NOTA DE PRENSA

Os Faladoiros Vigo comezan a súa SEXTA tempada con 4 sesións semanais, en modalidade online & presencial.

QUE É A ASOCIACIÓN FALADOIROS VIGO?

É unha asociación sen ánimo de lucro, formada por voluntarios, que ofrece sesións de conversa en galego. Podes visitar a nosa web: https://linktr.ee/faladoirosvigo

QUE SON OS FALADOIROS?

OBXECTIVOS:

Consiste na reunión en pequenos grupos de conversa en lingua galega. Estes grupos serán compostos por xente que se expresa habitualmente en galego (voluntarios da propia organización) con outra que por calquera motivo non o fai habitualmente e carece espazos de práctica na súa contorna habitual (os participantes). Mediante unha relación cordial, intentarase crear un ambiente no que poidan comunicarse con fluidez e adquirir o costume de falar en galego.

● Dotar dun espazo de práctica e expresión en lingua galega a quen o precisar por distintas circunstancias persoais.

● Contribuír ao desenvolvemento da competencia oral en lingua galega das persoas asistentes.

● Favorecer a súa autoconfianza á hora de empregaren o galego en calquera ámbito da súa vida diaria.

● Fomentar o uso social da lingua galega.

● Contribuír á normalización da lingua galega.

Dende o noso comezo no ano 2020 xa levamos ás costas catro anos de conversa en galego en modalidade presencial e virtual e conseguimos crear toda unha comunidade de voluntarias e voluntarios de máis de 30 persoas que nos coordinamos para atender as sesións de conversa.

Estas constitúen un espazo de diálogo que integra persoas de distintas sensibilidades e procedencias onde buscamos favorecer a vinculación afectiva coa nosa lingua.

FALADOIROS Vigo 2025-2026:

MODALIDADE

CANDO

ONDE

Presencial

Luns 19:00h

Cafetería Escola Oficial de Idiomas (Avda. Emilio Martínez Garrido 17, Vigo)

Presencial

Mércores 20:00h

Café de Catro a Catro

(Rúa Girona 16, Vigo)

Presencial

Venres 11:30h

Cafetería Escola Oficial de Idiomas (Avda. Emilio Martínez Garrido 17, Vigo)

Virtual

Xoves 20:00h

Plataforma online

● Actividade totalmente gratuíta.

● Inscricións abertas.

● Comezo das sesións: outubro 2025

● Remate das sesións: xuño 2026

● Para participar, inscribirse na folla de participación da nosa web: https://linktr.ee/faladoirosvigo

Algunha dúbida? Escríbenos nas redes sociais ou ó correo: faladoirosgalego@gmail.com