1º) Os día 17,18 e 19 de marzo de 2009 terá lugar no CEIP de Campolongo a VII Mostra “A camelia, un recurso didáctico en Campolongo”.
2º) Poderán concorrer todas as persoas interesadas que realicen a súa inscrición, especialmente membros da comunidade educativa do centro.
3º) Poderanse presentar flores pertencentes a calquera especie de camelia ou híbridos. Admítese calquera forma de flor, dende a sinxela ata a dobre formal e tódalas formas intermedias de variedades.
4º) Establécese un premio especial “Camelia Campolongo”, que se outorgará ó alumno/a máis destacado en calquera das modalidades. O alumno/a o que se lle outorgue este premio, non poderá obter ningún dos outros premios previstos na base 5ª.
5º) Concederanse, ademais, 2 premios para cada unha das seguintes modalidades:
Camelia branca
Camelia vermella-rosada
Camelia xaspeada-variegada
Presentación artística
Nas modalidades a, b e c, os lotes serán de 3 a 6 flores. Na modalidade d, será libre o nº de flores
6º) No boletín de inscrición deberá expresarse a modalidade na que se desexa participar, segundo se indica na base 5º. O boletín de inscrición facilitarase na secretaría do CEIP de Campolongo, onde deberá entregarse debidamente cuberto antes do día 13 de marzo, ás 14 horas.
7º) Os concursantes presentarán os lotes de flores na sala de exposicións, entre as 9 e 13 horas do día 17 de marzo; non poderán retiralos, sen autorización, antes das 18 horas do día 18 de marzo.
8º) A inauguración da exposición terá lugar o día 17 de marzo, ás 16,00 horas e darase lectura ó dictame do Xurado do concurso
9º) Convócanse así mesmo concursos de redacción, de debuxo e pintura e de fotografía, baixo o lema “A CAMELIA EN CAMPOLONGO” para alumnos de educación infantil e primaria do CEIP de Campolongo. Neste concurso concederase un premio, para redacción, un para debuxo e pintura e outro para fotografía, consistente en material didáctico. Os traballos deberán ser entregados ó Xefe de Estudos antes do día 13 de marzo para ser expostos na sala de exposicións.
10º) A comisión organizadora e o Xurado, estará composto por membros da comunidade educativa do centro, Concelleira de Medio Ambiente do Concello, un representante da Comisión de Festas de Campolongo e presidida por Mª Carmen Salinero, bióloga da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e presidenta da Asociación Española da Camelia. Dito Xurado poderá declarar desertos os premios establecidos, se as flores ou traballos presentados non alcanzasen o nivel requirido.
11º) Os concursantes, polo feito de solicitar a inscrición, declaran coñecer e aceptar integramente estas bases e someterse ás decisións do Xurado e da comisión organizadora, segundo as súas diversas competencias. Os dictames do Xurado serán inapelables. Poderase solicitar calquera aclaración sobre as Bases á comisión organizadora.
Pontevedra, Marzo 2009