Cultura e Animación Sociocultural.


Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. 36202 Vigo.

Tfno.: +34 986810239. Fax: 986228438. E-mail: ofi.cultura@vigo.org


1. O Concello de Vigo organiza o XLIV CONCURSO-EXPOSICIÓN DA

CAMELIA, que terá lugar os días 1 e 2 de marzo de 2008, nas

instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo (Peirao de Bouzas).


2. Poderán concorrer todas as persoas interesadas na camelia, profesionais

o afeccionados, nacionais ou estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas,

sempre que realicen a súa inscrición segundo o previsto nas presentes

bases.


3. Poderán presentarse flores pertencentes a calquera especie e variedade

de Camelia, así como calquera híbrido destas.


4. Establécense os seguintes premios:


a) PREMIO CAMELIA DE OURO: ao/á concursante que presente o

conxunto de variedades máis destacado en canto a número e calidade

das flores. A quen se lle outorgue este premio, non poderá optar a

ningún dos demais premios previstos nestas bases. O/A gañador/a deste

premio será invitado a formar parte do xurado do concurso do ano

seguinte, no que as súas flores terán un lugar destacado e en cuxo caso

non poderá participar como concursante.


b) PREMIO ESPECIAL ANTONIO ODRIOZOLA: se outorgará á flor

individual máis destacada de todas as que optaran a este premio e que

se exporán nunha mesa separada. Cada concursante poderá presentar

un máximo de cinco variedades, representada cada unha delas por unha

única flor. Será requisito imprescindible que estean perfectamente

identificadas co nome da especie e o da variedade á que pertencen.


c) Primeiro, segundo e terceiro premios aos mellores lotes de cada

unha das modalidades seguintes:

- Camelia reticulata de calquera cor ou variegación.

- Híbridos de camelia.


d) Primeiro e segundo premios aos mellores lotes de cada unha das

modalidades seguintes:

- Camelia japónica branca.

- Camelia japónica rosada ou doutras cores

- Camelia japónica vermella.

- Camelia japónica xaspeada ou variegada.


BASES DO XLIV CONCURSO-EXPOSICIÓN DA CAMELIA

Departamento de Cultura. Área de Cultura e Animación Sociocultural.

Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. 36202 Vigo.

Tfno.: +34 986810239. Fax: 986228438. E-mail: ofi.cultura@vigo.org


- Outras especies de Camelia.

Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nos

apartados c e d deberán ser o máis homoxéneos posible e

representativos da variedade á que pertenzan. Estarán formados por un

mínimo de tres flores e un máximo de nove, agás o caso das camelias

pertencentes a outras especies, que se poderán expoñer sen limitación

de número. En caso de empate entre varios lotes o xurado manifestarase

a favor daquel que teña as flores máis homoxéneas.

Cada flor presentarase co seu talo, que levará polo menos unha folla.

Non se poderán colocar follas de plantas diferentes.


e) Primeiro e segundo premios á mellor presentación artística.

Valorarase como tal o conxunto de flores e plantas de camelia

acompañados ou non doutros obxectos e elementos decorativos que, a

xuízo do xurado, se distingan pola súa colocación artísitca. Os conxuntos

que opten ao premio da mellor presentación artística participarán

unicamente nesta categoría. A organización proveraos dunha tarxeta

para que se distingan claramente, co rótulo de “presentación artística”.


f) Premio especial da Sociedade Española da Camelia ao/á

concursante máis destacado/a entre os que participen por primeira vez

no certame de Vigo, con independencia de que se presentase en calquera

das outras dúas sedes do concurso.


5. Co obxecto de que os premios sexan distribuídos entre un maior número

de concursantes, un/unha mesmo/a concursante non poderá obter máis

de dous premios.


6. Co obxecto de facilitar que aqueles/as cultivadores/as que non desexen

participar no concurso poidan de calquera modo amosar as súas flores, a

organización habilitará unha mesa especial para eles. Neste caso serán

válidas todas as observación indicadas nas presentes bases, agás as

relativas ao concurso propiamente dito e aos seus premios.


7. As inscricións no concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello

de Vigo, desde o día seguinte á aprobación das presentes bases na Xunta

de Goberno Local até as 13,30 horas do día 22 de febreiro de 2008, nun

impreso que se facilitará para este fin. Nesta inscrición deberá

especificarse a modalidade ou modalidades na que se concursa e a

superficie que se precisará para a súa exposición. A superficie concedida

a cada concursante quedará condicionada á orde de inscrición e, en todo

caso, ás dimensións da sala de exposición.


8. Os/as concursantes presentarán os seus lotes de flores na sala de

exposicións entre as 9 e as 13 horas do sábado 1 de marzo e poderán

Departamento de Cultura. Área de Cultura e Animación Sociocultural.

Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. 36202 Vigo.

Tfno.: +34 986810239. Fax: 986228438. E-mail: ofi.cultura@vigo.org

retiralos de 21 a 23 horas do domingo 2 de marzo.


9. A exposición inaugurarase o sábado 1 de marzo ás 18,30 horas coa

lectura do dictame do xurado do concurso, agás cambio decidido pola

organización. A entrega de premios terá lugar o domingo 2 de marzo ás

12 horas.


10. O xurado estará composto polos seguintes membros:

Presidente/a: O concelleiro-delegado da Área de Cultura e Animación

Sociocultural ou persoa na que delegue.

Secretario/a: Un/unha técnico/a da Área de Cultura e Animación

Sociocultural.

Vogais:

- Un representante do Concello de Vigo.

- Un representante do Concello de Vilagarcía de Arousa.

- Un representante da Deputación de Pontevedra.

- Un representante designado pola Asociación Española da Camelia.

- O gañador da Camelia de Ouro da edición anterior.

- Dúas persoas de recoñecido prestixio vencelladas á camelia e que

serán designadas polo Concello de Vigo.


11. O xurado poderá declarar desertos algún/s dos premios

estabelecidos nas bases e poderán conceder mencións especiais por

outros conceptos distintos aos sinalados. En caso de empate, decidirá o

voto de calidade do/a presidente/a do xurado.


12. Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes

declaran coñecer e aceptan integramente as bases do concurso e

sométense ás decisións da organización e do xurado.


13. O/a presidente/a do xurado queda facultado/a para interpretar as

bases e resolver calquera incidencia que ao longo do proceso de

convocatoria e resolución do concurso puidese producirse.


Departamento de Cultura. Área de Cultura e Animación Sociocultural.

Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. 36202 Vigo.

Tfno.: +34 986810239. Fax: 986228438. E-mail: ofi.cultura@vigo.org








FOLLA DE INSCRICIÓN

NOME__________________________________________________

APELIDOS ____________________________________________________

NIF _____________________ENDEREZO___________________________

NUM___ _PISO____________CP________LOCALIDADE________________

TFNO___________________MAIL_________________________________

SOLICITO a miña inscrición no XLIV Concurso-Exposición da Camelia, que se

desenvolverá os días 1 e 2 de marzo de 2008 na cidade de Vigo e declaro coñecer e

aceptar integramente as bases do concurso. A inscrición solicítoa para a/as seguinte/s

modalidade/s:


Camelia reticulata de calquera cor ou variegación

Híbridos de Camelia

Camelia japónica branca

Camelia japónica rosada ou doutras cores

Camelia japónica vermella

Camelia japónica xaspeada ou variegada

Outras especies de camelia

Presentación artística

Premio especial da Sociedade Española da Camelia

Premio especial Antonio Odriozola

Superficie total solicitada _____________________m2


Asinado __________________________

XLIV CONCURSO-EXPOSICIÓN DA CAMELIA

Vigo, 1 e 2 de marzo de 2008

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN