XLV CONCURSO EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE LA CAMELIA
 
VILAGARCÍA DE AROUSA
 
 
28 de febreiro e 1 de marzo de 2009
BASES
DO XLV CONCURSO-EXPOSICIÓN
INTERNACIONAL DA CAMELIA
Vilagarcía de Arousa, 2009

1. O Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o XLV Concurso-Exposición Internacional da
Camelia, que terá lugar os días 28 de febreiro e 1 de marzo de 2009, nas instalacións do Recin-
to Feiral de Fexdega.

2. Poderán concorrer todas as persoas interesadas na camelia, profesionais o afeccionados,
nacionais ou estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición
segundo o previsto nas presentes bases.

3. Poderán presentarse flores pertencentes a calquera especie e variedade de camelia, así co-
mo calquera híbrido destas.

4. Establécense os seguintes premios:

a) Premio Camelia de Ouro: ao/á concursante que presente o conxunto de variedades máis
destacado en canto a número e calidade das flores. A quen se lle outorgue este premio, non po-
derá optar a ningún dos demais premios previstos nestas bases. O/A gañador/a deste premio
será invitado a formar parte do xurado do concurso do ano seguinte, no que as súas flores terán
un lugar destacado e en cuxo caso non poderá participar como concursante.

b) Premio Especial Antonio Odriozola: se outorgará á flor individual máis destacada de to-
das as que optaran a este premio e que se exporán nunha mesa separada. Cada concursante
poderá presentar un máximo de cinco variedades, representada cada unha delas por unha
única flor. Será requisito imprescindible que estean perfectamente identificadas co nome da
especie e o da variedade á que pertencen.

c) Primeiro, segundo e terceiro premios aos mellores lotes de cada unha das modalidades se-
guintes:

- Camelia reticulata de calquera cor ou variegación.

- Híbridos de camelia.

d) Primeiro e segundo premios aos mellores lotes de cada unha das modalidades seguintes:

- Camelia japónica branca.

- Camelia japónica rosada ou doutras cores

- Camelia japónica vermella.

- Camelia japónica xaspeada ou variegada.

- Outras especies de camelia.

Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nos apartados “c” e “d” deberán
ser o máis homoxéneos posibles e representativos da variedade á que pertenzan. Estarán forma-
dos por un mínimo de tres flores e un máximo de nove, agás o caso das camelias pertencentes a
outras especies, que se poderán expoñer sen limitación de número. En caso de empate entre va-
rios lotes o xurado manifestarase a favor daquel que teña as flores máis homoxéneas.

Cada flor presentarase co seu talo, que levará polo menos unha folla. Non se poderán colocar
follas de plantas diferentes.

e) Primeiro e segundo premios á mellor presentación artística. Valorarase como tal o conxunto
de flores e plantas de camelia acompañados ou non doutros obxectos e elementos decorativos
que, a xuízo do xurado, se distingan pola súa colocación artísitca. Os conxuntos que opten ao
premio da mellor presentación artística participarán unicamente nesta categoría. A organiza-
ción proveraos dunha tarxeta para que se distingan claramente, co rótulo de “presentación ar-
tística”.

f) Premio especial da Sociedade Española da Camelia ao/á concursante máis destacado/a en-
tre os que participen por primeira vez no certame de Vilagarcía de Arousa, con independencia
de que se presentase en calquera das outras dúas sedes do concurso.

5. Co obxecto de que os premios sexan distribuídos entre un maior número de concursantes,
un/unha mesmo/a concursante non poderá obter máis de dous premios.

6. Co obxecto de facilitar que aqueles/as cultivadores/as que non desexen participar no con-
curso poidan de calquera modo amosar as súas flores, a organización habilitará unha mesa es-
pecial para eles. Neste caso serán válidas todas as observación indicadas nas presentes ba-
ses, agás as relativas ao concurso propiamente dito e aos seus premios.

7. As inscricións no concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de
Arousa, desde o día 18 de febreiro ata as 13,30 horas do día 25 de febreiro de 2009
, nun impre-
so que se facilitará para este fin. Nesta inscrición deberá especificarse a modalidade ou moda-
lidades na que se concursa e a superficie que se precisará para a súa exposición. A superficie
concedida a cada concursante quedará condicionada á orde de inscrición e, en todo caso, ás
dimensións da sala de exposición.

8. Os/as concursantes presentarán os seus lotes de flores na sala de exposicións entre as 9 e as
13 horas do sábado 28 de febreiro,
e poderán retiralos de 21 a 23 horas do sábado 01 de marzo.

9. A exposición inaugurarase o sábado 28 de febreiro ás 18,30 horas coa lectura do dictame do
xurado do concurso, agás cambio decidido pola organización. A entrega de premios terá lugar
o domingo 1 de marzo ás 12 horas.


10. O xurado estará composto polos seguintes membros:
Presidente/a: O concelleiro-delegado da Área de Cultura ou persoa na que delegue.
Secretario/a: Un técnico da Área de Cultura.
Vogais:
- Un representante do Concello de Vigo.
- Un representante do Concello de Vilagarcía de Arousa.
- Un representante da Deputación de Pontevedra.
- Un representante designado pola Asociación Española da Camelia.
- O gañador da Camelia de Ouro da edición anterior.
- Dúas persoas de recoñecido prestixio vencelladas á camelia e que serán designadas polo
Concello de Vilagarcía de Arousa.

11. O xurado poderá declarar desertos algún/s dos premios establecidos nas bases e poderán
conceder mencións especiais por outros conceptos distintos aos sinalados. En caso de empa-
te, decidirá o voto de calidade do/a presidente/a do xurado.

12. Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes declaran coñecer e aceptan in-
tegramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado.

13. O/a presidente/a do xurado queda facultado/a para interpretar as bases e resolver calquera
incidencia que ao longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso puidese produ-
cirse.

Vilagarcía de Arousa.
28 de febreiro e 1 de marzo de 2009

BASES
DO CONCURSO DE ORNAMENTACIÓN DE ESCAPARATES

Vilagarcía de Arousa, 2009

1. A convocatoria do Concurso de ornamentación de escaparates encádrase nas acti-
vidades do XLV Concurso Exposición Internacional da Camelia, que se celebrará en
Vilagarcia de Arousa os días 28 de febreiro e 1 de marzo de 2009, programado pola
Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

2. Poderán concorrer tódolos establecementos comerciais radicados no Concello de
Vilagarcía de Arousa, con independencia do sector de actividade ao que pertenzan.

3. O obxecto do concurso é a ornamentación dos escaparates con motivos alusivos á
camelia, sen ningún tipo de limitación estética, agás a inclusión obrigatoria dalgunha
flor natural de camelia en calquera das súas variedades.

4. No escaparate que se presente a concurso deberá incluírse en lugar visible a se-
guinte información: XLV Concurso-Exposición Internacional da Camelia, Vilagarcía de
Arousa, 28 de febreiro e 1 de marzo de 2009.

5. A inscrición deberá realizarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía, ata o
mércores 25 de febreiro antes das 13.00 horas, co impreso que se facilitará para es-
te fin.

6. Os escaparates que se presenten a concurso deberán estar montados durante os
días 28 de febreiro e 1 de marzo. O xurado creado ó efecto valorará a creatividade, no-
vidade e composición do escaparate decorado con calquera variedade de camelia.
Establécese un premio de 300 euros.

7. O fallo do xurado producirase o sábado 28 de febreiro ás 12.00 horas. A partir deste
momento e durante o fin de semana os gañadores deberán incluír nos escaparates as
placas e tarxetas acreditativas dos premios adxudicados.

8. O Concello de Vilagarcía de Arousa designará un xurado para este concurso. O xu-
rado poderá declarar deserto algún dos premios establecidos se non acadasen, ó seu
xuízo, un nivel mínimo. Así mesmo, poderanse declarar os accésits que fosen oportu-
nos.

9. A presidencia do xurado queda facultada para resolvelos aspectos non previstos
nestas bases.

10. A participación no concurso supón a aceptación das bases. O fallo do xurado será
inapelable.

Vilagarcía de Arousa.
28 de febreiro e 1 de marzo de 2009