ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE ARQUIVEIROS, BIBLIOTECARIOS, MUSEÓLOGOS E DOCUMENTALISTAS DE GALICIA (ANABAD GALICIA)
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º.- Constitúese na cidade da Coruña unha Asociación sen ánimo de lucro, de tipo xeral, que se denominará “Asociación de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia” (ANABAD GALICIA), ó abeiro do artigo 22 da Constitución Española de 1978. A Asociación rexirase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.- Son fins preferentes da Asociación:
Artigo 3º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organiza-las seguintes actividades:
Como asociación sen ánimo de lucro, os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xuridicas con interese lucrativo.
Artigo 4º.- O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na localidade da Coruña, Avenida Buenos Aires, nº 5 – 1º D, C.P.15004, teléfono 881889008.
Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Asamblea Xeral, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións.
Artigo 5º.- A Asociación, en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6º.-
DOS SOCIOS
Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación socios numerarios, institucionais, protectores e honorarios:
Asimesmo, poderán ser socios non numerarios as persoas que cursen estudios na Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación.
Artigo 8º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
Artigo 9º.- Son deberes dos asociados e asociadas:
Artigo 10º.- Os asociados e asociadas honorarios e non numerarios. non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 11º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición da persoa que desexa ser admitida e ratificado pola Xunta Xeral de socios.
Artigo 12º.- A condición de asociado pérdese:
Artigo 13º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderáse recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.
Artigo 14º.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.
A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, como o retraso no pago dalgunha cuota ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recolleráse no Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a Resolución poderáse recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 15º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 16º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios e o seu mandato durará tres anos.
Artigo 17º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e tres vocais, cargos que deberán recaer nos asociados/as.
As causas de cesamento dos membros da Xunta Directiva serán: renuncia, falecemento e outras causas previstas pola legislación.
Artigo 18º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elexiránse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de tres anos, poidendo ser obxecto de reelección en dous períodos sucesivos (máximo seis anos). Excepcionalmente, no caso de que non haxa candidatos á elección, renovaránse os cargos da Xunta Directiva ata a convocatoria de Asemblea Extraordinaria.
Os cargos da Xunta Directiva renovaránse por metade. No primeiro turno serán renovados o Vicepresidente, o Tesoreiro e dous vocais e no segundo, ó ano seguinte, o Presidente, o Secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará un ano mais. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Artigo 19º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e leva-la xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral, fixa-las cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderálle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.
Artigo 20º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña mais idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 21º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo 22º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 23º.- A Asemblea Xeral reuniráse con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 25% dos socios. Neste último caso realizaráse por medio escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 24º.- Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con quince días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación aos socios faráse por correo ordinario, correo electrónico ou calquera outro medio telemático, tanto para as Asembleas Ordinarias como para as Asembleas extraordinarias.
Artigo 25º.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
Artigo 26º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
Artigo 27º.- Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraránse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Artigo 28º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 26, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaránse os acordos ó libro de Actas e asinarán o/a Presidente e o/a Secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioria.
Artigo 29º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriránse cando así o determine o Presidente. Seguidamente procederáse por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederáse, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos. Concluído o acto, levantaráse a sesión por parte do Presidente.
Artigo 30º.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 31º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituirálle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 32º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle, asi mesmo, notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 33º.- O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos e participará en tódalas operacións de orde económico.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamental antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estén a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.
Artigo 34º.- Os Vocais, no número que determine a Asemblea Xeral, terán as seguintes atribucións:
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 35º.- A Asociación, no momento de inicia-las súas actividades, dispón dun patrimonio de 12.173,58 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 36º.- A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoreiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.
Artigo 37º.- A Asociación manteráse dos seguintes recursos:
Artigo 38º.- As cuotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e adicándose a atende-las necesidades da Asociación.
Artigo 39º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraránse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 40º.- Anualmente, no tempo que establece o artigo 25, será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.
Artigo 41º.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoreiro, para a utilización conxunta deles.
Artigo 42º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.
Artigo 43º.- O Regulamento de Réximo Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non poidendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
Artigo 44º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou unha cuarta parte dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de sete días para que calquera socio/a poida dirixir á Secretaria as propostas e emendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
Artigo 45º.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable de dous tercios dos membros da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 46º.- A Asociación disolveráse polas seguintes causas:
Artigo 47º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoreiro/a, procederán a efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 48º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doaráse a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.
Dª. Isabel Blanco Pardo Presidenta |
Dª. Marta Alonso Gómez Tesoureira
|
Dª Mª Dolores Pereira Oliveira Vicepresidenta
|
Dº Julio Pesquero Murillo Vocal
|
Dª. Isabel Buján Bernárdez Secretaria |
Dª Consuelo Meiriño Sánchez Vocal
|