IES CALVO SOTELO
PROBAS ACCESO CF GRAO MEDIO
Actualizado curso 19/20
Requisitos de inscrición
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio son os seguintes:
Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Título profesional básico.
Título de técnico auxiliar de formación profesional.
Segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) rematado ou cun máximo de
dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
Terceiro curso do plan de estudos de 1963 ou segundo curso de comúns experimental das
ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
Outros estudos declarados equivalentes aos anteriores, para efectos académicos.
Módulos obrigatorios (módulos profesionais e módulos formativos de carácter xeral) dun
programa de cualificación profesional inicial (PCPI) cursados desde o curso 2011-2012.
Calquera dos requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Estructura da proba
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.
Presentación da solicitude
As solicitudes deberanse realizar de modo telemático desde a opción “Ligazón a aplicación
informática” dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas no menú “Acceso a grao
medio”, en “Convocatoria 2020”. A aplicación informática “Ciclosprobas”, que incorpora un asistente que
facilita o proceso, xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.
Centro de inscrición
Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de formación profesional. Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición (por exemplo, consulta de listaxes, presentación de reclamacións, etc.) deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido.
Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 2 ao 13 de marzo de 2020.
Exencións
Materiais de probas de acceso
Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
- Materiais didácticos: http://www.edu.xunta.es/fp/node/254
- Exames de convocatorias anteriores: http://www.edu.xunta.es/fp/node/255
Normativa de referencia
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas: https://www.edu.xunta.gal/fp/normativa-probas ).