CONDICIÓNS XERAIS
María Fechoría & Asociados, na súa Subasta ART & WINE GALLERY, ten como obxectivo a intermediación, por exposición e subasta, de obxectos de arte, antigüidades e viños de colección. En consecuencia, María Fechoría & Asociados, actúa como mediadora entre o propietario/vendedor de cada lote e os posibles compradores.
1- INCLUSIÓN EN CATÁLOGOS E FOTOGRAFÍAS
A reproducción dos lotes nos catálogos da Subasta ART & WINE GALLERY, serán por conta do depositante/vendedor; toda declaración contida no catálogo relativa ao autor, orixe, antigüidade, procedencia e estado do lote, fórmase sobre a base das manifestacións dos seus propietarios e/o vendedor/es, e no seu caso, cando así fora espresamente solicitada por aqueles, despois de unha coidada investigación e asesoramento; pero, sobre a súa exactitude, María Fechoría & Asociados (en adiante MF&A) non acepta responsabilidade. Os compradores han de formar a súa propia opinión sobre os distintos extremos.
Os gastos de inclusión dos lotes no catálogo, así como a súa reproducción mediante grabados ou fotografías, serán de conta do depositante/vendedor.
O depositante/vendedor outorga a MF&A o dereito a fotografar e ilustrar calquera lote dos que se han de subastar, así como a posibilidade de utilizar ditas fotografías e ilustracións á súa absoluta discreción, incluíndo, a estos fins, o emprego de medios e soportes de tipo electrónico.
2- PUBLICIDADE
Si algún depositante/vendedor solicítao, MF&A pode desenvolver unha campaña de publicidade, tendente á promoción do lote a subastar. Os prezos de dita campaña, serán convidos adecuadamente e abonados por dito depositante/vendedor.
3- EXPOSICIÓN
Os lotes que se han subastar, serán expostos previamente á puxa, a fin de permitir un perfeito exame e coñecemento dos mesmos aos posibles compradores.
4- DISCREPANCIAS ENTRE POSTORES
Os lotes se adxudicarán ao mellor ofertante. O desacordo entre dous ou máis licitadores ou postores sobre a cantidade que constituíu a puxa máis alta e, en xeral, calquera diferencia que xurda entre os licitadores dunha subasta, será dirimida polo Director da subasta, que adxudicará o lote a quen estime oportuno, de manera inapelable. Si o Director da subasta non resolvera sobre a marcha o desacordo ou a diferencia xurdida entre postores, MF&A terá a facultade de proceder a unha nova subasta do lote en cuestión na mesma sesión.
5- CIFRA DE SAIDA
A cifra de saída de cada lote na subasta, determinarase de mútuo acordo entre MF&A e o depositante/vendedor.
A cifra de saída en subasta de cada lote especificarase no catálogo on-line no seguinte enlace http://www.mfechoria.blogspot.com/. A cifra de saída constituirá o prezo mínimo de venda, salvo os casos excepcionais en que se poda pactar unha reserva co depositante/vendedor, ou MF&A decida establecela discrecionalmente.
6- GASTOS DE TRANSPORTE E PERMISOS ESPECIAIS
Si o depositante/vendedor solicitara de MF&A a recollida e o transporte dos lotes ata os locais da empresa, os gastos en que se incurra serán da súa conta e da súa exclusiva responsabilidade os daños que puideran ocasionarse durante o transporte.
O depositante/vendedor é exclusivamente responsable de obter e de aportar a MF&A, á súa exclusiva conta e cargo, a documentación legal e administrativa, licencias e permisos de calquera clase, incluídos os de exportación e importación, que sexan eventualmente requeridos por as Autoridades Públicas e Administraciones, nacionais e internacionais, para o legal transporte e comercialización dos obxectos e obras de arte que sexan depositados para a súa venda.
7- CAPACIDADE
MF&A presume que o depositante/vendedor ten a capacidade legal necesaria para contratar, a pacífica posesión e o pleno poder de disposición sobre os bens obxecto de subasta ou venda. O depositante/vendedor exonera de toda responsabilidade a MF&A e asumirá na súa totalidade calquera consecuencia, perxuízo e gasto que eventualmente se derive dos defectos de capacidade, de titularidade ou de libre disposición do depositante/vendedor, ou con ocasión de reclamacións efectuadas por terceiros sobre os obxectos depositados para subasta ou venda.
8- ABONO DOS GASTOS
O depositante/vendedor autoriza a MF&A para que, do prezo de remate, deduzca ou facture, si os houbera, os gastos en que se incurra ata o momento en que a subasta se produza, así como os impostos correspondentes a estos gastos ao tipo que se atope vixente e sexa aplicable en cada momento.
Os aludidos gastos serán satisfeitos a MF&A de conformidade con calquera das alternativas previstas en estas Condicións Xerais.
9- DEREITO A RETIRAR OS LOTES
No caso de que o depositante/vendedor decida, despois da inclusión dun lote no catálogo, non levar a término a venda en subasta para a que a súa realización solicitou a mediación de MF&A, ésta terá dereito a esixir do mesmo, en concepto de gastos ocasionados e indemnizacións: (i) unha cantidade equivalente ao 20 % do valor fixado como cifra de reserva, si houbera sido establecida, o no seu defecto, do valor da cifra de saída; e o íntegro reembolso dos gastos e servizos efectivamente ocasionados e prestados ata ese momento.
10- DEREITOS O CORRETAXE
Ao efectuar ao depositante/vendedor a liquidación do prezo de remate do lote subastado ou vendido, MF&A detraerá do mesmo, pola mediación realizada, unha porcentaxe polo concepto de dereitos ou corretaxe e o I.V.A. correspondente.
Dita porcentaxe sobre o prezo de remate establecerase de común acordo entre o depositante/vendedor e MF&A para cada lote depositado e figurará no correspondente recibo de admisión do mesmo.
11- LIQUIDACIÓN AO VENDEDOR
MF&A liquidará ao depositante/vendedor a cantidade que corresponda, despois das deduccións por gastos, corretaxe, dereitos de autor -si foran aplicables- e impostos, a partires dos trinta días seguintes á data na que se celebrou a subasta, sempre que o lote esté abonado polo adxudicatario/comprador.
12- IVA E TRIBUTOS
Salvo que outra cousa se diga expresamente en algún outro lugar de estas Condicións Xerais, todas as cifras, tarifas e importes que nas mesmas se indican entenderánse expresados sen incluir o IVA ou calquera outro tributo que fora exixible.
13- SUMISIÓN E LEI APLICABLE
No caso de que xurdiran discrepancias entre as partes por razón das operacións de subasta, o depositante/vendedor, o adxudicatario/comprador e a propia MF&A, con renuncia a calquera outro fuero que puidera corresponderlles, someteranse á Xurisdicción dos Xulgados e Tribunais que correspondan.
As operacións en que intervén MF&A, en canto á súa calificación xurídica e efectos conseguintes, quedan sometidas ás normas do Dereito Español e máis en concreto aos preceptos que regulan os contratos de mediación e de depósito.
14- RECIBOS DE ADMISIÓN
No momento de realizar o depósito dun lote, se lle entregará ao depositante/vendedor, xunto co respectivo recibo de admisión e como documento anexo ao mesmo, un exemplar das presentes Condicións Xerais.
No recibo declarará que coñece o contido das presentes Condicións e que as recibe no mesmo momento, quedando, por tanto, sometido ás mesmas.
Os obxectos e obras de arte admitiránse no estado en que se atopen, non aceptando MF&A ningunha reclamación sobre restauracións, roturas, desperfeitos, etc..., aínda que non se fixeran constar no correspondiente recibo de admisión.
MF&A dispón dunha póliza de seguro cun ámbito de cobertura desde que se inicia la carga das obras de arte no lugar de orixe, ata que finaliza a descarga no lugar da exposición, exposición e o seu posterior regreso ao punto de partida, desde o 10 de novembro ao 18 de dicembro de 2008. Será preciso que o vendedor comunique a matrícula dos vehículos que fagan os desplazamentos das mercancías, e os lugares de orixe.
RELACIÓNS CO COMPRADOR:
1- EXPOSICIÓN
Os lotes que se han de subastar serán expostos previamente á subasta, a fin de permitir un perfecto examen e coñecemento dos mesmos aos posibles compradores.
2- ESTADO DOS LOTES
Os lotes subastaranse no estado en que se atopen, non aceptando MF&A ningunha responsabilidade nin reclamación sobre restauracións, desperfectos, roturas, etc., que aqueles puideran presentar, aínda que non se fixeran constar no catálogo. A exposición dos lotes ten por finalidade permitir un perfecto examen e estudo dos mesmos.
Ata o momento da Subasta, o personal atópase a disposición dos interesados para ofrecer as aclaracións que estes puideran solicitar sobre calquera dos lotes.
3- DATOS DO CATÁLOGO
Toda declaración contida no catálogo relativa ao autor, autenticidade, orixe, antigüidade, procedencia, medidas e estado do lote, fórmase sobre a base das manifestacións de os seus propietarios e/o vendedores; sobre a súa exactitude, MF&A non acepta responsabilidade algunha. De acordo coa costume internacional, os lotes catalogados véndense con todas as súas eventuais fallas e imperfeccións, incluso errores de descripción no catálogo, debendo os compradores, a estos efectos, cerciorarse antes da subasta de que a descripción concorda coa súa opinión personal sobre o respectivo lote.
4.- ORGANIZACIÓN DE LOTES
MF&A resérvase o dereito de organizar os lotes, cambialos ou subdividilos en varios, de conformidade ao seu prudente e experto criterio; poderá asimismo combinar dous ou máis lotes e retiralos por causa xustificada.
5.- ADMISIÓN DE LOTES E CIFRA DE SALIDA
A cifra de saída de cada lote na subasta, determínase de mutuo acordo entre MF&A e o propietario/vendedor.
A cifra de saída de cada lote especifícase no catálogo e non ten porque gardar relación co valor do obxecto en cuestión, sendo xeralmente moi inferior. A cifra de saída constituirá o prezo mínimo de venta, salvo os casos excepcionais en que se teña pactada unha reserva co depositante/vendedor, ou MF&A teña decidido establecela discrecionalmente.
6.- USO E NORMAS
No seu carácter de mediadora, MF&A acomodarase, ao levar a cabo a subasta dos lotes que se lle encomenden a tal fin, ás normas en cada momento aplicables e vixentes, así como aos usos comerciais polos que tradicionalmente ven rexíndose este tipo de operacións, que se basean no principio da boa fe.
7.- ESCALA DE PUXAS
As puxas estableceránse e/ou incrementaránse co arreglo á seguinte escala:
|
De 50 € |
ata 100 € |
5 € |
|
De 100 € |
ata 200 € |
10 € |
|
De 200 € |
ata 500 € |
25 € |
|
De 500 € |
ata 1.000 € |
50 € |
|
De 1.000 € |
ata 2.000 € |
100 € |
|
De 2.000 € |
ata 5.000 € |
250 € |
|
De 5.000 € |
ata 10.000 € |
500 € |
|
De 10.000 € |
ata 20.000 € |
1.000 € |
|
De 20.000 € |
ata 50.000 € |
2.500 € |
|
De 50.000 € |
ata 100.000 € |
5.000 € |
|
De 100.000 € |
ata 200.000 € |
10.000 € |
|
De 200.000 € |
ata 500.000 € |
25.000 € |
|
De 500.000 € |
en adiante |
50.000 € |
En calquera caso, MF&A poderá variar o sistema de puxas en casos concretos.
8- INCREMENTO MÍNIMO
O Director da subasta ten dereito a rexeitar toda puxa que non sobrepase a precedente na cuantía en cada caso aplicable. O propio Director da subasta poderá pedir a ratificación dunha puxa realizada.
9.- ADXUDICACIÓN AO MELLOR POSTOR E DESACORDOS
Os lotes adxudicaranse ao mellor postor. O desacordo entre dous ou máis licitadores ou postores sobre a cantidade que constituiu a puja máis alta e, en xeral, calquera diferenza que xurda entre os licitadores de unha subasta, será dirimida polo Director da subasta, que adxudicará o lote a quen estime oportuno, de manera inapelable. Si o Director da subasta non resolvera sobre a marcha o desacordo ou a diferenza xudida entre postores, MF&A terá a facultade de proceder a unha nova subasta do lote en cuestión na mesma sesión ou na inmediata seguinte, ou ben poderá proceder a unha subasta privada do mismo.
10.- REFERENCIAS
MF&A poderá solicitar referencias de quen teña a intención de participar, como postores o licitadores, nunha subasta. Do mesmo modo, MF&A poderá requerir do adxudicatario/comprador de un ou varios lotes, sempre que o considere convinte, referencias bancarias ou outro tipo de garantías.
MF&A e o Director da subasta, poderán refusar calquera puxa sin necesidade de xustificación ou explicación algunha.
11- COMPROBACIÓN DOS OBXECTOS
Durante a exposición dos lotes, quen desee participar nunha subasta deberá comprobar o estado e demáis condicións do obxecto que desee adquirir, a fin de cerciorarse sobre si a descripción do catálogo concorda coa súa apreciación.
12- PUXAS POR ESCRITO E POR TELEFONO
MF&A poderá puxar, facendo públicas, no seu momento, e segundo as circunstancias de cada subasta, as ofertas que reciba por escrito de licitadores ou postores, formalizadas nos impresos facilitados para isto por MF&A ou por calquera outro medio electrónico ou telemático. Este servizo é gratuito. Os lotes adxudicaranse ao prezo máis baixo que permitan as demáis puxas e cifras de reserva, si foran éstas establecidas. Si se recibe máis de unha oferta por escrito para un mesmo lote, pola mesma cantidade, recoñecerase prioridad, a efectos da súa eventual adxudicación en subasta, á primeira oferta que reciba MF&A, segundo a súa data e hora de recepción.
Tamén poderán efectuarse puxas telefónicas, nos lotes nos que a cifra de saída sexa igual ou superior a 600 €, que igualmente terán que ser formalizadas por escrito nos impresos facilitados para isto por MF&A ou por calquera outro medio electrónico ou telemático. Unha orde para realizar unha puxa telefónica implica que ao postor se lle obriga, polo menos, a cubrir a cifra de saída. MF&A non se fai responsable da fala de contacto telefónico ou da perda do mesmo. Neste caso, MF&A cubrirá a cifra de saída polo postor.
No caso de empate entre unha puxa realizada en MF&A e unha oferta efectuada por escrito, terá preferencia esta derradeira.
MF&A resérvase o dereito de refusar as ofertas recibidas con posterioridade ás 14:00 horas do día en que se celebre a subasta, sin necesidade de xustificación ou explicación algunha.
13- ADXUDICACIÓN E GASTOS DE ALMACENAXE
As persoas que desexen puxar na subasta deberán rellenar o impreso de solicitude de paleta acreditativa das súas futuras compras e da conformidade con as condicións da subasta, que se facilitará por MF&A nas mesas dispostas ao efecto, onde se entregará a cada postor, a continuación, o número correspondente.
Os lotes adxudicados deberán ser pagados polo adxudicatario/comprador no prazo máximo de sete días e retirados no prazo máximo de vinte días naturais, ambos prazos a contar desde la data de adxudicación na subasta. Transcurrido este derradeiro prazo sin que o adxudicatario/comprador teña retirado o lote ou lotes adquiridos, devengaranse uns gastos de custodia e almacenaxe por lote e día de 6 €. Transurridos trinta días naturais desde la data da subasta sin que o comprador teña pagado e/ou retirado os lotes, María Fechoría & Asociados poderá dar por rescindida a venda sen perxuízo das accións legais que, ante tal situación, puidera tomar. En canto aos danos que eventualmente se ocasionen nos lotes adxudicados serán da exclusiva responsabilidade do adxudicatario/comprador.
14- DEREITOS OU CORRETAXE
O adxdicatario/comprador adquirirá o obxecto subastado ao prezo de adxudicación que se sinale no momento do golpe de martelo; a ese prezo se engadirá o corretaxe e o I.V.A. correspondente.
As cantidades que correspondan por gastos de embalaxe, seguro, transporte e almacenamento dos lotes, segundo se devenguen con posterioridade á adxudicación, serán satisfeitos xunto cos seus correspondentes impostos, polo adxudicatario/comprador.
15- IVA E TRIBUTOS
Salvo que outra cousa se diga expresamente nalgún outro lugar destas Condicións Xerais, todas as cifras, tarifas e importes que nas mesmas se indican, entenderanse expresados sen incluir o IVA ou calquera outro tributo que fora exigible.
16- FACTURACIÓN
O comprador liquidará a factura correspondente aos lotes adxudicados, resultado da suma dos prezos de adxudicación, o I.V.A. correspondente, o 16% en concepto de corretaxes e o I.V.A. correspondente a eses corretaxes.
Os compradores que desexen retirar ao rematar a subasta os lotes adxudicados, poderán facelo, sempre e cando sexa posible, abonando o total importe en efectivo. Durante a celebración da subasta non se poderá entregar lotes.
17- GASTOS DE EMBALAXE E TRANSPORTE. PERMISOS ESPECIAIS
Os gastos de embalaxe e transporte do lote adxudicado serán sempre por conta do adxudicatario/comprador, e da súa exclusiva responsabilidade os danos que puideran ocasionarse ao mesmo durante o seu transporte.
O adxudicatario/comprador é responsable de obter e de aportar onde corresponda, á súa exclusiva conta e cargo, a documentación legal e administrativa, licencias e permisos de calquera clase, incluídos os de exportación e importación, que sexan eventualmente requeridos polas Autoridades Públicas e Administracións, nacionais e internacionais, para o legal transporte dos lotes adxudicados e/ou adquiridos na subasta.
18- SUMISIÓN E LEI APLICABLE
No caso de que xurdiran discrepancias entre as partes por razón das operacións de subasta, o depositante/vendedor, o adxudicatario/comprador e a propria MF&A, con renuncia a calquera outro fuero que puidiera corresponderlles, sométense á Xurisdicción dos Xulgados e Tribunais que correspondan.
As operacións en que intervén MF&A, en canto á súa calificación xurídica e efectos conseguintes, quedan sometidas ás normas do Dereito Español e máis en concreto aos preceptos que regulan os contratos de mediación e de depósito.
19- DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
En cumplimento da Ley Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos persoais recabados con ocasión da subasta, serán almacenados en ficheiros, propiedade da empresa, con a finalidade de establecer unha base de datos de clientes e a efectos informativos.