Asistentes: Sonia, Álvaro, Seve, Adrián, Carlos, Antón
Lugar: La Pecera (R/ Pizarro, 35, Vigo)
Orde do Día:
Aprobación da acta anterior.
Resumo situación do grupo.
Proxecto Sahara.
Colaboración en cursos de EpD.
Visita a Gaélica solar.
Campaña “Apaga o Candil”
Blog.
Plan director.
Asignación de tarefas
Aprobada por unanimidade.
Polo momento non hai altas nin baixas. Sonia nos comunica que en cousa de dous meses é moi probable que marche a Angola e permaneza alí durante medio ano. Antón non di que non a substituila durante o tempo que estea fóra.
O curso de EpD de Santiago foi aprazado por falta de matriculados. A charla queda posposta ata novo aviso para o 18 de abril. Álvaro e Adrián acompañarán a Sonia á charla na medida das súas posibilidades. Dende o grupo que organiza o curso de Extensión Universitaria de Vigo ofreceuse a posibilidade de dar unha charla.
Non hai novas nin de Laura nin de Asturias polo momento, polo que imos empezar a sondear posibles fontes de financiación en Galicia.
Seve comenta que pode ser un tema perfecto para o seu PFC e todos lle animamos a facelo. Ademais de encargarse de dirixir a parte técnica da solución seguro que é motivante para el.
Por outra banda Antón vai escribir a Sergio para que nos explique com poderíamos empezar a facer para buscar financiación pola nosa conta.
Sonia di que pode falar coa xente de T-Solar para ver de aproveitar máis a viaxe ó PTG.
Imos facer un Doodle con todos os venres ata finais finais de xuño para ver que día pode máis xente. Podemos anuncialo na lista xeral.
Tomamos ás seguintes decisións:
Colgar no blog a lista de citas. Pediránse que cada un elixa tres e as colgue nun comentario no blog.
Ver o tema de como podemos facer a enquisa con Puga (Adri).
O Blog xa está operativo. A idea é que participemos todos no blog para intentar que estea o máis actualizado posible. Todos temos cousas que contar, do que fagamos en ESF, do traballo dos estudios que teñan relación coa enerxía e cooperación e que poden ser interesantes para o resto do grupo, de ESF e da xente en xeral.
Os que queiran escribir algo que falen con Antón e lles dirá cómo. A actividade interna do grupo (reunións, actas, actividades...) tamén as publicaremos no blog para dar difusión e transparencia ó que fagamos.
Seve dixo que non atopou info expresa do Plan Director, atopou documentación relativa a proxectos.
Colleu un motón de info que di que pode colgar no google docs.
Puga dinos que curso está aprobado e que na última semana de setembro. Comenta que podemos enfocar a charla cara o Sahara, xa que é posible que fagamos algo alí.
Poderíamos facer unha presentación introductoria sobre a problemática xeral do Sahara, e logo centrarnos no proxecto que temos en mente.
Doodle 11, 13, 18 e 1 de maio.
|
PUNTO DO ACTA |
CONCEPTO |
RESPONSABLE (se procede) |
PRAZO (se procede) |
|
Colaboración en Curso de EpD |
Setembro Vigo |
Adri e Álvaro |
|
|
POSIBLE PROXECTO NO SAHARA |
Falar con Sergio. |
Antón |
|
|
VISITA A GAÉLICA SOLAR. |
Falar con Gaélica |
Seve |
Antes de xuño |
|
VISTA A GAÉLICA |
Facer Doodle cos venres ata finais de xuño |
Carlos?Adri?Álvaro? O que teña tempo que o faga e que envíe un mail á lista :-) |
Antes de xuño |
|
VISITA A GAÉLICA SOLAR. |
Falar con T-Solar |
Sonia |
Antes de xuño |
|
APAGA O CANDIL. |
Colgar as citas no blog |
Antón |
ASAP |
|
APAGA O CANDIL. |
Pedir e convencer a Xacobe para que faga un deseño |
Todos (Antón enviará un mail) |
ASAP |
|
PLAN DIRECTOR. |
Revisar a info e ver de colgala en google docs. |
Seve |
|
|
FORMACIÓN |
Enviar enlace con documentación do curso de enerxía |
Puga |
|
Gondomar, a 6 de abril de 2009
Antón Román Portabales