ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN
“DEPORTIVO-CULTURAL NEGREIRA-VETERANOS”
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL.
Artigo 1. Constitúese en Negreira unha asociación sen ánimo de lucro, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, que se denominará “Asociación Deportivo-cultural Negreira-Veteranos”. A asociación rexerase polos presentes estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, regulamentadora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2. Esta asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e no resto do ordenamento xurídico.
Artigo 3. A existencia desta asociación ten como fins:
Os deportivo-culturais , e en especial a práctica do fútbol .
Estimular a práctica do deporte, a tódalas idades e principalmente nas persoas maiores de 30 anos.
Promocionar actividades socioculturais,deportivas e de tempo libre .
Artigo 4. Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as seguintes actividades:
Actividades deportivas. Inscribirse anualmente na “Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago”, co fín de participar nas competicións por eles organizadas, de liga e copa de fútbol. E/ou en calquer outra competición na que decida participar a Xunta Directiva.
A participación, o fomento, a organización e colaboración na realización de eventos deportivos, sociais e culturais, que se desenrrolen no ambito territorial da Asociación, e principalmente en Negreira e comarca.
Realización de convenios de colaboración con fundacións, asociacións, orientadas á realización de campañas informativas, cursos, charlas, intercambios deportivos-culturais, etc.
Actividades de ocio e esparcemento
Como asociación sen ánimo de lucro destinarase ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto, agás as contribucións efectuadas en concepto de dotación patrimonial.
Artigo 5. A Asociación establece o seu domicilio social en: Negreira Rúa Avda. XXXXXXXX C.P.: 15830, correo electrónico “negreiraveteranos@yahoo.es”. O seu ámbito territorial no que vai realizar principalmente as súas actividades é provincial. Poderán utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Asemblea Xeral que terá atribucións para cambiar tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións.
CAPÍTULO II:
DOS SOCIOS
Artigo 6. Poderán ser integrantes da Asociación “Deportivo-Cultural Negreira-Veteranos” todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica.
Artigo 7. Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
Socios Fundadores: Aquelas persoas que subscribiron a Acta fundacional.
Socios Numerarios: Aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
Socios Colaboradores: Aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación, sen límite de idade.
Artigo 8. Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
Poder elixir e ser elixidos para cargos directivos.
Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Ter copia destes Estatutos e ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 9. Son obrigas dos asociados e asociadas fundadores e numerarios:
Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
Asistir ás Asembleas Xerais e demais actos.
Aboar a cota anual, e as aportacións extraordinarias que se establezan de selo caso, nas cantidades que se fixen.
Observar unha boa conducta individual e cívica.
Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 10. As asociadas e asociados colaboradores non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 11. Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude debe ser autorizada polo representante, pais ou titor do solicitante e se acompañara.
Artigo 12. A condición de asociado pérdese por:
Vontade propia.
Falta de pago da cota anual. Establecense como datas de abono as comprendidas entre o 1 de xullo e o 15 de setembro .
Realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
Expediente disciplinario.
Falecemento.
Artigo 13. A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade da persoa asociada, ésta deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes.
Artigo 14. Os asociados poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que así o aconsellen, tales como o atraso no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN.
Artigo 15. A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 16. O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea entre os socios que teñan polo menos un ano de antigüidade e o seu mandato durará 1 ano.
Artigo 17. A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, e vogais, estes últimos en número non inferior a dous e non superior a catro. Todos estes cargos deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Artigo 18. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou outra persoa interposta.
Elixiranse pola Asemblea Xeral e os cargos durarán un período de un ano, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os membros que compoñen a Xunta Directiva, poderán cesar no seu cargo por:
Expiración do mandato.
Renuncia voluntaria comunicada por escrito a Xunta Directiva,
Falecemento.
Incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas. Esta decisión será acordada polo resto dos membros da Xunta Directiva, previa audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria.
As vacantes que se produzan na Xunta Directiva serán cubertas por algún dos socios sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 17 dos Estatutos, e polo procedemento habitual de elección dos cargos da mesma.
O persoal de Secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Artigo 19. É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo, procederá a convocar e fixar a data da Asemblea Xeral, fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de Traballo ou sección que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.
Artigo 20. A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou Secretario, por esta orde, e a falta de ambos, polo membro que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia de polo menos seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirán ó libro de actas.
Artigo 21. As facultades da Xunta Directiva extenderanse, con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, unha autorización expresa da Asemblea Xeral. Son facultades da Xunta Directiva:
Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
Executar os acordos da Asemblea Xeral.
Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os Balances e Contas anuais.
Resolver sobre a admisión de novos asociados e asociadas.
Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
Calquera outra facultade que non sexa exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios e socias.
Artigo 22. Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vogais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.
Artigo 23. A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 24. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e dentro dos catro meses seguintes ó peche de exercicio; e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios con dereito a voto. Neste último caso realizarase por medio dun escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 25. A convocatoria de Asemblea Xeral, sexan ordinarias ou extraordinarias, realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. A convocatoria será realizada polo Presidente da Xunta Directiva. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea na primeira convocatoria haberán de mediar polo menos quince días, podendo así mesmo facerse constar se procederá, a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poda mediar un prazo non inferior a media hora.
A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas Ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asembleas Extraordinarias.
Artigo 26. Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
Aprobar a acta da reunión anterior.
Aprobar o plan de actividades.
Examinar e aprobar a memoria de actividades.
Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos de cada exercicio.
Exame e aprobación das cotas, tanto fixas como extraordinarias.
Artigo 27. Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.
Modificar os Estatutos da Asociación.
Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
Aprobar a federación con outras asociacións.
Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acordar a disolución da Asociación.
Designar os liquidadores.
Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.
As que sendo competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.
Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou á Xunta Directiva.
Artigo 28. Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes con dereito a voto, sempre que concorran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora, en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Artigo 29. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións, excepto, aqueles acordos que requiran unha maioría definida que virá reflexada no resto do articulado destes Estatutos.
Compre a maioría cualificada dos presentes ou representadas, que resultara cando os votos afirmativos superen a metade de estas, para aprobar ou rexeitar os apartados do a) ó k) do artigo 27.
A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignará o Presidente e o Secretario da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.
Artigo 30. Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados e asociadas, incluso ós non asistentes.
As sesións abriránse cando así o determine o Presidente. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a establecer a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer unha quenda de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluído isto levantarase a sesión por parte do Presidente.
Artigo 31. Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 32. O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 16, as seguintes atribucións:
Presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade en caso de empate.
Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou axeitada, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
Ordenar os pagamentos acordados validamente.
Representar a Asociación perante calquera organismo público ou privado.
Firmar as actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento que se trate.
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, substituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 33. O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notificar as convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 34. O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, e dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levara conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participará en tódalas operacións de orde económico.
O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 30 de xuño, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.
Artigo 35. Os vogais, terán as seguintes atribucións:
Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 36. A Asociación no momento da súa constitución dispón dun patrimonio de xxxxx euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do remate da tempada da actividade principal a desenrrolar, o fútbol, que como normal xeral será o 30 de xuño.
Artigo 37. A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do 1 de xullo de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 38. A Asociación manterase cos seguintes recursos:
As cotas periódicas dos asociados e asociadas.
As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 39. As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atender as necesidades da Asociación.
Artigo 40. Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados e asociadas, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 41. Anualmente no tempo que establece o artigo 24 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.
Artigo 42. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro, para a utilización indistinta de calquera.
Artigo 43. Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados e asociadas os recursos obtidos pola Asociación.
Artigo 44. O réxime documental da Asociación, constará dos seguintes libros: Rexistro
de Socios, de Actas e Contables .
Artigo 45. No libro de Rexistro de Socios, terán que constalos nomes e apelidos dos socios fundadores e numerarios, e o seu,Documento Nacional de Identidade e, no seu caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan na Asociación . Especificarase as datas de altas e baixas, e as tomas de posesión e cese nos cargos.
Artigo 46. No libro de Actas, consignaranse as reunións que celebre a Asamblea xeral e a Xunta Directiva, con expresión de data, asistentes, asuntos tratados e acordos acadados. As Actas terán que estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.
Artigo 47. Nos Libros Contables figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos, debéndose precisala procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.
Artigo 48. Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas abríndose un prazo de 7 días para que calquera socio ou socia poda dirixir á Secretaria as propostas e emendas que considere oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.
Artigo 49. Para ser aprobada a reforma de Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 50. A Asociación disolverase polas seguintes causas:
Pola vontade propia dos asociados e asociadas acordada polos 2/3 dos mesmos/as.
Por outras causas determinadas legalmente.
Por sentencia xudicial.
Artigo 51. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designara tres asociados/as liquidadores, que xunto co Presidente e o Tesoureiro, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 52. O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós de esta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, regulamentadora do Dereito de Asociación, e das disposicións complementarias.