CATEGORÍAS POSIBLES PARA RÚBRICAS DE ANIMACIÓN DE HISTORIAS CON SCRATCH

CATEGORÍA

EXCEPCIONAL

BO

ACEPTABLE

NON ACEPTABLE

Estrutura

A historia ten un principio, desenvolvemento e conclusión, con detalles que a enriquecen e un fío narrativo ben estruturado.

A historia ten un principio, desenvolvemento e conclusión, con detalles que a enriquecen

A historia ten un principio, desenvolvemento e conclusión.

Falta unha estrutura axeitada.

Personaxes

Polo menos inclúense tres personaxes, cada cal coa súa personalidade que se desenvolve mediante o que fan e din.

Polo menos inclúense tres personaxes, cada cal coa súa personalidade ben desenvolvida.

Polo menos inclúense tres personaxes con características diferenciables.

Moi pouco desenvolvemento dos personaxes.

Recursos lingüísticos

Emprega tres ou máis recursos lingüísticos como aliteracións, símiles,  metáforas, personificacións onomatopeas...

Emprega dous recursos lingüísticos como aliteracións, símiles,  metáforas, personificacións onomatopeas...

Emprega un recurso lingüístico como aliteracións, símiles,  metáforas, personificacións onomatopeas...

Non hai recursos lingüísticos.

Vocabulario

Emprega moito vocabulario e moi apropiado, máis alá das expectativas da súa idade.

Emprega moito vocabulario e moi apropiado.

Emprega moito vocabulario pero algunhas veces non é apropiado na historia.

Vocabulario moi pobre.

Ortografía e gramática

Non presenta erros de ortografía e gramática.

Presenta un ou dous erros ortográficos e gramaticais leves.

Presenta máis de dous erros gramaticais ou ortográficos leves.

Presenta un erro grave ou máis de dous leves.

Gráficos

Emprega os gráficos da biblioteca de Scratch con creatividade, editándoos e incluso mellorándoos  ou creando gráficos orixinais.

Emprega os gráficos da biblioteca de Scratch con creatividade, cambiándoos para adaptalos ao seu conto.

Emprega os gráficos da biblioteca de Scratch  ou importados sen apenas editalos.

Emprega exclusivamente os gráficos da biblioteca de Scratch sen modificacións.

Fondos

Emprega máis de dous escenarios e modifícaos para adaptalos ao seu conto.

Emprega ata dous fondos e modifícaos para adaptalos ao seu conto.

Emprega un único fondo pero modificado con creatividade.

So emprega un fondo da biblioteca ou un fondo liso.

Estruturas da programación

Emprega tres ou máis estruturas complexas de programación.

Emprega dúas estruturas complexas de programación.

Emprega unha estrutura complexa de programación.

Non emprega estruturas complexas de programación.

Orixinalidade e experimentación

Amosa un profundo coñecemento de Scratch, indo máis alá do traballado en clase.

Cun pouco de axuda pode desenvolver efectos gráficos non explicados en clase.

Emprega o aprendido na clase, pero non vai máis alá.

Non se aprecia experimentación cos bloques aprendidos en clase.

Resolución de problemas e depuración

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda e é quen de explicar as estratexias de resolución.

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda ou discutindo as estratexias de resolución.

Precisa de pequenas axudas para resolver os problemas que aparecen.

Non é quen de resolver os problemas ou non o intenta.