Título

Inglés para bibliotecarios- English for librarians


profesorado

MARTHA PEACH
Directora da Biblioteca do Centro de Estudios Avanzados en Ciencias Política do Instituto Juan March

Duración

16 h.

Horario

10.00-14.00 e de 16.00-20.00

datas

4 e 5 de maio

lugar

Santiago de Compostela

Obxectivos


O obxectivo fundamental deste curso é desenvolver as hablidades necesarias para manexar o inglés escrito no contexto de bibliotecas e centros de documentación. O curso impartirase desde unha perspectiva práctica, de forma que os alumnos adquiran vocabulario, conceptos e gramátcia para a xestión de adquisicións con proveedores en inglés e para a comunicación básica en inglés con usuarios e para foros profesionais.



Público destinatario


Persoas con dominio de inglés básico escrito.


Contido



Módulo 0. Introdución ao material e metodoloxía da clase.


· Módulo I. Adquisicións de libros, xeneración de suscripcións e de software.

 

> Formularios de adquisicións e o seu vocabulario.


· Módulo II.

 

> Prácticas coa xeneración de adquisicións.


· Módulo III.

 

> Formularios de facturación e de albaran e o seu vocabulario.

 


> Ler comunicacións sobre facturas, problemas comúns.

 

> Comunicación escrita con proveedores.


· Módulo IV.

 

> Prácticas con formularios de facturación e comunicación con proveedores.


· Módulo V.

 

> Ler a páxina web dunha biblioteca ou centro de documentación.


· Módulo VI.

 

> Ler e escribir correo electrónico en inglés para usuarios da súa biblioteca ou centro de documentación sobre a política da súa biblioteca.


· Módulo VII.

 

> Prácticas en escribir comunicación en inglés.

 

> Prácticas en preparar documentación sobre a súa biblioteca en inglés.

 


· Módulo VIII.

 

> Ler e completar formularios para conferencias e reunións.

 

> Practicas para ler e completar formularios.

 



Metodoloxía


O curso básase na documentación común de xestión de bibliotecas, con enfoque en comunicación con proveedores e con usuarios da biblioteca en inglés, usando en ambos casos documentos en papel e en Internet.

 

O curso componse de oito módulos de contidos. As sesións están deseñadas para que o tempo de adicación estimado para cada módulo sexa dunha hora e media, con media hora para practicas e resumo.

 

Preténdese unha interacción máxima profesor-alumnos. A documentación entregarase en papel e en soporte electrónico, de forma que o alumno pode traballar na pantalla co material de cada sesión.


 





Título

A lectura fácil: unha ferramenta de estímulo á lectura para os bibliotecarios


profesorado

Carme Mayol e Anna Pérez

Associació Lectura Fàcil

Duración

8 h.

Horario

10.00-14.00 e de 16.00-20.00

datas

30 de maio

lugar

Santiago de Compostela

Obxectivos


  • Difundir o concepto de Lectura Fácil

  • Contemplar o tratamento biblioteconómico dos materiais de Lectura Fácil

  • Propoñer técnicas para o uso destes materiais nas bibliotecas



Público destinatario


Bibliotecarios en exercicio, alumnos das facultades de biblioteconomía, profesionais relacionados coas tarefas de animación e intermediación cultural, docentes vinculados á educación especial.


Contido


  1. O dereito á cultura

  2. Concepto de Lectura Fácil

  3. Usuarios potenciais

  4. Estado da cuestión da LF en España

  5. Algunhas iniciativas de LF a nivel internacional: a rede internacional de Lectura Fácil

  6. Normas internacionais

  7. As nocións de lexibilidade e comprensibilidade: aplicación a distintos xéneros

  8. Os textos e las ilustracións

  9. Libros de LF dispoñibles: características e destinatarios

  10. Redacción de textos LF da biblioteca

  11. Tratamento biblioteconómico dos materiais LF: catalogación e indización

  12. Dinamización da lectura desde a biblioteca a partir de materiais LF






Sesións de traballo


Sesión 1:


O dereito á cultura. O concepto de lectura fácil. Usuarios potenciais. Estado da cuestiónn en España. Algunhas iniciativas a nivel internacional.Presentación da internacional Easy-to-Read Network. Exercicio práctico: búsquedas en internet.


Profesora: Carme Mayol



Sesión 2:


Directrices internacionais. As nocións de lexibilidade e comprensibilidade: aplicación a distintos xéneros. Os textos e as ilustracións. Redacción de textos en LF na biblioteca. Exercicio práctico.


Profesora: Anna Pérez



Sesión 3:


Tratamento biblioteconómico dos materiais de LF: catalogación e indización. Exercicios prácticos.

Profesora: Anna Pérez




Sesión 4 :


Dinamización da lectura nas bibliotecas a partir de materiais LF. Exercicio práctico: proposta de creación dun clube de LF na súa biblioteca.

Profesora: Carme Mayol








 



Título

Vixilancia tecnolóxica

profesorado

Lara Lara Rey Vázquez

(Responsable de Vixilancia Tecnolóxica en Ferroatlántica I+D)

Duración

20 h.

Horario

En liña

datas

Do 15 de xuño ao 15 de xullo

lugar

AULA CESGA


Presentación


 

A xestión eficaz da información que se produce no contorno dunha organización pode axudar a mellorar a súa posición competitiva e a incrementar de forma extraordinaria a súa capacidade de innovación. A Vixilancia Tecnolóxica é un proceso organizado, selectivo e sistemático para captar información científica e tecnolóxica tanto do exterior como da propia organización. A selección e análise posterior de devandita información convértea en coñecemento útil para a toma de decisións.
Este seminario ten como obxectivo presentar métodos, fontes de búsqueda e de análise sistemática de información científico-tecnolóxica de valor estratéxico orientada ao apoio na toma de decisións tecnolóxicas nas organizacións.

Público destinatario


É de especial interese para directores de proxectos de I+D; investigaodores, xestores de transferencia de tecnoloxía, consultores en xestión do coñecemento e innovación, organismos de investigación públicos e privados, plataformas tecnolóxicas, oficinas de transferencia de tecnoloxía, proveedores de usuarios de servizos de vixilancia tecnolóxica, xestores de centros de información empresarial e documentalistas.

Obxectivos

Entender e aplicar o concepto de vixilancia tecnolóxica.

Definir os requisitos dun sistema de xestión da vixilancia texnolóxica.

Coñecer as claves para desenvolver o proceso de detención de necesidades de vixilancia tecnolóxica.

Detectar fontes de información relevantes e software de apoio.

Definir, desenvolver e optimizar o proceso de vixilancia tecnolóxica.

Maximizar os beneficios da vixilancia tecnolóxica: posta en valor da información obtida.

Integrar a vixilancia tecnolóxica no sistema de traballo da empresa.


Vixilancia tecnolóxica 2.0.

Contido

I. INTRODUCCIÓN Á VIXILANCIA TECNOLÓXICA

1.1. Que é a VT?
1.2. Necesidade da VT
1.3. O proceso de VT
1.4. A empresa e o seu entorno

II.- ACCESO ÁS FONTES DE INFORMACIÓN EN INTERNET

2.1. Búsqueda e recuperación da información

III.- 3.INFORMACIÓN SOBRE O ENTORNO INNOVADOR

3.1. Acceso á información tecnolóxica: bases de datos e servicios gratuitos

3.2. Acceso á información tecnolóxica: servicios de información tecnolóxica, información tecnolóxica de patentes e servicios de vixilancia tecnolóxica
4.A VIXILANCIA TECNOLÓXICA 2.0
5. Casos prácticos de vixilancia tecnolóxica.

 


I