Curso

INGLÉS PARA BIBLIOTECARIOS- ENGLISH FOR LIBRARIANS


LUGAR DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Santiago de Compostela

DESTINATARIOS
Persoas con dominio de inglés básico escrito.


DURACIÓN E HORARIO
O curso ten unha duración de 16 horas


Calendario:

1ª sesión: 4 de maio de 2009

Horario: 10.00 – 14.00 / 16.00 – 20.00

2ª sesión: 5 de maio de 2009

Horario: 10.00 – 14.00 / 16.00 – 20.00


TITULACIÓN
Certificado de asistencia ao curso.

Nº máximo de prazas: 25

Nº mínimo de prazas para a celebración do curso: 20

PROFESORADO

MARTHA PEACH
Directora da Biblioteca do Centro de Estudios Avanzados en Ciencias Política do Instituto Juan March

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental deste curso é desenvolver as habilidades necesarias para manexar o inglés escrito no contexto de bibliotecas e centros de documentación. O curso impartirase desde unha perspectiva práctica, de forma que os alumnos adquiran vocabulario, conceptos e gramátcia para a xestión de adquisicións con proveedores en inglés e para a comunicación básica en inglés con usuarios e para foros profesionais.

TEMARIO

Módulo 0. Introdución ao material e metodoloxía da clase.

Módulo I. Adquisicións de libros, xeneración de suscricións e de software. Formularios de adquisicións e o seu vocabulario

Módulo II. Prácticas coa xeneración de adquisicións.
Módulo III. Formularios de facturación e de albarán e o seu vocabulario. Ler comunicacións sobre facturas, problemas comúns. Comunicación escrita con proveedores.
Módulo IV. Prácticas con formularios de facturación e comunicación con proveedores.

Módulo V. Ler a páxina web dunha biblioteca ou centro de documentación.

Módulo VI. Ler e escribir correo electrónico en inglés para usuarios da súa biblioteca ou centro de documentación sobre a política da súa biblioteca.

Módulo VII. Prácticas en escribir comunicación en inglés. Prácticas en preparar documentación sobre a súa biblioteca en inglés.

Módulo VIII. Ler e completar formularios para conferencias e reunións. Practicas para ler e completar formularios.


METODOLOXÍA

O curso básase na documentación común de xestión de bibliotecas, con enfoque en comunicación con proveedores e con usuarios da biblioteca en inglés, usando en ambos casos documentos en papel e en Internet.

O curso componse de oito módulos de contidos. As sesións están deseñadas para que o tempo de adicación estimado para cada módulo sexa dunha hora e media, con media hora para practicas e resumo.

Preténdese unha interacción máxima profesor-alumnos.

PRE-INSCRICIÓN AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir o boletín de inscrición a: anabadgalicia@mundo-r.com.

Dez días antes do comezo do curso, pecharase o período de preinscripción, comunicándose por correo electrónico ou por teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación a través do correo electrónico ou por correo postal a seguinte dirección:

ANABAD-GALICIA

Buenos Aires, 5, 1º A

15004 A Coruña


Para realizar o curso deben cubrirse un mínimo de 15 prazas.

Prioridade na reserva de praza aos socios.

MATRÍCULA

Socios: 90 €

Non Socios: 130 €


O pagamento da inscrición pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade CAIXA GALICIA:

2091-0060-72-3040026692

Detallando:

Nome/ apelidos + título do curso
COORDINACIÓN

Isabel Buján Bernárdez

anabad.secretaria@mundo-r.com


Alba González Patiño

anabadgalicia@mundo-r.com