Anexo 1

CONTIDOS E AVALIACIÓN 2º ESO

       

1º Trimestre

2º Trimestre

3º Trimestre

        CONTIDOS

UD1. Proceso Tecnolóxico

UD 2. Sistema repres. obxectos

UD 3. Materiais: madeira, metais e pétreos

UD 4. Equipamento informático

UD 5. Estruturas

 UD 6. Máquinas e mecanismos

 UD 4. Equipamento informático

  UD 7. Circuítos eléctricos

    UD 4. Equipamento informático

Cc    Exame,libreta

       Cuestionarios

TEB2.1.1-Representa con vistas e perspectivas un obxecto tecnolóxico perfectamente acoutado e a escala.

TEB2.2.1-Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos.

TEB3.1.1-Describe as características dos materiais de uso técnico.

Identifica tipos de materiais con que están fabricados obxectos técnicos cotiás.

TEB1.2.1-Elabora a documentación necesaria para planificar a construción dun prototipo.

TEB4.1.1-Describe audiovisual ou dixitalmente as características que configuran os tipos de estruturas, apoiándose en información escrita.

TEB4.1.2-Identifica os esforzos característicos e a súa transmisión nos elementos que configuran a estrutura.

TEB4.2.1-Describe mediante información escrita e gráfica como transforman e transmiten o movemento distintos mecanismos.

TEB4.2.2-Calcula a relación de transmisión de elementos mecánicos como as pancas, poleas e as engrenaxes.

TEB4.2.3-Explica a función dos elementos que configuran unha máquina ou sistema desde punto de vista estrutural e mecánico.

TEB5.1.1-Identifica as partes dun computador.

TEB4.3.1-Deseña e monta circuitos eléctricos básicos empregando lámpadas, zumbadores, motores, baterías e conectores (resolve exercicios de acordo coa lei de Ohm)

TEB5.3.1-Deseña e elabora aplicacións informáticas sinxelas mediante un contorno de programación gráfico.

Pro  PROXECTO,

       TALLER E

       MEMORIA

       TÉCNICA

TEB1.1.1-Deseña un prototipo para dar solución a un problema técnico.

TEB1.2.1-Elabora a documentación necesaria para planificar a construción dun prototipo.

TEB1.2.2-Constrúe un prototipo que dá solución a un problema técnico sinxelo, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.

TEB1.2.3-Traballa en equipo de maneira responsable.

TEB2.1.1-Representa con vistas e perspectivas, un obxecto tecnolóxico perfectamente acoutado e a escala.

TEB2.1.1-Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos.

TEB2.3.1-Produce os documentos relacionados co prototipo dun obxecto, empregando o software específico.

TEB5.2.1-Manexa programas e software básicos.

TEB5.2.3-Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos sinxelos con equipamentos informáticos.

TEB3.2.2-Elabora un plan de traballo no taller respectando as normas de seguridade e saúde.

 

TEB5.2.3-Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos sinxelos con equipamentos informáticos.

TEB3.2.1-Identifica e manipula con seguridade as ferramentas do taller en operacións básicas de conformación dos materiais de uso técnico.

TEB4.2.4-Simula mediante software específico e mediante simboloxía normalizada, sistemas mecánicos.

TEB4.2.5-Deseña e monta sistemas mecánicos que cumpran unha función determinada.

TEB5.1.1-Identifica as partes dun computador.

TEB5.2.2-Utiliza axeitadamente equipamentos informáticos e dispositivos electrónicos.

TEB5.2.3-Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos sinxelos con equipamentos informáticos.

TEB5.3.1-Deseña e elabora aplicacións informáticas sinxelas mediante un contorno de programación gráfico.

TEB4.3.1-Deseña e monta circuitos eléctricos básicos empregando lámpadas, zumbadores, motores, baterías e conectores.

TEB4.3.2-Deseña circuitos eléctricos básicos, utilizando o software específico e a simboloxía axeitada e experimenta cos elementos que o configuran.

        Videoexposición

(ver contidos abaixo)

Madeira, metais, pétreos (colaborando co Dpto Lingua galega)

Estruturas e mecanismos (colaborando co Dpto Lingua galega)

        Proxecto

Domo - estrutura

Domo - mecanismo apertura


EXPOSICIÓNS 2º ESO - 1ª avaliación

CONTIDO

LÉXICO RELACIONADO

Descrición dun obxecto desde un punto de vista funcional, formal, socioeconómico e técnico (como foi construído - ferramentas e/ou mecanizado-)

Orixe: animal, vexetal, mineral

Grao de transformación: materia prima, material, produto semielaborado ou elaborado

Taller: o banco de ferramentas (martelo, trade, deparafusador, lima, escofina, chave inglesa, serra…) e materiais (clavos, pegamento, parafusos, porcas, bisagras…)

Propiedades dun material

Físicas: condutividade térmica, acústica e  eléctrica (condutor ou aillante), propied. ópticas (brillante/translúcido/opaco), densidade, porosidade, permeabilidade, textura

Químicas: corrosión, oxidación

Ecolóxicas: reciclable, reutilizable, biodegradable, tóxico

Tecnolóxicas: duro/brando, fráxil/tenaz, plástico/elástico; maleable, dútil

Madeiras: clasificación, propiedades e proceso de tratamento

Madeiras brandas: pino, eucalipto, abeto...

Madeiras duras: caoba, castiñeiro, carballo, nogueira, buxo...

Partes da árbore (raíz, tronco, ramas, follas) e elementos tronco (cerna, durame, albura, cortiza)

O proceso de tratamento madeira: talado, descortezado, transporte, serrado, secado

Madeiras: derivados

Acabado madeira: contrachapado, aglomerado, DM…

Acabado celulósicos: papel, cartón

Madeiras: Útiles, ferramentas e máquinas

Cepillado, serrado, tradeado, lixado…

Madeiras: unións e acabados

Ensamblado, encolado, aparafusado, pintado, vernizado

Bosques en Galicia

Especies autóctonas e foráneas: carballo, loureiro, nogueira, salgueiro / eucalipto, mimosas…

Medioambiente: o monocultivo e a deforestación

Metais: clasificación, propiedades e proceso de obtención

Metais ferrosos: ferro, aceiro, fundición. Obtención por siderurxia

Metais non ferrosos: pesados, lixeiros e ultralixeiros

Aliaxes

Metais: técnicas de produción de pezas metálicas

Moldeado, extrusión, inxección, soplado, trefilado, calandrado

Metais: técnicas de mecanizado de pezas metálicas

Fresado, torneado, limado, soldado

Metais: unións e acabados

Aparafusado, soldaxe (?); galvanizado, pintado

Pétreos e cerámicos: clasificación e propiedades (xenérico: aillantes, resistentes corrosión…)

Rochas naturais: áridos (area e grava) e lousas de pedra natural (mármore, granito, pizarra)

Aglomerantes e conglomerados: xeso, cal, cemento, morteiro e formigón.

Cerámicos: arxila cocida (alfarería, ladrillos, tellas), cerámica refractaria e gres (fornos, chemineas, baldosas), porcelana (louza, sanitarios) e vidro.

Pétreos e cerámicos: técnicas e instrumentos de traballo (instrumentos só se ven en Tecno, a decidir según avance clases teóricas)

Pétreos: arrinque, carga, transporte (acarreo), serrado

Cerámicos: mesturado, moldeo, cocido, vernizado/coloreado. Ademais, para vidro: soplado (botellas); flotación sobre cama de estaño

Pétreos e cerámicos: Galicia. Impacto medioambiental

Explotacións ceo aberto (canteiras) e subterráneas (minas)

Na 2ª avaliación o alumnado tería que seguir sendo capaz de describir calquera obxecto socioeconomica, tecnica, formal e funcionalmente, así como as súas propiedades físicas, químicas, ecolóxicas e tecnolóxicas. Os contidos específicos neste caso serían:

EXPOSICIÓNS 2º ESO - 2ª avaliación

CONTIDOS

LÉXICO RELACIONADO

Estruturas - características

Rixidez, estabilidade, lixeireza, resistencia

Estruturas - tipos

masivas, laminares, trianguladas, colgantes, abovedadas, neumáticas, xeodésicas

Estruturas - elementos

forxado, viga, piar, columna, cimentación, bóveda, arco, lintel, tirante, arcobotante, contraforte...

Esforzos

Tracción, compresión, flexión, torsión, cizalladura

Construción

Forxado, cimentación, muros, enfoscado, enlucido, pintado

Mecanismos: tipos

Panca, biela manivela, torno, engrenaxe, poleas, polea-correa

Mecanismos: elementos e propiedades

Velocidade de xiro, eixo, transmisión, ventaxa mecánica

EXPOSICIÓNS 2º ESO - 3ª avaliación

Se o proxecto STARcach está ben implantado, nesta avaliación o alumnado editará un vídeo de ciencia ficción onde aparezan elementos programados e/ou robóticos


CONTIDOS E AVALIACIÓN 3º ESO

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

UD 1. Proceso Tecnolóxico

UD 2. Sistemas representación obxectos

UD 3. Materiais (plásticos, téxtiles, cerámicos, pétreos)

UD 4. O ordenador e os nosos proxectos

UD 5. Electricidade e electrónica

UD 6. TICs e linguaxe programación

UD 4. Ordenador

UD 7. Sistemas de Control

Exames, cuestionarios e libreta

  • TEB 1.2.1. Elabora a documentación necesaria para a planificación da construción do prototipo
  • TEB 2.1.1. Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos
  • TEB 3.1.2. Explica as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos materiais de uso técnico
  • TEB 3.1.1. Describe as características propias dos materiais de uso técnico, comparando as súas propiedades

  • TEB 4.1.1. Explica os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión
  • TEB 4.2.2. Calcula as magnitudes eléctricas básicas en circuítos eléctricos sinxelos

  • TEB 5.1.1. Identifica as partes dun computador e é capaz de substituír e montar pezas clave
  • TEB 5.2.2. Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco

Proxecto (taller e memoria técnica)

  • TEB 1.1.1. Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico mediante o proceso de resolución de problemas técnolóxicos
  • TEB 1.2.1. Elabora a documentación necesaria para a planificación da construción do prototipo
  • TEB 1.2.2. Constrúe un prototipo que dá solución a un problema técnico mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos
  • TEB 1.2.3. Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso
  • TEB 2.1.1. Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos
  • TEB 2.2.1. Produce os documentos relacionados cun prototipo empregando software específico de apoio
  • TEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos
  • TEB 4.3.1. Deseña e monta circuítos eléctricos e electrónicos básicos empregando lámpadas, zumbadores, diodos LED, transistores, motores, baterías, conectores, condensadores e resistencias
  • TEB 4.3.2. Deseña circuítos eléctricos básicos utilizando software específico e simboloxía adecuada, e experimenta cos elementos que o configuranTEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos
  • TEB 4.2.1. Utiliza correctamente os instrumentos de medida para coñecer as magnitudes eléctricas de circuítos básicos
  • TEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos

  • TEB 5.1.1. Identifica as partes dun computador e é capaz de substituír e montar pezas clave
  • TEB 5.2.1. Manexa os espazos web, plataformas e outros sistemas de intercambio de información
  • TEB 5.2.2. Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco

STAR CACH

  • TEB 5.3.1. Instala e manexa programas e software básicos
  • TEB 5.3.2. Utiliza adecuadamente equipamentos informáticos e dispositivos electrónicos
  • TEB 4.4.1. Elabora un programa informático que xestione o funcionamento dun sistema de control

Videoexposición

Materiais de construción

  • TEB 3.1.2. Explica as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos materiais de uso técnico
  • TEB 3.1.1. Describe as características propias dos materiais de uso técnico, comparando as súas propiedades
  • TEB 1.2.3. Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso
  • TEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos

A xestión da enerxía eléctrica

  • TEB 4.1.1. Explica os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión
  • TEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos

Usurpación de identidade (STARgal)

  • TEB 5.2.2. Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco
  • TEB 5.3.3. Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos
  • TEB 5.3.1. Instala e manexa programas e software básicos
  • TEB 5.3.2. Utiliza adecuadamente equipamentos informáticos e dispositivos electrónicos

Proxecto

RECICLANDO O NADAL

Cada equipo deseña e constrúe unha “Árbore de Nadal” que cómpre os seguintes requisitos:

  • Dimensións: altura enre 1 e 2m
  • Materiais: debe conter plásticos reciclados (mariormente botellas), téxtiles, pétreos e cerámicos.
  • Acabado: cores e/ou elementos decorativos acorde co Nadal
  • Debe ser unha estrutura estable
  • Pode incluír (sube nota) un alumeado de nadal
  • Prazo entrega (prototipo e memoria): 7 Decembro

CIRCUÍTO LABIRINTO

De acordo co deseñado en CAD na 1ª avaliación, cada equipo constrúe un labirinto que cómpre os seguintes requisitos:

  • Dimensións: en función da base proporcionada, e contando con que un robot tipo Mbot deberá poder circular por el
  • Prazo entrega (prototipo e memoria): a determinar: 27 marzo

STAR CACH-LEGO

Cada equipo escribe un pequeno guión de ciencia ficción (en clase de Lingua Galega) e programa un robot para que execute as accións previstas no guión. O guión cómpre os seguintes requisitos:

  • Trata como mínimo un dos temas seguintes: esgotamento materias primas/riscos de navegar na web sen coñecer as normas de seguridade
  • Aparecen elementos elaborados no taller durante o curso
  • Sube nota que se utilicen elementos de programación con Scratch


EXPOSICIÓN 3º ESO - 1ª avaliación

CONTIDO

LÉXICO RELACIONADO

Descrición dun obxecto desde un punto de vista funcional, formal, socioeconómico e técnico (como foi construído - ferramentas e/ou mecanizado-)

Orixe: animal, vexetal, mineral

Grao de transformación: materia prima, material, produto semielaborado ou elaborado

Taller: o banco de ferramentas (martelo, trade, deparafusador, lima, escofina, chave inglesa, serra…) e materiais (clavos, pegamento, parafusos, porcas, bisagras…)

Propiedades dun material

Físicas: condutividade térmica, acústica e  eléctrica (condutor ou aillante), propied. ópticas (brillante/translúcido/opaco), densidade, porosidade, permeabilidade, textura

Químicas: corrosión, oxidación

Ecolóxicas: reciclable, reutilizable, biodegradable, tóxico

Tecnolóxicas: duro/brando, fráxil/tenaz, plástico/elástico; maleable, dútil

Pétreos e cerámicos: clasificación e propiedades (xenérico: aillantes, resistentes corrosión…)

Rochas naturais: áridos (area e grava) e lousas de pedra natural (mármore, granito, pizarra)

Aglomerantes e conglomerados: xeso, cal, cemento, morteiro e formigón.

Cerámicos: arxila cocida (alfarería, ladrillos, tellas), cerámica refractaria e gres (fornos, chemineas, baldosas), porcelana (louza, sanitarios) e vidro.

Pétreos e cerámicos: técnicas e instrumentos de traballo (instrumentos só se ven en Tecno, a decidir según avance clases teóricas)

Pétreos: arrinque, carga, transporte (acarreo), serrado

Cerámicos: mesturado, moldeo, cocido, vernizado/coloreado. Ademais, para vidro: soplado (botellas); flotación sobre cama de estaño

Pétreos e cerámicos: Galicia. Impacto medioambiental

Explotacións ceo aberto (canteiras) e subterráneas (minas)

Plásticos e téxtiles: definición e orixe

Materiais naturais ou sintéticos: monómeros e polímeros. Granza

Industria petroquímica

Plásticos: clasificación e propiedades

Propiedades tecnolóxicas, físicas e químicas (condutividades, corrosionabilidade, fusibilidade, propiedades ópticas….)

Termoplásticos, termoestables e elastómeros

Téxtiles: clasificación e propiedades

Fibras naturais (animais, vexetais e minerais) e sintéticas

Propiedades xerais tecnolóxicas, físicas e químicas

Plásticos e téxtiles: técnicas de conformación

Extrusión, inxección, soplado, calandrado, conformado ó baleiro, trefilado, compresión

Plásticos e téxtiles: técnicas de manipulación

Corte (coitela, tesoiras, punta aceiro, serra, fío metálico…); perforado, desbastado, unións (desmontables e fixas)

Plásticos e téxtiles: medioambiente

Consecuencias do proceso de obtención e transformación

Reciclabilidade

EXPOSICIÓN 3º ESO - 2ª avaliación

CONTIDOS

LÉXICO RELACIONADO

Historia do electromagnetismo

Oersted, Ohm, Ampere, Faraday, Tesla, Edison

O átomo

Núcleo e corteza

Electróns. Electróns de valencia

Condutores e aillantes

Efectos da corrente eléctrica

Luz, son, movemento

Efecto Joule

O electromagnetismo

Electroimán, motor corrente continua (CC), xeradores (dínamos -CC- e alternadores -CA-)

Centrais eléctricas de enerxía renovable

Hidráulica, eólica, xeotérmica, mareas, undimotriz, RSU

Centrais eléctricas de enerxía non renovable

Térmica convencional (carbón, petróleo, gas, combinada) e non convencional (nuclear)

3º ESO - 3ª avaliación

Se o proxecto STARcach está ben implantado, nesta avaliación o alumnado editará un vídeo de ciencia ficción onde aparezan elementos programados e/ou robóticos e se toque a seguinte temática: normas de seguridade no manexo de equipamentos informáticos (usurpación de identidade, roubo de información, etc)


CONTIDOS E AVALIACIÓN 4º ESO

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

CONTIDOS

UD1. Electrónica analóxica

UD2. Electrónica dixital

UD3. Sistemas de comunicación

UD4. Instalacións da vivenda

UD6. Control e robótica

UD7. Historia da Tecnoloxía

UD6. Control e robótica

UD5. Pneumática e hidráulica

Exame, cuestionarios

  •  TEB1.1.1.Describe os elementos e os sistemas fundamentais que se utilizan na comunicación con fíos e sen eles
  •  TEB1.1.2.Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais
  •  TEB1.2.2.Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco
  • TEB3.1.1.Describe o funcionamento dun circuíto electrónico formado por compoñentes elementais
  •  TEB3.1.2.Explica as características e as funcións de compoñentes básicos: resistor, condensador, díodo e transistor
  • TEB3.4.1.Realiza operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole
  •  TEB3.4.2.Relaciona formulacións lóxicas con procesos técnicos
  •  TEB3.5.1.Resolve mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos

  •  TEB2.1.1.Diferencia as instalacións típicas nunha vivenda
  •  TEB2.1.2.Describe os elementos que compoñen as instalacións dunha vivenda
  •  TEB2.2.1.Interpreta e manexa simboloxía de instalacións eléctricas, calefacción, subministración de auga e saneamento, aire acondicionado e gas
  •  TEB2.4.1.Propón medidas de redución do consumo enerxético dunha vivenda
  •  TEB5.3.1.Emprega a simboloxía e a nomenclatura para representar circuítos que resolvan un problema tecnolóxico
  •  TEB6.1.1.Identifica os cambios tecnolóxicos máis importantes que se produciron ao longo da historia da humanidade
  •  TEB6.2.1.Analiza obxectos técnicos e a súa relación co contorno, interpretando a súa función histórica e a evolución tecnolóxica
  •  TEB6.3.1.Elabora xuízos de valor fronte ao desenvolvemento tecnolóxico a partir da análise de obxectos, relacionado inventos e descubertas co contexto en que se desenvolven
  •  TEB6.3.2.Interpreta as modificacións tecnolóxicas, económicas e sociais en cada período histórico, axudándose de documentación escrita e dixital
  •  TEB4.1.1.Describe as compoñentes dos sistemas automáticos
  •  TEB4.1.2.Analiza o funcionamento de automatismos en dispositivos técnicos habituais, diferenciando entre lazo aberto e pechado
  •  TEB5.1.1.Describe as principais aplicacións das tecnoloxías hidráulica e pneumática
  •  TEB5.2.1.Identifica e describe as características e o funcionamento deste tipo de sistemas
  •  TEB5.3.1.Emprega a simboloxía e a nomenclatura para representar circuítos que resolvan un problema tecnolóxico

Proxecto (taller e memoria técnica)

MONTAXES E COMUNICACIÓNS

  • TEB3.2.1.Emprega simuladores para o deseño e a análise de circuítos analóxicos básicos, utilizando simboloxía axeitada
  • TEB3.3.1.Realiza a montaxe de circuítos electrónicos básicos deseñados previamente
  •  TEB3.5.1.Resolve mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos

STARgal

  •  TEB4.2.1.Representa e monta automatismos sinxelos
  •  TEB4.3.1.Desenvolve un programa para controlar un sistema automático ou un robot que funcione de forma autónoma en función da realimentación que recibe do contorno
  •  TEB1.3.1.Desenvolve un programa informático sinxelo para resolver problemas, utilizando unha linguaxe de programación

PROXECTO HIDRÁULICA/PROCESSING

  • TEB2.2.2.Deseña con axuda de software unha instalacións para unha vivenda tipo con criterios de eficiencia enerxética
  •  TEB2.3.1.Realiza montaxes sinxelos e experimenta e analiza o seu funcionamento
  • TEB5.4.1.Realiza montaxes de circuítos sinxelos pneumáticos ou hidráulicos con compoñentes reais ou mediante simulación

Video-

exposición

Historia das Comunicacións

  • Localiza, intercambia e publica información a través de internet empregando servizos de localización, comunicación intergrupal e xestores de transmisión de son, imaxe e datos
  • Describe os elementos e os sistemas fundamentais que se utilizan na comunicación con fíos e sen eles
  • Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais
  • Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco

Historia das instalacións na vivenda / Aforro enerxético

  •  Localiza, intercambia e publica información a través de internet empregando servizos de localización, comunicación intergrupal e xestores de transmisión de son, imaxe e datos
  • Os mesmos que en “exame e cuestionarios” relativos a Instalacións da vivenda e Historia da Tecnoloxía

Videoinstalación?

Proxecto de comunicación

Cada equipo deseña e constrúe un sistema de comunicación que cómpre os seguintes requisitos:

  • Dimensións: é unha maqueta
  • Valorarase que sexa elaborado con materiais reciclados, e que se achegue unha memoria descritiva de propiedades técnicas dos mesmos na Memoria Técnica
  • Acabado: a convir polo grupo; pode terse en conta para usala nunha curta de ciencia ficción no programa Star Cach
  • Debe conter sistemas eléctricos analóxicos (amplificación, sensores, etc)
  • Prazo entrega (prototipo e memoria):

        7 Decembro

STARcach

Cada equipo escribe un pequeno guión de ciencia ficción (en clase de Lingua Galega) e programa un robot para que execute as accións previstas no guión. O guión cómpre os seguintes requisitos:

  • Plantexa unha cuestión ética sobre o uso da Tecnoloxía no futuro
  • Aparecen elementos elaborados no taller durante o curso
  • Sube nota que se utilicen elementos de programación con Scratch

Ademais, agárdase que o maior número de alumnos/as posibles contribúa a organizar o STARgal (Letras Galegas)

O alumnado escolle entre

Proxecto de hidráulica

Cada equipo deseña e constrúe un dispositivo hidráulico que cómpre os seguintes requisitos:

  • Dimensións: é unha maqueta, e adáptase ó tamaño dos robots que se van usar no Star Cach (altura entre 10 e 30 cm)
  • Valorarase que conteña sistemas eléctricos analóxicos (amplificación, sensores, etc) e/ou dixitais, e que se explique na memoria técnica o seu funionamento
  • Acabado: acorde á curta que se vai gravar e montar no Star Cach
  • Debe conter como mínimo 3 xiringas Prazo entrega (prototipo e memoria): 14 Decembro

Proxecto Processing

  • Instalación audiovisual a determinar

EXPOSICIÓNS 4º ESO - 1ª avaliación

CONTIDOS

LÉXICO RELACIONADO

Teléfono

Historia do desenvolvemento do teléfono. Patente: controversia

A transmisión de son por cable: dixitalización do son, conmutación e centralitas

Telefonía móbil: redes celulares. Xeración 1G, 2G, 3G e 4G

Presente e futuro da telefonía

Efectos sobre a saúde (físicos e psicolóxicos)

Radio

Historia do desenvolvemento da radio.

Do condensador ó transistor: sintonización de son

Transmisión de son: modulación FM e AM

A radio en internet: podcast

TV

Historia do desenvolvemento da TV.

O TRC (tubo de raios catódicos): das válvulas ás celdas de plasma

A xeneración de imaxe nunha pantalla de TV

Tipos de televisións hoxe en día

Transmisión de imaxe

A TV en internet: descarga e streaming

Comunicacións con e sen fíos

Con fíos: cable coaxial, trenzado por pares e fibra óptica

Sen fíos: ADSL e WiFi; Bluetooth e NFC; Routers; Internet wifiber; Internet PLC; Tecnoloxía Li-Fi

Comunicación vía satélite e Internet

GPS: transmisión vía satélite, Sistema Galileo, GPS no móbil; Internet por satélite e baixo o mar

Internet: redes (MAN, WAN, LAN), IP e DNS; Seguridade na internet: virus, programas espía e troianos; tornalumes; a nube

EXPOSICIÓNS 4º ESO - 2ª avaliación

CONTIDOS

LÉXICO RELACIONADO

Instalación eléctrica

Historia das instalacións eléctricas. Caso particular de Boiro

Elementos da instalación: cadro de protección, conexións, materiais.

Grao de electrificación

Instalación de auga

Historia das instalacións de auga. Caso particular de Boiro

Elementos da instalación: toma de auga, conexións, materiais.

Quentadores

Instalación de calefacción

Historia das instalacións de calefacción. Caso particular de Boiro

Elementos da instalación: caldeiras, conexións, materiais.

Perspectivas futuras

Domótica

Instalacións presentes: elementos e tipos

Instalacións do futuro

Smart cities

Redes urbanas

Historia das redes urbanas. Caso particular de Boiro

Smart cities e redes urbanas. Exemplos

VIDEOEXPOSICIÓNS 4º ESO - 3ª avaliación

Se o proxecto STARcach está ben implantado, nesta avaliación o alumnado editará un vídeo de ciencia ficción onde aparezan elementos programados e/ou robóticos e se toque a seguinte temática: ??