Published using Google Docs
PROBAS ACCESO GRAO SUPERIOR
Updated automatically every 5 minutes

 

IES CALVO SOTELO

Probas acceso Grao Superior

Actualizado curso 19/20

Segundo a modificación introducida pola LOMCE do artigo 41.3 da LOE, o acceso a ciclos formativos de grao superior requirirá o cumprimento das seguintes condicións:

⦁        Título de bacharelato.

⦁        Título universitario.

⦁        Título de técnico de formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).

⦁        Título de técnico superior de formación profesional.

⦁        Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (LOMCE).

⦁        Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

Así mesmo, segundo o punto tres da disposición adicional terceira da LOMCE, aceptarase como título de bacharelato ao que se refire o artigo 41.3 o título de bacharelato expedido tras cursar o antigo bacharelato unificado e polivalente (BUP).

Desde a convocatoria do 2016 as persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.

As persoas que posúan un  título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da  parte específica da proba no caso de escoller a opción C.

A quen van dirixidas?

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

As probas de acceso aos  Ciclos Formativos de Grao Superior de Formación Profesional poden  presentarse as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano da realización da proba.

En 1º dos CF de Grao superior resérvase o 20% das prazas para os alumnos que acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada.

É importante que saibas que a proba de acceso a ciclos superiores non é para todos igual , como a  de ciclos medios, senón que  debes escoller unhas ou outras materias en función do ciclo ao que desexes acceder.

Estrutura da proba

A proba consta de dúas partes:

⦁        Parte común: Consta de tres exames de materias de 2º de Bacharelato.

                - Lingua Galega.

                - Lingua Castelá.

                - Matemáticas.

⦁        Parte específica: organízase en tres opcións A, B e C, en función do ciclo superior ao que desexes acceder, e dentro da opción elixida debes escoller dúas materias das tres posibles.

                - Opción A: Economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e

                                filosofía e cidadanía.

                - Opción B: Debuxo Técnico, tecnoloxìa industrial e física.

                - Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Aquí podes votar unha ollada a que opcións están ligadas as familias profesionais:

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

No caso de superar só unha parte da proba, consérvase a nota da parte superada durante dous anos consecutivos.

Cadro de exencións:

 

Presentación da solicitude

As solicitudes deberanse realizar de modo telemático desde a opción “Ligazón a

aplicación informática” dispoñible na páxina Probas | Xunta de Galicia “Acceso a grao superior”, en “Convocatoria 2020”. A aplicación informática Ciclos Probas xerará unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia.

En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición (por exemplo, consulta de listaxes, presentación de reclamacións, etc.) deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido. Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.

Prazo de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 19 de febreiro de 2020

Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar os exames das convocatorias anteriores de proba de acceso a ciclos superiores.

http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/

Normativa de referencia

Lembra que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente

Acceso á normativa de probas: https://www.edu.xunta.gal/fp/normativa-probas

Requisitos de inscrición

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio son os seguintes:

Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Título profesional básico.

Título de técnico auxiliar de formación profesional.

Segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) rematado ou cun máximo de

dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.

Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).

Terceiro curso do plan de estudos de 1963 ou segundo curso de comúns experimental das

ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Outros estudos declarados equivalentes aos anteriores, para efectos académicos.

Módulos obrigatorios (módulos profesionais e módulos formativos de carácter xeral) dun

programa de cualificación profesional inicial (PCPI) cursados desde o curso 2011-2012.

Calquera dos requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Estructura da proba

A proba divídese en tres partes:

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

Presentación da solicitude

As solicitudes deberanse realizar de modo telemático desde a opción “Ligazón a aplicación

informática” dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas no menú “Acceso a grao

medio”, en “Convocatoria 2020”. A aplicación informática “Ciclosprobas”

(https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que incorpora un asistente que

facilita o proceso, xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de

inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

Centro de inscrición

Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de formación profesional. Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición (por exemplo, consulta de listaxes, presentación de reclamacións, etc.) deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido.

Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 2 ao 13 de marzo de 2020.

Exencións

 

Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao  medio.

- Materiais didácticos: http://www.edu.xunta.es/fp/node/254

- Exames de convocatorias anteriores: http://www.edu.xunta.es/fp/node/255

Normativa de referencia

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas: https://www.edu.xunta.gal/fp/normativa-probas ).