Published using Google Docs
HOMOLOGACIÓN
Updated automatically every 5 minutes

IES CALVO SOTELO

Homologación e convalidación títulos non universitarios entre entre España e outros países

Na web do Ministerio de Educación accédese a este servizo.( pincha)

España distingue entre homologación de títulos e convalidación de estudios.

A homologación de títulos, diplomas ou estudios estranxeiros de educación non universitaria supón a declaración da equivalencia cos títulos do sistema educativo español. A aplicación desta homologación permite a habilitación para o exercicio de actividades profesionais.

A convalidación de estudios extranxeiros por cursos españois de educación non universitaria supón a declaración da equivalencia a efectos de continuar estudios nun centro docente español. A plicación desta convalidación permite a habilitación para continuar o proceso formativo en niveis superiores.

Información xeral

Solicitude : http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:5148cf1f-adcc-40bf-82cb-2698e4ab4a08/ayuda-procedto.pdf

Títulos ou estudos estranxeiros susceptibles de homologación ou de convalidación

Poden solicitar a homologación ou a convalidación quen teña cursados estudos conforme a un sistema educativo estranxeiro.

Non deberán realizar trámite algún de convalidación de estudos o alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que desexe incorporarse a calquera dos cursos de la Educación Primaria o la Educación Secundaria Obligatoria.

Tampouco procederá a convalidación para realizar estudos en calquer nivel, curso ou modalidade do sistema educativo español para cuio acceso non sexa requisito previo a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Os títulos ou estudos deben cumprir os seguintes requisitos para a súa homologación ou convalidación:

Os estudios realizados en sistemas educativos estranxeiros polo alumnado procedente do sistema educativo español serán obxecto de homologación ao título español de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ao de Bacharel, sempre que teña aprobados tantos cursos correlativos e completos como lle quedaran pendentes para re,atar a  Educación Secundaria Obrigatoria ou o Bacherelato, respectivamente.

Non procederá a homologación ou convalidación dos seguintes títulos ou estudios:

Títulos españois aos que se pode homologar ou convalidar os estudios estranxeiros

                -Título de Graduado ou Graduada en Educación Secundaria Obrigatoria

                - Título de Bacharel

                - Título Profesional Básico

                - Título de Técnico

                - Título de Técnico Superior

                - Título de Técnico nas Ensinanzas Profesionais de Música

                - Título de Técnico das Ensinanzas Profesionais de Danza

                - Título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño

                - Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño

                - Título Superior de Música, na especialidade correspondente

                - Título Superior de Danza, , na especialidade correspondente

                - Título Superior de Arte Dramático, , na especialidade correspondente

                - Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, na especialidade correspondente

                - Título Superior de Artes Plásticas, na especialidade de Cerámica ou na especialidade de Vidro.

                - Título Superior de Deseño, na especialidade correspondente

                - Títulos de Máster en Ensinanzas Artísticas homologados por este Ministerio

                -Título de Técnico Deportivo

                - Título de Técnico Deportivo Superior

Órganos competentes para a tramitación e resolución Galicia

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/titulos

Tablas de equivalencias de títulos e plans de estudos aprobadas polo Ministerio de Educación

Alemania, Andorra, Argentina, Australia, Bacherelato Internacional, Bélxica, Canadá, China, Escolas Europeas, Estados Unidos de América, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, Suiza

Arabia Saudí, Arxelia, Bosnia-Herzegovina, Brasil, Bulgaria, Corea do Sur, Croacia, China, Dinamarca, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Eslovenia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irán, Iraq, Israel, Xapón, Xordania, Kenia, Kuwait, Macedonia, Marroecos, México, Noruega, Polonia, Rumanía, Senegal, Siria, Suecia, Iugoslavia

Bolivia, Colombia, Chile, Cuba, Ecuador, Panamá, Perú, Venezuela

ENLACES DE INTERESE