Captura de pantalla 2016-01-21 a las 20.13.39.png

Captura de pantalla 2016-01-21 a las 20.13.57.png

Orzamento e financiación

Ata o de agora, este festival financiouse integramente con axudas de pequenas e medianas empresas do Barbanza. Porén, o desgaste da filantropía comeza a notarse e custa cada vez máis lograr as aportacións (que polo demáis, eran de media 30€ por empresa, de onde se pode entender o esforzo que significaba recadalas).

Non temos gastos significativos, somos un festival humilde, e como se explicou na introdución, capitalizamos o noso traballo: a xestión da aplicación web, as comunicacións, a produción (executiva e audiovisual) e todo o grafismo corren da nosa conta.

Este ano, sen embargo, quixeramos facilitar a participación doutros centros nos actos, cousa que ata o de agora se fixo a través da axuda desinteresada de profesorado e familias. Asemade, e tras 6 edicións contando coa colaboración gratuíta dos profesionais que viñeron dar charlas e presentar actos, queremos contribuír a dignificar a profesión da que bebe o noso traballo pagándolles como corresponde a súa colaboración.

Este é o noso cálculo de gastos (con IVE), especificando a quen se solicita subvención::

Concellos Arousa Norte

AGADIC

Financiación privada

Total

Mantemento da páxina web

100

100

Cartelería: flyers, cartaz, lona, mapas, diplomas

300

300

Merchandising: camisetas e libretas

500

500

Pinchos acto inauguración, xoves

150

Xantar venres e sábado con profesorado e profesionais audiovisual

500

500

Pinchos venres serán para participantes no obradoiro

600

300

Xantar venres e sábado alumnado

500

500

Gastos de transporte de participantes dos centros (autobús e coches)

500

1000

1500

Gastos de aloxamento (camping) asistentes

1000

1000

Medios técnicos proxeccións

300

300

Presentadores gala entrega de premios (inclúe dietas transporte)

300

300

Presentadores gala entrega de premios (pernocta)

200

200

Charlas, obradoiros e mesas redondas

400

400

800

Cea pinchos día gala

600

600

Trofeos e regalos entrega premios (son 10)

1000

1000

Gastos protocolarios (detalle asistentes)

200

200

Produción gala entrega de premios

200

200

Música en directo venres

300

300

Música en directo sábado

700

700

TOTAL

5350

2000

2700

9000

O apartado de “Financiación privada” inclúe un Crowdfunding e axudas solicitadas á Deputación, Consellería e aqueloutras convocatorias que vaian xurdindo.

Memoria do festival anterior: Olloboi 2015

cartel cartel.jpg

Introdución

A sexta edición do noso festival audiovisual escolar, Olloboi 2015  foi un éxito de inscricións (presentáronse 149 vídeos, procedentes de 60 centros de toda Galicia) e acadamos milleiros de visitas no nosos canais de Youtube[1] e Vimeo e nas redes sociais.

Captura de pantalla 2016-01-15 a las 22.38.54.png 

A diferencia de anos anteriores, onde a convocatoria era máis aberta (creadores non profesionais en xeral), no 2015 focalizamos a nosa atención integramente no eido audiovisual escolar, abranguendo desde o ensino primario (con excelente acollida desde a primeira edición, pois a animación e o stop-motion trabállanse moito nas aulas) ata o superior (escolas de audiovisual e universidade). O concepto que acuñamos foi “crear canteira do audiovisual”, tal e como nos recomendaran Manolo González (xurado do Olloboi 2014) e Miguel de Lira (presentador do Olloboi 2011 xunto a Luis Avilés, imaxe da nova publicada en Praza.gal).miguel olloboi.jpg

B30C4F1.jpg

Imaxe tomada da noticia de La Voz de Galicia[2]

Co ánimo de conseguir un Olloboi máis participativo, plural, comprometido, escolar e formativo, no 2015 comezamos a crear o que demos en chamar rede cómplice: un grupo de colaboradores e colaboradoras que nos axudou a construír e difundir o proxecto. Así, realizamos unha preselección de traballos máis detallada, mellorando a base de datos na que se inscribiron as producións; interaccionamos co tecido económico e cultural local (empresas varias e Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz); implicamos ó alumnado de forma directa na organización dos actos (grupo de “Ollovoluntarios” do IES A Cachada, Boiro, e do CPI Eusebio Baleirón, de Dodro); sobre todo, logramos unha visibilización maior: a isto axudaron moito as pequenas pezas audiovisuais de apoio que gravaron para nós persoeiros como Antonio Durán Morris, Miguel de Lira, X.A. Touriñán, Alfonso Zarauza, Quique Otero, Sabela Arán, Marta Doviro, Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Xesús Ron, María Yáñez

Nas imaxes, o trío protagonista da Esmorga (Miguel de Lira, Morris e Karra Elejalde), Sabela Arán, que nos mandou un vídeo desde Roma, ou Camila Bossa como exemplo:

Captura de pantalla 2016-01-15 a las 22.47.50.png

Captura de pantalla 2016-01-15 a las 22.47.08.png

Captura de pantalla 2016-01-15 a las 22.46.25.png

Unha das novidades que tivemos na edición pasada foi ter un acto final que foi máis aló dunha entrega de premios: celebramos unha verdadeira xornada de convivio entre profesionais do audiovisual e todos os que o traballamos nas aulas. Un día no que aprendemos, compartimos opinións e gozamos do cine.

Para isto, e logo dun xantar de traballo ó que asistiron unhas 100 persoas, organizamos unha orixinal proxección nun Asteleiro de Ribeira (Triñanes S.L.): Luis Avilés presentou a súa peza Unary e Alfonso Zarauza a súa longa Encallados: ambos traballos con varios premios internacionais.  Ó debate posterior acudiron, ademais, o actor de Encallados Federico Pérez e o guionista Andrés Mahía, como pode verse na imaxe que publicou a Voz de Galicia en portada. O improvisado e fermoso “cine” do asteleiro tiña as “prazas completas”.

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.05.47.png

A2C6F2.jpg

Imaxes tomadas da noticia de La Voz de Galicia[3]

Os actos do 2015 remataron coa gala de entrega de premios: un acto de gran éxito, moi ameno na que todos e todas nos sentimos recoñecidos, non un mero acto formal de entrega de premios.

Para que puidese asistir o maior número de persoas posible (participantes ou non no concurso), o Día Olloboi celebrouse un sábado: o 30 de maio en Boiro, na Casa de Cultura da Cachada. O acto foi amenizado musicalmente polo alumnado do CPI de Dodro, baixo a batuta do músico Xiao Berlai, e o grupo de Ollovoluntari@s axudou a acomodar a todos os asistentes: todos os que entraron, dado que se completou aforo e quedou xente fóra, ademais de moita sentada nos corredores e de pé no fondo. En total, unhas 400 persoas asistiron ó evento, e milleiros visitaron con posterioridade o vídeo resumo da gala que se pendurou en Youtube e nas redes sociais.10929036_724352824340694_6066031579724898361_o.jpg

A entrega de premios foi presentada polos nosos “cómplices” Federico Pérez (guionista de Mareas Vivas e actor do Era Visto) e X.A. Touriñán (cómico, actor e guionista de diversos programas da TVG e actor en Fenómenos). Antes de anunciar cada premio proxectáronse imaxes dos vídeos seleccionados, creándose a esperada expectación. Todos os gañadores estaban presentes, e foi moi emotivo escoitar o discurso de moitos deles, así como o do representante do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz, acto cultural que tería lugar en xullo e que colaborou a financiar o noso festival.11270501_724350191007624_9091025839226406130_o.jpg

A continuación poden verse varios momentos da noite, precedidos por unha imaxe dos presentadores e o Xurado (Alberto García, técnico de cultura do Concello de Boiro; Nacho Rodiño, profesor de galego especialista en TIC, actualmente no CAFI de Santiago; Sabela Hermida, actriz; Federico Pérez, guionista e actor) que publicou a Voz de Galicia: como se recolle na captura, esta nova “acadou” a máis de 4 000 persoas.

(As imaxes proceden do dossier en facebook da Asociación Marearte e de La Voz de Galicia, autor Marcos Creo)

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 0.05.41.png

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.06.56.png

Gañadores do Olloboi Universitario; 2 meses despois darían á luz a webserie “Vento Ferido”, con notable éxito nas redes sociais e un premio en AtresmediaCaptura de pantalla 2016-01-16 a las 1.06.08.png

11143403_724354564340520_4435526664594561450_o.jpg

11312872_724298911012752_4430508663644354683_o.jpg


Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.07.15.png

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.06.21.png

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.07.31.png

Premios que se entregaronCaptura de pantalla 2016-01-16 a las 0.11.44.png

Como cada ano, os trofeos foron “ollobois” amigurumis que elaborou

 a creadora e coordinadora do festival Susana Diz.

Ademais, a axuda do Encontro de Embarcacións Tradicionais permitiunos engadir un regalo ós gañadores:

un drone con cámara incorporada que fixo as delicias de nenos e grandes.

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.06.34.png

Foto de La Voz de Galicia

A continuación detallamos as categorías que se fallaron e os traballos que mereceron o galardón: todos os autores estaban presentes na entrega de premios.

CATEGORIA

DEFINICIÓN

CURTA

Embarcacións (Escolar)

Premio entregado e financiado polo Encontro de Embarcacións Tradicionais, ó mellor traballo escolar

Composclick (CPI de San Vicente)

Peleón

Premio á curta máis comprometida e social

Persoas (IES Cacheiras)

Cómico

Premio á curta máis divertida

Contedor munisipal (CPI Dodro)

Animado

Premio ó mellor traballo de animación - stop motion

A xustiza pola man - Rosalía de Castro (IES As Barxas)

DJ

Premio á mellor música orixinal

Ai meu ghato (CPI Dodro)

Fotoxénico

Premio á mellor fotografía

Seminario 5 (IES As Barxas)

Orixinal

Premio ó mellor guión orixinal

Un Caso Aparte (EEI de Xustáns)

Universidade

Premio ó mellor traballo de ensino superior

O Rostro Esquecido (FCSC Pontevedra - Universidade de Vigo)

Online

Premio outorgado polo público mediante voto online

Maruxa (CEIP de Coirón-Dena)

Zamburrioi

Premio outorgado pola organización do festival

Señor Ramón e Señora Ramona (CEE de Vilagarcía de Arousa)

Todos os traballos poden verse na nosa Videoteca

A cobertura de blogs e prensa foi extensa: a radio local entrevistounos en 2 ocasións, e a TVG acudiu a facer unha pequena reportaxe para o seu espazo diario A Revista. O xornal Praza deunos cobertura nun extenso artigo, e La Voz de Galicia publicounos nunha páxina enteira do Fugas. Asemade, en diversas ocasións ó longo do festival e particularmente trala entrega de premios, fumos recollidos por diferentes blogs de noticias e educativos:


Extensión

Entendemos que foi esta repercusión en prensa e a especificidade do noso traballo o que nos achegou a outros festivais audiovisuais a través da xestión da Academia Galega do Audiovisual.

Captura de pantalla 2016-01-16 a las 1.39.24.png

Nas reunións que desde xuño se celebraron, organizadores doutros eventos explicábannos que un obxectivo do audiovisual actual galego debera ser chegar á canteira, ós xoves creadores, e que nós podíamos ser o nexo perfecto. Actualmente formamos parte da Coordinadora de Festivais Galegos.

Desde a celebración do Festival Olloboi 2015 fumos convocados para participar no XOCIVIGA (Carballiño) e explicar alí a natureza do Olloboi; asemade, contactou connosco un festival portugués celebrado en Coímbra: a Casa da Esquina, que no pasado 2015 engadiron ó seu evento un espazo de audiovisual escolar (“Casa Animada[4]”), e pedíronnos que fósemos presentar alí o noso proxecto.


[1] https://www.youtube.com/channel/UCIokd22PFf_XE1y9nkIyhiw

[2] http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2015/05/30/festival-olloboi-premia-promesas-audiovisual/0003_201505B30C4999.htm

[3] http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2015/06/02/olloboi-desborda-as-previsions-amosase-referente-galego/0003_201506A2C6991.htm

[4] http://nacasadaesquina.blogspot.com.es/2015/05/casa-animada-1-mostra-de-cinema.html