Published using Google Docs
Napoleón.docx
Updated automatically every 5 minutes

Que pasou despois da Revolución Francesa (1789)?

Francia entra en guerra con outros países de Europa que defenden o Absolutismo. O seu exército gaña prestixio en e, dentro del, un xeneral chamado Napoleón Bonaparte. En 1799, este xeneral, apoiado pola burguesía, dá un golpe de estado e faise co poder en Francia. Os seus éxitos militares e un goberno autoritario consolida os cambios da revolución. Noméase emperador (1804).

Na guerra que Francia mantiña con outros países europeos que defendían una volta á monarquía absoluta, Napoleón estendeu o seu dominio por España, Alemaña e Italia e puxo a familiares ou xenerais no trono deses países anexionados ou baixo a súa influencia. Deste xeito, as innovadoras ideas nacidas coa Revolución Francesa impuxéronse nestes países:

Pero Francia non só impuxo novas leis sobre os territorios ocupados, tamén impostos, é dicir, tratou de obter beneficio económico deles, o que fixo que os seus habitantes se levantaran en armas contra o país invasor. O primeiro levantamento produciuse en España (1808) onde reinaba Xosé Bonaparte. A data do 2 de maio de 1808 é famosa porque o pobo de Madrid se levanta en armas contra Napoleón e é seguido por o resto de España. A axuda de tropas británicas fixo que en 1814 España quedase libre do dominio francés.

Durante o levantamento español contra Francia, o pobo organízase en Xuntas ante a falta dun rei (Fernando VII abandonara España). Reúnense en Cádiz representantes de tódolos territorios convocando unha reunión de Cortes onde se toman unha serie de decisión: todos os votos, con independencia da súa orixe, teñen igual valor, considéranse representantes da nación española, redactan a primeira Constitución aprobada en 1812 onde se recollen os dereitos e deberes do cidadán:

Napoleón empeza a ser derrotado por outros países como Rusia ademais de España (1814). Finalmente, abandona o poder e é desterrado á illa de Santa Helena onde more anos despois.

Os países que vencen a Napoleón (Rusia, Reino Unido, Prusia e Austria) reúnense no Congreso de Viena (1814-15) para repoñer ós monarcas absolutos os seus tronos e repártense o imperio napoleónico entre eles. Crean a Santa Alianza: acordo de axuda mutua entre os países absolutistas ante calquera ameaza de revolución liberal.

Restauración do absolutismo en España: En 1814 regresa o rey español Fernando VII: anula a Constitución de 1812 e vólvese á situación anterior á proclamación da Constitución. Os contrarios á monarquía absoluta ou liberais son detidos ou teñen que fuxir.

Pero en Europa, as ideas relacionadas coa liberdade espalladas grazas as conquistas napoleónicas tiveron como resultado unha serie de levantamentos liberais en 1820 para acabar co absolutismo. Por exemplo, en España, o chamado Trienio Liberal (1820-3): En 1820, o coronel Riego inicia unha revolta contra o rei que ten éxito: o rei tivo que aceptar a Constitución e convocar eleccións. Nas Cortes poñen en marcha as reformas das Cortes de Cádiz de 1812. Pero a intervención da Santa Alianza co Exército dos Cen Mil Fillos de San Luís volven a impor a Fernando VII como rei absoluto.  

Todos os levantamentos foron reprimidos polos exércitos das Santa Alianza agás o que protagonizou Grecia contra o Imperio Turco que acaba logrando a independencia en 1829. A América do Sur tamén chegan as novas ideas: entre 1808 e 1825 Simón Bolívar e o xeneral San Martín logran a independencia de España e fundan gobernos republicanos con réximes liberais.