“O cono follonero”

 

Saxamonde – Maios 2009

 

 

 

 

Este maio aquí presente

da aldea de Saxamonde

simboliza a nosa loita

pola defensa do monte

 

Aínda que somos moi novos

vimos con moita ilusión

a dicirlle catro cousas

sobre a corporación

 

Miren este cono

e a forma da coroa

Saxamonde teno claro

o monte é a nosa honra

 

Alta tensión, gasoduto

Polígono e Autovía

sorte para Saxamonde

tocoulle a lotería

 

Os políticos da vila

non contaron cos veciños

impoñen o seu polígono

e levaron nos fociños

 

Cos veciños non falaron

e votaron a escondidas

nas próximas eleccións

amosarémoslle a saída

 

Os que defenden o  clima

e máis a natureza

saben que o monte con naves

é principio de pobreza

 

 

 

 

 

 

 

 

Falan de progreso

medio ambiente e benestar

e entre as casas e o monte

meten un parque industrial

 

A ruta da auga inaugurada

Pazos foi coa comitiva

para logo rematala

co Polígono e a Autovía

 

Que queda, que marcha

o alcalde non se aclara

pero do que estamos certos

da súa paga millonaria

 

Non hai cartos para gastar

no saneamento das aldeas

pero compran un trebello

para varreren as aceras

 

A nova Xunta de Galicia

éche ben espiritosa

no sitio de Touriño

votaron unha gaseosa

 

Para a Consellaría de Cultura

o Camiño é o primeiro

para que digan no Concello

sonche catro folloneiros

 

Polígono, canteira

o AVE  máis a autovía

está claro meus señores

melloramos día a día

 

 

 

 

 

 

 

 

Farémolo entre o millo

na veiga entre os pementos

pero por moito que falen

non chegou o saneamento

 

Vergoña débelle dar

ao alcalde e concellais

que na vez de saneamento

queren naves industriais

 

No Alto dos Valos

puxeron un radar

máis do próximo asfaltado

non nos queren nin falar

 

Se fan todo o proxectado

como habemos de vivir

que llo pregunten ao alcalde

que ten piso en Madrid

 

Sabio é quen rectifica

o pensamento equivocado

non teñan vostedes medo

seriades perdoados

 

Xa nos imos, xa marchamos

xa estamos rematando

para o ano voltaremos

voltaremos cantando

 

Ao xurado lle pedimos

nos conceda algún premio

para goce dos rapaces

que puxeron moito empeño

 

 

 

 

 

Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas”

                                                       Asemblea Veciñal contra o Polígono Mos-Redondela