O BLOG COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA E OUTRAS APLICACIÓNS DA WEB EDUCATIVA 2.0


Daniel Veiga Martínez

http://orientacion.blogia.com

veigaorama@gmail.com


Manuel López Méndez

http://formaciongalicia.blogia.com/

galicia.manuel@gmail.com


1.- OBXECTIVOS.



1.1.- Adquirir unha base teórica sobre internet como recurso de comunicación, información e formación. A competencia dixital no sistema educativo.


1.2.- Aprender a usar con eficacia para o noso traballo docente algúns dos servizos que nos ofrece Google.es –correo electrónico de alta capacidade, procesador de textos, presentacións, etc.-

1.3.- Coñecer e valorar as posibilidades pedagóxicas do blog: os blogs educativos –edublogs- de http://aulablog.com e outros blogs.


1.4.- Planificar, crear e manter un blog en http://blogia.com . O blog do profesor/a como ferramenta pedagóxica.


1.5.- Coñecer e saber usar BLOGLINES, http://bloglines.com para informarse de maneira automática.








1.6.- Aprender a utilizar unha aplicación que nos permite coñecer presentacións e subir as nosas presentacións ao noso blog, http://www.slideshare.net.


1.7.- Coñecer algús servizos de vídeo –por exemplo, http://es.youtube.com – e aprender a engadir vídeo no noso blog.

1.8.- Coñecer e saber utilizar aplicacións para traballar coa imaxe.


1.9.- Unha aplicación para gardar as nosas webs máis interesantes: Blinklist.com



2.- CONTIDOS.


2.1.- Internet como recurso pedagóxico: obxectivos relacionados coas TICS no sistema educativo.


2.2.- Algunhas aplicacións de interese educativo que nos facilita Google. Buscador, correo electrónico, procesador de textos, presentacións, etc.


2.3.- O blog como recurso pedagóxico. O sistema de creación de blogs de Blogia: coñecer e saber usar as súas funcións principais.


2.4.- Informarse de maneira automática con Bloglines. Identificar as nosas fontes de información e engadilas ao noso bloglines particular.


2.5.- Identificar presentacións e vídeos de interese e publicalos no noso blog.


2.6.- Traballando coa imaxe: aplicacións de interese.


2.7.- As nosas web de interese en Blinklist.








3.- ACTIVIDADES.



3.1.- Explicación inicial por parte dos profesores.


3.2.- Exemplos de blogs e análise da súa estructura xeral.


3.3.- Creación dun blog para cada alumno/a e aprendizaxe das tarefas básicas de publicación.


3.4.- Creación dunha conta en Bloglines e aprendizaxe do proceso para engadir contidos.


3.5.- Práctica para engadir presentación -slideshare- e vídeo no noso blog.


3.6.- Traballando coa imaxe. A imaxe en internet –FLICKR- e outras

aplicacións.


3.7.- Creación do noso Blinklist –webs de interese clasificadas-.




4.- RECURSOS EN INTERNET.

http://aulablog.com/planeta

http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/index.htm

http://www.aulablog.com/weblografia-imprescindible-de-edublogs