Published using Google Docs
Diversidad e inclusión
Updated automatically every 5 minutes

365 días de repecto e igualdade

Dinámica : Xénero e cultura

Obxectivo:

  • Reflexionar sobre os estereotipos de xénero
  • Tomar conciencia do papel dos roles de xénero na nosa sociedade e en nós mesmos
  • Coñecer como varían os roles de xénero nas diferentes culturas.

Material:

  • Unha corda para trazar unha liña no chan (optativo). Un ordenador e un proxector.

En que consiste?:

Pídeselle aos participantes que formen unha fila no centro da sala. A seguir lense unha serie de estereotipos asociados ao xénero masculino e feminino e pídeselles que en función de se se senten identificados con eles, dean pasos á dereita ou á esquerda (previamente, sen dicírllelo, asociaremos cada un dos lados da sala a un xénero diferente). Ao final da dinámica veremos en que lugar terminaron e pedirémoslles que reflexionen sobre iso.

Ítems da dinámica:

  • Son chorón-chorona e ás veces teño chorado en público (M)
  • Gústame a cor rosa (M)
  • Gústame o fútbol ou/e os deportes de  equipo en xeral (H)
  • Cando teño unha parella, non adoito ter problemas para comunicarme con ela, para expresar os meus sentimentos (M)
  • Resúltame fácil ser fiel (M)
  • Non lle teño medo ao compromiso (M)
  • Gústame falar durante horas por teléfono cos meus amigos e amigas (M)
  • O contacto físico (abrazos, bicos) é moi importante á hora de relacionarme e fágoo con naturalidade (M)
  • Non son unha persoa moi sensible (H)
  • Considérome unha persoa romántica (M)
  • Considero que o sexo é unha das tres cousas máis importantes nunha relación de parella (H)
  • Odio as comedias románticas (H)
  • Encántame ir de compras (M)
  • Dedico horas a decidir que poñerme antes de saír (M)
  • O que máis me gusta é pasar un día enteiro no sofá, vendo a tele e xogando a videoxogos (H)
  • Non podo evitar mirarme cada vez que paso diante dun espello (M)
  • Odio ter que limpar (H)

A continuación debaterase sobre os roles, estereotipos e xénero.

Por último, realizaremos unha proxección co contido que presentamos a seguir:

Con esta dinámica, o que pretendiamos era reflexionar sobre como os estereotipos do que é tipicamente masculino ou feminino son só iso, estereotipos, que non sempre se cumpren e que ademais varían dependendo da nosa experiencia, educación, lugar de nacemento, etc.

Os roles de xénero asignan funcións, actitudes, capacidades e limitacións diferenciadas a mulleres e homes, que a normativa da cultura vixente establece como atributos “naturais” de ambos os sexos.

Pero estes atributos non son tan naturais. Xa o dicía Simone de Beauvoir que “non se nace muller, chégase a selo”. E depende moito do lugar e a cultura en que nacemos que sexamos , ou que se espere que sexamos, un tipo de muller ou home diferentes.

Porque o xénero é unha construción social, e esta construción varía moito nunha cultura ou noutra.

Fonte: COGAM