BORRADOR DO ANTEPROXECTO DE LEI DE BIBLIOTECAS E DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO DE GALIZA.
Borrador de 20 de febreiro de 2009.
1
3
ANTEPROXECTO DA LEI DE BIBLIOTECAS E DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO DE GALIZA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS.
Artigo 1. Obxecto
Artigo 2. Ambito de aplicación.
Artigo 3. Definicións.
Artigo 4. Principios de actuación en materia de bibliotecas.
TITULO II. DO SISTEMA GALEGO DE BIBLIOTECAS.
Artigo 5. Definición do sistema galego de bibliotecas.
Artigo 6. Obrigas das bibliotecas integradas no sistema.
Artigo 7. Organo de dirección e coordinación.
Artigo 8. Consello de cooperación bibliotecaria.
Artigo 9. Funcións do Consello de Cooperación Bibliotecaria.
Artigo 10. A Biblioteca Nacional de Galiza.
TÍTULO III. DA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALIZA.
Capítulo I. Definición e estrutura da rede.
Artigo 11. Definición da rede
Artigo 12. Estrutura da rede.
Artigo 13. Bibliotecas centrais territoriais.
Artigo 14. Bibliotecas centrais municipais.
Artigo 15. Bibliotecas de bairro.
Artigo 16. Servizos bibliotecarios móbiles.
Capítulo II. Rexime de prestación dos servizos bibliotecarios.
Artigo 17. Definición das bibliotecas públicas integradas na rede.
Artigo 18. Funcións das bibliotecas públicas.
Artigo 19. Obrigas dos titulares das bibliotecas públicas.
Artigo 20. Rexime dos fondos bibliográficos.
Artigo 21. Dereitos e obrigas dos usuarios e usuarios do servizo bibliotecario público.
Artigo 22. Normalización técnica.
Artigo 23. Rexistro de bibliotecas e obrigas estatísticas.
Artigo 24. Inspección da rede de bibliotecas de Galiza.
Artigo 25. Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza.
Artigo 26. Rexime xurídico dos bens inmóbeis destinados a biblioteca pública.
Artigo 27. Dotación e selección do persoal ao servizo das bibliotecas da Rede.
TÍTULO IV. DAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS, ESCOLARES E ESPECIALIZADAS.
Artigo 28. Bibliotecas universitarias.
Artigo 29. Bibliotecas escolares.
Artigo 30. Bibliotecas especializadas
TÍTULO V. DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO DE GALIZA.
Artigo 31. Definición do patrimonio bibliográfico de Galiza.
Artigo 32. Rexime xurídico.
Artigo 33. Adquisición pública de patrimonio bibliográfico.
Artigo 34. Depósitos.
Artigo 35. Doazóns e legados.
Artigo 36. Saída de obras do patrimonio bibliográfico.
Artigo 37. Da restauración e dixitalización do patrimonio bibliográfico.
TÍTULO VI. REXIME SANCIONADOR.
Artigo 38. Infraccións.
Artigo 39. Infraccións leves.
Artigo 40. Infraccións graves.
Artigo 41. Infracións moi graves.
Artigo 42. Responsabilidade das infraccións.
Artigo 43. Sancións
Artigo 44. Organos competentes.
Artigo 45. Procedemento.
Artigo 46. Prescrición de infraccións e sancións.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.
Disposición adicional primeira. Dereitos derivados da propiedade intelectual.
Disposición adicional segunda. Patrimonio bibliográfico da Igrexa Católica.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA.
DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As bibliotecas constitúen servizos culturais e informativos da máxima relevancia para unha sociedade avanzada. A través deles se posibilita o cumprimento de importantes mandatos constitucionais, como son o acceso de todos e todas á cultura, nos termos previstos no artigo 44 da Constitución, a participación dos cidadáns na vida cultural (artigo 9.2, reiterado polo artigo 4 do noso Estatuto de Autonomía) e a conservación e promoción do patrimonio cultural do pobo galego (artigo 46 da Constitución), do que o patrimonio bibliográfico fai parte.
O Estatuto de Autonomía de Galiza establece no seu artigo 32 que lle corresponde á Comunidade Autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. O artigo 27.18 do Estatuto atribúelle á nosa Comunidade a competencia exclusiva sobre as bibliotecas de interese da nosa Comunidade, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.28 da Constitución española.
Para satisfacer estes mandatos constitucionais e estatutarios, o Parlamento de Galiza aprobou no seu día a Lei 14/1989, do 11 de outubro, de Bibliotecas, que por vez primeira regulou o sistema bibliotecario galego cun afán de coherencia e sistematización das políticas públicas das bibliotecas do noso país. Poucos meses depois, a Comunidade Autónoma asumiu a xestión das bibliotecas de titularidade estatal ubicados no País, mercé aos convenios de encomenda de xestión asinados co Goberno central o 5 de decembro de 1989.
A Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galiza, dedicoulle un artigo e un título (o 75, Título VI), ao patrimonio bibliográfico. O goberno galego foi desenvolvendo durante os anos noventa unha serie de normas regulamentarias que permitiron despregar o sistema galego de bibliotecas tal e como hoxe o coñecemos.
Porén, co paso do tempo, e pese ao Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas, a regulación legal das nosas bibliotecas foi ficando obsoleta, a medida que se produciu toda unha serie de cambios normativos, como a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galiza, a Lei galega 17/2006, de 27 de decembro, do libro e da lectura de Galiza, así como os aspectos básicos da Lei 10/2007, de 22 de xuño da Lectura, do Libro e das Bibliotecas, aprobada polo Parlamento español, que fai fincapé en determinados mecanismos de cooperación bibliotecaria.
Os cambios e tendencias de evolución das bibliotecas galegas van alén hoxendía, e fan necesaria a elaboración dunha lei que os regule e potencie: a propia transferencia da xestión das bibliotecas públicas do Estado e a próxima asunción da súa titularidade; a creación e desenvolvemento de novas bibliotecas nos concellos; a necesidade de incorporar o concepto de Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza, definido no desenvolvemento normativo posterior á Lei; a creación da Biblioteca Nacional de Galiza, co seu papel de institución central do sistema galego de bibliotecas; a necesidade de mellorar os mecanismos de protección e difusión do patrimonio bibliográfico galego; ou a expansión das novas tecnoloxías de acceso á información e á documentación, das que nascen as denominadas bibliotecas dixitais.
A lei aborda todos estes aspectos, tratando de dar unha regulación sistemática e xeral que busca respostar aos reptos de mellora dos servizos bibliotecarios galegos e do noso patrimonio bibliográfico. A tal efecto estrutúrase en seis títulos, dúas disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.
O Título I (Disposicións xerais) define o obxecto e ámbito de aplicación da Lei, fornecendo as definicións dos principais conceptos utilizados na mesma. Asimesmo, introdúcense catro principios transversais de actuación no conxunto da materia de bibliotecas.
O Título II (Do sistema galego de bibliotecas) define o conxunto de órganos, medios, redes e servizos bibliotecarios existentes en Galiza que, mediante relacións de cooperación e coordinación, actúan conxuntamente para fornecer servizos bibliotecarios de calidade en beneficio do pobo galego. Os niveis dese sistema son: o órgano de dirección e coordinación; o Consello de Cooperación Bibliotecaria; a Bibilioteca Nacional de Galiza; as redes de bibliotecas públicas; as bibliotecas universitarias, as bibliotecas escolares de centros de ensino non universitario, e as bibliotecas especializadas. Por último, forman parte do sistema as bibliotecas de titularidade privada que se teñan integrado na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia mediante orde da Consellaría competente en materia de cultura, ou reciban dos poderes públicos subvencións en cuantía superior á metade do seu orzamento ordinario durante tres anos consecutivos ou cinco alternos.
Especial atención merece neste título o papel outorgado á Biblioteca Nacional de Galiza, centro promotor da cultura galega e coordinador para a recuperación, conservación e difusión do patrimonio bibliográfico galego, calquer que sexa a súa ubicación. No seu labor ten especial relevancia a recuperación e difusión da produción cultural feita en Galiza e da realizada no idioma galego, en razón do papel que o libro galego, xunto cos diferentes soportes culturais, desempeña na recuperación dos elementos máis profundos e enraizados da nosa cultura. Esta responsabilidade cara á cultura galega é na que a Biblioteca Nacional de Galiza debe contar cun papel central e impulsor. Debe ademais ser compartido por todo o sistema bibliotecario, e en especial polas redes ou sistemas de bibliotecas públicas e escolares, en canto que, tal como sinala a Resolución do Parlamento Europeo de 23 de outubro de 1998 sobre o papel das bibliotecas públicas na sociedade moderna, estas institucións “revisten unha especial importancia para manter vivas a lingua, a literatura e a cultura propias”.
O Título III aborda en sendos capítulos a definición e estrutura da rede de bibliotecas de Galiza, así como o rexime de prestación dos servizos bibliotecarios. A idea central do primeiro capítulo é a definición dunha tipoloxía triple de bibliotecas, en función dos seus cometidos e o territorio ao que presten servizos: bibliotecas centrais territoriais, bibliotecas centrais municipais, e bibliotecas de bairro. As mallas de territorio que non sexan atendidas por estas bibliotecas deberán ser obxecto de atención por servizos bibliotecarios móbiles. A clave esencial de determinación e concreción da rede é o Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza, instrumento planificador elaborado mediante procedemento participativo, que se regula no artigo 25 da Lei. Tamén destaca a explícita previsión de mecanismos como a encomenda de xestión ou os consorcios administrativos que posibilitan a xeración de economías de escala, cooperación e auxilio interadministrativo para a prestación dun servizo bibliotecario de acceso á cultura nas mellores condicións disponíbeis.
O segundo capítulo adícase a establecer, desde un claro enfoque dos servizos bibliotecarios como servizos públicos, os distintos aspectos específicos do seu rexime xurídico: funcións das bibliotecas da rede, obrigas dos seus titulares, deberes e obrigas dos seus usuarios, rexime dos seus fondos e dos bens inmóbeis que lle dan soporte físico, normalización técnica, habilitación da potestade inspectora, etc. A lei adopta as previsións básicas para adaptar a xestión das bibliotecas públicas galegas ao contexto dixital. A administración electrónica é unha realidade xa ineludíbel para todas as administracións públicas, desde o momento en que a Lei estatal 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como a Recomendación da Comisión Europea de 24 de agosto de 2006 sobre dixitalización e accesibilidade en liña do material cultural e a conservación dixital (2006/585/CE), contemplan prazos e sistemas concretos de incorporación dos sistemas de xestión documental ao ámbito dixital, así como os dereitos dos cidadáns a seren usuarios de tales sistemas e a relacionarse electronicamente coas administracións.
O Título IV regula as especificidades das bibliotecas universitarias, escolares e especializadas.
O Título V aborda unha regulación propia coa que se trata de potenciar os mecanismos xurídicos de protección e recuperación do patrimonio bibliográfico. O artigo 31 introduce a posibilidade de declarar ben bibliográfico de especial interese para Galiza aquelas obras que, sen chegaren a satisfacer as condicións previstas para a declaración de patrimonio bibliográfico por ministerio da lei, posúan especiais valores que aconsellen a súa protección, ora como ben de interese cultural, ora como ben catalogado. Trátase tamén de potenciar a posta á disposición pública dos bens do patrimonio bibliográfio mediante a adquisición onerosa ou gratuíta, temporal ou definitiva. Asimesmo, a Biblioteca Nacional de Galiza asume a función de tutela dos procesos de restauración e dixitalización do patrimonio bibliográfico galego.
O Título VI ocúpase de tipificar as infraccións e sancións na materia, regulando tamén outros aspectos do exercicio da potestade sancionadora sometidos á reserva de lei, conforme á lei de procedemento administrativo común e á doutrina do Tribunal Constitucional.
As dúas disposicións adicionais abordan, respectivamente, unha trasposición ao dereito autonómico da regulación prevista na lexislación básica estatal sobre a remuneración dos dereitos de autor no caso do empréstimo bibliotecario, e as obrigas que deberá observar, en todo caso, a Igrexa Católica respecto do patrimonio bibliográfico galego que obre no seu poder.
Dacordo co previsto no artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galiza e 24 da Lei reguladora da Xunta e do seu Presidente, sanciono e promulgo no nome de El-Rei a Lei de Bibliotecas.
TÍTULO I.
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto.
Constitúe o obxecto da presente Lei:
Artigo 2. Ambito de aplicación
A presente lei é de aplicación:
Artigo 3. Definicións.
Aos efectos da presente Lei, enténdese por:
As bibliotecas galegas poderán ser, en función da súa titularidade:
En función do seu uso, as bibliotecas poderán ser:
Artigo 4. Principios de actuación en materia de bibliotecas.
TÍTULO II
DO SISTEMA GALEGO DE BIBLIOTECAS
Artigo 5. Definición do Sistema Galego de Bibliotecas.
1. O Sistema Galego de Bibliotecas é o conxunto de órganos, medios, redes e servizos bibliotecarios existentes en Galiza que, mediante relacións de cooperación e coordinación, actúan conxuntamente para fornecer servizos bibliotecarios de calidade en beneficio do pobo galego.
2. Integran o Sistema Galego de Bibliotecas:
a) O órgano de dirección e coordinación do Sistema.
b) Os órganos de cooperación, asesoramento e participación.
c) A Biblioteca Nacional de Galiza.
d) A rede de bibliotecas públicas de Galiza.
e) As bibliotecas universitarias, as bibliotecas escolares de centros de ensino non universitario, e as bibliotecas especializadas.
f) As bibliotecas de titularidade privada que se teñan integrado na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia mediante orde da Consellaría competente en materia de cultura, ou reciban dos poderes públicos subvencións en cuantía superior á metade do seu orzamento ordinario durante tres anos consecutivos ou cinco alternos.
Artigo 6. Obrigas das bibliotecas integradas no Sistema.
1. Os titulares das biblioteca integradas no sistema, no ámbito das súas competencias, promoverán un desenvolvemento sostíbel, coherente, innovador e constante dos seus propios servizos bibliotecarios e garantirán o acceso dos cidadáns a un servizo bibliotecario público de calidade nas mellores condicións técnicas posíbeis.
2. Os fondos das bibliotecas integradas no Sistema Galego de Bibliotecas forman unha unidade de xestión ao servizo do pobo galego. Deberán cumprir as normas e regulamentos técnicos que se aproben polos órganos competentes para homoxeneizar e mellorar a oferta bibliotecaria en todo o territorio galego.
3. Os titulares das bibliotecas integradas no sistema deberán fornecerlle á Xunta de Galicia os datos sobre persoal, fondos, orzamentos, instalacións, equipamentos, servizos e usuarios e aqueles outros que se determinen regulamentariamente, coa finalidade da súa avaliación, elaboración estatística e difusión.
4. Asemade, deberán notificar á Biblioteca Nacional de Galiza a existencia das obras ou fondos bibliográficos de especial interese para Galiza.
Artigo 7. Organo de dirección e coordinación.
1. A dirección e coordinación do Sistema Galego de Bibliotecas serán exercidas pola Consellería competente en materia de cultura, a través da Dirección Xeral que corresponda conforme ás normas organizativas.
2. Correspóndelle ao órgano administrativo de dirección e coordinación:
Artigo 8. Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galiza.
1. O Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galiza é o órgano colexiado mediante o cal se articula a cooperación entre as distintas administracions con competencias en materia de bibliotecas. Ademáis, será o órgano consultivo e asesor da Administración autonómica nas materias relacionadas co sistema galego de bibliotecas.
2. Adscrébese o Consello á Consellaría con competencias en materia de cultura.
3. A composición e organización do Consello será determinada regulamentariamente, garantíndose en todo caso a participación das administracións competentes e demáis institucións relevantes do Sistema Galego de Bibliotecas.
Artigo 9. Funcións do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galiza.
Son funcións do Consello:
Artigo 10. A Biblioteca Nacional de Galiza.
TÍTULO III
DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALIZA
Capítulo I. Definición e estrutura.
Artigo 11. Definición da rede.
Artigo 12. Estrutura da rede.
1. A rede de bibliotecas públicas de Galiza terá a seguinte estrutura:
2. O Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza determinará, en función de criterios obxectivos, a tipoloxía á que se adscribe cada biblioteca da rede.
Artigo 13. Bibliotecas centrais territoriais.
Artigo 14. Bibliotecas centrais municipais.
1. Os municipios de máis de 20.000 habitantes deberán prestar o servizo de biblioteca dun xeito descentralizado, a través dunha biblioteca central municipal, bibliotecas de bairro e/ou servizos bibliotecarios móbiles.
2. As bibliotecas centrais municipais coordinan as demáis bibliotecas e os servizos bibliotecarios dixitais e móbiles do municipio, consonte o que estableza o Mapa de Bibliotecas Públicas, e prestaranlles asesoramento e apoio.
Artigo 15. Bibliotecas de bairro.
1. As bibliotecas de bairro son aquelas bibliotecas de titularidade municipal ou concertadas que cumpren as condicións necesarias para prestar o servizo de lectura pública nunha área determinada, e coordinan a súa actividade coa biblioteca central territorial ou a biblioteca central municipal correspondente.
2. Os concertos de bibliotecas de bairro realizaranse mediante convenio de colaboración coas entidades e asociacións privadas que cumpran os criterios mínimos que se establezan regulamentariamente.
Artigo 16. Servizos bibliotecarios móbiles.
Os núcleos de menor poboación poderán ser atendidos por servizos bibliotecarios móbiles, que dependen da Biblioteca Nacional, da biblioteca central territorial, da biblioteca central municipal máis próxima, e teñen como finalidade ofrecer o servizo de lectura pública en zonas onde non haxa punto de servizo fixo.
Capítulo II. Rexime de prestación dos servizos bibliotecarios.
Artigo 17. Definición das bibliotecas públicas integradas na Rede.
A biblioteca pública é un servizo público básico que ten como finalidade ofrecer á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.
Artigo 18. Funcións das bibliotecas públicas.
As funcións das bibliotecas públicas son:
Artigo 19. Obrigas dos titulares de bibliotecas públicas.
1. Os titulares ou, no seu caso, xestores das bibliotecas públicas integradas na rede deberán dotalas das instalacións, equipamento, mobiliario, fondos, persoal e orzamentos necesarios para o cumprimento eficaz das súas funcións e a satisfación dos dereitos dos usuarios. A tal efecto, gozarán de autonomía para fixar a estrutura orgánica e funcional máis axeitada para a satisfación das súas necesidades, nos termos previstos no presente título.
2. As bibliotecas integradas na rede terán o dereito e a obriga de instalar nun lugar visible da súa entrada o distintivo “Rede de Bibliotecas de Galiza”.
Artigo 20. Rexime dos fondos bibliográficos
1. Constitúen os fondos bibliográficos das bibliotecas o patrimonio bibliográfico e demáis material cultural adscritos ao servizo público bibliotecario. Os fondos terán a condición legal de bens móbeis de dominio público.
2. A adquisición de obras e demáis material cultural para consulta e empréstimo obedecerá a criterios profisionais, de fomento da diversidade cultural e satisfación das demandas dos usuarios e usuarias.
3. Os centros adquirirán os seus fondos mediante procedementos transparentes e obxectivos, que garantan a maior rapidez e eficacia na satisfación das demandas dos usuarios e usuarias.
Artigo 21. Dereitos e obrigas dos usuarios e usuarias do servizo bibliotecario público.
1. Os usuarios terán os seguintes dereitos:
a) A usar de maneira gratuíta os servizos básicos da biblioteca, sen prexuízo do establecido na disposición adicional primeira desta Lei e na restante lexislación vixente sobre propiedade intelectual.
b) A ter garantidos materiais e servizos adaptados a colectivos con discapacidades ou necesidades especiais.
c) A ter un horario mínimo de prestación do servizo, que determinará para cada tipoloxía o Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza.
d) A desfrutar de actividades de animación á lectura nas instalacións dispostas ao efecto.
e) A solicitar da biblioteca a adquisición de material cultural e recursos de información que satisfagan as súas necesidades culturais.
2. Os usuarios terán as seguintes obrigas:
a) Observar o comportamento axeitado para o bo funcionamento da biblioteca.
b) Respectar os dereitos dos demáis usuarios da biblioteca, gardando o debido orde e compostura.
c) Non facer uso dos servizos bibliotecarios para unha finalidade distinta das previstas para a tipoloxía da biblioteca
d) Non sustraer os materiais e recursos da biblioteca, nin deteriorar o mobiliario.
3. As bibliotecas públicas establecerán e difundirán en cartas de servizos públicas os dereitos e obrigas concretos dos usuarios, así como os mecanismos de avaliación dos resultados do servizo público bibliotecario.
Artigo 22. Normalización técnica.
As bibliotecas públicas aplicarán os procedementos e programas normalizados de xestión bibliotecaria que determine o órgano coordinador do sistema para garantir a máxima interoperabilidade e normalización técnica.
Artigo 23. Rexistro de bibliotecas e obriga estatística.
1. A Consellaría competente en materia de cultura levará un rexistro permanentemente actualizado das bibliotecas integradas na Rede, e elaborará as estatísticas da lectura pública en Galiza.
2. As persoas titulares das bibliotecas da rede terán a obriga de proporcionar a información relevante sobre persoal, fondos, orzamentos, instalacións, servizos, número e tipoloxía de usuarios e, en xeral, todas aquelas operacións contidas nos plans estatísticos anuais da Xunta de Galiza.
Artigo 24. Inspección da Rede de Bibliotecas de Galicia
Todos os centros integrados na Rede de bibliotecas públicas teñen o deber de lle facilitaren á Xunta, a través do órgano de dirección e coordinación, a información que se lles solicite para comprobar o cumprimento da normativa vixente, e permitirán o acceso e a actuación dos inspectores designados pola Xunta de Galicia.
Artigo 25. Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza.
1. O órgano de dirección e coordinación do sistema será o responsábel de elaborar o Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza, no que se identificarán os servizos bibliotecarios disponíbeis, as necesidades de lectura pública e se planificará o tipo de servizos que lle corresponderá a cada poboacion conforme aos estándares internacionais e comunitarios.
2. O Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza será informado preceptivamente polo Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galiza. A súa aprobación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galiza, por proposta da Consellaría competente en materia de cultura, e deberá ser actualizado polo menos cada catro anos.
3. O Mapa de Bibliotecas Públicas identificará os criterios obxectivos e prioridades conforme aos que a Consellaría competente en materia cultural poderá realizar investimentos e outorgar axudas e subvencións de maneira directa ou en rexime de concorrencia competitiva en materia de bibliotecas.
Artigo 26. Réxime xurídico dos bens inmóbeis destinados a biblioteca pública.
1. Decláranse de utilidade pública para os efectos da expropiación forzosa os edificios e terreos onde vaian ser instaladas dependencias de bibliotecas de titularidade pública. O recoñecemento en cada caso concreto dos bens e dereitos individualizados a expropiar será realizado por decreto da Xunta de Galiza. O recoñecemento poderá estenderse aos edificios e terreos contiguos cando así o requiran razóns de seguridade, funcionamento ou para facilitar a axeitada conservación dos inmobles ou dos bens que conteñan.
2. Os proxectos de obra nova para bibliotecas da rede deberán ser informados con carácter preceptivo polo servizo de supervisión de proxectos da Consellaría competente en materia de cultura, velándose polo cumprimento das condicións legal ou reglamentariamente establecidas.
Artigo 27. Dotación e selección de persoal das bibliotecas da Rede.
1. Todas as bibliotecas integradas na Rede deberán contar co persoal técnico cualificado no ámbito da biblioteconomía e a documentación, en número suficiente para atender as distintas áreas funcionais, e cos medios humanos doutras categorías profesionais necesarios para o cumprimento dos fins e funcións da biblioteca. Os estándares de persoal serán fixados polo Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza.
2. As bases das convocatorias de acceso ás categorías de persoal cualificado das Bibliotecas da Rede deberán ser informadas con carácter preceptivo pola Consellería competente en materia de cultura. Asimismo, os tribunais de selección deberán incluir unha persoa nomeada polo órgano de dirección e coordinación.
TÍTULO IV
DAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS, ESCOLARES E ESPECIALIZADAS
Artigo 28. Bibliotecas universitarias
1. As bibliotecas universitarias públicas son centros de recursos para a aprendizaxe, a docencia, a investigación e as actividades relacionadas co funcionamento e a xestión do ensino superior, que ten como funcións facilitar o acceso e a difusión dos recursos de información e colaborar nos procesos de creación do coñecemento, co fin de contribuír á consecución dos obxectivos da universidade.
2. As bibliotecas universitarias recollen fondos bibliográficos especializados, e prestan servizos aos membros da comunidade universitaria e, coa autorización previa do centro correspondente, aos particulares que o soliciten.
3. As bibliotecas universitarias coordinaranse co resto do sistema bibliotecario a través da Biblioteca Nacional de Galicia no ámbito dos procesos técnicos, a dixitalización e a protección dos fondos de especial valor cultural para Galicia, sen prexuízo doutras formas de cooperación que podan establecerse mediante convenio con outras bibliotecas para servizos comúns.
Artigo 29. Bibliotecas escolares.
1. A Biblioteca escolar constitúe un recurso do centro educativo ao servizo dos procesos de ensino e aprendizaxe e do fomento da lectura.
2. A biblioteca escolar organiza e pon ao servizo de toda a comunidade escolar os fondos documentais existentes no centro, en soporte impreso, audivisual, multimedia ou calquera outro soporte ou medio de transmisión de contidos culturais ou informativos.
3. As súas funcións son: realizar a xestión técnica dos fondos documentais, segundo criterios estandarizados e adaptados ás características dos centros educativos; facilitar a formación de usuarios no uso da biblioteca e en educación documental, favorecer o asceso aos bens culturais e o fomento da lectura.
4. Todos os centros de ensino non universitario organizarán a súa biblioteca escolar, segundo as pautas que sobre e xestión técnica, programación de actividades, persoal, horarios, organización e financiamento se establezan mediante a normativa específica.
5. As bibliotecas escolares cooperarán coa rede de bibliotecas públicas, especialmente coa biblioteca ou bibliotecas da súa área de referencia, na creación e consolidación de dos hábitos de lectura, e na formación para o acceso á información, no marco do Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza.
Artigo 30. Bibliotecas especializadas.
1. Son bibliotecas especializadas as bibliotecas que conteñan un fondo centrado, principalmente, nun campo específico do coñecemento.
2. As bibliotecas especializadas, que poden ser de titularidade pública ou privada, prestan un servizo público coas restricións que lles son propias, e coordínanse co resto do Sistema Bibliotecario nos termos que establece o artigo 47.2 para as bibliotecas universitarias.
TÍTULO V
DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO DE GALIZA
Artigo 31. Definición do patrimonio bibliográfico de Galicia.
1. Forman parte do patrimonio bibliográfico de Galicia os bens seguintes, con independencia da súa titularidade ou da súa ubicación en bibliotecas públicas ou privadas:
2. O procedemento de declaración de ben bibliográfico de especial interese para Galiza nas categorías de ben de interese cultural ou catalogado ou axustarase aos procedementos establecidos na normativa autonómica de patrimonio cultural. Non obstante, a competencia para iniciar o procedemento será exercida polo centro directivo competente en materia de libro e bibliotecas.
Artigo 32. Rexime xurídico.
1. Os titulares de bens integrantes do patrimonio bibliográfico de Galiza ou de especial interese para Galiza estarán obrigados a colaborar coa Biblioteca Nacional de Galiza na súa identificación e inclusión no catálogo do patrimonio bibliográfico galego.
2. Asemade, os seus titulares estarán obrigados a permitir o acceso e inspección dos funcionarios do órgano de dirección e coordinacion do sistema aos efectos de comprobación do cumprimento das obrigas previstas na presente Lei.
3. O patrimonio bibliográfico de Galiza rexerase polas disposicións contidas neste título. No non previsto nel será de aplicación supletoria o rexime previsto na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza para os bens móbeis, conforme ao criterio de maior protección.
4. Os bens integrantes do patrimonio bibliográfico serán obxecto de inscrición no catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico.
Artigo 33. Adquisición pública de patrimonio bibliográfico
Artigo 34. Depósitos.
Artigo 35. Doazóns e legados
A administración autonómica poderá aceptar, con destino á Biblioteca Nacional de Galicia, doazóns ou legados consistentes en bens do patrimonio bibliográfico galego. Estes donativos ou legados, previo informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galiza e do organismo económico-administrativo competente, poderán gozar, se é o caso, das exencións e beneficios tributarios previstos na lexislación de aplicación.
Artigo 36. Saída de obras do patrimonio bibliográfico
1. Calquera saída de bens do patrimonio bibliográfico galego dos centros integrados na rede de bibliotecas de Galiza deberá ser previamente autorizada pola Consellería competente en materia de patrimonio cultural. A saída dun ben cultural do centro que ostente a súa custodia estará sempre condicionada á esixencia de garantir unhas perfectas condicións de conservación e seguridade durante o traslado e no seu destino temporal, así como á subscrición da correspondente póliza de seguro.
2. Para a saída de fondos custodiados en calidade de depósito, os centros deberán aterse, en todo caso, ao estipulado no documento que regula especificamente tal situación xurídica.
Artigo 37. Da restauración e dixitalización do patrimonio bibliográfico.
A restauración e a dixitalización de bens integrantes do patrimonio bibliográfico galego requirirá a autorización previa da Consellería competente en materia de cultura, que establecerá os estándares técnicos axeitados. No caso dos fondos propios custodiados en bibliotecas de titularidade ou xestión autonómica, dita autorización se considera implícita na aprobación da súa programación anual.
TÍTULO VI
RÉXIME SANCIONADOR
Artigo 38. Infraccións
Artigo 39. Infraccións leves
Constitúen infraccións leves as seguintes accións ou omisións:
Artigo 40. Infraccións graves
Terán a consideración de infraccións graves:
Artigo 41. Infraccións moi graves
Terán a consideración de infraccións moi graves as accións ou omisións que vulneren as prescricións establecidas nesta lei e impliquen danos irreparables ou a perda total ou parcial dos bens do patrimonio bibliográfico de Galiza.
Artigo 42. Responsabilidade das infraccións
Artigo 43. Sancións
Infraccións leves: sanción de ata 6.000€
Infraccións graves: sanción dende 6.001€ ata 60.000 €
Infraccións moi graves: sanción de 60.001 € ata 150.000 €.
Artigo 44 Órganos competentes
Artigo 45. Procedemento
Artigo 46. Prescricións de infraccións e sancións
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición adicional primeira. Dereitos derivados da propiedade intelectual.
Disposición adicional segunda. Patrimonio bibliográfico da Igrexa Católica.
1. Para a aplicación desta lei e as súas disposicións de desenvolvemento ao patrimonio bibliográfico de interese galego de titularidade da Igrexa católica ou doutras confesións relixiosas, estarase ao disposto nos convenios entre o Estado español e aquelas.
2. Non obstante, a Igrexa Católica estará obrigada a protexer, coidar, notificar a existencia e permitir o acceso aos inspectores e aos investigadores do patrimonio bibliográfico galego que obre no seu poder.
3. En función das disponibilidades orzamentarias, a Consellaría competente en materia cultural poderá establecer convenios específicos para dixitalizar e pór á disposición dos cidadáns os fondos bibliográficos da Igrexa Católica a través da Biblioteca Nacional de Galiza.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
O Mapa de Bibliotecas Públicas de Galiza aprobarase no prazo máximo de un ano desde a entrada en vigor da presente Lei.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan total ou parcialmente ao contemplado na presente lei e en particular a Lei 14/1989. Non obstante, namentras non se desenvolva regulamentariamente esta Lei, permanecerán en vigor as disposicións regulamentarias ditadas ao abeiro da Lei 14/1989, en todo o que non sexa contrario á presente Lei.
Queda derrogado o Título VI da Lei 8/1995, de patrimonio cultural de Galiza.
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Disposición derradeira primeira
Autorízase ao Consello da Xunta de Galiza, por proposta da Consellería de Cultura e Deporte, para ditar as normas regulamentarias expresamente previstas nesta lei e cantas outras sexan necesarias para o seu cumprimento.
Disposición derradeira segunda
Esta lei entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galiza.
30